Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar da China Meridional
南海 - Dagat Luzon - Biển Đông
Bacuit
Localización administrativa
EstadoFlag of Brunei.svg Brunei
Camerún Camerún
Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of Indonesia.svg Indonesia
Flag of Malaysia.svg Malaisia
Flag of the Philippines.svg Filipinas
Flag of Singapore.svg Singapur
Flag of the Republic of China.svg Taiwán
Flag of Thailand.svg Tailandia
Flag of Vietnam.svg Vietnam
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
ArquipélagoIllas Filipinas
Illa/sTaiwán, Borneo
Xeografía
Illas interioresHainan (CHN), illas Calamianes (FIL) e illas Spratly (disputadas)
AfluentesRío das Perlas (2.200 km), río Min e río Jiulong (CHN)
río Vermello (1.149 km) (VIE)
río Mekong e río Rajang (MAL)
río Pasig (FIL)
Características
Superficie3 500 000 km²
Mapa
Locatie Zuid-Chinese Zee

Localización do Mar da China Meridional
SouthChinaSea

Países costeiros do mar da China Meridional
South China Sea
Mapa batimétrico do mar da China Meridional.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Brunei

Brunei (en malaio: Negara Brunei Darussalam, en jawi: نڬارا بروني دارالسلام‎) é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no Mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malasia.

Cidade Ho Chi Minh

Cidade Ho Chi Minh (en lingua vietnamita Thành Phố Hồ Chí Minh), a antiga Saigón (Sài Gòn) é unha cidade do sur de Vietnam, a maior do país. Enclavada no norte do delta do Mekong e no oeste da desembocadura do río Saigón, baixo o nome khemer , foi o principal porto de Camboxa antes da anexión da zona polos vietnamitas no século XVII. Baixo o nome de Saigón foi capital do protectorado francés da Cochinchina ata 1954 e logo pasou a ser a capital de Vietnam do Sur despois da independencia ata 1975. Dende entón conservou un aire cosmopolita con forte presenza occidental. Foi e continúa a ser un activo porto e centro comercial, financeiro e cultural. Após a vitoria do norte na guerra de Vietnam, decaeu un chisco a súa puxanza e o seu nome oficial pasou a ser Cidade Ho chi Minh. Conta cunha poboación de 5 750 000 de habitantes (2001).

A cidade atópase a 60 quilómetros do Mar da China Meridional, a 1.760 quilómetros ao sur de Hanoi, a capital do país e a menos de 300 quilómetros ao sueste de Phnom Penh, a capital de Camboxa.

A área metropolitana consiste, ademais da propia Cidade Ho Chi Minh, nas poboacións de Thủ Dầu Một, Di An, Bien Hoa e numerosas poboacións veciñas, o que suma unha poboación total de 9 millóns de persoas, sendo así unha das metrópoles máis grandes do sueste asiático.

Cà Mau

Cà Mau é unha cidade situada no delta do Mekong. É a capital da provincia de Ca Mau, en Vietnam.

Está atravesada polo río Cai Tau, que continúa cara ao mar da China Meridional. O núcleo urbano ten arredor de 211.000 habitantes.

Da Nang

Da Nang (en vietnamita: Đà Nẵng, escoitar) é unha importane cidade portuaria na costa centro meridional de Vietnam, na ourela do Mar da China Meridional na embocadura do río Han. Constitúe o centro comercial, educativo e das comunicacións do Vietnam Central e tamén é un importante destino turístico. A cidade recibiu os nomes de Cửa Hàn durante o primeiro asentamento na dinastía Đại Việt e Tourane (ou Turon) durante goberno colonial francés.

Antes de 1997 formaba parte da provincia de Quảng Nam-Đà Nẵng agora que o 1 de xaneiro de 1997 converteuse nunha das cinco municipalidades independentes do Vietnam. Đà Nẵng conta co meirande cociente de urbanización das cidades vietnamitas. A superficie total da municipalidade é de 1256 km² e a poboación de 887.069 habitantes (2009).

Estreito de Karimata

O estreito de Karimata é un estreito mariño que conecta o mar da China Meridional co mar de Xava, onde se encontran os océanos Pacífico e Índico, localizado entre as illas de Sumatra e Borneo, en Indonesia.

O estreito ten unha anchura duns 150 km, desde a illa de Borneo á de Belitung. A illa de Belitung está así mesmo separada polo estreito de Gaspar da illa de Bangka, situada ao oeste.

Bangka encóntrase cercana á costa oriental de Sumatra, da que a separa o estreito de Bangka.

As illas Karimata áchanse en augas do estreito, ao nordeste de Belitung, cerca de Borneo.

Estreito de Malaca

O estreito de Malaca é un longo estreito de mar do sueste de Asia localizado entre a costa occidental da península Malaia e a illa indonesia de Sumatra, que constitúe un importante corredor marítimo que une, ao norte, o mar de Andaman, mar secundario do océano Índico, e ao sur mar da China Meridional. Esténdese en dirección SE-NO e ten aproximadamente 800 km de lonxitude, cunha anchura de entre 50 km e 320 km, aínda que só 2,8 km no seu punto máis angosto, o estreito de Philips, no estreito de Singapur. Na súa parte media atópase a súa profundidade mínima o que condiciona o calado dos buques que o atravesan (proximidades de Port Kelang, One Fathom Bank). Na súa parte sueste comunica co estreito de Singapur e está pechado por varias illas do arquipélago de Riau, realizándose a navegación por varias canles de paso.

Filipinas

A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das Illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo mar das Filipinas ó leste, mar das Celebes e mar de Sulu ó sur e mar da China Meridional ó oeste. O estreito de Luzon, ó norte, separa as Illas Filipinas de Taiwán; o estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia; e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.

Golfo de Tailandia

O Golfo de Tailandia (en tailandés: อ่าวไทย, Ao Thai) ou Golfo de Siam está localizado no mar da China Meridional (Océano Pacífico) e está rodeado por Malaisia, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No extremo norte do golfo atópase a desembocadura do río Chao Phraya, no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².

Hainan

Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam.

É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago.

Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.

Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.

Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.

Luzón

Luzón é o nome da maior e máis importante, tanto política como economicamente, illa das Filipinas e un dos tres grandes grupos de illas do país, sendo os outros dous Visayas e Mindanao. Como grupo de illas inclúe a propia illa de Luzón, Batanes e Babuyan ao norte, as illas de Catanduanes, Marinduque, Masbate, Romblon e Mindoro no sur. As illas de Palawan, que historicamente pertencían á rexión administrativa de Luzón, transferiuse á Rexión VI Visayas Occidental), na illa de Visayas, en 2005.

Luzón ten unha área de 104.688 km², o que a converte na décimo sétima maior illa do mundo. Nela atópanse tanto a capital do país, Manila, como a cidade máis poboada, Quezón. Trátase dunha illa montañosa. Ao oeste atópase o Mar da China meridional, ao leste o Mar de Filipinas e ao norte o Estreito de Luzón.

Nos mapas antigos recibía o nome de Luçonia ou Luçon e os seus habitantes eran chamados Luçoes. Historicamente, Luzón era coñecida tamén como Nova Castela.

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Mar de Andaman

O mar de Andaman (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar de China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Sulu

8°25′6″N 120°19′10″L

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Mar de Xava

O mar de Xava (en indonesio, Laut Jawa) é un mar perimetral pouco profundo do océano Índico, localizado na plataforma de Sonda xusto no límite sur do océano Pacífico. Sitúase no medio das illas indonesias de Borneo ao norte, Xava ao sur, Sumatra ao oeste e Célebes ao leste.

Formouse a finais da última Idade do xeo e ten preto de 310.000 km².

Nha Trang

Nha Trang é unha cidade situada en Nam Trung Bo, capital da provincia de Khanh Hoa.

Está atravesada polo río Nha Trang, que continúa cara o mar da China Meridional. O núcleo urbano ten arredor de 361.000 habitantes.

Río Mekong

O Mekong é o río máis longo e importante da Indochina e un dos maiores, no só de Asia, senón da Terra.

Nace no Tíbet e despois dun percorrido de cerca de 4.500 km desauga no sur do Vietnam, no Mar da China Meridional, tras atravesar antes varios países: China, Laos, Birmania, Tailandia e Camboxa. Nas proximidades de Phnom Penh o seu ancho é de 3 km. O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m3/s no período seco e os 60.000 m3/s na estación das chuvias. É navegábel desde Laos a Vietnam e serve de fronteira entre Birmania e Laos, Tailandia e Laos, e nun curto treito do curso inferior Camboxa e Vietnam.

É denominado polos Vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang Chiang (湄公河), e en tai Mae Nam Khong (แม่น้ำโขง).

Tutong

Tutong é un distrito (daerah) de Brunei. A capital é Pekan Tutong. Outras cidades importantes son Kuala Abang, Lamunin, Melit, Penanjong ou Telisai.

O distrito limita co Mar da China Meridional polo norte, co distrito de Brunei e Muara e Malaisia polo leste e co distrito de Belait polo oeste.

O río Sungai Tutong discorre por Tutong, que ten o lago máis grande de Brunei, Tasek Merimbun.

Vietnam

Vietnam (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ( listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste. A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.

Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun século, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.

Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico. No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo, e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías. As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.

Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.