Mar Morto

O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.

Mar Morto
ים המלח - Yam Hamelaj
البحر الميت -
al-Baḥr al-Mayyit'
Dead Sea by David Shankbone
Localización administrativa
EstadoFlag of Israel.svg Israel
Flag of Jordan.svg Xordania
Flag of Palestine.svg Palestina
DivisiónDistrito Meridional (ISR)
Gobernacións de Karak, Madaba e Balqa' (XOR)
Gobernacións de Xericó, Xerusalén e Belén (PAL)
Localización xeográfica
Océano / MarLago hipersalino
ContinenteAsia Oriente Próximo
CuncaEndorreico
Xeografía
AfluentesRío Xordán
Características
Superficie810 km²
Lonxitude máxima67 km
Anchura máxima18 km
Lonxitude costa135 km
Profundiade máxima378 m
Profundidade media118 m
Altitude− 422 m
Capacidade147 km³
Outros datos
Cuasisalinidade235–240 kg/m³
Mapa
Aerial jordan

O río Xordán e o mar Morto.

Características

Dead sea newspaper
Afundir no Mar Morto é mesmo difícil!

Cunha superficie de aproximadamente 1.050 km², é alimentado polo río Xordán e baña a Xordania, Israel e a Cisxordania. En 50 anos, o Mar Morto perdeu un terzo da súa superficie, en gran parte por causa da explotación excesiva do seu afluente, única fonte de auga doce da rexión.

O Mar Morto ten ese nome debido ao feito de que a cantidade de sal das súas augas, que é dez veces maior que a dos océanos, impide calquera forma de vida. A "auga" é un cóctel de sales moi diferente do sal dun océano normal. Os peixes traídos polo río Xordán, ao caeren no mar, morren instantaneamente. Apenas algunhas bacterias e plantas que fican nas marxes conseguen sobrevivir alí. A título de comparación, nos océanos, o número de gramos de sal por cen mililitros de auga non pasa de tres, mentres que no Mar Morto esa taxa é de 30 a 35 gramos de sal por 100 ml de auga.

O Mar Morto é o punto máis baixo do globo: 417 metros baixo o nivel do mar.

Véxase tamén

Outros artigos

Asfalto

O asfalto é un material viscoso, pegañento e de cor negra, usado como aglomerante en mesturas asfálticas para a construción de estradas ou autoestradas. Tamén é empregado en impermeabilizantes. Está presente no petróleo cru e composto case por completo de betume. O seu nome recorda o Lago Asfaltites (o Mar Morto), na cunca do río Xordán.

Ademais do sitio mencionado, atópase en estado natural formando unha mestura complexa de hidrocarburos sólidos en lagoas dalgunhas concas petroleiras, como sucede no lago de Guanoco, o lago de asfalto máis extenso do mundo (Estado Sucre, Venezuela), con 4 km² de extensión e 75 millóns de barrís de asfalto natural.

Cisxordania

Cisxordania (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores isarelíes que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que dictaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Faixa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a Guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre si por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania.

Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o aillamento de milleiros de palestinos, incluso partindo pobos pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Faixa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén oriental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Otras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramallah; e Nablús, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablús. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

Conca endorreica

En xeografía, unha conca endorreica é unha área na que a auga non ten saída fluvial cara ao mar. O termo ten raíces gregas, endo, "interior" e rhein, "fluír". Calquera choiva ou precipitación que caia nunha conca endorreica fica alí, abandonando o sistema unicamente por infiltración ou evaporación, o cal contribúe á concentración de sales. Nas concas endorreicas nas que a evaporación é maior cá alimentación, os lagos salgados desaparecen e fórmanse salgares. As concas endorreicas tamén son denominados sistemas de drenaxe interna.

Aínda que, en teoría, as concas endorreicas pódense dar en calquera clima, na práctica son máis comúns en zonas de deserto cálido. Nótese ademais que, por definición, calquera lago situado baixo o nivel do mar (p.e., mar Caspio, mar Morto) debe ser endorreico e drenar unha conca hidrográfica endorreica.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Lago

Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir:

da choiva;

dunha nacente local; ou

de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina).

Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.

As dimensións dos lagos son moi variábeis, desde algúns metros ata varias centenas de quilómetros, como son os Grandes Lagos da América do Norte ou os Grandes Lagos Africanos.

Aos lagos de pequenas dimensións chámaselles 'estanques', e os máis pequenos aínda, 'pozas', 'poceiras' ou 'charcas'.

Os lagos maiores, sen saída marítima, son tamén chamados mares interiores, como o mar Caspio; regra con moitas excepcións, falando tamén de Mar Morto e do Gran Lago Salgado.

A súa profundidade tamén varía desde algúns centímetros ata varias centenas de metros - o Lago Baikal, na Siberia, é o máis profundo do mundo, con 1743 metros.

A orixe dos lagos é variábel e depende da xeomorfoloxía do terreo. Poden ser de orixe tectónica, ou sexa, teren sido formados por fenómenos xeolóxicos, ou poden ter sido formados pola erosión do terreo, ben por fenómenos climáticos, ou ben pola acción de ríos ou glaciares. En zonas como a Antártida, poden existir lagos sub-glaciares, isto é, debaixo do xeo, como o Lago Vostok.

Un lago pódese formar nun cráter antigo, como a caldeira do 'Cráter Lake', nos Estados Unidos de América.

É importante non confundir un lago cunha planicie de inundación, que ten unha orixe e unha dinámica diferente. Á volta dun lago, porén, pode existir unha planicie de inundación.

O estudo ecolóxico dos lagos é a limnoloxía.

Con moita frecuencia, o lago ten un 'emisario', por onde a auga se coa en sentido ao mar.

Manuscrito

Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.

Denomínase inscrición ao texto que se grava en pedra, metal ou outro material duro.

Manuscritos do Mar Morto

Os manuscritos do Mar Morto ou rolos de Qumrán, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo Templo de Xerusalén polos romanos no ano 70 d. C.

Mar

O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno. Aínda que foi canle para viaxes e exploracións desde a prehistoria, o seu estudio científico contemporáneo, a oceanografía, data da expedición Challenger británica, durante a década de 1870. O mar está, por convención, dividido en cinco grandes seccións oceánicas, entre elas as catro instituídas pola OHI, que son o Atlántico, Pacífico, Índico e Ártico, máis o Antártico, seccións menores de segunda orde, como o Mediterráneo, son coñecidos como mares, así mesmo o termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o mar Caspio, o mar de Aral e máis o mar Morto.

Debido o actual estado da deriva continental, o hemisferio norte configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (con unha proporción de 2:3), mentres que no hemisferio sur é predominantemente oceánico (1:4,7). A salinidade en alta mar é, en xeral, de aproximadamente o 3.5% da masa, non obstante iso varia en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes ríos ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son cloruro de sodio. As correntes de augas profundas xorden a partir de diferenzas salinas e de temperatura; as correntes de superficie, á súa vez, están formadas polo rozamento das ondas producidas polos ventos e mareas. Os cambios na altura do nivel do mar orixínanse a partir da gravidade da Lúa e do Sol. As correntes mariñas son atribuída ás masas de terra de superficie e submarinas así como a rotación da Terra (Forza de Coriolis).

Antigos cambios nos niveis mariños provocaron a formación de plataformas continentais, áreas planas próximas á terra. Estas augas son ricas en nutrientes, e abundantes en vida, provendo aos humanos de materias esenciais para a súa alimentación -sobre todo peixes, pero tamén mariscos, mamíferos e macroalgas, por exemplo- que se recollen tanto en estado salvaxe como cultivados en viveiros. En áreas tropicais moi diversas os mares rodean grandes arrecifes de coral. A caza de baleas foi unha actividade moi común, pero a redución das cifras destes animais induciu a aparición de esforzos internacionais de conservación e unha consecuente moratoria á maior parte da caza comercial. A oceanografía estableceu que non toda a forma de vida marítima está restrinxida a augas de superficie iluminada polo Sol; mesmo a grandes profundidades e presión, os nutrientes que flúen de fontes hidrotermais manteñen o seu propio e único ecosistema. A vida pode que comezara alí neses lugares, xa que os microorganismos acuáticos están xeralmente acreditados como o grande evento de osixenación da atmosfera terrestre. Crese que tanto vexetais como animais terían evolucionado a partir dos mares.

O mar é un dos elementos esenciais do comercio, do transporte, da extracción mineral, de xeración de enerxía. Isto tamén fai que sexa esencial para as guerras, ademais, e é un factor determinante na exposición de grandes cidades e poboacións a terremotos e volcáns debido a fallas xeolóxicas próximas que poden producir grandes ondas e tsunamis; así como dos ciclóns e furacáns producidos nas zonas tropicais.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Océano Atlántico

O océano Atlántico é o océano que separa Europa e África, ao leste, de América, ao oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).

Río Xordán

O río Xordán (en hebreo: נְהַר הַיַּרְדֵּן nehar hayarden; en árabe: نَهْر الْأُرْدُنّ nahr al-urdun) é unha corrente de auga que corre polo Oriente Próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel e Xordania. É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado mar Morto. A súa lonxitude é duns 360 km.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Xordania

Xordania (árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).O que hoxe é Xordania foi habitado por humanos desde o período Paleolítico. Tres reinos estables xurdiron alí ao final da Idade de Bronce: Amón, Moab e Edom. Os gobernantes posteriores inclúen o Reino Nabateo, o Imperio Romano e o Imperio Otomán. Despois da Gran Revolta Árabe contra os otománs en 1916 durante a Primeira guerra mundial, o Imperio Otomán foi dividido por Gran Bretaña e Francia. O Emirato de Transxordania foi estabelecido en 1921 polos Haxemitas, logo Emir, Abdullah I, e o Emirato converteuse nun protectorado británico.

En 1946, Xordania converteuse nun estado independente coñecido oficialmente como o Reino Haxemita de Transxordania, pero pasou a chamarse en 1949 ao Reino Haxemita de Xordania despois de que o país capturase Cisxordania durante a Guerra árabe-israelí de 1948 e seguiu anexionada ata que se perdeu contra Israel en 1967. Xordania renunciou á súa reclamación do territorio en 1988 e converteuse nun dos dous estados árabes en asinar un tratado de paz con Israel en 1994. Xordania é membro fundador da Liga Árabe e da Organización de Cooperación Islámica. O estado soberano é unha monarquía constitucional, pero o rei ten amplos poderes executivos e lexislativos.

Xordania é un país relativamente pequeno, semiárido, case sen saída ao mar, cunha área de 89.342 km2 (34.495 millas cadradas) e unha poboación de 10 millóns, o que o converte no 11º país árabe máis poboado. O islam sunita, practicado por ao redor do 95% da poboación, é a relixión dominante en Xordania e coexiste cunha minoría cristiá indíxena. Xordania referiuse repetidamente como un "oasis de estabilidade" nunha rexión turbulenta. Na súa maioría non se viu afectada pola violencia que azoutou a rexión despois da Primavera Árabe en 2010. Desde 1948, Xordania aceptou refuxiados de varios países veciños en conflito. Estímase que 2.1 millóns de refuxiados palestinos e 1.4 millóns de sirios están presentes en Xordania a partir dun censo de 2015. O reino tamén é un refuxio para miles de cristiáns iraquís que foxen da persecución do ISIS. Aínda que Xordania segue aceptando refuxiados, a grande afluencia recente de Siria exerceu unha presión considerable sobre os recursos e a infraestrutura nacionais.

Xordania está clasificado como un país de "alto desenvolvemento humano" cunha economía de "ingresos medios altos". A economía xordana, unha das economías máis pequenas da rexión, é atractiva para os investidores estranxeiros con base nunha forza laboral cualificada. O país é un importante destino turístico, e tamén atrae turismo médico debido ao seu sector de saúde ben desenvolvido. Con todo, a falta de recursos naturais, o gran fluxo de refuxiados e a axitación rexional han obstaculizado o crecemento económico.

Xudea

Xudea (en hebreo יהודה, Yehuda, Agradezo a Deus ou Recoñezo a Deus) é a parte montañosa do sur da histórica de Israel (hebreo ארץ ישראל, Eretz, Israel).

O nome Xudea é en grego (Ιουδαία) e latín (Iudaea) adaptado a partir do nome de Judah e designaba orixinalmente todo o territorio do reino xudeu, pero en tempos do Novo Testamento foi de ámbito limitado ao sur da rexión. Yehudah en Hebreo refírese a unha gran parte do sur de Israel e a Marxe Occidental, ou a combinación de Xudea e Samani para referirse especificamente á Cisxordania no sur de Xerusalén. O antropónimo de Xudea é xudeu.

A área foi o lugar da antiga Reino de Xudá, o Reino Hasmoneus, e máis tarde o Reino de Xudea, unha provincia do Imperio Romano.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.