Mar Cantábrico

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde a Punta Estaca de Bares na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Mar Cantábrico
'Mer Cantabrique / Mar Cantábrico / Kantauri'
Spain.Santander.Cabo.Menor.Vista.jpeg
Localización administrativa
EstadoFlag of France.svg Francia
España España
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico, golfo de Biscaia canle da Mancha
ContinenteEuropa
Xeografía
AfluentesAgüera, Asón, Bidasoa, Deva, Eo, Escudo, Miera, Nalón, Nansa, Navia, Pas, Pisueña, Saja-Besaya, Sella, Piles
Cidades ribeiregasXixón, Bilbao, Baiona, Donostia, Santander
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Santander, baía de Santoña, baía da Concha, baía de San Lorenzo (Xixón)
CabosEstaca de Bares, cabo de Ajo, cabo Higuer, cabo Matxitxako, cabo de Peñas, cabo Vidio
Características
Lonxitude máxima800 km
Profundiade máxima4750 m
Mapa
Golfe de gascogne-bay of biscay-fr

Mapa do mar Cantábrico
Mar Cantabrico

O mar Cantábrico no océano Atlántico
Bay of Biscay from Terra (2004-05-17)
Vista de satélite do mar Cantábrico
Isla de Mouro
Temporal no mar Cantábrico. As ondas batendo contra a Illa de Mouro e o seu faro.

Características

Constitúe un mar de transición entre os mares fríos do Norte e os tépedos do trópico, o que fai que sexa ecotono de especies vexetais e animais de augas frías. O afloramento de augas profundas e frías existente fronte ás costas galegas fai que a temperatura do auga aumente conforme nos desprazamos cara ao Leste. Esa temperatura do auga superficial presenta unha acusada estacionalidade, así durante o inverno a temperatura do auga pode baixar ata os 11°C, mentres que no verán alcanza os 22°C aproximadamente. A partir dos 35 ou 40 m de profundidade a temperatura do auga mantense prácticamente estable durante todo o ano. Estas temperaturas son inusualmente altas dada a rexión xeográfica que ocupa o mar Cantábrico, e débense aos efectos cálidos da corrente do Golfo.

Os fortes ventos do noroeste que sopran sobre el teñen a súa orixe nas baixas presións centradas sobre as Illas Británicas e o mar do Norte en combinación co anticiclón das Azores. A distancia percorrida polo vento e o mantemento da súa dirección e velocidade constantes fai que se xeren ondas que oscilan entre 2,5 e 3 metros de altura, o que orixina un mar moi axitado. En condicións moi particulares, máis propicias nos meses de abril-maio e setembro-outubro, os ventos do oeste poden alcanzar magnitudes de galerna con ondas que chegan a superar os 9 metros de altura.

A medida que nos aproximamos á costa francesa as augas van sendo máis cálidas. Posúe unha salinidade media do 35%, aínda que este dato varía moito en función do réxime de choivas imperante na zona e a maior ou menor proximidade á costa e/ou desembocadoras de ríos caudalosos. Ten unha significativa amplitude de marea, podendo ser de 4´5 m como máximo, especialmente nas mareas vivas de marzo e é atravesado pola Corrente do Golfo.

Historia

O mar Cantábrico foi bautizado polos romanos no século I a. C. como Cantabricus Oceanus en referencia a un dos pobos que poboaban as súas costas, os cántabros. Noutras citas clásicas máis antigas aparece co nome de Britannicus Oceanus e Gallicus Oceanus.[1] Nas súas costas creáronse asentamentos humanos de tribos de astures, cántabros, autrigones, caristios e várdulos que fixeron da pesca a súa principal actividade económica, aínda que esta neses tempos primitivos non foi moi importante. Non obstante a presenza de determinados restos arqueolóxicos anteriores á conquista romana, así como investigacións no campo da xenética, demostran a existencia de contactos marítimos máis aló das costas cantábricas.[2] Achados como o do Caldeiro de Cabárceno, similar aos atopados preto de Battersea (Londres) ou en Dublín (Irlanda), parecen evidenciar que existiron intercambios comerciais marítimos polo menos 600 anos antes da chegada dos romanos entre os poboadores da zona norte da Península e os da zona atlántica europea, especialmente cos habitantes das Illas Británicas.[3]

Coa decadencia romana iníciase un período convulso e con escasas fontes historiográficas. Hidacio sinala que cara ao ano 456 d. C. a costa foi devastada por expedicións de hérulos. Durante este período o litoral cantábrico eran costas indefensas fronte ás razzias dos pobos do norte de Europa. Aínda que o mar probablemente se estaría aberto á navegación de cabotaxe, non se ten constancia da existencia de comercio ou intercambios marítimos. Descoñécese se os portos romanos seguían aínda activos, estaban abandonados ou unicamente daban servizo a intercambios locais.[4] Posteriormente rexístrase a primeira chegada dos viquingos á península ibérica a través do mar Cantábrico no século IX, que intentaron asaltar e saquear numerosos pobos costeiros aínda que foron derrotados en numerosas ocasións e inicialmente por Ramiro I de Asturias.[5] A pesca converteuse nunha importante actividade económica no mar Cantábrico, especialmente a captura de baleas, hoxe extintas na rexión.

O mar Cantábrico foi considerado tradicionalmente un mare tenebrosum, pechado, perigoso e de difícil tránsito. No entanto, as investigacións arqueolóxicas actualmente cuestionan esta visión.[6] Desde finais do século I d. C., das súas resgardadas baías e enseadas xurdiron asentamentos que co tempo chegaron a ter grande importancia, como demostra o xurdimento da Hermandad de las Cuatro Villas ou das Marismas, federacións de portos que conformaron un poder naval e económico de primeira orde no Arco Atlántico.

Localidades importantes

Principais municipios da beira do mar Cantábrico:

Galería de imaxes

Islotes de los Urros 001

Urros de Liencres.

Rasa litoral en Liencres

Rasa mareal en Piélagos.

Notas

  1. Plinio o Vello, III, 6; y IV, 114
  2. "Ramón Sainero: “Los celtas más antiguos se encuentran en la Península Ibérica”". Diario de Ferrol (en español). 10 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2018.
  3. "El Caldero de Cabárceno". Regio Cantabrorum (en español). Consultado o 28 de xuño de 2018.
  4. Javier Arce (2013). Bárbaros y romanos en Hispania: (400-507 A.D.). Marcial Pons Historia. ISBN 9788496467576.
  5. José Javier Esparza (2009). La gran aventura del Reino de Asturias: Así empezó la Reconquista. La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-887-4.
  6. Carmen Fernández Ochoa; Ángel Morillo Cerdan (2008). "La ruta marítima del Cantábrico en época romana" (pdf). Consultado o 4 de decembro de 2013.
Biscaia

Biscaia (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Carreño

Carreño é un concello do Principado de Asturias.

Limita ao oeste con Corvera, con Gozón e o Mar Cantábrico ao norte, co Mar Cantábrico e Xixón ao leste, e con Xixón de novo ao sur. Forma xunto ao veciño concello de Gozón a Mancomunidade do Cabo de Peñas. Non é un concello montañoso, pero conta cunha serie de outeiros que atravesan o concello de oeste a leste e que forman á súa vez cinco vales.

O concello está dividido en 12 parroquias: Candás (capital do concello), Perlora, Albandi, Carrió, Pervera, Prendes, Piedeloro, Logrezana, Guimarán, El Valle, Ambás e Tamón.

Neste concello localízase o Faro de Candás.

Comillas

Comillas é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca da Costa Occidental. Tiña unha poboación de 2.267 habitantes en 2015.

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Udías, ao leste con Ruiloba e Alfoz de Lloredo e ao oeste con Valdáliga.

Ademais de por os seus edificios medievais e barrocos, Comillas destaca por ser un dos poucos lugares fóra de Cataluña no que interviñeron artistas modernistas como Antoni Gaudí, sendo as súas obras abundantes e visibles por toda a vila.

A localidade dá nome á Universidade Pontificia de Comillas situada orixinalmente nesta vila cántabra ata o seu traslado a Madrid. Os antigos edificios da universidade son un dos mellores exemplos do modernismo da localidade.

Golfo de Biscaia

O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur de Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).

Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.

Gozón

Gozón é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 10.675 habitantes. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Avilés, ao leste con Carreño e ao sur con Corvera. No seu termo municipal atópase o Cabo de Peñas, extremo setentrional de Asturias.

Está formado polas parroquias de Bañugues, Bocines, Cardo, Eres, Llaviana, Lluanco, Mazaneda, Samartín de Podes, Santiao d'Ambiedes, Santolaya, Verdicio, Viodo e Vioño. A capital do concello é Lluanco.

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Laredo, Cantabria

Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na súa parte oriental e sobre o Mar Cantábrico. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km².

É cabeza comarcal do val baixo do Asón, e como tal empresta servizos aos concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero etc.).

Liendo

Liendo é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca da Costa Oriental. Tiña unha poboación de 1.223 habitantes en 2015.

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Castro Urdiales e Guriezo, ao sur con Ampuero e Limpias, e ao oeste con Laredo.

Está formado polas localides de Hazas, Iseca Nueva, Iseca Vieja, Isequilla, Llatazos, Mendina, Mollaneda, Noval, La Portilla, Rocillo, Sopeña, Villanueva e Villaviad. A súa capital é Hazas,

Limpias

Limpias é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Asón-Agüera. Tiña unha poboación de 1.815 habitantes en 2015.

Limita cos municipios de Voto e Colindres ao oeste, Laredo ao norte, Liendo ao leste e Ampuero ao sur. Atópase no curso baixo do río Asón, pouco antes de que pase a chamarse ría de Limpias antes de desembocar no mar Cantábrico.

Está formado polas localidades de Limpias e Seña. Entre o seu patrimonio destacan o Santuario do Cristo da Agonía, a Casa e torre de Palacio e varias casas blasonadas.

Mariña de Lugo

A Mariña luguesa é unha comarca natural situada ó correr do litoral da provincia de Lugo, abranguendo os municipios entre o cordal de montañas e o Mar Cantábrico. Administrativamente está dividida en tres Comarcas: A Mariña Occidental (con capital en Viveiro), A Mariña Central (con capital en Mondoñedo) e A Mariña Oriental (con capital en Ribadeo).

A súa situación, ó norte da provincia (e polo tanto, da Comunidade Autónoma de Galicia,), fai que sexa bañada polo Mar Cantábrico, tendo o seu límite oriental na Ría de Ribadeo, que fai de fronteira con Asturias, e o límite occidental na ría do Barqueiro, máis aló da que está a provincia da Coruña

Miengo

Miengo é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Santander. Tiña unha poboación de 4.675 habitantes en 2015.

Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste coa Ría de San Martín de la Arena, que o separa de Suances, ao sur con Polanco e ao leste con Piélagos.

Está formado por Miengo, capital municipal, e as localidades de Bárcena de Cudón, Cuchía, Cudón, Gornazo e Mogro.

Muros de Nalón

Muros de Nalón é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 1.880 habitantes.

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Cudillero, ao leste con Soto del Barco e ao sur con Pravia. Atópase no curso baixo do río Nalón.

Está formado polas parroquias de Muros, capital do concello, e San Esteban de Pravia. Destacan os pazos de Valdecarzana e Vallehermoso do século XV e a igrexa de Santa María.

Orio

Orio é un concello costeiro da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Urola Kosta, 11 km ao oeste de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 9,81 km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Donostia e Usurbil, e ao sur e oeste con Aia. Tiña en 2015 unha poboación de 5.805 habitantes.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ribadeva

Ribadeva (en castelán: Ribadedeva) é un concello do Principado de Asturias. Atópase na costa do mar Cantábrico e limita ao oeste con Llanes, ao sur con Peñamellera Baja e ao leste con Cantabria, da que está separada polo río Deva.

Está formado por tres parroquias: Colombres, Noriega e Villanueva, formadas polas localidades de Boquerizu, Noriega, Villanueva, Andines, Videl, Bustiu, Colombres, El Peral, Pimiango, La Franca e Bojes. A capital do concello é Colombres.

En 2008 tiña unha poboación de 1.875 habitantes.

San Vicente de la Barquera

San Vicente de la Barquera é un concello cántabro. No ano 2005 tiña 4.461 habitantes repartidos en 41.5 km². Limita co mar Cantábrico e os municipios de Valdáliga, Herrerías e Val de San Vicente.

Santa Cruz de Bezana

Santa Cruz de Bezana é un municipio, e unha localidade de devandito municipio, da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Piélagos, ao sur con Camargo e ao leste con Santander. Está situado na zona de influencia da capital cántabra, por iso encádrase a este municipio na comarca de Santander.

Sotu'l Barcu

Sotu'l Barcu (en castelán: Soto del Barco) é un concello do Principado de Asturias. En 2006 tiña unha poboación de 4.150 habitantes.

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Castrillón, ao oeste co río Nalón que fai de fronteira con Pravia e Muros de Nalón, e ao sur con Candamo e Pravia. Atópase xunto á desembocadura do río Nalón e a súa costa está ocupada pola extensa praia dos Quebrantos.

Está formado polas parroquias de La Corrada, L'Arena, Ranón, Riberas e Sotu'l Barcu. A capital é Sotu'l Barcu.

Suances

Suances é un municipio e capital municipal da comunidade autónoma de Cantabria, España, situado na costa occidental de devandita rexión. Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste con Santillana del Mar, ao sur con Polanco e ao leste coa ría de San Martín de la Arena, desembocadura dos ríos xa unidos Saja e Besaya. Alén da ría de San Martín da Area atópase a praia de Cuchía do municipio de Miengo.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.