Mar Céltico

O mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co canal de San Xurxo, co canle de Bristol e co canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualles, Devon e Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.

Mar Céltico (o Celta)
An Mhuir Cheilteach
Celtic Sea
Ar Mor Keltiek
Mer celtique
Land's End (looking west)
Localización administrativa
EstadoIrlanda Irlanda
Reino Unido Reino Unido
Flag of France.svg Francia
DivisiónProvincias de Munster (IRL)
e Leinster (IRL)
Gales (RU) e Suroeste de
Inglaterra
(RU)
Bretaña (FRA)
SubdivisiónCondados de Cork, Waterford, Kilkenny e Wexford Irlanda Irlanda
Condados de Pembrokeshire, Carmarthenshire, Swansea, Devon e Cornualles Reino Unido Reino Unido
Departamento de Finistère Flag of France.svg Francia
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
ArquipélagoIllas Británicas
Illa/sIlla de Gran Bretaña e illa de Irlanda
Xeografía
Mares contiguosCanal da Mancha, Golfo de Biscaia, Canle de Bristol e Mar de Irlanda
SubdivisiónsMar de Iroise (Bretaña)
Accidentes
Golfos e baíasBude Bay e Mount's Bay (UK)
CabosCabo Mizen e Carnsore Point Irlanda Irlanda
St David's Point, Punta de Hartland, Trevose Head e Land's End Reino Unido Reino Unido
Punta de Penmarch Flag of France.svg Francia
Estreitoscanal de San Xurxo (mar de Irlanda)
OutrosPenínsula de Cornualles
Características
Mapa
Locatie Keltische Zee

Localización do mar Celta
Celtic Sea and Bay of Biscay bathymetric map-en

Mapa do mar Celta, unha parte do Atlántico

Historia

O mar celta toma o nome da herdanza celta das terras limítrofes ao norte e ao leste.[1] O nome foi proposto polo mariño naturalista e biólogo inglés EWL Holt nunha reunión de 1921 en Dublín de expertos en pesca de Inglaterra, Gales, Irlanda, Escocia e Francia.[1] A parte norte deste mar xa fora considerada como parte do Canal de San Xurxo e a parte sur como unha parte indiferenciada do "Southwest Approaches" en Gran Bretaña. A necesidade dun nome común foi debido por mor da común bioloxía mariña, xeoloxía e hidroloxía.[1] Foi adoptada en Francia antes de ser común nos países de fala inglesa,[1] en 1957 Édouard Le Danois escribiu: "o nome "Mar Celta" é pouco coñecido incluso para os oceanógrafos."[2] Foi adoptado polos biólogos mariños e oceanógrafos e máis tarde por empresas de exploración de petróleo.[3] É nomeado nun atlas británico de 1963,[4] pero un artigo de 1972 afirma que "o que os mapas británicos chaman Southwest Approaches e que a industria do petróleo chama Mar Celta [...] sen dúbida os veciños da costa occidental de Gran Bretaña non se refiren a eles como tal."[5]

Límites

Os límites do sur e occidentais están peor definidos. Holt suxeriu unha liña de contorno de 200 brazas mariñas desde a illa de Ouessant (Francia) na punta de Bretaña.

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Celta do seguinte xeito:[6]

No norte. O límite sur do mar de Irlanda unha liña que une St David's Head en Gales con Carnsore Point, na costa sur de Irlanda, e desde Mizen Head unha liña trazada ata a posición 51°0′N 11°30′O / 51.000, -11.500.

No oeste e sur. Unha liña desde a posición 51°0′N 11°30′O / 51.000, -11.500 cara ao sur ata os 49° N, e desde alí ata a latitude 46° 30'N no límite occidental do Golfo de Biscaia nunha liña que une Cabo Ortegal e Penmarch Point.

"No leste". O límite occidental da Canle da Mancha unha liña que une a illa Vierge e Land End, no límite occidental da Canle de Bristol, e unha liña que une Hartland Point ata Cabo St. Govan.

Os fondos mariños

O fondo do mar baixo o mar celta chámase Shelf celta, parte da plataforma continental de Europa. A porción nordés ten unha profundidade entre 90 e 100 m., aumentando cara á canle de San Xurxo. Na dirección oposta, as cristas de area que apuntan cara ao suroeste teñen unha altura similar, separadas por vales de aproximadamente 50 m. máis profundas. Estas cristas formáronse por efectos das mareas cando o nivel do mar era menor. Ao sur do 50° N a topografía é máis irregular.[7]

A exploración de petróleo e gas no Mar Celta tivo un limitado éxito comercial. O campo de gas de Kinsale Head proporcionou gran parte da subministración de gas da República de Irlanda nos anos oitenta e noventa.

Ecoloxía do Mar Celta

O Mar Celta ten unha rica pesquería con capturas anuais totais de 1´8 millóns de toneladas desde 2007.[8]

Catro especies de cetáceos atópanse frecuentemente na zona: balea minke, arroaces, Golfiño común e Toniña común.[9] Antiguamente tiña abundancia de mamíferos mariños.[10][11]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Haslam, D. W. (Hydrographer of the Royal Navy) (29 de marzo de 1976). "It's the Celtic Sea—official". The Times (59665). p. 15 (Letters to the Editor), col G.
  2. Danois, Edouard Le (1957). Marine Life of Coastal Waters: Western Europe. Harrap. p. 12.
  3. Cooper, L. H. N. (2 de febreiro de 1972). "In Celtic waters". The Times (58391). p. 20; col G (Letters to the Editor).
  4. The Atlas of Great Britain and Northern Ireland. Clarendon Press. 1963. pp. 20–21.; cited in
    Shergold, Vernon G. (27 de xaneiro de 1972). "Celtic Sea: a good name". The Times (58386). p. 20 (Letters to the Editor); col G.
  5. Vielvoye, Roger (24 de xaneiro de 1972). "Industry in the regions Striking oil in Wales and West Country". The Times (58383). p. 19; col A.
  6. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
  7. Hardisty, Jack (1990). The British Seas: an introduction to the oceanography and resources of the north-west European continental shelf. Taylor & Francis. pp. 20–21. ISBN 0-415-03586-4.
  8. European Union. "Celtic Seas". European Atlas of the Seas. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.
  9. Hammond, P.S.; Northridge, S.P.; Thompson, D.; Gordon, J.C.D. (2008). "1 Background information on marine mammals for Strategic Environmental Assessment 8" (PDF). Sea Mammal Research Unit. Consultado o 13 de marzo de 2015.
  10. Van Deinse, A.B.; Junge, G. C. A. (1936). "Recent and older finds of the California grey whale in the Atlantic". Temminckia 2: 161–88.
  11. Fraser, F.C. (1936). "Report on cetacea stranded on the British Coasts from 1927 to 1932.". British Museum (Natural History) No. 11, London, UK.
As Tres Irmás

As Tres Irmás (en inglés The Three Sisters) é o nome polo que se coñece a tres ríos de Irlanda; o río Barrow, o río Nore e o río Suir.

O Suir e o Nore nacen na mesma zona montañosa do condado de Tipperary, preto do monte Devil's Bit. Pola súa banda, o Barrow nace nas montañas Slieve Bloom, no condado de Laois. Os tres ríos desembocan no mar Céltico na mesma baía ó sueste da cidade de Waterford. A ponte de Barrow cruza dúas das "Tres Irmás", o Nore e o Barrow. Máis adiante, únense ó Suir nun lugar coñecido en irlandés como Cumar na dTrí Uisce, que en galego significa "A confluencia das tres augas".

Bretaña (rexión histórica)

A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Gran Bretaña

Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Mar de Filipinas

O Mar de Filipinas é un mar marxinal ó leste e norte das Filipinas, que ocupa unha superficie estimada de 5 millón km², situado na parte norte e oeste do Océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago filipino (Luzón, Samar, Leyte e Mindanao) polo suroeste; por Palau, Yap e Ulithi (das Illas Carolinas) polo sueste; polas Illas Marianas, incluíndo Guam, Saipan e Tinian, polo leste; as Ogasawara e Iwo Jima polo nordeste; as illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyūshū polo norte; as Illas Ryukyu polo noroeste; e Taiwan polo oeste.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Munster Blackwater

O Munster Blackwater ou simplemente Blackwater, (en irlandés An Abhainn Mhór ou An Abha Mhór no dialecto de Munster) é un río irlandés que flúe a través dos condados de Kerry, Cork e Waterford. É un dos ríos de Irlanda nos que se dá mellor a pesca de salmóns e ten unha lonxitude total de 169 quilómetros.

Nace nas montañas Mullaghareirk do condado de Kerry, e atravesa as vilas de Mallow e Fermoy, xa no condado de Cork. Despois entra no condado de Waterford pasando por Lismore e Cappoquin, ata que finalmente desemboca no Mar Céltico.

Río Bandon

O río Bandon é un río de Irlanda que nace en Nowen Hill, nas montañas Shehy, e desemboca no mar Céltico, preto da vila de Kinsale, no condado de Cork.

Río Barrow

O río Barrow (en irlandés An Bhearú) é un río de Irlanda, que xunto co río Nore e o río Suir, forma parte do grupo coñecido como As Tres Irmás. O Barrow é o máis longo e importante dos tres, e cos seus 192 quilómetros, é o segundo río máis longo de Irlanda despois do río Shannon. Nace nas montañas Slieve Bloom, no condado de Laois e desemboca no Mar Céltico.

Río Lee

O río Lee (en irlandés An Laoi) é un río de Irlanda que flúe polo condado de Cork.

Nace nas montañas Shehy, ten uns noventa quilómetros de lonxitude e atravesa os encoros de Carrigadrohid e Inniscarra, xa que nel hai construída unha central hidroeléctrica. Máis adiante, atravesa a cidade de Cork, na que se divide e forma unha insua sobre a que está asentado o centro da vila. Finalmente, desemboca no mar Céltico. O río permite a pesca de salmóns en oito quilómetros do seu curso.

Río Mahon

O río Mahon (en irlandés An Mhachan) é un río de Irlanda. Nace nas montañas Comeragh, no condado de Waterford e desemboca no mar Céltico. Nun dos treitos do seu curso forma unha fervenza cunha caída duns dezaoito metros. O río é moi popular entre os caiaquistas.

Río Nore

O río Nore (en irlandés An Fheoir) é un río de Irlanda, que xunto co río Barrow e o río Suir, forma parte do grupo coñecido como As Tres Irmás. Ten unha lonxitude de 140 quilómetros e é famoso pola pesca de salmóns e troitas. Nace nunha zona montañosa preto do monte Devil's Bit, no condado de Tipperary, e desemboca no Mar Céltico.

Río Suir

O río Suir (en irlandés An tSiúir) é un río de Irlanda, que xunto co río Nore e o río Barrow, forma parte do grupo coñecido como As Tres Irmás. Nace na mesma zona montañosa do condado de Tipperary na que nace o río Nore, preto do monte Devil's Bit. O río ten preto de 183 quilómetros de lonxitude e desemboca no Mar Céltico nunha baía ó sueste da cidade de Waterford.

Ríos de Irlanda

De entre os ríos de Irlanda, o Shannon é o máis longo de todos con 386 quilómetros. O río desenvólvese en tres lagos ó longo do seu curso: o Lough Allen, o Lough Ree e o Lough Derg. De entre eles o Lough Derg é o meirande.

Outros ríos de importancia son o río Liffey, o río Lee, o río Swilly, o río Foyle, o río Lagan, o río Erne, o río Blackwater, o río Nore, o río Suir, o río Barrow, o río Bann e o río Boyne.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.