María de Aragón (1482-1517)

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.[1]

María de Aragón
Infanta de Aragón e de Castela
Raíña consorte de Portugal
Maria de aragon

Reinado30 de agosto de 1500
7 de marzo de 1517
Nacemento29 de xuño de 1482
Córdoba, Reino de Córdoba (Coroa de Castela)
Falecemento7 de marzo de 1517 (34 anos)
Lisboa, Portugal
PredecesorIsabel de Aragón
SucesorLeonor de Austria
ConsorteManuel I de Portugal
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa de Trastámara

Escudo de María de Aragón (1482-1517)

Escudo de María de Aragón

Traxectoria

María naceu en Córdoba, pertencente entón ao reino de Castela. A súa nai, Isabel, estaba embarazada de xemelgos. A primeira en nacer foi María. O segundo, varón, naceu morto.[2]

Nese mesmo ano, Boabdil arrebatou o trono ao seu pai Muley Hacén, converténdose no último rei nazarí de Granada.

María casou con dezaoito anos, o 30 de outubro de 1500, co rei Manuel I de Portugal, viúvo da súa irmá maior Isabel de Aragón desde 1498, continuando así coa política de sucesivas vodas entre as familias reais portuguesa e castelá-aragonesas, no intento de unir os reinos ibéricos que, nesa época, comprendían baixo unha coroa Portugal, Aragón e Castela.[1] Así, despois da morte de María, o rei Manuel I casaría con Leonor de Austria, filla de Xoana I de Castela e Filipe o Fermoso, e sobriña, por tanto, de María de Aragón. Porén, a política de alianzas matrimoniais entre España e Portugal non quedaría aí, xa que o futuro rei de Portugal, Xoán III, fillo de María de Aragón e Manuel I de Portugal, casaría con Catarina de Austria, filla menor de Xoana I de Castela e irmá de Carlos V, que estivo recluída durante toda a súa infancia en Tordesillas canda a súa nai.

Ademais doutros privilexios e doazóns, o rei concedeulle como dote as vilas de Viseu e Torres Vedras. María foi unha fervorosa partidaria do proxecto imperial manuelino de destruír as cidades santas islamitas de A Meca e Medina, anexionar o Imperio mameluco e conquistar os lugares santos da cristiandade, especialmente Xerusalén. En 1508 conseguiu do seu marido que pedira perdón polas intervencións destrutivas e violentas do pogromo contra os xudeus de 1506.

Morte e sepultura

María morreu o 7 de marzo de 1517 en Lisboa a consecuencia do seu último parto, do que naceu un neno chamado Antonio en 1516, que viviu poucos días. A súa vida xa estaba en perigo cando estaba embarazada deste último, debido a seus numerosos partos.

Foi enterrada no Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa.

Descendencia

Do seu matrimonio con Manuel I de Portugal naceron dez fillos:

  • Xoán III, rei de Portugal (1502-1554).
  • Isabel de Portugal (1503-1539), casada co seu primo Carlos I de España, pais de Filipe II de España, I de Portugal desde 1580.
  • Beatriz (1504-1538), casada con Carlos III de Savoia, despoxado de case todos os seus estados en 1544 por Francisco I de Francia, nai de Manuel Filiberto de Savoia, un dos heroes da batalla de San Quintín.
  • Luis de Portugal, duque de Beja (1506-1555), casado secretamente con Violante Gómez a Pelicana, xudía, que morreu sendo monxa (outras fontes afirman que nunca houbo tal matrimonio entre eles).[3] Desta relación naceu Antonio, prior de Crato (1531 – 1595), que reclamou os dereitos ao trono luso en 1580 fronte ás pretensións de Filipe II de España, pese a ser ilexítimo.
  • Fernando, duque de Guarda e Trancoso (1507-1534), casado con Guiomar Coutinho, condesa de Marialva.
  • Afonso de Portugal, cardeal de Portugal (1509-1540).
  • María (1511-1513)
  • Henrique I, rei de Portugal (1512-1580).
  • Duarte de Portugal, IV duque de Guimarães (1515-1540), casado con Isabel de Braganza, cuxa filla a duquesa Catarina, disputó tamén os dereitos sucesorios ao trono portugués do seu primo irmán, Filipe II de España, I de Portugal. Duarte e Isabel foron bisavós de Xoán IV de Portugal.
  • Antonio (1516).

Antepasados de María de Aragón

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Fernando II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
10. Fadrique Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana de Mendoza
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Diego Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
11. Mariña Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Ayala
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Henrique III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Xoán II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
13. Catarina de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Filipa de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Afonso I de Braganza
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel de Barcelos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz Pereira de Alvim
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Isabel de Aragón
Raíña consorte de Portugal
1500 - 1517
Sucesor:
Leonor de Austria

Notas

  1. 1,0 1,1 "Maria (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). pp. 823–824. Consultado o 19 de setembro de 2017.
  2. Liss, Peggy K. (1998). Isabel la Católica: su vida y su tiempo. Nerea. p. 192. ISBN 84-89569-27-4. Consultado o 19 de setembro de 2017.
  3. Serrão, Joaquim Veríssimo (ed.). "António, Dom, Prior do Crato (1531-1595)". Volume I (A-D): páxina 157.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guimarães Sá, Isabel dos, e Michel Combet (2012): Rainhas consortes de D. Manuel I: Isabel de Castela, Maria de Castela, Leonor de Áustria. Lisboa: Circulo de Leitores. Serie: Rainhas de Portugal, nº 9. ISBN 978-97-2424-710-6.
  • Queralt del Hierro, María Pilar (2011): Las damas del rey. Barcelona: Roca Editorial. Serie: Histórica. ISBN 978-84-9918-282-7. Novela sobre as mulleres que rodearon a vida e o reinado dos Reis Católicos, as súas fillas e algunhas otras mulleres destacadas, como Margarita de Austria ou Leonor de Habsburgo.
  • Viera, David John (1994): A rare sixteenth century biography of Maria of Portugal: (1482-1517). Roma: Archivum Franciscanum Historicum.

Outros artigos

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

María de Aragón

María de Aragón pode referirse a:

Varias raíñas da Casa de Trastámara, que tamén poden ser chamadas María de Trastámara ou Trastamara:María de Aragón (raíña de Castela) ou María de Trastámara (1403-1445), unha das infantas de Aragón. Foi raíña nos reinos da Coroa de Castela como consorte de Xoán II de Castela desde o s3u matrimonio en 1420;

María de Castela, que tamén pode ser chamada María de Trastámara (1401-1458), infanta castelá e irmá de Xoán II de Castela. Foi raíña nos reinos da Coroa de Aragón como consorte de Afonso V de Aragón;

María de Aragón (1482-1517), raíña do reino de Portugal como consorte de Manuel I de Portugal desde o seu matrimonio en 1500;Unha raíña da Casa de Aragón:María de Luna (1358-1406), raíña nos reinos da Coroa de Aragón como consorte de Martiño I de Aragón, o Humano, último rei da Casa de Aragón;Varias infantas da Casa de Aragón:María de Aragón (1248-1267), monxa, filla de Xaime I de Aragón e Violante de Hungría;

María de Aragón (1299-1347), filla de Xaime II de Aragón e Branca de Nápoles. Foi tamén infanta de Castela por matrimonio con Pedro de Castela;

María de Aragón (n. 1455), filla ilexítima de Xoán II de Aragón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.