María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

María Xosé Queizán
María Xosé Queizán (AELG)-1
Nome completoMaría Xosé‏ Queizán Vila
Nacemento5 de febreiro de 1939 (80 anos)
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
PaiJosé Queizán Hermida
CónxuxeXosé Luís Méndez Ferrín
FillosCristal e Roi
XénerosPoesía, narrativa, ensaio e teatro

Traxectoria

Comezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.

Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).

O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.

Vida persoal

1progalpor
María Xosé Queizán Vilas con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. Na Coruña, 09/09/2017

Filla do avogado José Queizán Hermida e de Concepción Vilas García. En 1962 casou con Xosé Luís Méndez Ferrín, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi (1968).[1]

Labor literario

A principios dos setenta trasladouse a París, onde coñece a nova novela francesa, o que a axudará a escribir a súa primeira novela, A orella no buraco, obra incluída na nova narrativa galega. En 1977 publica o ensaio A muller en Galicia ao que lle seguiría en 1980 Recuperemos as mans e, en 1998, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal. Creou a revista Festa da Palabra Silenciada, feita só por mulleres, a cal coordina e dirixe dende 1983. En 1989 publicou unha obra de teatro, Antígona ou a forza do sangue, coa que queda finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Outra obra de teatro, Non convén chorar máis, permanece inédita. O seu primeiro poemario Metáfora da metáfora aparece en 1991, seguido por Despertar das amantes en 1993 e Fóra de min en 1994. Como tradutora, figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Marguerite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins Gilman.

No outono de 2018 publicou en Xerais o libro de memorias Vivir a galope[2]:

Obra

Narrativa

Biblioteca Galega 120
Amor de tango, de María Xosé Queizán, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • A orella no buraco (1965) -2ª ed. 1984-. Galaxia. Colección Illa Nova. ISBN 978-84-7154-475-9. Unha novela innovadora, que trasladou en 1965 á narrativa galega os postulados modernos do Nouveau Roman francés.[4] É unha novela obxectalista.[5]
  • Amantia (1984). Xerais. 240 páxs. ISBN 978-8475071633. É unha novela histórica que se desenvolve na Galicia do século IV, con Prisciliano e o círculo de mulleres ilustradas pola poesía decadente e vanguardista dos poetas romanos do Baixo Imperio.[6]
  • A semellanza (1988) -2ª ed.1995). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478241286. Con esta novela Queizán contribuíu ao debate sobre a relación sexo/xénero desde o punto de vista da psicanálise.[7][8]
  • Amor de tango (1992) -8ª ed. 2007-. Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9782-593-1. ePub: ISBN 978-84-9121-012-2. A novela reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista, das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo, das traballadoras que espertaron á vida no Vigo de preguerra, das obreiras das fábricas de sardiñas.[9]
  • O solpor da cupletista (1995). Nigra. Xerais (2013). 120 páxs. ISBN 978-84-9914-568-6. Focaliza a acción nun momento final da vida da Bela Otero. Á novela curta, engádese un ensaio de investigación titulado Carolina Otero, a liberdade arrogante.[10]
  • Ten o seu punto a fresca rosa (2000). Xerais. Edición ePub 2013: ISBN 978-84-9914-615-7. A novela está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan as historias de tres mulleres.[11] Son personalidades de distintas idades, condicións socioeconómicas e de diversas sexualidades.[12]
  • ¡Sentinela, alerta! (2002) -reed. 2015)-. Xerais. 128 páxs. ISBN 978-8499148311. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.[13] Novela de narrativa carceraria.[14]
  • Meu pai vaite matar (2011). Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-300-2. Segundo a editora: "é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego".[15][16]
  • A boneca de Blanco Amor (2014). Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9865-571-1. Segundo Ramón Nicolás, na novela: "ofrece unha proposta narrativa heteroxéna con trazos novelescos, mais tamén ensaísticos, sobre Chile e a boneca de porcelana que Blanco Amor situou n´A esmorga".[17]
  • Son noxento (2015). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-824-3. ePub: ISBN: 978-84-9914-830-4. Da novela di a editora: "Ademais de abordar a crítica social ... é unha novela presidida polo humor... unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun monólogo interior".[18] E Ramón Nicolás comenta: "María Xosé Queizán, na súa última novela, aperta as caravillas a asuntos tabús ou case ignorados na narrativa galega, procurando unha resposta activa a quen se achegue a estas páxinas".[19]

Ensaio

  • A muller en Galicia (1977), Edicións do Castro. 99 páxs.[20]
  • Recuperemos as mans (1980). Edicións do Cerne. 148 páxs.
  • A muller galega no ensino. A muller e a cultura (1981). Ministerio de Cultura.
  • Evidencias (1989). Xerais.
  • Concepción Arenal (1993). Concello de Vigo. Concellería de Educación e Universidade.
  • Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995). Espiral Maior.
  • Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (1998). Laiovento.
  • Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (2004). Xerais.
  • Anti natura (2008). Xerais.
  • Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (2011). Xerais.
  • Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (2014). Xerais.
  • Rosalía de Castro e o poder sexual (2017). Xerais.
  • Vivir a galope (2018). Xerais. ISBN 978-84-9121-453-3. 808 páxs.[21]
    María Xosé Queizan vivir a galope
    Presentación de Vivir a galope na Libraría Paz de Pontevedra o 17/02/2019 con Llerena Perozo Porteiro
María Xosé Queizan vivir a galope
Presentación de Vivir a galope na Libraría Paz de Pontevedra o 17/02/2019 con Llerena Perozo Porteiro

Poesía

  • Metáfora da metáfora (1991). Espiral Maior. 106 páxs. ISBN 978-8440493941.[22]
  • Despertar das amantes (1993). Espiral Maior. ISBN 978-8488137142.
  • Fora de min (1994). Sons Galiza.
  • Catro poemas a Rosalía (1997). Fundación Rosalía de Castro.
  • Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004 (2004). Xerais. 380 páxs. ISBN 84-9782-181-5.[23]
  • Cólera (2007). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-612-9.[24][25]
  • Lesbiar (2015). Asociación Nós Mesmas. Vigo.

Literatura infanto-xuvenil

  • O segredo da Pedra Figueira (1985), Tintimán. Ilustracións de Marifé Quesada. 4ª ed. en Xerais, Xabarín (1992) e en Xerais, Fóra de Xogo (2ª 2011). 120 páxs. ISBN 978-84-9914-214-2. Na novela Queizán recrea simbolicamente a procura da liberdade e reivindica o protagonismo e potencialidades femininas.[26]

Teatro

  • Parados (inédita) (1989).
  • Non convén chorar máis (Inédita).
  • Antígona, a forza do sangue (1989). Xerais. Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989.
  • Antígona. A cartuxeira. Neuras (2008). Galaxia.
  • Clara Campoamor e a defensa do voto feminino (inédita). Lectura dramatizada
  • Ritos de sangue (2012). RTG, 72. Textos/69. A.C. Entre Bambalinas

Guión cinematográfico

  • Con hoxe e con mañá, 1877. Guión. Premio concurso da Organización Nós. Inédito.
  • Prisciliano, 1984. Guión. Gañadora do premio Xunta de Galicia. Inédito.

Tradución

Obras colectivas

  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado. Poesía.
  • Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Relato.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Poesía.
  • XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado. Poesía.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro. Poesía.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia. Relato.
  • Construír a paz, 1996, Xerais. Ensaio.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Relato.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Padroádego Rosalía de Castro. Poesía.
  • Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • A homosexualidade a debate, 2002, Xerais. Ensaio.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Relato.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns (2006). Xosé Manuel Martínez Oca et al. Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Conto: A bela adormecida na devesa.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Poesía.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Bibliografía sobre a autora

Premios e recoñecementos

Premio Igualdade Ernestina Otero 2019 a María Xosé Queizán
Recollendo o Premio de Igualdade Ernestina Otero en Vigo de mans da concelleira Uxía Blanco.

Notas

  1. Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
  2. Queizán, María Xosé (2018). Vivir a galope. Edicións Xerais de Galicia. p. 808. ISBN 978-84-9121-453-3.
  3. "Vivir a galope". Xerais. Consultado o 28/10/2018.
  4. "A orella no buraco". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-16.
  5. Bragado, Manuel. "Escritora María Xosé Queizán". www.farodevigo.es. Consultado o 2019-02-16.
  6. "AmantiaXerais - Librería Tirant Lo Blanch". tirant.com. Consultado o 2019-02-16.
  7. Rodríguez Rodríguez, Marisol. "A busca de identidade: A relación entre sexo e xénero n’A semellanza de María Xosé Queizán" (PDF). galicia21journal.org. Consultado o 16/02/2019.
  8. Boguszewiczb, María. "AMOR DE TANGO DE MARÍA XOSÉ QUEIZÁN Y LOS DISCURSOS FEMINISTAS DE LA RANSICIÓN DESDE UNA PERSPECTIVA SOCIOCRÍTICA". revistaseug.urg.es (en castelán). Consultado o 16/02/2019.
  9. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  10. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  11. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  12. "A novela «Ten o seu punto a fresca rosa», de María Xosé Queizán, no Club de Lectura LGTB Queeruña. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  13. "Sentinela, Alerta!. Maria Xose Queizan. Elkar.eus". www.elkar.eus (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
  14. Sánchez Arins, Susana. "Sempre alerta, sentinela!". A Sega. Consultado o 2019-02-16.
  15. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  16. "María Xosé Queizán: "Los policías son los que más saben de la realidad social" - Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
  17. Nicolás, Ramón (2014-12-27). "A boneca de Blanco Amor, de María Xosé Queizán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-16.
  18. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  19. Nicolás, Ramón (2015-05-22). "Son noxento, de María Xosé Queizán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-02-16.
  20. Cerqueira Ogando, Vanessa. "Resistencia e identidade na produción literaria de María Xosé Queizán: cara á lexitimación do feminismo galego" (PDF). ruc.udc.es. Consultado o 16/02/2019.
  21. "María Xosé Queizán: "Unha non é o que se considera, é o que é". CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-02-15.
  22. Nunes Brión, Andrea. "'Metáfora da metáfora' de María Xosé Queizán". A Sega. Consultado o 2019-02-16.
  23. "Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
  24. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  25. Mato, Mar. "María Xosé Queizán, escritora. Acaba de sacar do prelo o seu poemario "Cólera": "Os rexistros na casa eran como unha violación"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-02-16.
  26. Fernández Vázquez, Mar. "A terra prometida de 'O segredo da Pedra Figueira". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-02-16.
  27. "«Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán», novidade do mes de abril. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2019-02-16.
  28. "A escritora na súa terra: María Xosé Queizán. Vigo, 1998". www.aelg.gal. Consultado o 2019-02-16.
  29. Do Val, Marga (17 de xuño de 2018). "A Festa da Queizán". Sermos Galiza. Consultado o 18 de xuño de 2018.
  30. P., E. (1 de xullo de 2018). "María Xosé Queizán: "Tiven que pagar un prezo alto por rebelarme"". Galicia Confidencial. Consultado o 2 de xullo de 2018.
  31. "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018.
  32. "Una escultura para María Xosé Queizán". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-11-07. Consultado o 2019-02-16.
  33. "María Xosé Queizán recibe el séptimo Premio de Igualdade Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). 10/3/2019.
  34. "Escritores, libreiros e editores outorgan os seus recoñecementos honoríficos anuais María Xosé Queizán, Antonio Fernández Maira e María Teresa Horta recollerán os seus premios na Gala do Libro Galego". Cultura Galega. 8 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

5 de febreiro

O 5 de febreiro é o 36º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 329 días para finalizar o ano, 330 nos anos bisestos.

A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un xornal que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

Ana, soror

Ana, soror (en francés: Anna, soror) é unha historia da escritora francesa Marguerite Yourcenar, publicada en París en 1934 por Grasse e, na súa forma final, en 1981 por Gallimard.

Foi traducida ó galego por María Xosé Queizán e publicada pola Edicións Xerais no ano 2002. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Queizán dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Cristal Méndez Queizán

Cristal Méndez Queizán, nada en Vigo o 6 de outubro de 1964, é unha cantante e poeta galega. É filla de Xosé Luís Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.

Día das Galegas nas Letras

O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras".

Comezou a organizarse no ano 2014. Naceu en contraposición do Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración. En 2018 dedicouse o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno que fora previamente recoñecida no Día das Galegas nas Letras.

Edicións do Cerne

Edicións do Cerne é unha empresa editorial de Santiago de Compostela, creada en 1980 por Xesus Couceiro Rivas.

Ediciós do Castro

Ediciós do Castro é unha editorial galega fundada en Sada, en 1963, ao amparo do Grupo Sargadelos como parte do complexo industrial Laboratorio de Formas impulsado por Isaac Díaz Pardo. Edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con Galicia. Ditas publicacións inclúen narrativa, poesía, ensaio, economía, teatro, etnografía, arte e historia entre outras.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Festa da Palabra Silenciada

Festa da Palabra Silenciada é unha revista anual de carácter político-cultural producida dende maio de 1983 en Vigo por Feministas Independentes Galegas (FIGA) e dirixida por María Xosé Queizán.

Aínda que os seus contidos se foron ampliando dende o comezo, os máis significativos son o reflexo do pensamento feminista en moi diversos aspectos da realidade e a crítica, centrada na autoría feminina, de textos literarios galegos.

José Queizán Hermida

José Queizán Hermida, nado en Vigo en xuño de 1910 e finado en Vilanova de la Barca (provincia de Lleida) o 16 de agosto de 1938, foi un avogado galego.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega.

Nova narrativa galega

A etiqueta nova narrativa galega designa a produción dun grupo de narradores galegos que publican dende a década de 1950 e durante as seguintes dos 60 e dos 70, ata 1980, ano de publicación de Cara Times Square de Camilo Gonsar; segundo analiza Manuel Forcadela . Porén, moitos persoeiros consideran que en realidade o movemento remata xa no ano 1971 coa publicación de Adiós, María por Xohana Torres.Adoitan considerarse integrantes seus tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán e Xohán Casal, aínda que algún expertos engaden máis autores. Carlos Casares, Xavier Alcalá e Lois Diéguez tamén contarán cunha primeira etapa creativa cuxa estética e procedementos encaixarán na Nova Narrativa Galega.

Premio Biblos-Pazos de Galicia

O premio Biblos-Pazos de Galicia é un premio de creación literario destinado á mocidade (os candidatos non deben superar os 25 anos de idade no momento de presentarse). A primeira edición foi en 2004. Está organizado por Biblos Clube de Lectores, co patrocinio de Pazos de Galicia. En pasadas edicións fíxose en colaboración con outras asociacións, tal que a AELG. A diferenza doutros premios, este premio non busca unha obra rematada senón un proxecto de obra, que será acabada polo gañador coa axuda dun titor experimentado (en diversas edicións o papel de titor recaeu respectivamente sobre Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Xabier P. DoCampo ou Darío Xohán Cabana, entre outros).

Algúns gañadores deste premio foron Elena Veiga Rilo, Iria López Teixeiro ou o xornalista Alberto Ramos.

Na edición de 2012 o premio foi declarado deserto.

Premio de Igualdade Ernestina Otero

O Premio de Igualdade Ernestina Otero é un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade.

Creouse en 2013 e ten carácter anual.

Xosé García Barbón

Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909, foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma dende o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.