María Xesús Lama

María Xesús Lama López, nada en Santa Euxea (Guntín) en 1964, é unha filóloga luguesa. En 2018 foi distinguida co Premio Nacional de Ensaio, que outorga con carácter anual o Ministerio de Cultura e Deporte de España, pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]

María Xesús Lama
Nacemento1964
 Santa Euxea, Guntín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora

Traxectoria

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1987 e doutorouse na Universidade de Barcelona no 2002 cun traballo sobre a apropiación dos materiais lendarios celtas e da materia de Bretaña na literatura galega contemporánea.

A súa investigación céntrase na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e desenvólvese en tres direccións principais nas que se centran as súas publicacións: a vida e a obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega, o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. Publicou tamén traducións do alemán e do inglés ao galego.

Colabora habitualmente en diversas revistas literarias.

Obras

Ensaio

  • O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, 2001, Universidade de Barcelona.
  • Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), 2017, Galaxia.[2]

Traducións

Edicións

Obras colectivas

Premios

  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2017, por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade.
  • En 2018 gañou o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte de España por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]
  • Premio de ensaio Baltar Feijoo da Fundación Rosalía de Castro por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

Notas

  1. 1,0 1,1 "María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensayo 2018". Ministerio de Cultura y Deporte. 8/11/2018. Arquivado dende o orixinal o 05/01/2019. Consultado o 04/01/2019.
  2. Lama, M.ª X. (2017). Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Galaxia. ISBN 978-84-9151-040-6.

Véxase tamén

Outros artigos

Asociación Internacional de Estudos Galegos

A Asociación Internacional de Estudos Galegos/International Association of Galician Studies (AIEG) é unha organización internacional sen ánimo de lucro que busca consolidar e visibilizar os estudos galegos en todas as disciplinas académicas en universidades e centros de investigación arredor do mundo.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Carmen Blanco Ramos

Carmen Blanco Ramos, nada en Vilar de Céltigos (Grixoa, Santa Comba) o 2 de xuño de 1957, é unha escritora galega.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

Helena González Fernández

Helena González Fernández, nada en Santo André de Comesaña (Vigo), o 11 de marzo de 1967, é unha profesora e investigadora galega.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Laureano Araujo

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna o 3 de xaneiro de 1964, é un profesor, analista político e autor galego.

Manifesto para a supervivência da cultura galega

O "Manifesto para a supervivência da cultura galega", tamén coñecido como "Manifesto dos 13 de Roma" ou "Manifesto dos doce", é un texto en prol da integración lingüístico-cultural galego-portuguesa e da igualdade entre o galego e o castelán no uso público elaborado en 1974 polo chamado Grupo de Roma.

Premio Nacional de Ensaio de España

O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio é un premio literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.

Premia ó mellor ensaio de entre todas as obras deste xénero publicadas en España o ano anterior, na súa primeira edición, escrito por un autor ou autores españois, en calquera das linguas españolas. Está dotado con 15.000 euros.

Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo

O Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo é un premio que procura contribuír ao fomento do estudo do período histórico relativo ao fondo documental Ramón Baltar Feijoo.

Premios Fervenzas Literarias

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións.

Quim Monzó

Joaquim Monzó i Gómez, coñecido como Quim Monzó, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1952, é un escritor e xornalista catalán.

Rosalía de Castro

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Xavier Lama

Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea (Guntín) o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.