María Victoria Fernández-España

María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.

María Victoria Fernández-España
AlcumeVictoria Armesto
Nacemento12 de xuño de 1925
 A Coruña
Falecemento11 de xuño de 1999
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e xornalista
NaiMaría Victoria Fernández-Latorre
CónxuxeAugusto Assía
FillosJuan Fernández-Armesto Fernández-España
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Primeiros anos

Victoria Armesto era filla do enxeñeiro José Fernández-España Vigil, que faleceu cando ela tiña dous anos, e de María Victoria Fernández-Latorre, filla do político liberal e fundador do xornal La Voz de Galicia Juan Fernández Latorre. Estudou o bacharelato no instituto da Coruña e no Colexio de Santa Isabel de Madrid. En 1945 comezou os seus estudos de xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, graduándose en 1949.

Xornalista

Durante o seu período de formación na Escola de Xornalismo xa colaborara en La Voz de Galicia, onde chegou a entrevistar a Gala Murguía, filla de Rosalía de Castro. A pesar de cultivar a crónica social, e por momentos costumista, tamén se arriscou con pezas de carácter político. Aínda co ditador Francisco Franco vivo, Victoria Armesto atreveuse, por exemplo, a poñer en valor a Castelao, que para ela expresaba "a saudade dos emigrados pola terra lonxana e endexamais esquecida". Noutros artigos tamén defendeu o galego, a lingua propia de Galicia, ás veces para defender o seu uso —"Acerca de la conveniencia de hablar gallego", titulou unha das súas columnas— e outras para reprobar ao franquismo polo seu desprezo dos valores culturais e de idiomas como o galego. Na súa formación foi determinante o seu paso profesional por diferentes países. Un parágrafo dun dos seus artigos é máis que revelador: "A diferenza entre a falsa moral do franquismo e os principios democráticos acusábase para aqueles españois que, como era o noso caso, vivimos longas décadas nos Estados Unidos, Inglaterra e Alemaña. Nestes países, España e o seu peculiar sistema eran obxecto de constante crítica".[1]

Comezou a publicar de xeito regular en La Voz de Galicia en 1949, polo xeral baixo o título "Madrid". Tratábase de crónicas urbanas e costumistas. Pero pronto cambiaría a súa vida e o seu traballo, baixo o común denominador do xornalismo. En 1950 casa con Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), e o seu matrimonio proxectouna decididamente cara ao mundo da prensa. Foi correspondente de La Voz de Galicia nos EUA, enviando tamén crónicas ao diario Pueblo de Madrid e á revista Semana.

Naceu rodeada de xornalistas e creceu con xornalistas. Até en parella. Ao xornalista ourensán coñeceuno por mor de facerlle unha entrevista. María Victoria e Felipe casáronse o 15 de agosto de 1950, no pazo familiar de Miraflores. Desde entón, María Victoria asinou os seus artigos e libros como Victoria Armesto. Nese ano foron vivir a Nova York; as súas crónicas para La Voz de Galicia chegaron, primeiro, baixo o título de "Carta de Nueva York" e, posteriormente, co de "Carta de América".

Outros medios nos que pronto comezou a publicar foron o diario madrileño Pueblo e a revista Semana.

Escritora

En 1969, coa publicación de Galicia Feudal, o seu nome entrou no campo da divulgación histórica. Segundo Carlos Fernández,[2] "cando Fernando Sánchez Dragó publicou Gárgoris y Habidis, una historia mágica de España, que obtivo o Premio Nacional de Literatura e vendas millonarias, ninguén parou a pensar que nove anos antes se editara Galicia Feudal de Victoria Armesto, onde, coa mesma erudición e superior estilo, a escritora e periodista coruñesa facía unha interpretación cosmolóxica da súa terra e poñía a historia ignorada e remota ao alcance de todos".

E Isaac Díaz Pardo engadiu: "Xa desde antes do seu matrimonio con Felipe Armesto, comezou a interesarse por un mundo que daquela se prohibía: o dos homes que entendían a restauración do feito diferencial de Galicia como unha esperanza; e foi buscando a información, tan cara de obter, sobre este mundo que subxacía marxinado, desterrado, logo dunha gran derrota".

Froito destes coñecementos nacerían libros como Los hijos cautivos de Breogán. El rastro de Castelao en América,[3] ou Los liberales coruñeses. En todos estes libro zumega o espírito liberal que encarnou María Victoria.

Política

Aínda que nunca militara en política, nas eleccións xerais do 15 de xuño de 1977, e a requirimento de Alianza Popular, presentou a súa candidatura ao Congreso dos Deputados como cabeza de lista pola provincia da Coruña, resultando elixida, igualmente que nas sucesivas eleccións de 1977, 1979 e 1982. Faleceu o 11 de xuño de 1999 en Madrid.

Foi vicepresidenta da Cámara Baixa nas dúas primeiras lexislaturas, e secretaria segunda tras ser elixida deputada nas eleccións de 1982, ademais de presidenta provincial de AP na Coruña.

En 1986 anunciou o seu abandono do partido e o seu pase ao Grupo Mixto da Cámara, en desacordo coa postura abstencionista de AP ante o referendo sobre a permanencia de España na OTAN de 12 de marzo de 1986, consulta para a que pediu o "si" ao considerar que "a abstención é equivalente a un non á OTAN e, en consecuencia, a un non a Europa".[4] Nos comicios de 1986 non figurou en ningunha lista electoral, continuando dedicada ao seu labor xornalístico. En 1988 foi designada vicepresidenta do Consello de Administración de La Voz de Galicia.

Obras

  • Historias de Nueva York. Ediciones G.P. Enciclopedia Pulga nº. 67. Barcelona, 1955.
  • Dos gallegos: Feijóo y Sarmiento. Imprenta Moret. A Coruña, 1964.[5]
  • Galicia Feudal. Editorial Galaxia. Vigo, 1969.[6]
  • Verbas galegas. Editorial Galaxia. Vigo, 1973.[7]
  • Herminia. La Voz de Galicia. A Coruña, 1976.[8] ISBN 84-400-9785-9.
  • Los hijos cautivos de Breogán. Edicións do Castro. Sada. ISBN 84-7492-297-6.
  • Tradición y Reforma en la Vieja Coruña. Deputación de A Coruña A Coruña, 1987.[9] ISBN 84-86040-25-6.
  • Apuntes para una historia del periodismo coruñés. Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. A Coruña, 1991
  • Los liberales coruñeses. Concello de A Coruña. A Coruña, 1996. ISBN 84-86836-57-3.

Recoñecementos e distincións

Fillos

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, que foi presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores desde 1996 a 2000.

Notas

  1. Periodistas con opinión: Victoria ArmestoJosé Luís Gómez, Diario El País (España), 20 de maio de 2011, arquivado dende o orixinal 10 de xullo de 2012.
  2. Fernández Santander, Carlos (2000): Victoria Armesto: escritora, periodista y política.
  3. Victoria Armesto (1986): Los hijos cautivos de Breogán. El rastro de Castelao en América. O Castro-Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-297-6.
  4. "Fernández-España votará 'sí'.". El País (en castelán). 1986-03-02. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
  5. "Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento, por Victoria Armesto". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 2019-07-25.
  6. Armesto, Victoria (1971). Galicia feudal (en castelán). Editorial Galaxia.
  7. Armesto, Victoria (1973). Verbas galegas. Editorial Galaxia. ISBN 9788471542076.
  8. Armesto, Victoria (1976). Herminia (en castelán). Voz de Galicia. ISBN 9788440097859.
  9. Armesto, Victoria (1987). Tradición y reforma en la vieja Coruña (en castelán). Diputación Provincial de La Coruña. ISBN 9788486040253.
  10. "Victoria Armesto galardoada polo Centro Gallego de Buenos Aires". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-07-25.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Santander, Carlos (2000): Victoria Armesto: escritora, periodista y política. Santiago de Compostela: Laverde Editores. ISBN 84-95444-03-8.

Ligazóns externas

11 de xuño

O 11 de xuño é o 162º día do ano do calendario gregoriano e o 163º nos anos bisestos. Quedan 203 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Augusto Assía

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002, foi un escritor e xornalista galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.