María Teresa Miras Portugal

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948, é unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.[1][2][3]

María Teresa Miras Portugal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento19 de febreiro de 1948
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónbióloga, farmacéutica, bioquímica, bióloga molecular, investigadora e catedrática
PremiosPremio de Investigación Miguel Catalán, Medalla Castelao e Premio María Josefa Wonenburger Planells

Traxectoria

Estudou farmacia, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela, para pasar a finalizar estes estudos na Universidade Complutense de Madrid con Premio Extraordinario e Premio Nacional da Licenciatura de Farmacia en 1971. Ademais, dende 1975 é Docteur Sciences pola Universidade de Estrasburgo, obtendo tamén o Doutoramento en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1982 é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Dedicouse á investigación durante máis de 40 anos.[4]

Está especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión en doenzas neurodexenerativas, e a súa investigación diríxese fundamentalmente ás neurociencias (funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos, interacción de neurotransmisores etc.).

Publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas especializadas, e compaxina o seu labor docente e institucional coa investigación. En 2012, foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española.[2]

A Xunta de Galicia concedeulle o Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2008. Entre outros moitos premios e recoñecementos ó seu labor investigador e docente, no ano 2011 a Comunidade de Madrid concedeulle o Premio de Investigación Miguel Catalán, por toda a súa traxectoria profesional e, en 2016 recibiu a Medalla Castelao.[5]

Está casada e ten dous fillos.

Notas

  1. ranf.com (ed.). "Perfil na Real Academia Nacional de Farmacia". Consultado o 13 de marzo de 2018.
  2. 2,0 2,1 SEBBM (ed.). "La universidad española necesita una profunda revisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2018.
  3. Tribuna Complutense (ed.). "Parece que en España no estamos orientados a obtener un beneficio de las ideas". Consultado o 13 de marzo de 2018.
  4. madridmas (ed.). "En Ciencia sin imaginación se envejece rápido". Consultado o 13 de marzo de 2018.
  5. "Medallas Castelao 2016", El Progreso.
19 de febreiro

O 19 de febreiro é o 50º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 315 días para finalizar o ano, 316 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Gómez Crespo

Ramón Gómez Crespo, nado en Xinzo da Costa (Maceda) o 17 de abril de 1952, é presidente do Proxecto Home de Galicia.

Real Academia Nacional de Farmacia

A Real Academia Nacional de Farmacia (RANF) de España ten a súa orixe en 1737, ano no que nunha real cédula de Filipe V aprobou os estatutos do "Real Colegio de Profesores Boticarios" de Madrid.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.