María Luísa de Savoia

María Luísa de Savoia, nada como María Luísa Gabriela de Savoia o 13 de setembro de 1688 en Turín e finada o 14 de febreiro de 1714 en Madrid, foi a primeira esposa de Filipe V de España e como tal, raíña consorte de España, Dúas Sicilias, Sardeña, duquesa consorte de Milán e soberana consorte dos Países Baixos entre 1701 e 1714. En ocasións tamén foi raíña rexente e tivo moita influencia sobre o seu marido.

María Luísa de Savoia
Raíña consorte de España, Dúas Sicilias, Sardeña, duquesa consorte de Milán e soberana consorte dos Países Baixos
Queen Maria Luisa of Spain, Princess of Savoy
Retrato de María Luísa de Savoia.

Reinado2 de novembro de 1701 - 14 de febreiro de 1714
Nome completoMaría Luísa Gabriela de Savoia
Nacemento13 de setembro de 1688
Turín
Falecemento14 de febreiro de 1714 (25 anos)
Madrid
SepulturaCripta do Mosteiro do Escorial, Madrid
PredecesorMariana de Neoburgo
SucesorIsabel de Farnesio
ConsorteFilipe V de España
DescendenciaLuís I de España
Felipe
Filipe Pedro de España
Fernando VI de España
Casa realCasa de Savoia
ProxenitoresVítor Amadeo II de Savoia
Ana María de Orleans

Escudo de María Luísa de Savoia

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.
Predecesor:
Mariana de Neoburgo
Coat of Arms of Maria Luisa of Savoy, Queen Consort of Spain
Raíña consorte de España

17011714
Sucesor:
Isabel de Farnesio
Predecesor:
Mariana de Neoburgo
Raíña consorte de Sardeña
17001713
Sucesor:
Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel
Predecesor:
Mariana de Neoburgo
Raíña conserte de Dúas Sicilias
17001713
Sucesor:
Ana María de Orleans
13 de setembro

O 13 de setembro é o 256º día do ano do calendario gregoriano e o 257º nos anos bisestos. Quedan 109 días para finalizar o ano.

Felipe de Castro

Felipe de Castro, nado en Noia contra 1711 e finado en Madrid en 25 de agosto de 1775 , foi un escultor galego, introdutor das fórmulas sobrias do neoclasicismo e primeiro escultor do rei Fernando VI.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Isabel de Farnesio

Isabel de Farnesio ou en italiano Elisabetta Farnese, nada en Parma o 25 de outubro de 1692 e finada en Aranjuez o 10 de xullo de 1766, foi raíña consorte de España (1714-1724 e 1724 - 1746) a través do seu matrimonio co rei Filipe V, do que foi a segunda esposa. Influíu de maneira importante na política do reino.

José Noguerol y Camba

José Ignacio Noguerol y Camba, nado no século XVII, foi un poeta dos Séculos Escuros. É principalmente coñecido pola súa participacións nos xogos florais da Coruña no ano 1707 e a única obra súa da que se ten constancia é o romance Versos gallegos a Nuestras Señora de Reza.

Literatura galega dos Séculos Escuros

A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.

Luís I de España

Luís I de España, chamado «o Ben Amado» ou «o Liberal», nado en Madrid o 25 de agosto de 1707 e finado na mesma vila o 31 de agosto de 1724, foi rei de España durante menos dun ano, sendo o seu reinado de 229 días, o máis breve da Historia de España (sen contar o goberno de Filipe o Fermoso). Era o fillo maior do Rei Filipe V e María Luísa de Savoia.

A proclamación de Luís I de España, o 15 de xaneiro de 1724, tivo unha grande acollida e entusiasmo entre a poboación, sobre todo a da capital, porque era o primeiro Borbón nado na vila. Por tal de suplir a inexperiencia do novo monarca constituíuse un consello asesor composto por varias personalidades. O novo rei ocupou o trono uns sete meses, durante os cales o monarca viviu bastante despreocupado dos asuntos de Estado. En realidade foron Filipe V e Isabel de Farnesio os que continuaron gobernando desde o seu retiro na Granxa de San Ildefonso.

En materia económica apareceron novos nobres e funcionarios no goberno que eran contrarios a Isabel de Farnesio. Os novos ministros intentaron que o rei decretara unha redución de gastos e mellorase a xestión de certas institucións. Igual que na política interior, a política internacional de Luís I estivo moi condicionada pola acción do seu pai e, sobre todo, da súa madrastra. Presionado por Filipe V, Luís expediu cartas patentes para dar apoio á sucesión do seu medio irmán Carlos aos ducados de Toscana e de Parma e intentou enviar ao neno a Italia a tomar posesión do cargo.

Luís contraeu a varíola no mes de xullo de 1724. O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha pulmonía. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do 31 de agosto de 1724, no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos.

María Antonieta de Austria

María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.

N-II

A N-II é unha estrada radial que une Madrid e o paso fronteirizo de Els Límits (municipio de La Jonquera) pasando por localidades como Guadalaxara, Zaragoza, Lleida, Barcelona e Xirona.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Na actualidade gran parte do trazado transformouse en autovía pasando a denominarse A-2. Aínda quedan tramos sen duplicación de calzada coa denominación de N-II, como ruta alternativa e gratuíta á AP-2 (entre Zaragoza e Fraga) e á AP-7 (entre Barcelona e La Jonquera).

Vítor Amadeo II de Savoia

Vítor Amadeo II de Savoia, nado como Vittorio Amedeo Francesco o 14 de maio de 1666 en Turín, e finado o 31 de outubro de 1732, foi duque de Savoia entre 1675 e 1732, e posteriormente rei de Sicilia (1713-1720) e rei de Sardeña (1720-1732). Tamén ostentaba os títulos de marqués de Saluzzo, duque de Monferrato, príncipe de Piemonte, conde de Aosta, Saint-Jean-de-Maurienne e Niza.

O rei Luís XIV de Francia organizou a súa voda para manter a influencia francesa no ducado, pero axiña Vítor Amadeo se desvinculou da influencia de Francia. Trala morte do seu pai en 1675, a súa nai tomou a rexencia no seu nome (xa que só tiña 9 anos) até 1684. Despois de loitar na guerra de sucesión española, convertiuse en rei de Sicilia en 1713, pero viuse forzado a cambiar o seu título polo de rei de Sardeña en 1720.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.