Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Coordenadas: 42°18′34.87″N 07°14′2.79″O / 42.3096861, -7.2341083

Manzaneda
Escudo de Manzaneda
Casa do Concello.
Ruta dos curros
Casa do Concello e Ruta dos curros en primavera na estación de montaña de Manzaneda.
Situacion Manzaneda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Trives
Poboación890 hab. (2018)
Área114,6 km²
Densidade7,77 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloManzaneda (San Martiño)
Política (2019[2])
AlcaldeAmable Fernández Basalo (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Son de Manzaneda-Mareas Locais 2
Eleccións municipais en Manzaneda
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes86,20%
Na rede
http://www.concellodemanzaneda.gal/

Toponimia

Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII; sendo o nome tradicional Maceda (proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo) pola alta abundancia de maceiras na zona[5].

Xeografía

Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso, e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval do que aínda se conservan importantes vestixios.

Poboación

Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, o concello de Manzaneda aglutinaba en 2018 890 habitantes.

Evolución da poboación de Manzaneda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.283 3.437 2.973 1.954 1.150 994 1.006 1.001 971 973 975 947 906 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 890 (2018)
Menores de 15 anos 44 (4.94 %)
Entre 15 e 64 anos 447 (50.22 %)
Maiores de 65 anos 399 (44.83 %)
Estranxeiros 14 (1.57 %)

Turismo

Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos turístico de alto valor paisaxístico e natural. Xunto co concello da Pobra de Trives comparte a estación de esquí de Manzaneda. No Souto de Rozavales está o o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro.

A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestuosidade. Así mesmo, a vila de Manzaneda destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.

O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta fai máis de 10.000 anos, e a cal chega ata o núcleo abandonado de Prada, enclavado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Manzaneda.
Cabeza de Manzaneda,A Cova, A Pobra de Trives

Neve no bosque

Lugares de Manzaneda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Maceda". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Lorenzo Gil, César (20/10/2015). "Manzaneda". Dúbidas de galego. Consultado o 3/07/2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pobra de Trives

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 2.118 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

Cernado, Manzaneda

Santa María de Cernado é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) nunha única entidade de poboación.

Cesuris, Manzaneda

Santa María de Cesuris é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 139 habitantes (66 homes e 73 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación.

Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Eleccións municipais en Manzaneda

Corporacións democráticas en Manzaneda desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Gabino García Fernández — UCD

1983 Alcalde: Gabino García Fernández — CG

1987 Alcalde: Gabino García Fernández — AP

1991 Alcalde: Gabino García Fernández — CC

1995 Alcalde: José Domínguez Basalo — PPdeG

1999 Alcalde: José Hervella Carrera — PPdeG

2003 Alcalde: José Hervella Carrera — PPdeGModelo:Manzaneda 2003

2007 Alcalde: Xosé Antonio Núñez Domínguez — BNG. Substituído en 2009 por David Rodríguez Estévez.

2011 Alcalde: David Rodríguez Estévez — BNG

2015 Alcalde: David Rodríguez Estévez — Son de Manzaneda-ANOVA. Substituído en setembro de 2016 por Félix Domínguez Cortiñas.Candidaturas: David Rodríguez Estévez (Son de Manzaneda - ANOVA), Salvador Fernández Cardoso (PP) e Amable Fernández Basalo (PSdeG-PSOE).

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Manuel García Rodríguez

Manuel García Rodríguez, Porco, nado en Langullo (parroquia de Cesuris, Manzaneda) e finado en Ourense o 3 de setembro de 1959, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manzaneda, Manzaneda

Manzaneda é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives.

Mario de Langullo

Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo e Pinche, nado en Cesuris (Manzaneda) o 29 de setembro de 1913 e finado en Seadur (Larouco) o 7 de xullo de 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime do Xeneral Franco. Pasou de escapado a guerrilleiro, e era moi afamado en todo o oriente da provincia de Ourense e no sur da de Lugo.[Cómpre referencia]

Paradela, Manzaneda

Santo Antonio de Paradela é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 26 habitantes (15 homes e 11 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Placín, Manzaneda

Santiago de Placín é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 88 habitantes (41 homes e 47 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Reigada, Manzaneda

Santa María Madanela de Reigada é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 113 habitantes (62 homes e 51 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 31 habitantes en relación ao ano 2000.

Requeixo, Manzaneda

San Bartolomeu de Requeixo é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 45 habitantes (22 homes e 23 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

San Martiño de Manzaneda, Manzaneda

San Martiño de Manzaneda é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda, na comarca da Terra de Trives.

San Miguel de Bidueira, Manzaneda

San Miguel de Bidueira é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 99 habitantes (43 homes e 56 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 26 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Soutipedre, Manzaneda

San Marcos de Soutipedre é unha parroquia do concello ourensán de Manzaneda na comarca da Terra de Trives. No ano 2007 tiña 44 habitantes (22 homes e 22 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Souto de Rozavales

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén o castiñeiro de Pumbariños, que está aí, se incluíu no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Truchas

Truchas (Trueitas en leonés) é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 529 habitantes (INE 2011).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.