Manuscritos do Mar Morto

Os manuscritos do Mar Morto ou rolos de Qumrán, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo Templo de Xerusalén polos romanos no ano 70 d. C.

1QIsa b
Parte do manuscrito de Isaías.

Descrición

A case totalidade dos manuscritos están redactados en hebreo e arameo, e só algúns exemplares en grego. Os primeiros sete manuscritos foron achados acidentalmente por pastores beduinos a finais de 1946, nunha cova nas proximidades das ruínas de Qumrán, na beira noroccidental do Mar Morto. Posteriormente, ata o ano 1956, atopáronse manuscritos nun total de 11 covas da mesma rexión.

Parte dos manuscritos atopados no mar Morto constitúen o testimonio máis antigo do texto bíblico encontrado ata a data. En Qumrán descubrironse aproximadamente 200 copias, a maioría moi fragmentadas, de tódolos libros da Biblia hebrea, con excepción do libro de Ester (aínda que tampouco se atoparon fragmentos de Nehemías, que na Biblia hebrea forma parte do libro de Esdras). Do libro de Isaías atopouse un exemplar completo.[1]

Outra parte dos manuscritos son libros non incluídos no canon da Tanak, comentarios, calendarios, oracions e normas dunha comunidade relixiosa xudea específica, que a maioría dos expertos identifica cos esenios.

A maioría dos manuscritos atópanse hoxe no Museo de Israel en Xerusalén, no Museo Rockefeller de Xerusalén, así coma no Museo Arqueolóxico Xordano en Amán (Xordania). Algúns manuscritos ou fragmentos atópanse tamén na Biblioteca Nacional de Francia en París ou en mans privadas, coma a Colección Schøyen en Noruega.

Descubrimento

Qumran Hielen
Covas preto de Qumrán, onde se atoparon os manuscritos.

Coñécese que hai anos na rexión foron descobertas en diferentes circunstancias vaixelas de barro con manuscritos bíblicos e outros escritos en hebreo e grego. Un achado ocorreu nunha vaixela de barro preto de Xericó, no ano 217 e Oríxenes utilizóu manuscritos dos Salmos descobertos alí; logo no século IX informouse de outro achado realizado por xudeus, e informarono a unha igrexa cristián.[2]

Os primeiros sete rolos de pergamiño que con certeza proceden das covas de Qumran foron encontrados en 1947 por Jum'a e o seu curmán Mohammed ed-Dhib, dous pastores beduinos da tribo Ta'amireh nunha cova de Qumrán. Atopárono por casualidade mentres perseguían a unha das súas cabras.

Estes rolos foron vendidos (troceados, para aumentar o seu prezo), a dous anticuarios de Belén. Catro deles foron vendidos (por unha pequena cantidade) a archimandrita do mosteiro sirio-ortodoxo de San Marcos en Xerusalén, Atanasio Josué Samuel (mais coñecido como Mar Samuel). Os tres seguintes, ao final, foron a parar a mans do profesor xudeu Eleazar Sukenik, arqueólogo da Universidade Hebrea de Xerusalén que, dándose conta do valor dos mesmos comprounos en 1954.

Posteriormente publicaronse copias dos rolos, causando un masivo interese en arqueólogos bíblicos, cuxo froito sería o achado de outros seiscentos pergamiños, e centos de fragmentos.

O mais importante deste achado é a súa antigüidade, que permite estudar importantes fontes teolóxicas e organizativas do xudaísmo e do cristianismo. A maioría dos manuscritos datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., estando entre eles os textos mais antigos dos que se dispón en lingua hebrea do Tanak ou Antigo Testamento bíblico. Créese que foron ocultados polos esenios para preservalos da guerra dos romanos contra os rebeldes xudeus en aqueles anos.

Como os manuscritos foron atopados en 11 covas, a denominación de cada fragmento realizouse indicando primeiro o número da cova na que foi atopado seguido pola letra Q (é dicir 1Q, 2Q e seguintes).

En febreiro de 2017, arqueólogos da Universidade Hebrea de Xerusalén anunciaron o descubrimento da cova 12 nuns outeiros ao oeste de Qumrán, cerca da beira noroeste do Mar Morto.[3] Aínda que non se atoparon manuscritos nesta cova, encontraronse frascos de almacenamento baleiros rotos e créese que o seu contido foi retirado anteriormente. Ademais, encontraronse machadas de ferro datadas arededor do ano 1950, dando a entender que a cueva foi saqueada.

Notas

  1. P. Moeller, Fred (1999). "Fotografías e tradución literal completa ao inglés do rolo de Isaías encontrado en Qumrán." (en inglés).
  2. Hodge, Stephen (2001). Os Manuscritos do Mar Morto.
  3. "Hebrew University Archaeologists Find 12th Dead Sea Scrolls Cave". Universidade Hebrea de Xerusalén (en inglés). 8 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wilson, Edmund (2009). Os manuscritos do Mar Morto (en portugués). Traducido por Hildegard Feist. São Paulo: Companhia das Letras. ISBN 978-857164-348-2.

Outros artigos

Biblia dos Setenta

A Biblia dos Setenta, ou Biblia dos Setenta e Dous, citada comunmente como LXX, é o nome co que se coñece a versión grega da Biblia xudía, o que os cristiáns chaman Antigo Testamento.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

Geza Vermes

Geza Vermes, nado en Mako (Hungría) o 22 de xuño de 1924 e finado en Oxford o 8 de maio de 2013, foi un dos primeiros estudosos dos Manuscritos do Mar Morto e un especialista de primeiro nivel a escala mundial en materia de xudaísmo histórico e na figura do Xesús de Nazaret histórico.

I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Lawrence Schiffman

Lawrence H. Schiffman (nado o 1948) é un profesor da Universidade de Nova York, dende 2014. Foi anteriormente vicerreitor do bacharelato na Yeshiva Universidade e Profesor de Estudos Xudaicos dende o comezo do 2011 ó 2014. Anteriormente fora presidente do Departamento Skirball de Hebreo e Estudos Xudaicos de Universidade de Nova York, servindo a Ethel e Irvin Un. Edelman como profesor en Hebreo e Estudos Xudaicos na Universidade de Nova York (NYU). É un especialista no tema dos manuscritos do Mar Morto, xudaísmo na Antigüidade Tardía, a historia do dereito xudeu e literatura talmúdica.

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros episódicos

Clasificación que os estudosos cristián da Biblia aplican a unha serie de libros históricos que teñen en común ser relatos breves, cun protagonista individual, e cun fin didáctico e moralizante.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Lilit

Lilith (/ˈlɪlɪθ/; hebreo: לִילִית Lîlîṯ) é unha figura da mitoloxía xudea, pronto desenvolvida no Talmud de Babilonia (séculos III a V). Lilith é a miúdo vista como un demo perigoso da noite, que é sexualmente promiscua e que rouba bebés na escuridade. Xeralmente pénsase que o personaxe deriva, en parte, dunha clase de demo feminino historicamente máis antigo (lilītu) da antiga relixión mesopotámica, que se atopou nos textos cuneiformes de Sumeria, o Imperio acadio, Asiria, e Babilonia.

No folclore xudeu, a partir do libro satírico Alfabeto de Sirach (c. 700-1000), Lilith aparece como a primeira esposa de Adán, creada ao mesmo tempo (Rosh Hashanah no inicio) e do mesmo po da terra que Adán, compárense co Xénese 1:27. (Isto contrasta con Eva, que foi creada a partir dunha das costelas de Adán: Xénese 2:22.) A lenda desenvolveuse extensamente durante a Idade Media, na tradición de Aggadah, o Zohar, e o misticismo xudeu. Por exemplo, nas escrituras do século XII, de Isaac ben Jacob ha-Cohen, Lilith deixou a Adán despois de que ela rexeitara deitarse debaixo del, xa que consideraba que foran creados como iguais, abandonou o Edén por propia iniciativa e instalouse xunto ao mar Vermello, uníndose alí co arcanxo Samael ou Satanás, que chegou a ser o seu amante, e con outros demos. Máis tarde, converteuse nun demo que rapta os nenos nos seus berces pola noite e únese aos homes como un súcubo, procreando fillos (os lilim) co seme que os varóns derraman involuntariamente cando están durmindo (polución nocturna). Represéntaselle co aspecto dunha muller moi fermosa, ás veces alada.

A evidencia en escritos xudeus posteriores é abundante, pero sobreviviu pouca información sobre a orixe destes demos en Sumeria, no Imperio acadio, Asiria e Babilonia. Mentres que a conexión está case universalmente aceptada, investigacións recentes dubidan da relevancia de dúas fontes previamente usadas para conectar á lilith xudea coa lilītu acadia, o apéndice Gilgamesh e os Amuletos Arslan Tash. (Ver o debate das dúas fontes problemáticas.)

En textos de lingua hebrea, o termo "lilith" ou "lilit" (traducido como "criatura nocturna", "monstro nocturno", "bruxa nocturna" ou "curuxa") ocorre por primeira vez nunha lista de animais en Isaías 34:14, ben en forma singular ou plural segundo variacións nos primeiros manuscritos. Nos Manuscritos do Mar Morto 4Q510-511, o primeiro termo aparece nunha lista de monstros. Nas inscricións máxicas en copas e amuletos do século VI a.C., Lilith identifícase como un demo feminino e aparecen as primeiras representacións visuais.

Foi acusada de ser a serpe que levou Eva a comer o froito prohibido.

A lenda resultante de Lilith segue a servir como material de orixe na cultura occidental, literatura, ocultismo, fantasía e horror. Tamén é considerada como a primeira feminista.

Mesías

Mesías (en hebreo: משיח) é unha palabra hebrea, que significa unxido, o seu equivalente en grego é Christos.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.