Manufactura

A manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') describe a transformación de materias primas en produtos terminados para a súa venda. Tamén involucra procesos de elaboración de produtos semimanufacturados. É coñecida tamén polo termo de industria secundaria. Algunhas industrias, como as manufacturas de semicondutores ou de aceiro, por exemplo, usan o termo de fabricación.

O termo pode referirse a unha variedade enorme da actividade humana, da artesanía á alta tecnoloxía, pero é máis comunmente aplicado á produción industrial, na cal as materias primas son transformadas en bens terminados a grande escala.

A fabricación prodúcese baixo todos os tipos de sistemas económicos. Nunha economía capitalista, a fabricación diríxese polo xeral cara á fabricación en serie de produtos para a venda a consumidores cunha ganancia. Nunha economía colectivista, a fabricación está frecuentemente dirixida por unha axencia estatal. Nas economías modernas, a fabricación discorre baixo algún grao de regulación gobernamental.

A fabricación moderna inclúe tódolos procesos intermedios requiridos para a produción e a integración dos compoñentes dun produto. O sector industrial está estreitamente relacionado coa enxeñería e o deseño industrial.

O proceso pode ser manual (orixe do termo) ou coa utilización de máquinas. Para obter maior volume de produción é aplicada a técnica da división do traballo, onde cada traballador executa só unha pequena porción da tarefa. Así, especialízase e economiza movementos, o que vai repercutir nunha maior velocidade de produción.

Aínda que a produción artesanal formou parte da humanidade desde fai moito tempo (desde a Idade Media), pénsase que a manufactura moderna xorde ao redor de 1780 coa Revolución Industrial británica, expandíndose a partir de entón a toda a Europa continental, logo a Norteamérica e finalmente ao resto do mundo.

A manufactura converteuse nunha porción inmensa da economía do mundo moderno. Segundo algúns economistas, a fabricación é un sector que produce riqueza nunha economía, mentres que o sector servizos tende a ser o consumo da riqueza [1][2]

Notas

  1. Friedman, David (2006). "No Light at the End of the Tunnel". Los Angeles Times. New America Foundation. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2007. Consultado o 19/11/2007.
  2. Joseph, Keith (1976). "Monetarism Is Not Enough". Center for Policy Studies. Margaret Thatcher Foundation. Consultado o 19/11/2007.

Véxase tamén

Outros artigos

Atol de Midway

O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai.

A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Tokio.

O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area. As dúas illas máis importantes en canto a tamaño, Sand Island e Eastern Island, son o hábitat de miles de aves mariñas.

As Illas Midway non teñen habitantes aboríxenes, e son un territorio non incorporado dos Estados Unidos, sendo o seu status o de área insular a cargo do Departamento do Interior. A economía susténtase con fondos gobernamentais na súa totalidade, e tanto alimentos como bens de manufactura deben ser importados.

A área de Midway é recoñecida especialmente pola Batalla de Midway, que se levou a cabo durante a Segunda Guerra Mundial. A Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un importante cambio no escenario da guerra no Pacífico.

Cloruro de potasio

O composto químico cloruro de potasio (KCl) é un haluro metálico composto de potasio e cloro. No seu estado puro é inodoro. Preséntase como un cristal vítreo de branco a incoloro, cunha estrutura cristalina cúbica centrada nas caras que se fractura facilmente en tres direccións. O cloruro de potasio é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execución legal por medio de inxección letal. Preséntase naturalmente como o mineral silvina e en combinación con cloruro de sodio como silvinita.

Culler

Unha culler ou cullar é un utensilio de cociña que consiste nunha pequena cabeza cóncava no extremo dun mango, usada principalmente para servir ou comer un alimento líquido ou semilíquido, e algúns alimentos sólidos como arroz e cereal que non poden ser doadamente erguidos cun garfo. As culleres tamén son utilizadas na preparación de alimentos para medir e mesturar ingredientes. Xeralmente están feitas de metal, madeira, porcelana ou plástico.

Enxeñaría industrial

A enxeñería industrial é unha rama da enxeñería que se ocupa do desenvolvemento, mellora, implantación e avaliación de sistemas integrados de xente, diñeiro, coñecementos, información, equipamento, enerxía, materiais e procesos. Tamén trata co deseño de novos prototipos para aforrar diñeiro e facelos mellores. A enxeñería industrial está construída sobre os principios e métodos da análise e síntese da enxeñería e o deseño para especificar, predicir e avaliar os resultados obtidos de tales sistemas. En manufactura esvelta, os enxeñeiros industriais traballan para eliminar desperdicios de todos os recursos.

A enxeñaría industrial está tamén moi vencellada á xestión de operacións, enxeñaría de sistemas ou enxeñaría de manufactura: unha distinción que semella depender do punto de vista ou motivos de quen a use.

No sector do coidado da saúde, por exemplo, os enxeñeiros industriais son coñecidos comunmente como enxeñeiros administradores ou enxeñeiros en sistemas de saúde. O termo industrial prestouse a malentendidos. Mentres que o termo aplica orixinalmente a manufactura, estendeuse a moitos outros sectores de servizos. A enxeñería industrial abarca varios tópicos, tales como: ciencias da administración, xestión de cadeas de subministracións, enxeñería de procesos, investigación de operacións, enxeñería de sistemas, ergonomía, enxeñería de calidade e reenxeñaría de procesos.

Algúns exemplos das aplicacións da enxeñería industrial son: o deseño de novos sistemas de traballo en bancos, as melloras de operacións e urxencias en hospitais, a distribución global de produtos, e a redución e mellora de liñas de espera en bancos, hospitais, parques temáticos e sistemas de tráfico vehicular.

Os enxeñeiros industriais usan comunmente estatística e simuladores informáticos, especialmente simulación de eventos discretos, para a súa análise e avaliación.

Fenol

O fenol é un sólido cristalino de cor branca a temperatura ambiente. A súa fórmula química é C6H5OH, e ten un punto de fusión de 43 °C e un punto de ebulición de 182 °C. O fenol é un alcohol que pode producirse mediante a oxidación parcial do benceno.

O fenol é unha substancia manufacturada. En forma pura, o fenol é un sólido branco-incoloro. O produto comercial é un líquido. Pódese detectar o sabor e o cheiro do fenol a niveis máis baixos que os asociados con efectos nocivos. O fenol evapórase máis lentamente que a auga e unha pequena cantidade pode formar unha solución con auga. O fenol inflámase facilmente, é corrosivo e os seus gases son explosivos en contacto có lume.

O fenol úsase principalmente na produción de resinas fenólicas. Tamén se usa na manufactura de nailon e outras fibras sintéticas. O fenol úsase tamén en produtos químicos para matar bacterias e fungos, coma desinfectante, antiséptico, para combater a acne, para producir agroquímicos, policarbonato, no proceso de fabricación de ácido acetil salicílico (aspirina) e en preparacións médicas.

Antigamente coñecíase co nome de ácido fénico.

IUPAC

A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (en inglés International Union of Pure and Applied Chemistry) é unha organización non gobernamental internacional fundada en 1919 que representa a química e as ciencias e tecnoloxías relacionadas con ela.

Idaho

Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, tiña o 2007 unha poboación de 1 499 402 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.

Novo Brunswick

Novo Brunswick (en inglés: New Brunswick; en francés: Nouveau-Brunswick) é unha das dez provincias do Canadá, parte das Provincias Marítimas e das Provincias Atlánticas. Novo Brunswick, é a única provincia canadense que posúe o inglés e o francés como linguas oficiais.A maior parte de Novo Brunswick está cuberto por bosques. A silvicultura é unha das principais fontes de renda da provincia. Novo Brunswick é unha das maiores produtoras de madeira do Canadá, así como a maior produtora de papel de periódico do país. As fontes de renda mais importantes de Novo Brunswick son a manufactura, o turismo, a silvicultura, a minería e a pesca.

Novo Brunswick foi orixinalmente colonizada polos franceses, e formou parte da colonia francesa de Acadia, parte de Nova Francia. En 1763, baixo os termos do Tratado de París, os franceses cederon a rexión da actual Novo Brunswick aos británicos. Estes puxeron á rexión o seu nome actual, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido —descendente da familia real británica Brunswick-Lüneburg. Novo Brunswick estaba entón relativamente pouco poboada por colonos europeos —principalmente franceses— ata finais da década de 1770. A Revolución americana de 1776 fixo que preto de 14 mil habitantes das Trece Colonias, leais á coroa británica —e por isto, denominados loyalists (lealistas)—, emigraran á rexión, dando a Novo Brunswick o alcume de The Loyalist Province (A Provincia Lealista).

O 1 de xullo de 1867, Novo Brunswick, xuntamente con Nova Escocia e a provincia do Canadá (actuais provincias de Ontario e Quebec), independizouse do Reino Unido. Xuntamente con Nova Escocia, Ontario e Quebec, Novo Brunswick é unha das catro provincias orixinais da Confederación Canadense.

Ontario

Ontario é unha provincia do Canadá. Ontario é a máis populosa provincia do país. Cerca dun terzo da poboación canadense vive en Ontario. A maior cidade canadense, Toronto, ben como a capital nacional do país, Otava, están localizadas en Ontario. Ontario é tamén a segunda maior provincia en área do país, atrás soamente do Quebec. A rexión sur é o punto máis meridional de todo o Canadá.

A principal fonte de renda é a manufactura. O valor dos produtos industrializados producidos en Ontario é maior do que a suma do valor total dos produtos industrializados fabricados en todas as outras provincias e territorios do Canadá. O poderío industrial valeulle o cognome de Corazón Industrial do Canadá. A provincia destaca principalmente pola súa forte industria automobilística, a máis forte de todo o continente americano coa excepción de Michigan. Outras fontes importantes de renda son o turismo e servizos gobernamentais.

A orixe do seu nome deriva do lago do mesmo nome, lago Ontario, nome dado polos iroqueses, que significa "belo lago", "augas brillantes", "rochas ao cumio" ou "próximo á auga". Ontario fora inicialmente colonizado polos franceses, facendo parte da colonia francesa de Canadá, unha das provincias coloniais da Nova Francia, que entón incluía a rexión sur das actuais provincias canadenses de Ontario e de Quebec.

En 1763, o Reino Unido anexou o Canadá. En tres décadas, os anglófonos tornáronse maioría no suroeste da colonia, motivo pola cal o Reino Unido decidiu dividir a colonia en dúas en 1791. Ambas as divisións foron reunidas novamente en 1840, nunha única provincia do Canadá. Coa independencia do Canadá, o 1 de xullo de 1864, a provincia do Canadá foi definitivamente separada en dúas, nas actuais provincias de Ontario e de Quebec. Inicialmente unha potencia agraria, Ontario tornouse un gran polo industrial no inicio do século XX, e o principal polo económico do país durante a década de 1960 e de 1970.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Pigmento

Un pigmento é un material que cambia a cor da luz que reflicte como resultado da absorción selectiva de certas lonxitudes de onda da luz. Este proceso físico é diferente da fluorescencia, a fosforescencia e outras formas de luminescencia, nas cales o propio material emite luz. Moitos materiais absorben selectivamente luces de certas lonxitudes de onda.

Os pigmentos biolóxicos son substancias endóxenas que producen cor nas células de forma natural, como a melanina e lipofuscina nos animais ou as clorofilas e antocianinas nas plantas.

Os materiais que os seres humanos elixiron e produciron para ser utilizados como pigmentos polo xeral teñen propiedades especiais que os volven ideais para darlle cor a outros materiais. Un pigmento debe ter unha alta forza tinguidora relativa aos materiais que colorea. Ademais debe ser estable en forma sólida a temperatura ambiente.

Os pigmentos son utilizados para tinguir pintura, tinta, plástico, téxtiles, cosméticos, alimentos e outros produtos. A maioría dos pigmentos utilizados na manufactura e nas artes visuais son colorantes secos, usualmente en forma de po fino. Este po engádese a un vehículo ou matriz, un material relativamente neutro ou incoloro que actúa como adhesivo. Para aplicacións industriais e artísticas, a permanencia e a estabilidade son propiedades desexadas. Os pigmentos que non son permanentes chámanse fuxitivos. Os pigmentos fuxitivos esváense co tempo, ou coa exposición á luz, mentres que outros acaban por ennegrecer.

Xeralmente, faise distinción entre pigmento, que é insoluble no vehículo (formando unha suspensión), e tinguidura ou tintura, a cal ou é un líquido ou é soluble no vehículo (formando unha solución). Un colorante pode ser un pigmento ou unha tinguidura dependendo do vehículo no que se usa. Nalgúns casos, un pigmento pode fabricarse a partir dunha tinguidura precipitando unha tinguidura soluble cun sal metálico.

Os pigmentos foron utilizados desde tempos prehistóricos, e foron fundamentais nas artes visuais ao longo da Historia. Os principais pigmentos naturais utilizados son de orixe mineral ou biolóxica. A necesidade de conseguir pigmentos menos custosos dada a escaseza dalgunhas cores, como o azul, propiciou a aparición dos pigmentos sintéticos.

Pobo muisca

Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense. No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté. Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 14 051 muiscas viven en Colombia.Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas), entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista. Os subgrupos nos que se dividían os muisca foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área de 47 000 km2 - unha rexión un chisco meirande que Suíza - dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é descoñecido, estímase que roldaba entre o medio millón e os tres millóns de habitantes. Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca. A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.

Reciclaxe

A reciclaxe é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos.

Robótica

A robótica é a ciencia e a tecnoloxía que se ocupa do estudo e funcionamento dos robots mediante o deseño, manufactura e aplicacións destes. Combina diversas disciplinas como son: a mecánica, a electrónica, a informática, a intelixencia artificial e a enxeñaría de control. Outras áreas importantes en robótica son a álxebra, os autómatas programábeis e as máquinas de estados.

Tabaco

Este artigo trata sobre a manufactura, para a planta Nicotiana tabacum, véxase artigo: Tabaco (planta).

O tabaco é a manufactura en diferentes presentacións (picado, en po e, particularmente, en cigarros), das follas secas da planta do tabaco (Nicotiana tabacum L.); considérase hoxe en día unha droga legal. O seu consumo está moi estendido por todo o mundo. É unha herba perenne, robusta, de 50 a 120 cm de altura, pegañenta ó tacto. Ten follas grandes e sésiles, e flores verde amarelentas. É unha planta oriunda de América tropical. O tabaco moderno deriva case na súa maioría da Nicotiana tabacum. O compoñente máis característico do tabaco é a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas en proporcions variables (dende menos do 1 % ata o 12 %).

Tecnoloxía

A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento.

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía.

Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a:

As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;

Un método ou proceso de construción e traballo (como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);

A aplicación de recursos para a resolución de problemas;

O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;

Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa creados polo ser humano, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.

Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.