Manuela López Besteiro

Manuela López Besteiro, nada o 26 de maio de 1941 en Castroverde, é unha política galega.

Manuela López Besteiro
Nome completoManuela López Besteiro
Nacemento26 de maio de 1941
 Castroverde
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Mestra e licenciada en pedagoxía é inspectora de educación. Deputada no Parlamento de Galicia polo Partido Popular desde 1990 foi conselleira de Familia, Muller e Xuventude (1993-2002), foi candidata á alcaldía de Lugo polo seu partido nas eleccións de 2003.

No ano 1999 promoveu a actuación da Fiscalía Superior de Galicia contra o padre Jesús Silva Méndez, fundador e director de Benposta Nación de Muchachos, por supostas irregularidades na entrada en España de 300 nenos centroamericanos afectados polo furacán Mitch en réxime de acollida. O padre Silva denunciou que se trataba dunha montaxe encamiñada a pechar o centro de menores e deixar libres os seus terreos para trasladar a eles o estadio ourensán municipal do Couto, cuxo solar o alcalde popular, Manuel Cabezas, pretendía privatizar para a promoción de vivenda privada.[1] Esta actuación provocou unha ampla resposta social e dos ámbitos intelectuais de Galicia[2], que non lograron evitar o peche do centro de menores.

En marzo de 2010 foi obxecto de polémica ao, en calidade de inspectora de educación, pedir a unha profesora que obviase o decreto vixente de linguas no ensino non universitario para o caso particular dunha alumna luguesa, á cal podería falar en castelán nas materias que obrigatoriamente deben ser en lingua galega. A profesora denunciouno publicamente e Besteiro retrucou que se limitara a pedir "flexibilidade por todas as partes"[3].

Notas

  1. Citado a declarar un cura por la acogida a 300 niños en España. El País digital, 19/01/2000. Visto o 12/03/2010.
  2. Méndez Ferrín, X.L., Crucificar a Silva, artigo publicado en Faro de Vigo. Recopiado en Méndez Ferrín, X.L., Ledo Andión, M. Un escritor nos xornais: artigos periodísticos, 2000. Universidade de Santiago de Compostela, 2001. ISBN 84-8121-958-4, 9788481219586.
  3. Unha mestra di que lle impediron que incumprise o decreto do galego Arquivado 14 de marzo de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida en Xornal de Galicia o 12 de marzo de 2010
26 de maio

O 26 de maio é o 146º día do ano do calendario gregoriano e o 147º nos anos bisestos. Quedan (219) días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Gómez Crespo

Ramón Gómez Crespo, nado en Xinzo da Costa (Maceda) o 17 de abril de 1952, é presidente do Proxecto Home de Galicia.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.