Manuel de Castro González

Manuel de Castro González máis coñecido como Handicap, nado o 9 de agosto de 1885 en Vigo e finado en 1944, foi un deportista e xornalista deportivo galego.

Manuel de Castro González
Manuel de Castro González
AlcumeHandicap
Nacemento9 de agosto de 1885
 Vigo
Falecemento27 de agosto de 1944
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista

Traxectoria

Foi redactor de Sprint e Faro de Vigo. No mundo do fútbol ocupou diversos postos, dende xogador ata árbitro e directivo. En 1921 comezou a desempeñar a función de adestrador da Selección de fútbol de España labor que desempeñou ata 1927 de forma colexiada con Julián Ruete e José María Berraondo.

O labor de seleccionador compaxinábao coa función de vicepresidente do Real Vigo Sporting Club, posto que ocupaba cando en 1923 promoveu, xunto a Juan Baliño Ledo e Pepe Bar, a fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo.

Escultura Handicap
Escultura adicada a Handicap, obra de Rafael Álvarez Borrás.

Tras o nacemento do Celta seguiu vinculado a este club, tendo un papel moi importante na construción do estadio de Balaídos, nos encontros amigábeis ante conxuntos como a selección de fútbol de Uruguai, Boca Juniors ou o Club Nacional de Football.

Amais da selección española tamén dirixiu a selección de fútbol de Galicia en numerosas ocasións, nunha época na que a maior parte do combinado estaba formado por xogadores do Celta. O seu vencello co deporte foi moito máis xeral, sendo un dos promotores do equipo de atletismo do Celta e mesmo sendo presidente da Federación Galega de Atletismo, tamén foi presidente da Federación Galega de Fútbol.

Unha efixie súa, esculpida por Rafael Álvarez Borrás en 1946, está situada nas proximidades do estadio de Balaídos.

No ano 2011, instaurouse o premio "Manuel de Castro", para elixir ao mellor xogador do Celta de Vigo do ano natural, mediante votación entre xogadores do primeiro equipo, os xornalistas que seguen ao Celta, as peñas e os afeccionados a través de diversos medios dixitais.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Manuel de Castro

Manuel de Castro González

Manuel de Castro y López

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Real Federación Galega de Fútbol

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) é o organismo reitor do fútbol en Galicia. A RFGF organiza o Grupo 1 da Tercera División, coa axuda da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), como parte do sistema da liga española de fútbol. Tamén organiza diferentes competicións de categoría inferior á Terceira División. A FGF foi fundada en 1909 e ten sede na Coruña. En 2017 obtivo o título de Real.

Sprint

Sprint foi un semanario deportivo editado en Vigo entre 1927 e 1936.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.