Manuel Vázquez Seijas

Manuel Vázquez Seijas, nado en Lugo o 15 de xaneiro de 1884 e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1982, foi un historiador e escritor galego.

Manuel Vázquez Seijas
Nacemento15 de xaneiro de 1884
 Lugo
Falecemento23 de decembro de 1982
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Lugo e graduouse como profesor mercantil na Coruña en 1902. Na cidade herculina forma parte da Cova Céltica, faladoiro celebrado na librería de Eugenio Carré Aldao na que participaban persoeiros como Ángel del Castillo, Manuel Murguía ou Eduardo Pondal.

Elixido concelleiro en Lugo (1912), foi tenente-alcalde durante algúns anos. Abandonou a política e no ano 1914 entrou na redacción do xornal La Idea Moderna. Ingresou por oposición no Corpo de Interventores de Administración Local sendo nomeado interventor de fondos da Deputación de Lugo en 1919. Xunto con Luis López Martí foi un dos fundadores do Museo Provincial de Lugo, pasando logo a ser director do mesmo. Foi nesa época e grazas a súa iniciativa cando a Deputación de Lugo adquiriu a Fortaleza de Xiá.

En sesión do 15 de setembro de 1905, con 21 anos e sendo presidente Manuel Murguía, foi nomeado académico adxunto da Real Academia Galega, pasando a ser académico numerario o 24 de maio de 1949. Tamén foi correspondente da Academia Provincial de Bellas Artes de La Coruña, da Real Academia de la Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Arqueolóxico Alemán.

Obras

  • Lugo bajo el Imperio Romano, 1939.
  • Lugo en los tiempos prehistóricos, 1943.
  • Guía del Museo de Lugo, 1947.
  • Inscripciones Romanas de Galicia. Provincia de Lugo, 1954 (coautor canda Francisco Vázquez Saco).
  • Fortalezas de Lugo y su provincia (1955-1973) T.I 1955,T.II 1959, T.III 1967, T.IV 1962, T.V 1970 e T.VI, 1973.
  • El lenguaje de las piedras, 1971.

Foi autor de numerosos artigos periodísticos publicados en El Regional, La Idea Moderna e Lar entre outros. Destaca a súa achega á historiografía de Lugo e a súa provincia, con mais de cen artigos publicados no Boletín da Real Academia Galega, Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo e Boletín de la Asociación Española de Amigos de los Castillos.

Da súa obra adquire especial relevancia Fortalezas de Lugo y su provincia, seis tomos con achegas históricas, arqueolóxicas e xenealóxicas das murallas, castelos, torres e casas-torres, algunhas xa desaparecidas, da provincia de Lugo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

15 de xaneiro

O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.

23 de decembro

O 23 de decembro é o 357º día do ano do calendario gregoriano e o 358º nos anos bisestos. Quedan 8 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

La Provincia (Lugo)

La Provincia foi un xornal editado en Lugo entre 1923 e 1928.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Vázquez

O nome de Manuel Vázquez pode referirse a:

Manuel Vázquez de Parga, avogado e político galego (1828 - 1908).

Manuel Vázquez Seijas, escritor e historiador galego (1884 - 1982).

Manuel Vázquez Sagastizabal, militar e aviador andaluz (n. 1910 - 1939).

Manuel Vázquez Gallego, debuxante de cómics madrileño (1930 - 1995).

Manuel Vázquez Garcés, toureiro andaluz, coñecido como Manolo Vázquez (1930 - 2005).

Manuel Vázquez del Águila, pintor andaluz (n. 1933).

Manuel Vázquez Montalbán, escritor catalán (1939 - 2003).

Manuel Vázquez Fernández, político galego do PSdeG, máis coñecido como Pachi Vázquez (n. 1954).

Manuel Vázquez Fernández, político galego do PPdeG, alcalde de Punxín, alcumado Casalta.

Manuel Vázquez Hueso, ciclista andaluz, alcumado Chumbo (n. 1981).

Manuel Vázquez, artista galego, nado en Santiago de Compostela en 1969.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.