Manuel Santos Estévez

Manuel Santos Estévez, nado en Vigo en 1968, é un arqueólogo galego, especialista en arte rupestre.

Manuel Santos Estévez
Nacemento1968
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarqueólogo

Traxectoria

En 2004 obtivo o doutoramento en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1995 é investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e dende 2009 traballa no Instituto de Historia do CSIC en Madrid.

Entre os seus traballos máis destacados está a dirección dos traballos arqueolóxicos en Campo Lameiro, onde se levaron a cabo, prospeccións arqueolóxicas, documentación e escavacións no contorno de gravados rupestres.

As súas investigacións e publicación versan, fundamentalmente, en torno á arte rupestre e sobre santuarios protohistóricos.

Obra

  • GARCÍA QUINTELA, M.; SANTOS ESTÉVEZ, M. (2008). Santuarios de la Galicia Céltica. Ed. Abada. ISBN 8496775183.
  • SANTOS ESTÉVEZ, M. (2008). Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC. ISBN 978-84-00-08733-3.
Estévez

Estévez é un apelido patronímico galego, orixinario do val de Quiroga. No ano 2000 o apelido tiña en Galiza 19.492 ocorrencias. Pode referirse a:

Manuel Estévez Caneda, político galego (1824 - 1893);

Faustino Ulloa Estévez, político galego (f. 1909);

Rogelio Lois Estévez, xornalista galego (1842 - 1905);

Julián Estévez, agrarista e político galego (1855 - 1928);

José Mouriño Estévez, frade e historiador galego (1866 - 1928);

José Vázquez Estévez, avogado e político galego (1866 - 1926);

Delfín Mein Estévez, xornalista galego (1869 - 1929);

José Estévez Carrera, avogado e político galego (1869 - 1936);

Elena Estévez, propagandista agraria galega de comezos do século XX;

José Estévez Alfaya, médico, político e xornalista galego de comezos do século XX;

Benigno Lago Estévez, empresario galego (1897 - 1976);

Emilia Estévez Villaverde, escritora galega (1911 - 2000);

Carmen Estévez, personalidade pública galega (1925 - 1996);

Ramón Gerardo Antonio Estévez, actor estadounidense, máis coñecido como Martin Sheen (n. 1940);

Ramón José Estévez Cabanas, químico galego nado na Estrada;

Xosé Estévez, historiador galego (n. 1943);

Xerardo Estévez, arquitecto e político galego (n. 1948);

Carmen Fraga Estévez, política galega (n. 1948);

José Luis Pérez Estévez, político galego (n. 1952);

Xosé Ramón Pousa Estévez, xornalista e escritor galego (n. 1953);

José Estévez López, escritor galego (n. 1954);

Perfecto Estévez, pintor, cartelista e escenógrafo galego (1955 - 2010);

Estela Estévez Barreiro, ex atleta galega (n. 1965);

Carlos Irwin Estévez, actor estadounidense, máis coñecido como Charlie Sheen (n. 1965);

Asun Estévez, escritora galega (n. 1966);

Raúl Baltar Estévez, banqueiro galego (n. 1966);

María Xosé Caride Estévez, política galega (n. 1966);

Xavier Estévez, actor galego (n. 1967);

Manuel Santos Estévez, arqueólogo galego (n. 1968);

Xavier Estévez, escritor galego (n. 1969);

Eduardo Estévez, escritor galego (n. 1969);

David Rodríguez Estévez, músico e político galego (n. 1978);

Fran Estévez, cineasta galego (n. 1980);

Silvia Penas Estévez, escritora galega (n. 1980);

Gabriel Gómez Estévez, escritor galego (n. 1980);Amais, como topónimo pode referirse a:

Estévez, lugar da parroquia de Xallas de Castriz, no concello de Santa Comba.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.