Manuel Sánchez Salorio

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930[1] é un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía.[2] É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).[3]

Manuel Sánchez Salorio
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Nacemento22 de xaneiro de 1930
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónoftalmólogo

Traxectoria

Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera[1] e sobriño de Juan José Barcia Goyanes,[4] percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria.[5] Un irmán da súa nai foi Demetrio Salorio Suárez, alcalde da Coruña.[1]

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1946-52), con Premios Extraordinario e Nacional Fin de Carreira, e doutorouse pola mesma Universidade, con Premio Extraordinario cunha tese titulada La regulación nerviosa de la tensión ocular ("A regulación nerviosa da tensión ocular", 1955). Realizou a especialidade de oftalmoloxía primeiro co seu pai e logo co profesor Ángel Moreu González-Pola, catedrático de oftalmoloxía de Santiago de Compostela. Este nomeouno o seu profesor adxunto (1956-63), devindo logo á súa morte encargado de cátedra e finalmente catedrático desa disciplina en 1963, sendo o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da universidade compostelá. Aprendeu cirurxía ocular asistindo aos servizos de Hermenegildo Arruga, Ignacio Barraquer e Ramón Castroviejo.

Fiel expoñente da universidade autárquica creou a escola científica inicialmente coñecida como Escola Profesional de Oftalmoloxía e que adoita chamarse hoxe Escola Galega de Oftalmoloxía anexa a devandita Cátedra. Foi ademais Vicedecano da Facultade de Medicina e Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (1975).

O 27 de febreiro de 1981 ingresou como Académico Numerario na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[6]

Un dos membros máis antigos do corpo médico da comunidade galega e remiso á xubilación, en 2015 continuaba a ser o director da Fundación Instituto de Oftalmoloxía de Galicia (Ingo).[2]

Escribiu numerosos artigos para a "Revista Española de Oftalmología" e outras publicacións da especialidade. A súa escola fixo importantes achegas científicas sobre a circulación da retina e, moi especialmente, ofreceu unha solución ao tratamento da enfermidade ocular chamada glaucoma, frecuente en Galicia.[7]

Outras actividades

Sánchez Salorio foi un dos fundadores en 1961 do Real Club de Golf da Coruña.[8]

Recoñecementos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Interesante contacto con D. Manuel Sánchez Salorio
  2. 2,0 2,1 El oftalmólogo Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015 La Voz de Galicia.
  3. Homenaje en Madrid a Manuel Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  4. Historia de la neurocirugía española. La escuela de Valencia: J.J. Barcia Goyanes
  5. Sanchez Salorio, M.: Demetrio Pita en la memoria y en el corazón. Rev.Soc.Esp.Oftal.,81, 2006
  6. "Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia: Miembros de la Real Academia - Manuel Sánchez Salorio". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  7. Sanchez Salorio y Pita Salorio, D.: Atlas de retinopatías vasculares. Sandoz. Barcelona. 1972
  8. Manuel Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015
  9. DOG Núm. 117 do 14 de xuño de 1996
  10. El Colegio de Médicos de A Coruña concede la medalla de oro y brillantes a Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  11. Neira Vilas, David Cal, Sánchez Salorio y Enrique Beotas, Medallas de Oro de Galicia

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Juan José Barcia Goyanes

Juan José Barcia Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1901 e finado en Valencia o 13 de xullo de 2003, foi un médico e escritor galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Manuel Cordo Boullosa

Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un magnate galego.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Milladoiro (grupo musical)

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.