Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego[1] e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009.[2] A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional,[3] a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.[4]

Manuel Rivas
Manuel Rivas (AELG)-6
Nacemento26 de outubro de 1957
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor, guionista, xornalista, poeta e director de cine
CónxuxeMaría Isabel López e Mariño
FillosMartiño Rivas e Sol Rivas.
XénerosNarrativa, ensaio, poesía, teatro
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade da Coruña
Sinatura1Rivas

Traxectoria

ManuelRivas
Manuel Rivas fotografado nos anos '80.
P1180596 Manuel Rivas, Manifestación xuízo Prestige
Manuel Rivas na manifestación do xuízo do Prestige en 2012.

Manuel Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid.[5] Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois: El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo xornalístico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos. Presentou os programas da TVG Máis alá e O mellor.

Mantén unha columna semanal no xornal El País,[6] onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais. En outubro de 2003 participou, xunto con Xurxo Souto, na reinauguración[7] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos os dous se converteron en padriños e socios de honra.

Manuel Rivas
Manuel Rivas presentando dous libros.
Manolo Rivas
Manuel Rivas no Culturgal 2010.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).[8]. En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na "idea orixinal" escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.

Foi membro fundador de Greenpeace[9], polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca Máis ou coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

É membro de número da Real Academia Galega[10]. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos, lendo o discurso A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, [11] respondido por Xosé Luís Axeitos.

No ano 2013 fundou a revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.[12]

Vida persoal

Está casado con María Isabel López e Mariño, profesora de Economía nun instituto de ensino secundario,[13] e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.[14] A filla, Sol, é poeta[15]. Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.[16]

Obra

Poesía

  • Libro de Entroido. (1980). Edicións do Rueiro. Premio O Facho.
  • Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane. (1981). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4.
  • Balada nas praias do Oeste. (1985). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-86021-23-5.
  • Mohicania (1986). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-85220-34-2.
  • Ningún cisne (1989). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-7824-046-2. Premio Leliadoura 1989.
  • Costa da morte blues. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-895-8.
  • O pobo da noite, antoloxía; cun CD de poemas recitados polo autor. (1996). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4. Foi traducida ao castelán.[17][18]
  • Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003). Edicións Espiral Maior. ISBN 84-95625-85-7. Foi traducida ao inglés (antoloxía que recolle tamén poemas doutros libros do autor).[19]
  • El pueblo de la noche y mohicania revisitada. (2004). Editorial Suma de Letras, S.L. ISBN 978-84-663-1179-3.
  • A desaparición da neve. (2009). Alfaguara. ISBN 978-84-204-2236-7. Editado simultaneamente en galego, castelán, éuscaro e catalán.[20] Tamén hai unha edición bilingüe galego-inglesa[21] e está traducida ao búlgaro.[22]
  • A boca da terra. (2015). Xerais. ISBN 978-84-9914-932-5. Hai edición bilingüe galego-castelá[23] e foi traducida ao inglés.[24]

Narrativa

1000000vacas
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O número galego inspirou o título de Un millón de vacas.
  • Todo ben. (1985). Col. Xabarín, 15. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-206-2.
  • Un millón de vacas (1989). Xerais. ISBN 84-8302-658-9. Premio da Crítica Española 1989[25], Finalista do Premio Nacional de Literatura. Foi traducida ao asturiano,[26] ao castelán,[27] ao portugués,[28] ao húngaro,[29] ao serbio[30] e ao italiano.[31]
  • O león de catro ventos, relato publicado no volume Contos eróticos / eles. (1990). Xerais. ISBN 84-206-2862-X.
  • O último rei dos galegos, relato publicado na colección Contos do Castromil. (1992).
  • Os comedores de patacas. (1991). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-122-X. Foi traducida ao castelán,[32] ao portugués[33] e ao inglés.[34]
  • En salvaxe compaña (1994). Xerais. ISBN 84-7507-769-2. Premio da Crítica de Galicia (creación) 1994.[25] Foi traducida ao castelán,[35] ao alemán,[36] ao francés,[37] ao neerlandés, [38] ao inglés[39] e ao búlgaro.[40]
  • Que me queres, amor?. (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996. O relato "A lingua das bolboretas" foi traducido ao castelán,[41] ao esloveno,[42] ao portugués[43] (tamén nunha edición bilingüe portuguesa-tetún[44]) e ao bretón.[45]
  • O lapis do carpinteiro. (1998). Xerais. ISBN 84-8302-261-3. Premio da Crítica Española 1998, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999 e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano 1999, Premio literario 50 Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional no ano 2001.[25] Foi traducida a máis de 20 idiomas.[46]
  • A Deusa Atlántica. (1999). Editorial: Concello da Coruña. ISBN 84-86836-80-8.
  • Ela, maldita alma. (1999). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-283-X. Foi traducida ao castelán,[47] ao catalán,[48] ao portugués[49] e ao italiano.[50]
  • El secreto de la tierra, recompilación en castelán dos relatos incluídos nas obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. (1999). Editorial Alfaguara, ISBN 84-204-7857-1.
  • A man dos paíños. (2000). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-591-4.
  • La mano del emigrante. (2001), tradución da obra A man dos paíños, inclúe a diferenza da versión galega un audiolibro: La lengua de las mariposas y otros relatos. Alfaguara. ISBN 84-204-4257-7.
  • As chamadas perdidas. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-811-5. Foi traducida ao castelán[51] e ao portugués.[52]
  • Contos de Nadal, con ilustracións de Miguelanxo Prado (2003). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-083-5. Foi traducida ao castelán.[53]
  • Nosotros dos. (2003).
  • Cuentos de un invierno. (2005). Alfaguara, S.A. Serie Roxa. ISBN 978-84-204-6905-8.
  • Os libros arden mal. (2006). Xerais. ISBN 84-9782-461-X. Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007, Premio da Crítica de Galicia (creación) 2007, Premio da Crítica Española 2006, Premio Cálamo 2006, VII Premio Libro del Año 2006 (outorgado polo gremio de libreiros de Madrid), Premios 2006 da Asociación de Editores ao mellor autor e á mellor obra (Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano e Premio Ánxel Casal ao libro do ano respectivamente), XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro galego do ano 2006, Premio da Asociación Galega de Escritores 2007.[25] Foi traducido ao castelán,[54] ao catalán,[55] ao francés,[56] ao italiano[57] e ao inglés.[58]
  • Todo é silencio. 2010. Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán,[59] ao inglés[60] e ao francés.[61]
  • O máis estraño. Contos reunidos. 2011. Xerais. Publicado en castelán como Lo más extraño no 2011 en Alfaguara.[62]
  • As voces baixas. 2012. Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán[63] e ao inglés.[64]
  • O último día de Terranova. 2015. Edicións Xerais.[65]
  • Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018) Edicións Xerais, 144 páx. ISBN 978-84-9121-456-4. [66]

Teatro

Literatura infanto-xuvenil

  • Bala perdida, con ilustracións de Miguelanxo Prado. (1997). Obradoiro Santillana. ISBN 978-84-8224-547-8. Foi traducida ao castelán,[68] ao italiano[69] e ao catalán.[70]
  • O sombreiro Chichiriteiro. (2009). Edicións Xerais. ISBN 978-84-9782-962-5.
  • Milu. (2010). Kalandraka.
  • O raposo e a mestra. 2013. Edicións Xerais. ISBN 978-84-9914-576-1.
  • Madonna e outros contos de inverno. 2015. Edicións Xerais. ISBN 978-84-9914-906-6.

Artigos e ensaios literarios

AdicatoriaRivas
Adicatoria de Manuel Rivas.
  • Os Partidos Políticos na Galiza, xunto con Xoán Ignacio Taibo|Xoán Ignacio Taibo Arias. (1977). Edicións do Rueiro.
  • Informe dunha frustración : as claves do proceso estatutario galego, xunto a Xosé A. Gaciño Barral. (1980). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-85220-28-1.
  • Galicia, el bonsái atlántico. (1989). Editorial Aguilar. ISBN 84-03-59052-0.
  • No mellor país do mundo. (1991). Editorial Biblioteca Gallega. ISBN 978-84-85287-82-6.
  • Toxos e flores. (1992). (1999 Edic. Aumentada). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-349-0. Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Informe da comunicación en Galicia, xunto con Xosé López García. (1993). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-81-4.
  • El periodismo es un cuento. (1997). Editorial Alfaguara. ISBN 84-204-7907-1.
  • A comunicación en Galicia, 1998 : sobre o hipersector da comunicación , xunto a Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez. (1998). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-36-9.
  • Galicia, Galicia. (1999). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-470-5. Foi traducida ao castelán.[71]
  • Muller no baño. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-924-3. Foi traducida ao castelán.[72]
  • Unha espía no reino de Galicia. (2004). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-193-9.
  • Os Grouchos. (2008). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-850-5.
  • A corpo aberto. (2008). Xerais. ISBN 978-84-9782-929-8.
  • Contra todo isto. (2018). Edicións Xerais.

Outros

  • Galicia, el país soñado. (1991). Textos de Rivas e de Torrente Ballester para fotografías de Xurxo Lobato. Editorial Lunwerg. ISBN 978-84-7782-175-5.
  • Tempos que hai neste tempo. (1995). Textos de Rivas e de Christian Caujoulle para fotografías de Manuel Sendón. Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-93-8.
  • A Coruña y rías altas, xunto a Enrique Posse. (1997). Editorial Anaya Touring Club. ISBN 84-9776-054-9.
  • Rías Altas, xunto a Enrique Posse. (1999). Editorial Anaya Touring Club. ISBN 84-8165-663-1.
  • Imaxes líquidas, xunto a Aurora García García. (1999). Editado polo Concello de Coruña. ISBN 84-86836-99-9.
  • Compostela, vanguardia y sosiego, xunto a Xerardo Estévez Fernández e Xurxo Lobato (2000). Editorial Lunwerg. ISBN 84-7782-650-1.
  • Arte y palabra por la paz en Palestina. (2002).
  • Episodios galegos. (2009). Xerais.

Participación en obras colectivas

Audiovisual

  • O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto coa obra Toxos e Flores.
  • La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-9411-9.
  • Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
  • Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige. (2004).
  • Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
  • Vivir sin permiso (2018), serie de TV ambientada nun relato do autor.[76]

Galardóns

En outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[77].

Premios xornalísticos

  • Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
  • Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
  • Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testemuño como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testemuña comprometida fronte á realidade.

Premios literarios

  • Premio de Poesía Nova de O Facho, 1978.
  • Premio Leliadoura 1989.
  • Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995.
  • Premio Nacional de Narrativa 1996.
  • Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006.
  • Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998.
  • Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998.
  • Premio ONCE - Galicia á Solidariedade .
  • Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001.
  • Premio Cálamo Extraordinario 2006: Por cultivar todos os xéneros de xeito brillante segundo o Xurado do Premio e por ser un exemplo de responsabilidade e compromiso social.
  • VII Premio Libro del Año 2006.
  • Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006: Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
  • XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2006.
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007.
  • III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa e á mellor portada para adultos no 2010, por Todo é silencio.
  • Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010, por Todo é silencio.
  • Premio da AELG 2011 (narrativa) por Todo é silencio.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos no 2012, por As voces baixas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía no 2015, por A boca da terra.
  • Premio da Crítica de narrativa galega ao mellor libro de narrativa de 2015, por O último día de Terranova.[78][79]
  • Premio de narrativa na I Gala do Libro Galego en 2016, por O último día de Terranova.
  • Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio quere poñer en valor as linguas de pequenos territorios e linguas minoritarias no mundo.[80]

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor guión Todo é silencio Nomeado

Notas

  1. Xerais (ed.). "Rivas, Manuel". Consultado o 3 de xuño de 2016.
  2. "Rivas entra na Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2009.
  3. Xunta de Galicia. "Manuel Rivas - Cultura de Galicia" (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  4. O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
  5. "Artículos escritos por Manuel Rivas". El País (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  6. Navegar al desvío
  7. Manolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán). Metamedia.
  8. IMDb (ed.). "Manuel Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016.
  9. Manuel Rivas recibirá el premio de Greenpeace por su trayectoria (fundador de greenpeace en 1984)
  10. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-01-08.
  11. "A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua. Manuel Rivas Barrós. Xosé Luís Axeitos Agrelo - PDF". docplayer.com.br. Consultado o 2019-01-08.
  12. Víctor Honorato (13 de decembro de 2013). "‘Luzes’ brilla en su estreno". El País (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2018.
  13. IES Xosé Neira Vilas (15 de setembro de 2014). "Equipo Docente - Arquivo do IESP Xosé Neira Vilas". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  14. IMDb (ed.). "Martiño Rivas". Consultado o 3 de xuño de 2016.
  15. Sol Rivas, a aura na pel, reportaxe de Xoán Abeleira para El País.
  16. www.vimianzo.gal (ed.). "Manuel Rivas Barrós". Consultado o 3 de xuño de 2016.
  17. "[A] El pueblo de la noche". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  18. "El pueblo de la noche y Mohicania revisitada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  19. "From Unknown to Unknown". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  20. "A desaparición da neve". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  21. "The Disappearance of Snow". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  22. "ИЗЧЕЗВАНЕТО НА СНЕГА И ДРУГИ СТИХОТВОРЕНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  23. "A boca da terra. La boca de la tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  24. "The Mouth of the Earth". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
  26. "Un millón de vaques". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  27. "Un millón de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  28. "Un milhão de vacas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  29. "Egymillió tehén". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  30. "Million krava". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  31. "[Un millón de vacas]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  32. "Los comedores de patatas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  33. "Comedores de patacas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  34. "The Potato Eaters". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  35. "En salvaje compañía". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  36. "In wilder Gesellschaft". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  37. "En sauvage compagnie". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  38. "In wild gezelschap". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  39. "In The Wilderness". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  40. "В ДИВА КОМПАНИЯ". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  41. "La lengua de las mariposas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  42. "Jezik metuljev". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  43. "A língua das borboletas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  44. "Borboleta sira-nia nanál (tetún)". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  45. "Teod ar balafenned". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-02.
  46. "O lapis do carpinteiro". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  47. "Ella, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  48. Xolda.co. "Ella, maleïda ànima". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  49. "Alma, maldita alma". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  50. "[Ela, maldita alma]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  51. "Las llamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  52. "As chamadas perdidas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  53. "Cuentos de un invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  54. "Los libros arden mal". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  55. "Els llibres fan de mal cremar". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  56. "L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  57. "I libri bruciano male". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  58. "Books Burn Badly". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  59. "Todo es silencio". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  60. "All Is Silence". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  61. "Tout est silence". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  62. "Lo más extraño. Cuentos reunidos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  63. "Las voces bajas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  64. "The Low Voices". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  65. "Manuel Rivas presenta su nuevo libro ´O último día de Terranova´". Faro de Vigo. 26/11/2015. Consultado o 3 de xuño de 2016.
  66. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
  67. "El Héroe". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  68. "Bala perdida". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  69. "Il pirata Testamatta". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  70. "Bala perduda". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  71. "Galicia, Galicia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  72. "Mujer en el baño". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-08-06.
  73. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
  74. Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
  75. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
  76. "VIVIR SIN PERMISO. Series TV - Telecinco.es". telecinco (en Spanish). Consultado o 2019-01-08.
  77. Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., web da Universidade da Coruña.
  78. Cedrón, María (8 de maio de 2016). "Manuel Rivas: «Ninguén pon esquelas en Internet»". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de xuño de 2016.
  79. Real Academia Galega (ed.). "Manuel Rivas e María do Cebreiro, premios da Crítica en galego". Consultado o 3 de xuño de 2016.
  80. "Manuel Rivas gaña o premio internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-03-06.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Araguas, Vicente; et al. (2003). Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3.

Ligazóns externas

26 de outubro

O 26 de outubro é o 299º día do ano do calendario gregoriano (300º nos anos bisestos). Quedan 66 días para finalizar o ano.

A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Década de 1990

A década de 1990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1990 e remata o 31 de decembro de 1999.

El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

Gando

O gando ou gado é o conxunto de animais mansos de catro patas criados polo ser humano para a produción de carne ou leite e mais os seus derivados que serán empregados na alimentación humana. A actividade humana encargada da cría do gando e a gandaría.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Manuel Rivas Caridad

Manuel Rivas Caridad, nado en Cambre en 1952 é un enxeñeiro químico, político e empresario galego.

Máis alá

Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.

A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.

O lapis do carpinteiro

O lapis do carpinteiro é unha novela do escritor galego Manuel Rivas, publicada en 1998 en galego por Edicións Xerais.

O lapis do carpinteiro (filme)

O lapis do carpinteiro (en castelán: El lápiz del carpintero) é un filme dirixido por Antón Reixa baseado na novela homónima de Manuel Rivas. O filme conta unha historia ambientada durante a guerra civil española en Galiza. Obtivo os premios, o mellor actor e o do público, no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (2004).

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Os libros arden mal

Os libros arden mal é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2006.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Xosé Manuel Rivas Troitiño

Xosé Manuel Rivas Troitiño, nado en Santiago de Compostela en 1949, é un xornalista e escritor galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.