Manuel Penedo

Manuel Penedo Paradela, nado no Irixo o 26 de xaneiro de 1959[1] e finado o 2 de agosto de 2019[2], foi un político galego do PPdeG.

Manuel Penedo
Nacemento26 de xaneiro de 1959
 O Irixo
Falecemento2 de agosto de 2019
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Coalición Progresista Galega á alcaldía do Irixo e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1991 por Centristas de Galicia, tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Predecesor:
Agustín López Peña
 Escudo do Irixo, Lugo.svg
Alcalde do Irixo
 
1987 - 2019
Sucesor:
-

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Penedo Paradela, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 432. ISBN 84-8064-113-4.
  2. David Lombao (2 de agosto de 2019). "Falece o alcalde do Irixo, Manuel Penedo (PP)". Praza Pública.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Agustín López Peña

Agustín López Peña, é un político galego.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais no Irixo

Corporacións democráticas no Irixo desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Agustín López Peña — UCDModelo:O Irixo 1979

1983 Alcalde: Agustín López Peña — Coalición GalegaModelo:O Irixo 1983

1987 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — CPGModelo:O Irixo 1987

1991 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — CCModelo:O Irixo 1991

1995 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPdeG

1999 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPdeGModelo:O Irixo 2003

2007 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPdeG

2011 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPdeG

2015 Alcalde: Manuel Penedo Paradela — PPCandidatos: Manuel Penedo Paradela (PP), José Manuel Prieto García (Polos Veciños), Iago Fariñas Valiña (PSdeG-PSOE) e Florentino Pérez Bernárdez (Fai O Irixo - SON).

Finados en 2019

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2019. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2019".

Xente de aquí e de acolá

Xente de aquí e de acolá é un libro de relatos de Álvaro Cunqueiro publicado por Galaxia en 1971. A 3ª edición de Galaxia foi patrocinada pola Caixa de Aforros de Galicia en 1981. En 2011 Galaxia reeditouno na Biblioteca Álvaro Cunqueiro.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.