Manuel Murguía

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro[1] de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Manuel Antonio Martínez Murguía
Manuel Murguía, Faro de Vigo
Nacemento17 de maio de 1833
 Arteixo
Falecemento2 de febreiro de 1923
 A Coruña
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e poeta
CónxuxeRosalía de Castro
FillosAlejandra (1859-1937)
Aura (1868-1942)
Gala (1871-1964)
Ovidio (1871-1900)
Amara (1873-1921)
Adriano Honorato Alejandro (1875-1876)
Valentina (nada morta en 1877)
XénerosPoesía, novela, narrativa
Firma Manuel Murguia

Traxectoria

Rosalía e familia por Juan Palmeiro e fillos, A Matanza. 1883-4
Murguía, Rosalía e os fillos.

Manuel Murguía era fillo de Concepción Murguía Egaña e Juan Martínez de Castro. Naceu en Froxel cando a súa nai ía ao santuario da Virxe de Pastoriza. O seu pai era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois, seguramente en 1837, en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.

Santiago 16-06b Murguía, no Cantón de San Bieito
Placa na casa na que viviu en Santiago.

A partir de 1845 comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850, e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba no contorno do "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro.

Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, Alejandro Chao. En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela Desde el cielo. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".

Tamén coñeceu en Madrid a Rosalía de Castro e tamén colaborou en xornais galegos como La Oliva. Escribiu unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de Santo Ildefonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares gallegos, considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.

Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.

En 1859 o matrimonio trasladouse a Santiago de Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. Esta obra foi reeditada en Lugo en 1868.

Menú do banquete celebrado en honor de Murguía o 2 de marzo de 1909 na Coruña
C E N A
DADA POR AMIGOS E ADEMIRADORES, VELLOS
E RAPACES, A O PETRUCIO E INSINE
HISTORIADOR

M A N U E L   M U R G U Í A
PARA FESTEXALO NA NOITE D'HOXE
Zelme de garabanzos en caldo de repolo
Revoltixo de arroz con peixes, polos e froitos da terra
Peixota á cruñesa
Lombo de terneira asado.
LAMBETADAS:
A Coruña, 2 de marzo de 1909.

En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos[2] e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Na revolución de setembro 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en 1870 xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875, foi director de La Ilustración Gallega y Asturiana (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No 86 (ao ano de morrer Rosalía) publicou Los precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega,[3] e dirixiu en Santiago de Compostela o xornal La Región Gallega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.

Manuel Murguía, Almanaque Gallego para 1900, p. 17
Murguía no Almanaque Gallego para 1900.

En 1892 foi destinado á Biblioteca Universitaria de Santiago posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.

Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.

Manuel Murguía finou o 1 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, sendo soterrado no camposanto de San Amaro. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía. Revista Galega de Historia, na súa honra.

Enterro de Murguía, 1923
Enterro de Murguía.

Obra

Portada do número 1 de La Ilustración Gallega y Asturiana
Portada do primeiro número de La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de Diego Sarmiento de Acuña.

Libros

La Primera Luz (facsímile)
2ª ed. de La Primera Luz.
  • La Primera Luz, Vigo, Juan Compañel, 1859.
  • Diccionario de escritores gallegos, Vigo, Juan Compañel, 1862.[2]
  • De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter, A Coruña, 1861.
  • Historia de Galicia, T. I, Lugo, Soto Freire, 1865, T. II, Lugo, Soto Freire, 1866, T. III, A Coruña, Libr. de A. Martínez Salazar, 1888, Tomo IV, A Coruña, Libr. de E. Carré Aldao, 1891, T.V, A Coruña, 1911.
Historia de Galicia por Manuel Murguía, tomo primero, 1865.pdf
Historia de Galicia, T. I (PDF).
  • Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia, A Coruña, 1871.
  • Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo, Santiago, Est. Tip. de El Diario, 1876.
  • El foro, Madrid, Libr. de Bailly Bailliere, 1882.
  • El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria, Madrid, Est. Tip. de Fernando Fé, 1884.
  • Los Precursores, A Coruña, Latorre y Martínez Editores, Biblioteca Gallega, 1886.[3]
Los precursores Faraldo, Aurelio Aguirre, Sanchez Deus, Moreno Astray , Pondal, Cendón, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Viccetto, Ignotus
Los precursores, 1886.[3]
  • Galicia, Barcelona, Daniel Cortezo, 1888.[5]
  • El regionalismo gallego, La Habana, Imp. La Universal, 1889.
  • En prosa, (Contén a novela El puñalito), A Coruña, 1895.
  • Don Diego Gelmírez, A Coruña, Imprenta y Librería de Carré, 1898.
  • Los trovadores gallegos, A Coruña, Imp. de Ferrer, 1905.
  • Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada en Mondariz, Imp. del Establecimiento, 1913.
  • Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974, ed. de X. Alonso Montero

Relatos

  • Un can-can de Musard (conto), 1853.
  • Un artista (conto), Madrid, 1853; co título de Ignotus en Los Precursores (1886).[3]
  • Desde el cielo, (novela), Madrid, La Iberia, 1855; Vigo, Imp. de La Oliva, 1856; Madrid, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910. Tradución ao galego como Dende o ceo, publicada en A Nosa Terra.
  • Luisa (conto), Madrid, 1855 e A Coruña, 1862.
  • La Virgen de la Servilleta, (novela), Madrid, 1855.
  • El regalo de boda (novela), La Iberia, Madrid, 1855.
  • Mi madre Antonia (novela), Vigo, La Oliva, 1856.
  • Don Diego Gelmírez (novela) Madrid, La Oliva, 1856.
  • El ángel de la muerte (novela), Madrid, La Crónica, 1857.
  • La mujer de fuego (novela), Madrid, 1859.

Poemas

  • Nena d’as soledades (poema), La Oliva, 27-2-1856.
  • Madrigal (poema), La Oliva, 8-3-1856.
  • La flor y el aire (poema), La Oliva, 19-3-1856.
  • A una paloma (poema), La Oliva, 3-5-1856.
  • A las ruínas del Castillo de Altamira (poema), La Oliva, 31-5-1856.
  • En un Álbum (poema), La Oliva, 31-5-1856.
  • Al partir (poema), Galicia (A Coruña), 1862, páx. 39.
  • Tres poemas na antoloxía El Álbum de la Caridad, A Coruña, 1862. Son os poemas Madrigal, Nena d’as soledades e Gloria.
  • Sueños dorados (poema), en García Acuña (177) e antes en El Álbum de El Miño.
  • Ildara de Courel (poema), en García Acuña (177-178).
  • Soneto de Pardo de Cela (poema), en García Acuña (179).
  • Los versos fueron mi ilusión primera (poema de 1903), en Naya (1950: 104).
  • Romance da flor da auga

Artigos no boletín da Real Academia Galega

  • Discurso del Sr. Académico Presidente D. Manuel Murguía, (na sesión inaugural da Academia), BRAG, 6-7, 1906, pp. 125–129.
  • De los primeros documentos en gallego, BRAG, 9, 1907, pp. 193–196.
  • Descripción de la ciudad de La Coruña en los primeros años del siglo XVII, BRAG, 10, 1907, pp. 219–221.
  • La isla de Cortegada, BRAG, 14, 1907, pp. 30–35.
  • Discurso-Contestación por el Sr. D. Manuel Murguía(a Parga Sanjurjo), BRAG, 16 e 17, 1907, pp. 96–110.
  • En memoria del primer presidente de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega, BRAG, 19, 1908, pp. 137–138.
  • Aurelio Aguirre, BRAG, 20, 1908, pp. 144–146.
  • ¿Cuándo se generalizó el cultivo del maíz en Galicia?, BRAG, 22, 1909, pp. 210–215.
  • Sentencia dictada por Fernán Pérez/.../, BRAG, 30, 1909, páx. 134.
  • D. José Ojea, BRAG, 31, 1909, pp. 166–167.
  • De Folk-lore. Dama Gelda, BRAG, 38, 1910, pp. 37–40.
  • D. José Villaamil y Castro, BRAG, 38, 1910, pp. 41–42.
  • Mensaje de la Academia, BRAG, 41, 1910, pp. 118–121.
  • D. Ramón Pérez Costales, BRAG, 43, 1911, pp. 170–172.
  • Que se fuese..., BRAG, 45, 46, 47, 1911, pp. 209–212, 233-237 e 257-260.
  • Necrología, BRAG, 48, 1911, pp. 301–303.
  • Don Ramón Bernárdez, BRAG, 47, 1911, pp. 277–278.
  • Cumple en estos momentos la Real Academia Gallega..., BRAG, 50, 1911, pp. 26–27.
  • Hablando cierto día..., BRAG, 50, 1911, pp. 40–50.
  • Discurso de D. Manuel Murguía (lido o 15-9-1911 con motivo do centenario de Pastor Díaz), BRAG, 51 e 52, 1911, pp. 99–103.
  • D. Juan Fernández Latorre, BRAG, 59, 1912, pp. 262–263.
  • Constituciones de la Cofradía de Santa Tecla de la villa de la Guardia, BRAG, 63, 64, 65, 1912, pp. 57–61, 89-94 e 113-119.
  • El torques de Centroña, BRAG, 66, 1912, pp. 137–139.
  • Un episcopologio compostelano del siglo XVI, BRAG, 68, 69 e 70, 1913, pp. 185–188, 209-212 e 237-241.
  • Excmo Sr. D. Adriano Pérez Morillo, BRAG, 70, 1913, pp. 234–235.
  • Prudencio Canitrot, BRAG, 70, 1913, pp. 235–236.
  • Elogio de Curros Enríquez, BRAG, 71, 1913, pp. 263–265.
  • El del Banquete, El de la velada (Discursos na Homenaxe a Murguía co gallo do seu 80 aniversario), BRAG, 73, 1913, pp. 27–28 e páx. 29.
  • Discurso de D. Manuel Murguia (lido na velada celebrada na Coruña o 8 de abril de 1914 con motivo do 6º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 82, 1914, pp. 271–272.
  • Victor Said Armesto, BRAG, 86, 1914, pp. 17–19.
  • De Folk-lore. O Canouro, BRAG, 86, 1914, pp. 29–30.
  • ¿Qué he de decir de ti en este momento? (Palabras no 7º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 92, 1915, páx. 184.
  • Juan de Orleáns, BRAG, 96, 1915, pp. 281–282.
  • De folk-lore. Nuestro folk-lore, BRAG, 99, 1915, pp. 65–67.
  • Don José Salgado, BRAG, 108, 1915, pp. 294–295.
  • Señoras e señores (Discurso pronunciado na Festa da poesía galega de Homenaxe a Rosalía), BRAG, 110, 1916, pp. 29–30.
  • Don José Cornide y sus versos en gallego, BRAG, 114 e 115, 1917, pp. 162–169 e 179-182.
  • José Castro Chané, BRAG, 115, 1917, páx. 178 e in DURÁN (1998: 309-310).
  • Don Eduardo Pondal, BRAG, 116, 1917, pp. 201–210.
  • Manuel Núñez González, BRAG, 116, 1917, páx. 211.
  • En este día, siempre de dolor (Palabras no 9º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 116, 1917, páx. 213.
  • Sin duda, amigos míos(Palabras para a inauguración do Monumento a Rosalía en Compostela), BRAG, 120, 1917, pp. 313–314.
  • Don Eladio Oviedo y Arce, BRAG, 124, 1918, pp. 89–90.
  • Aquí estamos de nuevo (Homenaxe a Curros, Pondal e Chané), BRAG, 124, 1918, pp. 97–98.
  • Don Ángel Barros Freire, BRAG, 128, 1919, páx. 204.
  • Excmo Sr. D. Antolín López Peláez, BRAG, 129, 1919, pp. 233–234.
  • Un episodio de nuestra Guerra de la Independencia, BRAG, 132, 1919, pp. 326–329.
  • Fué una mañana primaveral, BRAG, 150, 1923, páx. 243.
  • Eduardo Pondal e a súa obra, BRAG, 248, 1933, pp. 184–192.

Escolmas

  • Alonso Montero, X. Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974.
  • DURÁN, José Antonio, Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía. Antoloxía básica, 1853-1923, Madrid, Real Academia Galega, Fund. Caixa Galicia, 1998 (Contén 58 artigos de Murguía).
  • Rabuñal, Henrique, Manuel Murguia, 2ª ed., Santiago, Laiovento, 1999. Contén "Nena d’as soledades", "A Curros", "Discurso nos Xogos Florais de Tui" e "Eduardo Pondal e a sua obra".
  • Risco, Vicente, Manuel Murguía, Vigo, Galaxia, 1976. Contén o Discurso nos Xogos Florais de Tui, "Eduardo Pondal e a sua obra", "A Curros", "Nena d’as soledades", pasaxes de Los precursores ("Galicia" e "Rosalía"), "Discurso del Presidente" (na inauguración da Academia), "Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia", "El regionalismo gallego" e "A Don Juan Valera".

Galería de imaxes

Retrato de Murguía.
Retrato de Murguía. 
Murguía retratado polo seu fillo Ovidio.
Murguía retratado polo seu fillo Ovidio
Busto de Murguía na Coruña.
Busto de Murguía na Coruña. 
Busto na casa museo de Rosalía en Iria Flavia.
Busto na casa museo de Rosalía en Iria Flavia
O día que cumpriu 89 anos.
O día que cumpriu 89 anos. 

Notas

  1. Axeitos, Xosé Luís e Barreiro, Xosé Ramón (2000). Manuel Murguía. Vida e obra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-525-6.
  2. 2,0 2,1 Fortes López, Ana Belén (2000). "O Diccionario de escritores galegos". Boletín da Real Academia Galega (361): 163–176.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Alonso Montero, X. (1998). "Los Precursores (1885): notas de lectura" Boletín da RAG (361): 59-72.
  4. "24 de xuño de 1891: a primeira declaración de oficialidade do galego". Sermos Galiza.
  5. Vista previa dunha edición facsímile en Google Books.
  6. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

17 de maio

O 17 de maio é o 137º día do ano do calendario gregoriano e o 138º nos anos bisestos. Quedan 228 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1907)

A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega que se editaba na Coruña. Fundouse por iniciativa de Rodrigo Sanz, Manuel Murguía, Manuel Lugrís Freire e Florencio Vaamonde Lores. O primeiro número saíu o 4 de agosto de 1907, dirixíao Uxío Carré Aldao. Foi unha publicación bilingüe, na que predomina o uso do castelán e que reserva o galego para os espazos de creación literaria. Mantívose ata outubro de 1908, en total saíron 60 números. Entre os colaboradores estivo Eladio Rodríguez González.

Andrés Martínez Salazar

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Casa Museo Rosalía de Castro

A Casa Museo Rosalía de Castro, tamén chamada Casa da Matanza, é unha casa museo situada na vivenda na que viviu Rosalía de Castro xunto co seu home Manuel Murguía e os fillos da familia desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, como fotografías ou recordos persoais. No segundo andar, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía.

O museo é a sede da Fundación Rosalía de Castro e do Centro de Estudos Rosalianos, que teñen por obxecto divulga-la obra e a memoria da escritora.

Certame Manuel Murguía de narracións breves

O certame Manuel Murguía de narracións breves é un premio literario organizado polo concello de Arteixo desde 1991, para render homenaxe a Manuel Murguía, nado en Arteixo.

Figueiras, Visma, A Coruña

Figueiras é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona occidental da Coruña. Atópase ao norte do Peruleiro, ao sur de San Roque de Fóra, ao oeste do Estadio de Riazor e ao leste de Pardiñas, do Barral e mais da Costa. Co crecemento da cidade e a prolongación da Rúa de Manuel Murguía, o lugar foi urbanizado con bloques de vivendas e perdeu totalmente a súa estrutura tradicional de aldea, desaparecendo tamén o trazado orixinal que seguían os seus camiños.

Galería de imaxes de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a máis salientable figura do Rexurdimento.

Historia de Galicia (Murguía)

Historia de Galicia é unha colección de libros en lingua castelá (cinco tomos) do historiador galego Manuel Murguía, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1913 (Tomo V).

José Ogea

José Ogea Otero, as veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909, foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.

La Ilustración Gallega y Asturiana

La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882.

Manuel Vázquez Seijas

Manuel Vázquez Seijas, nado en Lugo o 15 de xaneiro de 1884 e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1982, foi un historiador e escritor galego.

Pazo dos Deportes de Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Rexionalismo galego

O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo).

Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña

A Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña é o nome co que o Concello da Coruña bautizou a vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia V-1.4 (V-14 segundo a sinalización viaria do Ministerio de Fomento), que constitúe a terceira ronda da cidade. A V-1.4 é na práctica unha autoestrada de circunvalación que une a zona de Riazor coa AC-14, construída simultaneamente polo Ministerio de Fomento como parte do proxecto da terceira ronda.

A Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña sae da rotonda do Pavo Real, na confluencia da Rúa de Manuel Murguía coa Ronda de Outeiro, atravesa os lugares de San Pedro de Visma, Penamoa, o polígono da Agrela, pasa ao carón do centro comercial Marineda City e desemboca na AC-14 á altura de Mesoiro, xunto a Pocomaco tras pasar polo lugar das Rañas. Posteriormente a AC-14 pasa pola Zapateira, e intérnase no concello de Culleredo permitindo a conexión co aeroporto de Alvedro e coa autoestrada A-6.

O tramo de tres quilómetros que une Manuel Murguía co polígono da Agrela foi inaugurado oficialmente o 27 de decembro de 2011, mentres que a súa continuación que conecta coa AC-14 inaugurouse o 14 de marzo de 2015 ao mesmo tempo que se completaban as obras nesta última.

Rúa de Manuel Murguía (A Coruña)

A Rúa Manuel Murguía é unha vía da cidade da Coruña que conecta a Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña co paseo marítimo.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.