Manuel Meilán

Manuel Meilán Martínez, nado en Lugo o 18 de xullo de 1904 e falecido en Montevideo o 26 de setembro de 1994,[1] foi un dinamizador do galeguismo na comunidade emigrante no Uruguai.

Manuel Meilán
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento18 de xullo de 1904
 Lugo
Falecemento26 de setembro de 1994
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPolítico
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Xesús Canabal, Castelao e Manuel Meilán, Montevideo, 1940
Xesús Canabal, Castelao e Manuel Meilán, Montevideo, 1940.

Para evitar a Guerra do Rif emigra en 1922 a Buenos Aires, onde comeza a traballar no sector comercial. Traba contacto cun grupo de galeguistas onde estaban Eduardo Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo, José Benito Abraira, Lino Pérez e Rodolfo Prada. Forma parte de El Hogar Gallego, e comeza a participar na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.

En 1931 participa na creación do Partido Galeguista na Arxentina, do que é secretario. En 1934 entra a traballar nun laboratorio farmacéutico e trasládase a Montevideo. Participa nos inicios da Irmandade Galeguista do Uruguai con Antón Crestar e da Casa de Galicia do Uruguai. Aliñado co goberno democrático republicano, colabora en diversos xornais e en sociedades de recadación de fondos para o mantemento do exército e da resistencia republicana. En 1940 ingresa na masonería.

En 1956 participa no primeiro Congreso da Emigración Galega, que se celebra en Buenos Aires e que ten como presidente a Xesús Canabal, compañeiro seu da emigración uruguaia e tamén de masonería. Canda el e Alfredo Somoza impulsa as emisións radiofónicas Sempre en Galicia (1950), e o Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1968).

Recoñecementos

En 1987 recibiría a Medalla Castelao.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 27-9-1994, p. 18.

Véxase tamén

Bibliografía

18 de xullo

O 18 de xullo é o 199º día do ano do calendario gregoriano e o 200º nos anos bisestos. Quedan 166 días para finalizar o ano.

26 de setembro

O 26 de setembro é o 269º día do ano do calendario gregoriano e o 270º nos anos bisestos. Quedan 96 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Irmandade Galeguista do Uruguai

No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.

A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.

A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Meilán

O topónimo galego Meilán pode referirse a:

Meilán, parroquia do concello de Lugo;

Meilán, lugar de dita parroquia;

Santa Marta de Meilán, parroquia do concello de Riotorto;

Meilán, lugar da parroquia de Olas, no concello de Mesía;

Porto Meilán, lugar da parroquia de Adai, no concello de Lugo.Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Meilán (Lugo, 1904 - Montevideo, 1994) dinamizador do galeguismo na emigración

Manuel Amor Meilán, antropólogo galego (1867-1933)

José Luis Meilán Gil, político galego (1933-2018)

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Sempre en Galicia

Este artigo trata sobre o programa de radio, para o artigo sobre o libro de Castelao véxase Sempre en Galiza.Sempre en Galicia é un programa de radio en lingua galega realizado en Uruguai, emitido por Radio Oriental os domingos das 9:00 ás 10:00 da mañá (hora de Uruguai). É o programa decano en lingua galega, a primeira transmisión realizouse o 3 de setembro de 1950 e durante moitos anos foi o único programa realizado en galego.

Nace en 1950 por iniciativa de oito galegos residentes no Uruguai: Manuel Meilán, Lois Tobío Fernández, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita, Manuel Leiras e Alfredo Somoza. A continuidade e o grao de implicación dos seus promotores sería desigual. Colaborarán nela persoas como Marisa Barrio, Cristina Samuelle ou Iolanda Díaz Gallego.

Xesús Canabal

Xesús Canabal Fuentes, nado no Amenal (O Pino) en marzo de 1897 e finado en Montevideo o 29 de agosto de 1985, foi un empresario e destacado persoeiro da emigración galega no Uruguai.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.