Manuel Lueiro Rey

Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego. Formou parte da chamada Xeración do 36.

Manuel Lueiro Rey
Nacemento9 de abril de 1916
 Fornelos de Montes
Falecemento11 de outubro de 1990 (74 anos)
 O Grove
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
CónxuxeMaría Lores González
Manuel Lueiro Rey, sinatura
manuellueirorey.com

Traxectoria

Fillo de Albino Lueiro Soto, mestre. Aínda que naceu en Fornelos de Montes, foi vivir ao Grove cando só contaba con sete anos. Con doce anos comezou a traballar nunha forxa, e aos 18 comezou a colaborar co periódico pontevedrés El País, que dirixía Roberto Blanco Torres.

Tralo alzamento nacional, para evitar a represión refuxiouse en Fornelos e no Portovilán, e finalmente decidiu alistarse no bando nacional. Trala fin da guerra regresou a Fornelos, e despois marchou a Madrid a preparar oposicións para auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda. Aprobounas en 1942, e en 1944 conseguiu praza en Pontevedra. En 1948 participou na reestrea da peza teatral Quen matou o meco?. Militou na clandestinidade no Partido Comunista.

Escribiu na prensa co pseudónimo Gudea, e desde a posguerra colaborou en medios como Litoral, Diario de Pontevedra, La Noche, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia, Correo Gallego, Diario de León, Diario Regional de Valladolid, ABC, La Hoja del Lunes, A Nosa Terra, Sonata, Cartel, Chan, Ínsua, Coordenadas, Dorna, Espiral ou Congostra. Colaborou tamén con Radio España Independiente.

Publicou varias obras en castelán. En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo coa novela Manso. O texto foi publicado en España en 1967 mutilado pola censura, apareceu en edición íntegra en Buenos Aires en 1968, e en 1996 foi publicada en galego con tradución de María Xesús Vidal Alves e limiar de Xesús Alonso Montero.

Viaxou a América en 1968, 1972 e 1978, onde contactou con Luís Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. O seu primeiro libro en galego foi Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (1971), ao que seguiu Non deberían medrar (1974), con prólogo de Luís Seoane.

Na súa honra o Concello do Grove creou en 1992 o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey e o Concello de Fornelos de Montes creou en 2012 o Premio de poesía Manuel Lueiro Rey e en 2017 o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.

Vida persoal

Casou no Grove con María Lores González en xaneiro de 1944, e tiveron cinco fillos: Manuel (1945), Francisco (1948), Adela (1952), Víctor (1958) e Eugenio (1962).

Obra en galego

Poesía

  • Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (Edicións do Centro de Betanzos, 1971)
  • Escolma ferida (Edicións do Castro, 1977)
  • Nova escolma ferida (Edicións do Castro, 1988)
  • Derradeira escolma ferida (Xerais, 2003; edición de Ramón Nicolás)

Narrativa

  • Non deberían medrar (Edicións do Castro, 1974)
  • O sol na crista do galo (Edicións do Castro, 1982)

Ensaio

  • O Grove: canción do sal e do vento (Xerais, 2005)

Obra en castelán

Poesía

  • Nacencia. Cuentos y poemas (Vigo, 1950; Publicado co pseudónimo Gudea)
  • Juncia de amor y vida (Pontevedra, 1959)
  • Sonetos a la ciudad de Vigo (Pontevedra, 1960)
  • La noche espera el alba (Botella al mar, 1971)
  • Vigo en tres paisajes (Vigo, 1990)
  • Camino de sueños, 1992.
  • Memoria de la raíz de las casas (Ediciós do Castro, 1992)
  • Mientras crece la hierba (Puente de la Aurora, 1997)

Narrativa

  • Manso Oviedo, 1967; Oberon, 1968; Galaxia, 1996)
  • Vicente y el otro (Buenos Aires, 1968)
  • Manos de ausencia (prosas) (Libertarias, 1986)
  • Un río que camina (Orígenes, 1987)
  • Hundezelle y otras vidas maltratadas (Ronsel, 1998)

Ensaio

  • Crónica de una transición intransigente (Edicións do Castro, 1985)

Premios

  • Premio Ciudad de Vigo, por Sonetos a la ciudad de Vigo.
  • Premio Ciudad de Oviedo 1966, por Manso.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

11 de outubro

O 11 de outubro é o 284º día do ano do calendario gregoriano (285º nos anos bisestos). Quedan 81 días para finalizar o ano.

9 de abril

O 9 de abril é o 99º día do ano do calendario gregoriano e o 100º nos anos bisestos. Quedan 266 días para finalizar o ano.

Antonio Manuel Chaves Cuiñas

Antonio Manuel Chaves Cuiñas, nado en Cambados o 10 de xullo de 1959, é un escritor galego residente en Vigo.

Beatriz Dacosta

Beatriz Dacosta Molanes, nada en Cangas en 1967, é unha escritora galega.

Chelo Suárez

Chelo Suárez Muíños, nada na Coruña o 1 de marzo de 1945, é unha escritora en lingua galega.

Henrique Dacosta

Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor galego.

Inma López Silva

Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.

Lueiro

O topónimo galego Lueiro pode referirse a:

Lueiro, parroquia do concello de Negreira;

Lueiro, lugar de dita parroquia.Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Lueiro Edreira, agrarista e xornalista galego (f. 1932);

Manuel Lueiro Rey, escritor e xornalista galego (1916-1990).

Manuel Lueiro

O nome de Manuel Lueiro pode referirse a:

Manuel Lueiro Edreira, agrarista e xornalista galego (f. 1932);

Manuel Lueiro Rey, escritor e xornalista galego (1916-1990).

Novela curta

Unha novela curta é unha narración en prosa de menor extensión ca unha novela e menor desenvolvemento dos personaxes e a trama, aínda que sen a economía de recursos narrativos propia do conto. O seu antecedente é o relato curto medieval. Exemplos de novelas curtas da literatura galega son Outono aquí de Mario Regueira, Terá as túas balas de Xabier Cid ou A xeira das árbores de Teresa Moure.

Pilar Buela

María Pilar Buela Piedra, nada en Calo (Teo) en 1966, é unha escritora e profesora universitaria galega.

Premio Lueiro Rey

Co nome de Manuel Lueiro Rey hai tres certames convocados:

Premio Lueiro Rey de narrativa, convocado desde 1992 polo concello do Grove;

Premio Lueiro Rey de poesía, convocado desde 2012 polo concello de Fornelos de Montes.

Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, convocado desde 2017 polo concello de Fornelos de Montes.

Premio Lueiro Rey de narrativa

O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello do Grove dende 1992. Estableceuse coa finalidade de promocionar a vida e obra de Manuel Lueiro Rey.

Premio Lueiro Rey de poesía

O Premio de poesía Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello de Fornelos de Montes dende 2013.

Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

O Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey é un galardón que concede o Concello de Fornelos de Montes desde o ano 2017. Este premio recoñece a figura de Manuel Lueiro Rey e procura a promoción xornalística en galego.Considera artigos xornalísticos de denuncia social.

Ramón Nicolás

Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

Terá as túas balas

Terá as túas balas é unha novela curta en lingua galega publicada no ano 2000 pola editorial Sotelo Blanco e escrita por Xabier Cid. Foi finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey dese ano. Está dividida en cinco capítulos.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.