Manuel Lourenzo

Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González.
Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo (AELG)-6
Nome completoManuel María Lourenzo Pérez
Nacemento15 de abril de 1943
LugarFerreira
NacionalidadeEspaña
Educado enInstitut del Teatre
Profesiónactor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor

Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Traxectoria

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da historia do teatro galego. Co Teatro Circo, acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978, funda, outra con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabunhal...

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego,[1] libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.

Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.

No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.

No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente[cando?].

No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.

Obra

Obra de creación

Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a transición,...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática. Algunhas das súas obras máis destacadas son:

  • Tres irmáns parvas (1969).
  • Crónica do sol de inverno (1971).
  • Erros e ferros de Pedro Madruga (1972).
  • Romería ás Covas do Demo (1975, Pico Sacro).
  • Viaxe ao país de ningures (1977, Galaxia).
  • Todos os fillos de Galahad (1978).
  • As criadas (1980) (espectáculo).
  • Últimas fasquías de setembro (espectáculo).
  • Edén e outros paraísos (1981, Castrodouro).
  • Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981, Edicións do Castro).[2]
  • Fedra (1982, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • A noite dourada de Mimí da Cora (1982, Compañía Luís Seoane).
  • O segredo da Illa Troneira (1986, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Defensa de Helena (1987, Sotelo Blanco).
  • Unha man de vento contra o mar (1989, Caixa Galicia).
  • Agamenón en Áulide (1991, Teatro do Atlántico).
  • Forno de teatro fantástico (1991, Edicións do Castro).
  • Xoana (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Teatro mínimo (1992, Elsinor Teatro). Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
  • Electra (1994, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • O xardín dos contos (1994, Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós).
  • A lexión sonámbula (1995, Hércules).
  • O perfil do crepúsculo (1995, Cadernos de Teatro).
  • A sensación de Camelot (1995, AS-PG).
  • Magnetismo (1996, Deputación da Coruña).
  • Veladas indecentes (1996, Laiovento). Foi traducida ao español.[3]
  • O circo da medianoite (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
  • Lionel. O Malestar do Benestar (1998).
  • Últimas faíscas de setembro (2000, Deputación da Coruña).
  • A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003, Espiral Maior).
  • Insomnes (2004, Deputación da Coruña).
  • Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005, Laiovento).
  • Nocturnos (2005, Laiovento).
  • Agamenón en Áulide (2006, Fervenza).
  • Eclipses (2006, Laiovento).
  • Illa: contos troianos (2006, Fervenza).
  • Contos troianos (2007, Deputación da Coruña).
  • Eléctricas (2007, Laiovento).
  • As horas baixas (2008, Laiovento).
  • Concerto (2009, Laiovento).
  • As dunas (Centro Dramático Galego 2009, dirixida por Quico Cadaval).
  • Medea dos fuxidos e outras pezas (2009, Biblos Clube).
  • Flores de Dunsinane (2010, Xerais).
  • Teatro circo: tres textos (2010, Deputación da Coruña).
  • Tres versións (2010, Laiovento).
  • Aquelas cousas do verán (2011, Difusora).
  • Novo teatro fantástico (2012, Laiovento).
  • Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016, Xerais).
  • Suite Artabria (2017, Xerais).

Obra ensaística

Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:

  • Tacholas (1975, Edicións do Castro).
  • O teatro infantil galego (1978, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992, Instituto Galego da Información).
  • Pensar co corpo (2001, Deputación da Coruña).

Poesía

  • Santuário (1983, Concello de Vigo).

Narrativa

  • O hóspede escandinavo (2010, Espiral Maior).

Traducións

  • A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).

Literatura infanto-xuvenil

  • Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).

Obras colectivas

  • A compañía galega Maruxa Villanueva (1979, Cadernos da Escola Dramática galega) (escrito en colaboración con Francisco Pillado Maior).
  • O teatro galego (1979, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).[1]
  • Antoloxía do teatro galego (1982, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
  • Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • Dicionario do teatro galego (1987, Sotelo Blanco) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
  • Monólogos (1987, Sotelo Blanco).
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro).
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Asociación Cultural Xermolos).
  • O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro).
  • O xardín dos contos (1994, Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós).
  • O Canto de Vilavella (1996, Xunta de Galicia).
  • Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra).
  • Liñas para lelas (1998, RENFE/Grándola Nova Edicións).
  • Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006, Deputación da Coruña). Con Francisco Pillado.
  • Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012, Deputación da Coruña).
  • Banqueiros (2012, Laiovento).

Bibliografía sobre o autor

  • Manuel Lourenzo: vivir para o teatro, de Pablo Rodríguez (1997, Uvegá Teatro).
  • Palabra e acción: a obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego de Roberto Pascual (2006, Tris Tram).

Actor

Premios

Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:

  • Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
  • 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
  • Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
  • Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
  • Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
  • Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
  • Premio Nacional do Disco (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
  • Premio Artur Carbonell (1983).
  • Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
  • Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
  • Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
  • Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
  • Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
  • Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
  • Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
  • Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
  • Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
  • Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
  • Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.
  • Pedrón de Ouro (2001).
  • Premio Maruxa Villanueva (2004).
  • Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
  • Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).
  • Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
  • Premio "Otero Pedrayo" das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[4]
  • Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
  • Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.

Notas

  1. 1,0 1,1 Vilavedra 2000, p. 451-452.
  2. Vilavedra 2000, p. 464-465.
  3. "Veladas indecentes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-10.
  4. El premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamlet (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

15 de marzo

O 15 de marzo é o 74º día do ano do calendario gregoriano e o 75º nos anos bisestos. Quedan 291 días para finalizar o ano.

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

Agrupación Cultural Abrente

A Agrupación Cultural Abrente constitúese o 8 de novembro de 1969 en Ribadavia da man de José Luis Chao, Ernesto Chao, Carmen Escudero, Lucinda Rodríguez, Luisa del Carmen Escudero, Alejandro Álvarez, Francisco Javier Chao, Rita María García, Margarita Dávila e Manuel Lourenzo.

Agrupación Cultural O Facho

A Agrupación Cultural O Facho é unha asociación cultural creada na Coruña o 23 de decembro de 1963.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Cadernos da Escola Dramática Galega

Os Cadernos da Escola Dramática Galega (que até o número 54 foron chamados Cuadernos da Escola Dramática Galega) eran unha publicación periódica de textos e materiais teatrais en lingua galega que viu a luz por primeira vez en maio de 1978. Xurdiu como unha iniciativa da Escola Dramática Galega e foi impulsada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Maior. Continuaron baixo o nome Cadernos de Teatro a partir de 1994.

Casahamlet

Casahamlet foi un estudio de teatro nado na cidade da Coruña en 1998 fundado por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Á súa vez, créase unha compañía de teatro profesional (Compañía Casahamlet) e unha revista (Casahamlet, revista de teatro). Esta última, imprímese na Imprenta Provincial da Coruña.

Euloxio R. Ruibal

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Francisco Pillado Mayor

Francisco Pillado Mayor, nado na Coruña o 18 de maio de 1941, é un escritor e persoeiro do mundo do teatro galego.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Luís Bará

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Manuel Bragado

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.

Manuel Lourenzo González

Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Lourenzo,de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.

Manuel Lourenzo González, nado en Paredes, Vilaboa, o 3 de marzo 1955, é un profesor e escritor galego.

Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia

As Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia foron un certame teatral que se celebra en Ribadavia entre 1973 e 1980.

Premio Merlín

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais desde 1986 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela, ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

Premio de Honra Marisa Soto

O Premio de Honra Marisa Soto, que recibe o nome desta falecida actriz galega, é o galardón especial dos Premios María Casares en recoñecemento á traxectoria ou o apoio ao teatro, concedéuselles aos seguintes profesionais e entidades:

1997. Agustín Magán

1998. Manuel Lourenzo

1999. Maruxa Villanueva

2000. Manuel Gallart

2001. Asociación Cultural Abrente

2002. Fundación Teatro Principal de Tui

2003. Celebración dos 25 anos de teatro profesional

2004. Padroado da Cultura do Concello de Narón

2005. Luís Álvarez Pousa

2006. Dorotea Bárcena

2007. Concha Abad García

2008. Rubén García

2009. Ana Romaní

2010. Gonzalo Uriarte

2011. Xan Cejudo.

2012. Sala Nasa

2013. Pilar Pereira

2014. Xosé Manuel Olveira "Pico"

2015. Vicente Montoto

2016. Revista Galega de Teatro

2017. Eduardo Alonso

2018. Rosa Álvarez

2019. Aulas de Teatro Universitario de Santiago e Ourense

Premios Mestre Mateo 2008

Os Premios Mestre Mateo 2008 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2008 e celebrouse o 30 de abril de 2009. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 28 categorías. A cerimonia celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra e foi conducida polo colectivo de artistas Pista Catro, da formación musical Lamatumbá e o actor Sergio Zearreta.

Coincidindo co décimo aniversario da estrea de Mareas vivas, algúns dos seus actores reuníronse sobre o escenario lembrando os seus personaxes. É o caso de Manuel Lourenzo (Melgacho), Ana Santos (Pitusa), Luís Tosar (Andrés), Mela Casal (Celia) e Miguel de Lira (Currás), que aproveitou para reivindicar a lingua e recordar que a serie fóra a primeira bilingüe ("en galego e ghallegho") e que, por iso, ninguén lle vía futuro coma non llo vén na actualidade á lingua galega.

Woyzeck

Woyzeck é unha obra teatral de Georg Büchner que comezou a escribir a mediados de 1836 e que á súa morte en 1837 permanecía inconclusa, nun estado moi fragmentario. Postumamente varios autores, editores e tradutores completárona con numerosas e diferentes versións que se levaron aos escenarios. Constitúe unha das obras máis representadas e influentes do repertorio teatral alemán, que deixou unha fonda pegada no teatro alemán do século XX . A versión galega que data de 1984, traducida por Manuel Lourenzo e dirixida por Xúlio Lago, foi a primeira montaxe do Centro Dramático Galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.