Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Manuel Leiras Pulpeiro
Manuel Leiras Pulpeiro
Nacemento25 de outubro de 1854
 Mondoñedo
Falecemento9 de novembro de 1912
SoterradoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e médico
XénerosPoesía

Traxectoria

Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid, licenciándose en 1877[1]. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun gran recoñecemento popular.

Manuel Leiras Pulpeiro, Cantares Gallegos, Mondoñedo, 1911
Cantares Gallegos, Mondoñedo, 1911.

Foi republicano, e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal. Anticlerical. O seu talante creoulle numerosas dificultades en Mondoñedo, sé bispal, conseguindo manter as súas conviccións con total firmeza.

Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material etnográfico e léxico (refráns, cantares, adiviñas etc.) por el recollido. Escribiu un só libro, Cantares gallegos (1911), con cantigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela.

Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura no cemiterio civil de Mondoñedo.

Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en Obras Completas (1930) as composicións que deixara inéditas, e en 1970 Xosé Luís Franco Grande publicou a Obra Completa de Leiras, recollendo outros inéditos.

Dedicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas. En 1998 publicouse Costumes antigos en Galiza, postos en limpo polo seu irmán Ramón Félix Leiras Pulpeiro na versión facsímile do manuscrito en castelán, versión ao galego de Ramón Reimunde.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Leiras Pulpeiro.
Manuel Leiras Pulpeiro.
Manuel Leiras Pulpeiro. 
Escultura en honor de Leiras en Mondoñedo.
Escultura en honor de Leiras en Mondoñedo. 
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo (cemiterio vello).
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo (cemiterio vello). 
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo.
Poema de Leiras Pulpeiro en Mondoñedo. 

Notas

  1. Estudo crítico de Xosé Luís Franco Grande en Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Galaxia, 1970, páxina 12

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

25 de outubro

O 25 de outubro é o 298º día do ano do calendario gregoriano (299º nos anos bisestos). Quedan 67 días para finalizar o ano.

9 de novembro

O 9 de novembro é o 313º día do ano do calendario gregoriano e 314º nos anos bisestos. Quedan 52 días para rematar o ano.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869. e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Carmen Pereiras Pérez

Carmen Pereiras Pérez, nada no concello ourensán de Cartelle en 1959, é unha escritora galega.

Cemiterio vello de Mondoñedo

O cemiterio vello de Mondoñedo é o vello camposanto municipal do concello de Mondoñedo. Nel repousan as tumbas de Manuel Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro ou Pascual Veiga, entre outros.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Galicia. Revista Regional

Galicia foi unha revista editada na Coruña entre 1887 e 1893.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jacobo Llamas Martínez

Jacobo Llamas Martínez, nado en Lugo en 1980, é un escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Lorena Souto

Lorena Souto, nada no Páramo en 1983, é unha poeta galega.

Paulino Peña Álvarez

Paulino Peña Álvarez, nado en Vilardevós en 1960, é un escritor galego.

Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro é un certame organizado polo Concello de Mondoñedo. En 2018 chegou á súa VII edición. Premia a poesía e recoñece a figura de Manuel Leiras Pulpeiro.

Ramón Reimunde Noreña

Ramón Reimunde Noreña ou Ramom Reimunde Norenha, nado en San Martiño de Mondoñedo (Foz) o 18 de abril de 1949, é un profesor e escritor galego.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.