Manuel Jove

Manuel Jove Capellán, nado o 21 de xuño de 1941 na Coruña, é un empresario galego.

Manuel Jove Capellán
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento21 de xuño de 1941 (78 anos)
 A Coruña Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario
CónxuxeAmparo Santos Molinos
FillosFelipa Jove
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Comezou traballando como carpinteiro co seu pai, e cos beneficios do negocio creou na década dos setenta a empresa inmobiliaria Edificaciones Coruñesas (Edicosa) que, xa en 1980 mudou o seu nome polo de Fadesa. Con capital privado, e na súa maioría procedente do propio Jove, a firma chegou a ser o primeiro grupo inmobiliario independente de España, con expansións en Portugal e Marrocos, cunha forma de traballo que integraba todo o proceso, dende a selección dos predios, ata a construción e venda das vivendas, pasando polas investigacións do mercado e o deseño dos proxectos. Os beneficios da empresa foron grandes, e o 30 de abril de 2004 saía a bolsa.

Como presidente executivo de Fadesa, ocupou os cargos de presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España.

En setembro de 2006 vendeulle o 54% das accións de Fadesa á construtora Martinsa, do empresario español Fernando Martín, por un valor total de 2.209 millones de euros. Posteriormente, vendeu as súas participacións que mantiña en Unión Fenosa á construtora ACS (un 4,5% do capital da eléctrica) por 550,75 millóns de euros. En xuño de 2007 mercou o 40% da empresa téxtil Caramelo, por un valor 15,8 millóns de euros, e en xullo de 2007 mercou o 5% do BBVA por un valor aproximado de 3.285 millóns de euros (e un 0,2% máis en setembro dese ano[1]), converténdose no primeiro accionista privado do banco, así como o 40% da empresa explotadora de petróleo Vetra Energía con presenza en Iberoamérica por 37 millóns de euros. Tamén posúe o 55% das adegas Álvaro Domecq a través do grupo de investimento Interavante[2] así como o 47,5% da empresa galega de tecnoloxía Blusens[3]. É un dos socios promotores e fundadores do centro comerial Marineda City do que ten un 33,3%.

A revista Forbes calculoulle unha riqueza de 2.300 millóns de euros en 2008, e incluíuno como a 307ª persoa máis rica do mundo[4].

Fins sociais

En marzo de 2002 constituíu a Fundación María José Jove, en memoria da súa filla falecida ese ano e que impulsa distintas liñas de actividade a prol da infancia. Está presidida pola súa outra filla Felipa Jove.[5]

Vida persoal

Está casado con Amparo Santos Molinos, e tivo dúas fillas e un fillo.[6]

Premios

Foi galardoado pola súa traxectoria profesional e empresarial co Premio ao Mellor Empresario Nacional Inmobiliario no ano 2001, e coa Medalla Castelao no 2005.

Notas

  1. Manuel Jove se consolida como segundo accionista de BBVA tras alcanzar el 5,01%, Expansión, 28 de setembro de 2007
  2. "Jove controlará o 55 % das adegas de Álvaro Domecq tras un investimento de seis millóns", La Voz de Galicia, 25 de setembro de 2007
  3. "Manuel Jove toma un 47,5 % del fabricante electrónico Blusens en su primera inversión en tecnología", Europa Press, 28 de abril de 2008 (en castelán).
  4. Lista Forbes
  5. "La vida discreta de Felipa Jove, La hija de Manuel Jove encabeza la fundación benéfica de la familia, El País, 13 de xullo de 2008 (en castelán).
  6. La vida discreta de Felipa Jove

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Felipa Jove

Felipa Jove Santos, nada na Coruña en 1969, é a presidenta da Fundación María José Jove e vicepresidenta da corporación Inveravante, presidida polo seu pai, Manuel Jove.

Fundación María José Jove

A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.

Foi declarada de interese galego pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Grela.

Inveravante

Inveravante é unha corporación de ámbito privado e familiar, fundada en 2007 na Coruña por Manuel Jove, despois de que este empresario vendese a a súa empresa FADESA a Fernando Martín e abandoase —momentaneamente, e por lei— os negocios inmobiliarios.A corporación é un grupo integrado por 60 sociedades, está presidida por Manuel Jove, que posúe a totalidade do capitsl e o dirixe persoalmente, e os seus fillos Manuel Ángel e Felipa son os vicepresientes.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marineda City

Marineda City ou Marineda City Ocio, Shopping & Business é un complexo comercial e de ocio da cidade da Coruña situado no polígono da Grela, preto do concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao sobrenome co que a escritora Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.

O centro comercial foi construído e xestionado por Invest Cos. Custou preto de 450 millóns de euros. Nos comezos Manuel Jove era propietario do 33,3%, José Collazo do 30%, José Antonio Souto do 20% e Modesto Rodríguez do 16,6%. O centro comercial foi mercado por Merlin Properties en 2014, pagou 260 millóns de euros.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Rosalía Mera

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.