Manuel Gómez Román

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.[1]

Manuel Gómez Román
Manuel Gómez Román, 1910
Manuel Gómez Román, retrato en Vida Gallega, 1910
Nacemento24 de xullo de 1875
 Vigo
Falecemento11 de novembro de 1964 (89 anos)
 Vigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
Coñecido/a porMonumento á Mariña Universal, Edificio Banco de Vigo, Casa de Correos e Telégrafos de Vigo, Panificadora de Vigo, Hospital Nicolás Peña, Casa Mülder, Edificio Simeón, Colexio Fingoi e Granxa de Barreiros

Traxectoria

Cunha fonda afección dende neno pola pedra labrada, comeza en Madrid a carreira de arquitecto pero logo abandónaa en 1896 incitado polo seu temperamento bohemio, artístico e rebelde, que lle leva a enfrontarse cun profesor.

Durante estes anos dedícase á construción e a dar clase de debuxo nunha academia fundada por el. En 1914 retoma a carreira de Arquitectura, empurrado fundamentalmente polo seu amigo e mentor Antonio Palacios Ramilo, e conclúena en 1917, con 41 anos de idade.

Mais nesa época xa ten unha considerable obra, firmada acotío por compañeiros como Luis Vidal e Guasón, Manuel Felipe Quintana ou Jenaro de la Fuente. De esta etapa son os Almacéns Simeón, a casa para Enrique Mülder, a Casa do Pobo para o sindicato UGT ou a casa para Saturnino García.

Pouco a pouco a obra de Gómez Román vai derivando deica o galeguismo arquitectónico, dada a súa fidelidade aos materiais e estilos do país. Durante estes anos realiza innumerábeis bosquexos, sobre todo para a Exposición Internacional da Pesca, que se ía celebrar en Vigo e que finalmente vese malograda.

Nos anos trinta entra en política, aspirando á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular e chegando incluso a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista.

Trala guerra civil é nomeado Vicepresidente da Editorial Galaxia e tamén Vicepresidente da Fundación Penzol. En 1951 ingresa na Real Academia Galega e promove xunto con Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo a conmemoración do Día das Letras Galegas.

A súa obra arquitectónica enténdese por mais de dúas mil obras en diferentes cidades galegas. Colaborou tamén con debuxos artísticos e caricaturas na prensa galega e ademais publicou diversos traballos sobre as características da arquitectura galega.

Arquitectura e características

A súa opinión arquitectónica céntrase nos seguintes puntos:

  • A centralidade de Compostela como norma no aspecto artístico, xa que a basílica compostelá resume as manifestacións culturais, resolve problemas construtivos e compendia expresións iconográficas.
  • A esixencia dunha Escola de Arquitectura en Santiago de Compostela, cun plano de estudos no que se esixise un coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto.
  • Aínda que o seu acento se atope rexamente ligado ó pasado, pretendía actualizar e chegar á modernidade cun sinal propio de identidade.
  • O aproveitamento dos abondosos materiais nobre que ofrece a terra galega, así coma das condicións de acertada pericia da man de obra (especialmente de canteiros), figura que pretendía recuperar e situar no lugar que lles corresponde.
  • Completar os estudos que se teñen feito da propia arquitectura galega para incorporarse á modernidade da nova arquitectura sen necesidade dun mimetismo que consideraba evitable.

Obra

Casa de Saturnino García, M. Gómez Román
Casa de Saturnino García.

Vigo

  • Proxecto para os Almacenes Simeón (1906).
  • Casa para Enrique Mülder (1910).
  • Monumento a Concepción Arenal no Cemiterio de Pereiró (1910-12).
  • Casa do Pobo para o sindicato UGT (1911).
  • Casa para Saturnino García, na praza de Compostela nº 31, 32 e 33, con esquina a García Olloqui (1912).
  • Sede do Banco de Vigo (hoxe sede do Banco Pastor), no cruzamento das rúas Colón e Policarpo Sanz (1919-23).
  • Edificio de Vivendas para Severino G. Besada e a Casa de Correos e Telégrafos, na praza de Compostela (1920).
  • Edificio de vivendas para Manuel Millán, na rúa Lepanto (1921).
  • Proxecto de edificio José Pastoriza, no Paseo de Alfonso XII (1922).
  • Panificadora de Vigo (1923).
  • Vivendas para Vicente Coma, na rúa Urzaiz (1923).
  • Antigo Edificio da Caixa de Aforros (hoxe Club de Xubilados de Caixanova), na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno (1924).
  • Chalé para Giménez Cuenca.[2]
  • Proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construción do segundo do Círculo Mercantil (1926).
  • Fábrica de conservas Bernardo Alfageme (1929).
  • Chalé Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4 (1931).
  • Edificio de vivendas de Pi i Margall, nº 119 e o edificio Arbones Vila, situado na rúa Murillo, nº 5 (1942).
  • Proxecto de Ermida da Guía (1951).

Conta con obra singular conservada en Bouzas.

Lugo

Santiago de Compostela

  • Edificio de vivendas con torreón en Concepción Arenal, 9 (1929).

Noutros lugares

Galería de imaxes

Edificio Simeón, 1906, na Porta do Sol de Vigo.
Edificio Simeón, 1906, na Porta do Sol de Vigo. 
Edificio Mülder, 1910, na rúa de Montero Ríos de Vigo.
Edificio Mülder, 1910, na rúa de Montero Ríos de Vigo. 
Vivendas para Vicente Coma, Urzáiz 7, 1923.
Vivendas para Vicente Coma, Urzáiz 7, 1923. 
Casa de Domingo Davila, 1942, hoxe Hotel Nagari*****
Casa de Domingo Davila, 1942, hoxe Hotel Nagari***** 

Notas

  1. Gómez Román, o arquitecto que apostaba pola soberanía estética Arquivado 22 de xuño de 2010 en Wayback Machine. na páxina do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (delegación de Vigo), extraído de La Voz de Galicia.
  2. Catálogo de Bens Culturais[Ligazón morta].

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

24 de xullo

O 24 de xullo é o 205º día do ano do calendario gregoriano e o 206º nos anos bisestos. Quedan 160 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Bouzas, Vigo

San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo. Ten unha entidade de poboación e aproximadamente 5 900 veciños (2013). Limita coas parroquias de Alcabre e Coia e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente ata 1904.

Casa Mülder

A casa Mülder é unha construción de 1907 situada no cruzamento das rúas Monteros Ríos con Pablo Morillo, en Vigo. Trátase do mellor exemplo de arquitectura modernista existente na cidade, que ten un rico patrimonio arquitectónico neste estilo.

Casa de Correos e Telégrafos de Vigo

A Casa de Correos é un edificio histórico situado na Praza de Compostela, na esquina coa rúa da Reconquista, 2, no centro da cidade de Vigo. Dende a súa construción foi a sede principal da compañía estatal de correos e telégrafos.

Colexio Fingoi

O Colexio Fingoi é un centro de ensino privado da cidade de Lugo, cuxo primeiro director foi Ricardo Carvalho Calero.

Correo

O servizo postal ou servizo de correo é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo do tipo de envío, a súa duración na entrega e se leva ou non outros servizos adicionais. Un sistema postal pode ser privado ou estatal. Os sistemas privados a miúdo teñen impostas restricións por parte dos gobernos.

O 9 de outubro celébrase o Día Mundial do Correo.

Edificio Banco de Vigo

O Edificio do Banco de Vigo, hoxe Edificio do Banco Pastor é unha construción monumental de 1923 deseñada polo arquitecto Manuel Gómez Román nunha das esquinas máis céntricas da cidade de Vigo, facendo chafrán entre a rúa Policarpo Sanz e Colón. Hoxe é a sede do Banco Pastor e da Fundación Pedro Barrié de la Maza. É un dos edificios máis emblemáticos da cidade.

Edificio Simeón

O edificio Simeón tamén chamado Almacenes Simeón, é un inmoble de estilo Modernista de comezos do século XX situado no centro da cidade de Vigo, Galicia. O edificio constitúe un dos mellores exemplos deste estilo arquitectónico na cidade olívica.

Granxa de Barreiros

A Granxa de Barreiros é un proxecto pedagóxico creado en 1948 por Antonio Fernández López (o maior dos fillos de Antón de Marcos) en Barreiros, na parroquia de Ortoá (Sarria).

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Modernismo

Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (En Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.

Monumento á mariña universal

O Monumento á mariña universal é un monumento adicado ós mariñeiros mortos no mar, situado no cumio da península de Monteferro, na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.

Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Xaime Garrido

Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, e finado na mesma cidade o 6 de abril de 2019, foi un arquitecto e escritor galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.