Manuel Fuentes Canal

Manuel Fuentes Canal, nado en Ourense e finado en Celanova o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.

Manuel Fuentes Canal
 Ourense
NacionalidadeEspaña

Traxectoria

Empregado do Hispano-Americano en Ourense. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1928 A Eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas, de Fermín Bouza-Brey Trillo, Xosé Ramón Fernández Oxea e Manoel Fontes Canal, considerado o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo. Foi sacado da prisión e asasinado na Ponte Pequena de Paradela de Viveiro (Celanova) o 16 de agosto de 1936 con 35 anos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Roladas

As Roladas: folla dos rapaciños galegos (1922) foi unha revista infantil escrita enteiramente en galego e posta en marcha desde Madrid por Ramón Cabanillas, quen nomeou esta publicación igual que a entidade escolar infantil galega que el mesmo impulsaba. Impresa en Madrid na editorial Ibérica, foi o primeiro intento de facer unha revista infantil en galego e tivo unha vida moi breve, xa que constou de só dous números correspondentes a maio e xullo de 1922. Porén, tivo unha continuación a partir de 1978 chamada As Roladas 2 e editada agora polo Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.