Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Manuel Ferreiro Fernández
Manuel Ferreiro (AELG)-1
Nacemento8 de marzo de 1955
 Saavedra, Begonte
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e catedrático de universidade
XénerosInvestigación
EstudosFiloloxía Hispánica

Traxectoria

Licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.

Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña).

1progalpor
Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017

Actualmente dirixe a colección Documenta das publicacións da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Maior' da Universidade da Coruña. Así mesmo, é o director de GLOSSA[1], que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnio e maldicir, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación.

Obra

Monografías

  • Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, 1991, Edicións Laiovento (304 pp.) ISBN 84-87847-02-1.
  • De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, 1996, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (1997, 2ª ed. revisada) (72 pp.) ISBN 84-87847-97-8. 4ª edición revisada no 2007 (112 pp.) ISBN 978-84-8487-132-0.
  • Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe, 1995, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (442 pp.) [ISBN 84-87847-67-6] (Marzo 1996, 2ª ed.; Setembro 1996, 3ª ed.; 1999, 4ª ed. ISBN 84-89896-43-7).
  • Gramática Histórica Galega. Volume II. Lexicoloxía, 1997, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1997 (400 pp.) ISBN 84-89896-07-0.
  • O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907), 2007, Universidade da Coruña/Universidade de Santiago de Compostela/Universidade de Vigo (108 pp.) ISBN 978-84-9749-271-3.
  • Eduardo Pondal, o cantor do eido noso, 2017, Laiovento. ISBN 84-8487-347-1.

Edicións críticas

  • As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, 1992, Edicións Laiovento (136 pp.) ISBN 84-87847-14-5.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995 [Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. 2001, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos, 2002, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)] ISBN 84-7824-406-9.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas, 2005, Ed. de M. Ferreiro, Santiago, Sotelo Blanco.

Obras colectivas

  • A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, AS-PG.
  • Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea (64 pp.).
  • Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, A Coruña, Vía Láctea (110 pp.).
  • Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega), 1994/1998. Selecção, introdução, notas e apêndice de..., Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (236 pp.) ISBN 84-87847-41-2 (1998, 2ª ed. revisada [ISBN 84-89896-37-2]) (en colaboración con Carlos Paulo Martínez Pereiro e Francisco Salinas Portugal).
  • Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (250 pp.) ISBN 84-921126-4-6 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
  • Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (253 pp.) ISBN 84-921126-7-0 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
  • Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (281 pp.) ISBN 84-921126-6-2 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
  • Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (240 pp.) ISBN 84-921126-8-9 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
  • Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio, 1999, AS-PG/Universidade da Coruña. Coeditor con Xosé Ramón Freixeiro Mato.
  • Cabanillas, Ramón: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, 2002, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' [Introdución (77 pp.) + Texto crítico (44 pp.) + Apéndice (70 pp.)] ISBN 84-9749-035-5 (en colaboración con Goretti Sanmartín Rei).
  • González, Cándido A.: ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, 2004. Estudo, edición e notas de M. Ferreiro, Xan Fraga e Laura Tato Fontaíña, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’.
  • Manteiga, Luís: Intres (1934-1935). 2005, Ed. e estudo lingüístico de M. Ferreiro. Estudo literario de Laura Tato Fontaíña, Ed. Ediciós do Castro, Sada-A Coruña.
  • Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry, 2007. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións (68 pp.)] [ISBN 978-84-9749-247-8].
  • O Himno. Historia, texto e música, en Barreiro Fernández, X. R./Villares, R. (editores): Símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega/Real Academia Galega, pp. 105–192 [ISBN 978-84-96530-46-I] (en colaboración con Fernando López-Acuña).
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 2008. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Baía Edicións (214 pp.) [ISBN 978-84-96893-65-8].
  • Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento.
  • Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía. [ISBN 978-84-9995-149-2].

Premios de investigación

No ano 2006 recibe o XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas.

No ano 2014 recibe o IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa.

Notas

  1. "Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2015-11-29.

Véxase tamén

Ligazóns externas

8 de marzo

O 8 de marzo é o 67º día do ano do calendario gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o ano.

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

César Morán

César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos (O Bierzo) o 22 de febreiro de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.

Francisco Salinas Portugal

Francisco Salinas Portugal, nado en Bande o 26 de xaneiro de 1955, é un estudoso da literatura galega e poeta.

Manuel Castelao

Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego.

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:

A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.

A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.

Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Manuel Ferreiro

Manuel Ferreiro pode referirse a:

Manuel Ferreiro Badía, escultor galego (n. 1944).

Manuel Ferreiro Fernández, investigador da lingüística histórica galega (n. 1955).

Manuel Ferreiro Panadeiro, político e alcalde republicano de Lalín (1903-1936).

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

María dos Anxos González Refoxo

María dos Anxos González Refoxo, nada na Porta dos Mariños (lugar de Pazos, Padrón) o 18 de febreiro de 1955, é unha filóloga galega.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Revista Galega de Filoloxía

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Tareixa Roca

Tareixa Roca Sánchez, nada en Guitiriz o 22 de abril de 1956, é unha tradutora galega.

Vitoria Ogando

María Vitoria Ogando Valcárcel, nada en Buenos Aires o 2 de xuño de 1956, é unha profesora e escritora galega.

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.