Manuel Fabeiro

Manuel Fabeiro Gómez, nado en Muros o 7 de agosto de 1916 e finado en Noia o 20 de xullo de 1992, foi un historiador e escritor galego.

Manuel Fabeiro
Nacemento7 de agosto de 1916
 Muros
Falecemento20 de xullo de 1992
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor

Traxectoria

Foi carpinteiro ebanista, e traballou como auxiliar e logo como oficial no Xulgado de Noia. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata a súa desaparición en 1956. Colaborou en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche.

Obras

Poesía

  • Follas de un arbre senlleiro, 1951.
  • Quechemare da saudade, 2010.
  • Intres, 2013.
  • Poemas postistas, Poemas do vento, Concello de Noia, 2017

Artigos

  • "Ordenanzas de la villa de Noya de 1589".
  • "Os cobrados de Noya".
  • "Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII".
  • "La Santa Biblia y la filatelia".
  • "Matasellos religiosos de Galicia".
  • "O correr da pluma".
  • "Breves notas sobre Añón".

Véxase tamén

Ligazóns externas

20 de xullo

O 20 de xullo é o 201º día do ano do calendario gregoriano e o 202º nos anos bisestos. Quedan 164 días para finalizar o ano.

7 de agosto

O 7 de agosto é o 219º día do ano do calendario gregoriano e o 220º nos anos bisestos. Quedan 146 días para finalizar o ano.

Antón Avilés de Taramancos

Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992, foi un escritor galego. En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. É pai do cineasta Luis Avilés Baquero.

Colección Benito Soto

A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.

Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Eufonía (revista)

Eufonía foi unha revista que se publicou en Buenos Aires entre 1958 e 1959.

Fabeiro

O topónimo galego Fabeiro pode referirse a:

O Chao do Fabeiro, parroquia do concello de Monforte de Lemos;

O Fabeiro, lugar de dita parroquia;

O Fabeiro, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira;

O Fabeiro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

Fabeiro, concello da provincia de León, na comarca do Bierzo.Amais, como apelido pode referirse a:

Victoriano Fabeiro, médico e político galego (1879-1951);

Manuel Fabeiro, historiador e escritor galego (1916-1992);

Homaxe da Galicia Universal

Ramon Otero Pedrayo: A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia Universal é unha obra literaria de diversos autores e autoras, escrita en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo e publicada en 1958.

Lista de artigos de Antón Fraguas

Esta é unha lista de artigos de Antón Fraguas publicados en xornais e revistas especializadas. Antón Fraguas publicou máis de 1.300 artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra, Logos, Lar, Vida Gallega, Dorna, Outeiro, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, O Correo Galego etc.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Manuel Gómez

O nome de Manuel Gómez pode referirse a:

Manuel Gómez Pedraza, militar e político mexicano, presidente do seu país (1789 - 1851);

Manuel Gómez Cordido, mestre e xornalista galego (1853 - 1944);

Manuel Gómez de la Maza y Jiménez, botánico cubano (1867 - 1916);

Manuel Gómez-Moreno, arqueólogo e historiador andaluz (1870 - 1970);

Manuel Gómez Román, arquitecto galego (1875 - 1964);

Manuel Gómez González, sacerdote galego (1877 - 1924);

Manuel Gómez Contioso, relixioso andaluz (1877 - 1936);

Manuel Gómez Lorenzo, mestre galego;

Manuel Gómez Morín, político mexicano (1897 – 1972);

Manuel Gómez del Valle, xornalista, poeta e profesor galego (1906 - 1936);

Manuel Gómez Acebo y de Igartua, diplomático español (1921/1922 - 2009);

Manuel Gómez-Acebo Rodríguez-Spiteri, diplomático español e fillo do anterior (n. 1956);

Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, empresario galego (n. 1947);

Manuel Gómez Pereira, director de cine e guionista español (n. 1953);

Manuel Gómez Cagiao, xogador de baloncesto galego (n. 1978);

Manuel Gómez Rodríguez, enxeñeiro galego (n. 1983).

O libro galego onte e hoxe

O libro galego onte e hoxe foi unha exposición bibliográfica celebrada no antigo Convento de San Domingos (Museo do Pobo Galego) en Santiago de Compostela en maio-xuño de 1979.

Inaugurouse o 16 de maio (véspera do Día das Letras Galegas), estaba prevista a clausura o 3 de xuño mais debido ao éxito de público (11.835 visitas) prolongouse ata o 17 do mesmo mes. Foi acompañada con conferencias, concertos e representacións teatrais.

Foi organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e pretendía reunir e mostrar toda a produción editorial en idioma galego, de todos os tempos e sobre todos os temas. En 1981 a USC publicou o catálogo da exposición.

Poesía Gallega Contemporánea

Poesía Gallega Contemporánea. Ensayo sobre literatura gallega é unha obra de Ramón González-Alegre en lingua castelá, publicada pola Colección Huguin en 1954.

Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado en 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes. Asumido logo pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, a partir do curso 2011-2012 pasou a estar organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL).

Santiago, mar de pedra

Santiago, mar de pedra é o décimo álbum de estudio (e décimo segundo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun disco dedicado á capital de Galiza, con composicións dos poetas Avelino Abuín de Tembra, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Díaz Jácome, Xosé Antón Neira Cruz, Ramón Cabanillas, Manuel Fabeiro Gómez, Eusebio Lorenzo Baleirón e Bernardino Graña.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.