Manuel Darriba

Manuel Anxo Darriba Blanco, nado en Sarria en 1973, é un escritor e xornalista galego.

Manuel Darriba
Manuel Darriba
Nacemento1973
 Sarria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidad Nacional de Educación a Distancia
Ocupaciónescritor, xornalista e poeta
XénerosGuión, poesía, narrativa e tradución
EstudosXornalismo e Filosofía

Traxectoria

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola UNED. Traballou como reporteiro e enviado especial de El Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra ata o 2004. Nese ano fundou con José Manuel Gegúndez a axencia Transmedia, editora de publicacións especializadas. Foi responsable de edicións nesta empresa ata o 2010, dirixindo diversas revistas de gandería, hostalería e o Anuario da Academia Galega do Audiovisual.

Ten colaborado en medios como Dominical (suplemento de El Periódico de Catalunya, ABC e unha quincena de periódicos rexionais), o semanario La Clave, o xornal económico Expansión, o magacine galego GPS, a Axencia Galega de Noticias, a revista literaria Protexta, os suplementos "Crónica" e "Magazine" de El Mundo e a edición galega de El País. Ata o 2013, publicou unha columna semanal no xornal gratuíto De luns a venres.

O seu labor xornalístico recibiu os premios Once-Galicia de xornalismo, Julio Camba de reportaxe e a mención especial no Premio Nacional Manuel Alcántara para xornalistas menores de 35 anos. No 2012 foi premio Fernández del Riego de xornalismo literario.

Debutou como escritor coa novela Paf Xarope, no 1997. Posteriormente publicou o libro de poemas Calor (1997) e a novela Outonos espectaculares (1998). No ano 2000 gañou o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey con Velada do billarista e no 2005 o Premio Espiral Maior de Poesía por Vostede non sabe con quen está a falar. Dúas obras súas foron editadas en castelán por Bruguera no 2008 nun único volume: El billarista. Accidental. No 2009 publica a novela curta Branco. No 2010 gañou o premio de poesía Miguel González Garcés coa obra Os indios deixaron os verdes prados.

Baixo o pseudónimo de Manuel Amado, escribiu biografías dos poetas Lorenzo Varela, Uxío Novoneyra e Lois Pereiro, editadas por Galaxia e distribuídas en prensa nos Días das Letras Galegas dedicados a estes autores.

No eido audiovisual, Darriba é guionista e director dos documentais Tolos por Xapón (con Pedro A. Ramos), nomeado as Premios Mestre Mateo, e Prodixiosos, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia. No 2011 escribiu, produciu e dirixiu a longametraxe documental Pacios. As fotos da memoria. A película estivo nos festivais internacionais de Lucerna (Suíza), Tesalónica (Grecia) e o catálogo de produción latinoamericana Latin Side Of The Doc (México DF).

A finais do 2011, cunha bolsa de estudos, pasou polo Taller de Desenvolvemento Cinematográfico Casa de América/Fundación Carolina. Durante unha estadía de dous meses na Residencia de Estudiantes de Madrid escribiu o guión de ficción Verano, con Fernando Castets e Inés París como asesores. Ten escrito varios guións de curtametraxe e longametraxe e un proxecto de serie.

En televisión, foi guionista e director nos docu-shows de TVG Onde vai a xente (1ª e 2ª temporadas) e Un país de lerias (1ª temporada), nos anos 2011 e 2012.

A primeiros do 2013 publicou, con Daniel Salgado, a crónica política AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas. No verán dese ano publicou a novela O bosque é grande e profundo (Xerais), máis tarde traducida e publicad en castelán na editorial Caballo de Troya. A novela foi finalista no Premio de Novela Europea Casino de Santiago.

No 2015, Darriba traballa como guionista no magazine "Land Róber" (TVG), presentado por Roberto Vilar, e na serie "O Faro" (TVG,TV3).

Obra

Narrativa

Poesía

Literatura infanto-xuvenil

  • Brais e os demais, 2010, Galaxia.

Non ficción

Traducións

  • O guerreiro branco de Joanes Urkixo Beitia, 2003, Galaxia.
  • Marizul de Bernardino Ribadavia, 2006, Oqo.
  • Camiños sen nome de Anna Castagnoli, 2007, Oqo.

Obras colectivas

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 "El billarista: El Accidental: dos novelas cortas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-02.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ana Santiso

Ana Santiso é unha ilustradora galega, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Bren Entertainment

Bren Entertainment S.A. é unha empresa galega de creación audiovisual, con sede en Santiago de Compostela. Forma parte do grupo Filmax Entertainment, dedicado á creación, produción, posprodución, distribución e exhibición de contidos audiovisuais para a industria do entretemento.

Cantares gallegos

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel.

Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.

Daniel Salgado

Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Premio Espiral Maior de Poesía

O Premio Espiral Maior de Poesía, créase en 1992 por Edicións Espiral Maior dirixido a autores noveis, menores de 35 anos e sen obra publicada. O premio carece de dotación económica e consiste na publicación da obra pola editorial convocante.

A partir de 1999 o premio ábrese a todos os creadores (teñan ou non obra publicada e independentemente da idade). Dende o ano 2006 concédese tamén a obras en idioma portugués e Ámbito Cultural de El Corte Inglés respáldao con 12.000 euros, que o converten nun dos máis dotados de toda a Península Ibérica.

Premio Lueiro Rey de narrativa

O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo concello do Grove dende 1992. Estableceuse coa finalidade de promocionar a vida e obra de Manuel Lueiro Rey.

Premio Miguel González Garcés

O Premio de poesía Miguel González Garcés foi instituído en 1991 pola Deputación da Coruña como homenaxe á figura do poeta coruñés Miguel González Garcés. Desde a edición de 2000 a convocatoria é bianual.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.