Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas, nado na Habana o 16 de maio de 1909 e falecido na Coruña o 24 de abril de 1985, foi un arqueólogo, historiador da arte e escritor galego que dirixiu as escavacións de Iria Flavia e o subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.

Manuel Chamoso Lamas
Nacemento16 de maio de 1909
 A Habana
Falecemento24 de abril de 1985
 A Coruña
SoterradoMoldes
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarqueólogo, escritor e historiador da arte

Traxectoria

Chamoso naceu na Habana, fillo de emigrantes, pero dende os catro anos residiu en Galicia na casa petrucial de Moldes, no Concello de Boborás, a carón do pazo de Antón Losada Diéguez, quen lle deu clase. Cursou o bacharelato no instituto de Pontevedra, onde recibiu clases de debuxo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Obtivo o doutoramento de Filosofía e Letras e Dereito en Compostela e Madrid, onde foi alumno de Eugeni d'Ors e José Ortega y Gasset.[1]

Ao estalar a Guerra civil española entra en filas, incorporándose ao "Servicio Militar de Recuperación" nas frontes de Madrid e Levante cunha misión que consistía na recuperación do patrimonio cultural. Ao finalizar a guerra dedícase á recuperación dos tesouros do patrimonio artístico xunto con Graciano Macarrón Despierto, Juan de Contreras y López de Ayala (marqués de Lozoya), e o que logo sería o arquitecto do Valle de los Caídos, Pedro Muguruza.[1]

No ano 1940 ratificouse a Chamoso como "Delegado Inspector General de los Depósitos dependientes del Servicio de Recuperación". No 1945 pasa a ser Comisario da "I Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico", que inclúe León, Asturias e Galicia.

Realizou escavacións arqueolóxicas nas minas de ouro romanas de Barbantes, no seu inmediato Castro de San Cibrao de Las, en Santa Mariña de Augas Santas de Allariz, na Catedral de Santiago de Compostela (1946-1959), para atopar a lauda do bispo iriense Teodomiro e verificar aspectos da lenda da aparición do sartego do Apóstolo.

Dende 1967 dirixiu o Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela, do que foi fundador.[2]

En 1977 e dentro da reordenación do Ministerio de Cultura feita por Pío Cabanillas, foi nomeado Subdirector Xeral de Patrimonio Artístico, cargo ao que renunciou ao cabo dun ano.

En Boborás promoveu a declaración dos BICs das igrexas de San Xulián de Astureses, San Mamede de Moldes e o conxunto Histórico-Artístico de Pazos de Arenteiro. Tamén no caso dos muíños dos Cinco Infernos este foi declarado Monumento Nacional.

Chamoso Lamas foi membro da comisión nacional do Consello Internacional de Museos, do Instituto Arqueolóxico Alemán, correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Société des antiquaires de France, membro, presidente e presidente de honra a título póstumo da Real Academia Galega de Belas Artes.[3] Así mesmo foi membro da Real Academia Galega[4] e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Obras

Publicou máis dun centenar de traballos sobre arte de Galicia en revistas e coleccións especializadas.[5][6] Entre os seus libros destacan:

  • Noticia de los trabajos realizados por el Servicio de Recuperación ArtísticA, 1943, Hauser y Menet.
  • Ribadavia, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951.
  • La arquitectura barroca en Galicia, 1955. Instituto Diego Velázquez del CSIC.
  • Santiago de Compostela, Guías Artísticas de España, 1961, Ed. Aries.
  • Pórtico de las Platerias de Santiago de Compostela, 1964, Ministerio de Educación Nacional.
  • La Catedral de Santiago de Compostela, 1976, Editorial Everest.
  • Escultura funeraria en Galicia, 1979, Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo.
  • La Catedral de Orense, 1980, Editorial Everest.
  • Catedrales de España [Santiago de Compostela, Orense, León, Valladolid, Salamanca], 1981, Everest.
  • Tuy, 1981, Editorial Everest.
  • Museo de arte Sacro. Clarisas de Monforte de Lemos, 1981, Caja de Ahorros de Galicia.
  • Itinerario monumental y artístico de Galicia, 1982, Sílex Ediciones.[7]
  • La Catedral de Lugo, 1983, Editorial Everest.
  • Estudios sobre arte, arqueología y museología, 2009, Anexo Abrente n.º 2, RAGBA.[8]
Chamoso Lamas
Nicho no camposanto de Moldes.

Recoñecementos

  • Fillo adoptivo de Ribadavia, Pontevedra e Tui.
  • Medalla de Prata da Cidade de Compostela.
  • Medallas de Prata e Ouro do Mérito as Belas Artes.
  • Leva o seu nome o IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño.

Notas

  1. 1,0 1,1 Senén López Gómez 2009.
  2. Museo das Peregrinacións e de Santiago historia.
  3. Listado histórico de académicos numerarios RAGBA.
  4. Membros da Academia RAG.
  5. "Chamoso Lamas, Manuel" Biblioteca Nacional de España
  6. Manuel Chamoso Lamas en Dialnet.
  7. Itinerario monumental y artístico de Galicia imaxe da portada.
  8. Compilación póstuma. Imaxe da portada

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Centro de Estudos Chamoso Lamas do Carballiño.

Ligazóns externas

16 de maio

O 16 de maio é o 136º día do ano do calendario gregoriano e o 137º nos anos bisestos. Quedan 229 días para finalizar o ano.

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

24 de abril

O 24 de abril é o 114º día do ano do calendario gregoriano e o 115º nos anos bisestos. Quedan 251 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Castelo de Ribadavia

O castelo de Ribadavia son as ruínas do que foi o castelo e residencia dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son os restos dun castelo de grandes dimensións que foi escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Chamoso

O topónimo Chamoso pode referirse a:

San Cristovo de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

San Bartolomeu de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

Santo André de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

Chamoso, lugar da parroquia de Paradela, no concello do Corgo.

Chamoso, lugar da parroquia de Fene, no concello de Fene.

Chamoso, lugar da parroquia de Perlío, no concello de Fene.

Chamoso, lugar da parroquia de Parada de Sil, no concello de Parada de Sil.

río Chamoso, afluente do río Miño;

praia de Chamoso, areal da parroquia de San Martiño de Porto (Cabanas).Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego (1909-1985).

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

IES Manuel Chamoso Lamas

O Instituto de Ensinanza Secundaria Manuel Chamoso Lamas é un centro de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia do Carballiño. Está situado en Mesego, a carón da antiga estrada N-541.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Mesego, O Carballiño

Santa María de Mesego é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes, deles 173 eran homes e 197 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Moldes, Boborás

San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.