Manuel Bragado

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.

Manuel Bragado Rodríguez
Manuelbragado
Nacemento14 de decembro de 1959 (59 anos)
 Vigo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
XénerosXornalismo
http://bretemas.gal

Traxectoria

É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesor[1].

Ten colaborado en distintos medios como por exemplo La Región ou Atlántico Diario e a partir de 2010 escribiu un artigo semanal para Faro de Vigo e é unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.

Galería de imaxes

Membros de ProLingua, como Fernández Paz, Manuel Bragado ou Docampo, despois dunha asemblea.
Membros de ProLingua, como Fernández Paz, Manuel Bragado ou Docampo, despois dunha asemblea. 
Ramón Rozas, Elena Gallego Abad e Manuel Bragado na presentación de O xogo de Babel, na Librería Paz de Pontevedra o 23/11/2017.
Ramón Rozas, Elena Gallego Abad e Manuel Bragado na presentación de O xogo de Babel, na Librería Paz de Pontevedra o 23/11/2017. 
Anxo González Guerra, Manuel Lourenzo González e Manuel Bragado na presentación de Ceiba de luz, no Ateneo de Pontevedra o 22/11/2017.
Anxo González Guerra, Manuel Lourenzo González e Manuel Bragado na presentación de Ceiba de luz, no Ateneo de Pontevedra o 22/11/2017. 

Notas

  1. Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia, no blog de Xerais o 12 de abril de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

14 de decembro

O 14 de decembro é o 348º día do ano do calendario gregoriano e o 349º nos anos bisestos. Quedan 17 días para finalizar o ano.

Aldea

Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.

Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza:

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país. Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara as cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.

Alfonso García Sanmartín

Alfonso García Sanmartín, é un editor galego responsábel de Rodeira-Edebé. Foi durante dous mandatos bianuais presidente da Asociación Galega de Editores, entrando en 2006 en substitución de Fabiola Sotelo e deixándoo en 2010, cando foi relevado no seu posto polo vigués Manuel Bragado.

En 2011 exercía como profesor de Bacharelato no Colexio Fogar de Santa Margarida.

Amador Montenegro

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e falecido en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Asociación Galega de Editoras

A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial dos editores galegos. En 2016 constaba de 35 empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en Galicia), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.

Os seus últimos presidentes foron Manuel Bragado, Laura Rodríguez e, dende maio de 2016, Xosé Ballesteros, en cuxo equipo de dirección se integran a propia ex-presidenta Rodríguez ou editores como Henrique Alvarellos David Cortizo, María Xesús Gómez, Ana Guerra, Fran Alonso e Xulio Amigo.

Bernardo González del Valle

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya, integrado en 2004 no Grupo Lagardère.

Manuel Lourenzo González

Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Lourenzo,de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.

Manuel Lourenzo González, nado en Paredes, Vilaboa, o 3 de marzo 1955, é un profesor e escritor galego.

Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015, foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero.

Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 682 habitantes (346 homes e 336 mulleres). Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Nicolás Taboada Leal

Nicolás Taboada Leal, nado en Viveiro en 1798 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1883 foi un médico, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo.

Palmira González Boullosa

Palmira González Boullosa, nada en Vigo en 1941, e falecida o 9 de febreiro de 2017, foi unha escritora galega.

Premios Fervenzas Literarias

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións.

Serafín Avendaño

Serafín Xoaquín Avendaño Martínez, nado en Vigo en 1838 e finado en Valladolid o 23 de agosto de 1916, foi un pintor galego.

Xosé Manuel Pereiro

Xosé Manuel Pereiro Sánchez, nado en Monforte de Lemos en 1956, é un xornalista galego.

Ángel de Lema Marina

Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.