Manteiga

A manteiga é a emulsión de auga en graxa obtida como resultado do desoro, lavado e amasado dos conglomerados de glóbulos graxos que se forman polo batido da crema de leite e apta para consumo, con ou sen maduración biolóxica producida por bacterias específicas.

É un alimento moi graxo, rico en graxas saturadas, colesterol e calorías, polo que é recomendable para deportistas ou persoas que requiran un importante consumo enerxético. Ademais non é un alimento que estea rifado cunha dieta sa e equilibrada e é moi doada de dixerir a pesar do seu contido graxo.

Manteiga
Švédský koláč naruby 904 (cropped)
Valor nutricional por 1 US Tbsp (14.2g)
Enerxía101.8 kcal (426 kJ)
0.01 g
Azucres0.01 g
11.52 g
Saturadas7.294 g
Trans0.465 g
Monoinsaturadas2.985 g
Poliinsaturadas0.432 g
0.12 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
12%
97.1 μg
Vitamina A355 IU
Vitamina B12
1%
0.024 μg
Vitamina E
2%
0.33 mg
Vitamina K
1%
0.99 μg
Outros constituíntesCantidade
Colesterol30.5 mg

USDA 01145, manteiga sen sal.
A porcentaxe de graxa pode variar.
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Tipos

Museo Liste, Vigo, manteigueiro
Manteigueiro no Museo Liste.

Existen varios tipos de manteiga, pero pódense distinguir basicamente dous:

  • Manteiga ácida: antes da acidificación da crema
  • Manteiga doce: trala acidificación da crema (esta é a tradicional).

Ademais pódeselle engadir sal ou non, obtendo mantiga salgada ou doce segundo o caso (a salgada consérvase mellor). E, por suposto, pódese elaborar a partir do leite de moitos animais, sendo os máis correntes en occidente a manteiga de ovella, vaca ou cabra (como curiosidade, non é posible obter manteiga do leite de camelo).

Non é complicado elaborar manteiga caseira, pero si moi laborioso. Unha vez separada a crema do leite pódese proceder a batela cunha culler ou espátula de madeira de arriba a abaixo, aínda que tamén se pode usar unha batedora. O aspecto final adoita darse cun molde de manteiga que lle dá un aspecto máis atractivo de cara ós consumidores.

Véxase tamén

Outros artigos

A manteiga na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da manteiga na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Almorzo

O almorzo é unha comida, xeralmente liviá, tomada comunmente na mañá. O nome deriva do concepto de comezar a comer, en latín admorsu. Noutros idiomas, como o alemán (frühstück) ou o xaponés (asa-gohan), o seu nome adoita significar simplemente "comida da mañá".

Os alimentos presentados no almorzo varían en cada cultura. En Occidente son populares os almorzos doces, con café ou cereais (xeralmente con leite).

Cacahuete

O cacahuete (Arachis hypogaea), é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos frutos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.

Caldas de Reis

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense.

Caroteno

Os carotenos (do latín carota, cenoria) son un grupo de terpenos coa fórmula C40Hx, que sintetizan as plantas pero non os animais. Os carotenos funcionan como pigmentos fotosintéticos. Os carotenos son xeralmente de cor laranxa e danlle cor ás cenorias e a moitas froitas e vexetais (batatas e variedades de melón de carne amarela-alaranxada, e nas follas secas). En baixas concentracións danlle unha cor amarela á nata e manteiga cando está presente no alimento das vacas. As especies omnívoras, que transforman en pequena cantidade os carotenoides da dieta en retinoides incoloros, teñen graxas amarelas como resultado da retención dos carotenoides, como sucede coas graxas dos polos.

Os carotenos contribúen á fotosíntese transmitindo a enerxía da luz que absorben ás clorofilas. Tamén protexen os tecidos das plantas axudando a absorber a enerxía do osíxeno singulete, unha forma excitada do osíxeno molecular O2, que se forma durante a fotosíntese.

O β-caroteno componse de dous grupos retinil cíclicos, e degrádase na mucosa do intestino delgado humano pola β-caroteno 15,15'-monooxixenase a retinal, unha forma de vitamina A. O β-caroteno pode almacenarse no fígado e nas graxas do tecido adiposo e convértese en retinal (unha forma da vitamina A para humanos) segundo as necesidades. Os carotenos α-caroteno e γ-caroteno, debido a que teñen só un grupo retinil (anel de beta-ionona), tamén teñen algunha actividade de vitamina A (pero menor ca do β-caroteno), como tamén a xantofila β-criptoxantina. Todos os demais carotenoides, incluído o licopeno, non teñen o anel beta e por iso non teñen actividade de vitamina A (aínda que poden ter actividade antioxidante).

As especies animais difiren moito na súa capacidade de converter o grupo retinil (beta-ionona) contido nos carotenoides a retinal. Os carnívoros en xeral apenas converten os carotenoides da dieta. Os carnívoros puros como os furóns non teñen β-caroteno 15,15'-monooxixenase e non poden converter ningún carotenoide a retinal, polo que os carotenos non son unha fonte de vitamina A para eles; entanto que os gatos poden converter trazas de β-caroteno a retinol, aínda que esas cantidades son insuficientes para as súas necesidades de retinol.O caroteno utilízase tamén como un aditivo alimentario, que funciona como colorante en zumes, pasteis, sobremesas, manteiga e margarina. Está aprobado o seu uso como aditivo tanto na Unión Europea (co número de código E160a) coma en Australia e Nova Celanda (código 160a) e nos EEUU.

Chocolate

O chocolate (náhuatl xocolatl) é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos. O chocolate atópase en moitas sobremesas así como na repostaría, galletas, bolos, sorbetes, tortas, bebidas.

Empanada

Unha empanada ou bola é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.

Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.

A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).

Luís Manteiga

Luís Manuel Antonio Manteiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 1949, foi un escritor galego.

Noz moscada

A noz moscada é o froito dun xénero de árbores perennifolios da familia das Myristicaceae, especialmente do xénero Myristica, procedente das Illas das Especias (na actualidade as Illas Molucas en Indonesia).

A noz é, en realidade, a semente da árbore, de forma lixeiramente ovoide, entre 20–30 mm de longo e 15-18 de ancho. Esta semente está cuberta por unha especie de cortiza seca tramada de cor avermellada denominada macis. Tamén se comercializan outros produtos derivados destas árbores, como os aceites esenciais extraídos das oleoresinas e a manteiga de noz.

O froito comercializado máis importante é a noz moscada da mirística, tamén chamada árbore da noz moscada, Myristica fragans, oriúnda das Illas Banda en Indonesia; tamén se cultiva no Caribe, en especial en Granada. Outras especies son a noz moscada papú Myristica argentea, de Nova Guinea e a noz Bombai Myristica malabarica, da India. Ambas se usan como sucedáneos dos produtos de M. fragans.

Partido Galego Social Demócrata

O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.

Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais.Con todo o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócratacristiana, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD

Produtos lácteos

Os lácteos, tamén chamados produtos lácteos, son o grupo de alimentos que está comprendido polo leite así como os seus derivados procesados (xeralmente fermentados). As plantas industriais que producen estes alimentos pertencen á industria láctea e caracterízanse pola manipulación dun produto altamente perecedoiro que debe ser vixiado e analizado correctamente durante todos os pasos dentro da cadea de frío ata a chegada ao consumidor.

O leite empregado maioritariamente na elaboración dos lácteos provén do leite de vaca, pero tamén pódese empregar outros tipos de leite procedente doutros mamíferos como as cabras, as ovellas e nalgúns países procedente da búfala, camela, iacs, eguas etc. Na actualidade a maior parte dos alimentos funcionais son elaborados a partir de produtos lácteos. O consumo de produtos lácteos experimentou dende a década dos 50 un considerable crecemento na demanda mundial que levou á industria a superar retos tecnolóxicos importantes.

Tixola

Unha tixola é un utensilio de cociña, empregado para fritir, xeralmente en aceite ou manteiga.

O aparello consiste nun recipente metálico de bordos baixos e abertos suxeito a un mango, xeralmente plástico (baquelita). Actualmente adóitanse facer con teflón antiadherente, que facilita moito a cocción ou fritura dos alimentos.

Recibe en galego outros nomes coma: fritideira, frixideira, sartaña ou tixela. A paella (ou paelleira) e o filloeiro (ou freixoeira) son tipos de tixolas.

Touciño

O touciño ( pronunciación ) ou lardo é a graxa que ten o porco debaixo da pel, particularmente a do abdome e a do lombo. O sinónimo lardo úsase especialmente para referirse ao touciño do xamón.

É un produto cárnico que comprende a epiderme e as capas de tecido adiposo que se encontran baixo dela, na derme. Fundido, obtense a manteiga de porco.

Ás veces está entrefebrado, é dicir, que ten febras de carne ou magro. Daquela adoita chamarse touciño entrefebrado, bacon, ou beicon..

É un alimento de gran valor enerxético, unhas 9 kcal/g (37,7 kJ/g).

Vitamina A

A vitamina A é unha vitamina liposoluble, presente en forma de provitamina en certos vexetais e certos produtos animais (especialmente, fígado, ovos e produtos lácteos), necesaria para a formación e mantemento dos tecidos epiteliais (especialmente, da retina) e o desenvolvemento normal do tecido óseo, ademais doutras funcións fisiolóxicas.

Desde o punto de vista químico é un alcohol de fórmula C20H30O, chamado tecnicamente retinol (nome que debe ó seu efecto sobre a retina do ollo). Realmente, o que denominamos vitamina A é un conxunto ou familia de substancias químicas con acción vitamínica A (retinol, retinal e ácido retinoico), chamadas formas activas, e outro tipo de substancias que son precursoras daquelas, chamadas provitaminas. As formas activas máis coñecidas son os isómeros 11-cis-retinal, o trans-retinal e o ácido 9-cis-retinoico.

Nos alimentos está presente sempre en forma de vitamina preformada ou de provitamina que, no noso organismo, se transformarán en vitamina.

Nos alimentos de orixe animal (fígado, ovos e produtos lácteos, como dixemos) está en forma de ésteres do retinol.

Nos alimentos de orixe vexetal (cenorias, espinacas etc.) está en forma de carotenoides, sobre todo como β-caroteno. O metabolismo destas substancias pode dar lugar, segundo a fonte e o mecanismo químico de transformación –hidrólise ou oxidación-, a retinol, a retinal (tamén chamado retineno, retinaldehido ou aldehido de vitamina A) ou a ácido retinoico.A vitamina A foi a primeira vitamina descuberta, en 1913. Os investigadores Elmer McCallum e Marguerite Davis, da Universidad de Wisconsin-Madison, conseguiron demostrar que, para conseguir un crecemento normal en ratas, era necesario suplementa-la dieta experimental (formulada con principios inmediatos puros) cun “factor liposoluble A”, que achegaban engadindo manteiga ou aceite de fígado de bacallau, e un “factor liposoluble B”, que achegaban con sementes de trigo. Descoñecendo completamente a posible composición dos nutrintes que puideran conter eses suplementos, escolleron as primeiras letras do alfabeto para nomealos.

Fue sintetizada no laboratorio en 1947 polos químicos holandeses David Adriaan van Dorp e Jozef Ferdinand Arens.

A efectos de análises de alimentos ou de necesidades recomendadas na dieta (RDA, Recomendated Dietary Allowances), a actividade vitamínica A medíase en Unidades Internacionais (UI), pero úsase o Equivalente Retinol (ER) tendo en conta que o retinol absórbese mellor e ten máis actividade que os carotenoides. Así, 1 ER equivale a 1 μg de retinol, a 12 μg de beta-caroteno ou a 24 μg doutros carotenoides.. A correspondencia sería de 1 ER = 3,3 UI de vitamina A, ou 1 UI = 0,33 ER.

Xosé Manteiga Pedrares

Xosé Manteiga Pedrares, nado en Aro (Negreira) o 3 de febreiro de 1934 e finado en Santa Comba o 23 de abril de 2012, foi un catedrático, filósofo e político galego.

Ácido hexanoico

O ácido hexanoico, tamén chamado ácido caproico, é o ácido carboxílico derivado do hexano coa fórmula xeral C5H11COOH. É un líquido oleoso incoloro cun cheiro a graxa, queixo e cera, que lembra o cheiro das cabras ou outros animais similares. É un ácido graxo que se encontra de forma natural en varias graxas animais e aceites, e é un dos compostos químicos que orixina o cheiro desagradable característico da cuberta carnosa que se descompón das sementes da árbore Ginkgo biloba. Tamén é un dos compoñentes da vainilla. O uso principal do ácido hexanoico é a produción de ésteres de aromas artificiais, e na fabricación de hexil derivados, como os hexilfenois.Os sales e ésteres deste ácido denomínanse hexanoatos ou caproatos.

Non se deben confundir con este outros dous ácidos con nomes procedentes de cabra, como son o ácido caprílico (C8) e o cáprico (C10). Estes dous ácidos, xunto co hexanoico supoñen o 15% das graxas do leite de cabra.

Os ácidos caproico, caprílico e cáprico úsanse na formación de ésteres e tamén como compoñente de aromas de: manteiga, leite, nata, amorodos, pan, cervexa, noces, e outros.

Ácido mirístico

O ácido mirístico (ou ácido tetradecanoico) é un ácido graxo saturado moi común coa fórmula molecular CH3(CH2)12COOH. Un miristato é un sal ou éster do ácido mirístico.

O ácido mirístico recibe o seu nome do nome científico da noz moscada (Myristica fragrans). A manteiga de noz moscada é nun 75% trimiristina, o triglicérido formado por glicerina e tres ácidos mirísticos. Ademais de na noz moscada, o ácido mirístico atópase no aceite de sementes de palma, aceite de coco, manteiga (do leite) e é un compoñente menor de moitas outras graxas. Tamén se encontra no espermaceti, a fracción cristalizada do aceite de esperma de balea.

Na célula o ácido mirístico con frecuencia engádese cotraducionalmente á penúltima glicina do extremo N-terminal de quinases asociadas a receptores para conferirlle ao encima "localización de membrana" (o encima queda asociado á membrana). Esta adición denomínase miristoilación. O ácido mirístico ten unha hidrofobicidade dabondo alta como para ser incorporado á zona de ácidos graxos dos fosfolípidos da bicapa lipídica das membranas da célula eucariótica. Deste modo o ácido mirístico actúa como lípido áncora nas biomembranas.

É un compoñente de xabóns e cosméticos. O éster isopropil miristato utilízase en cosmética e preparacións medicinais tópicas cando se procura unha boa absorción a través da pel.

A redución do ácido mirístico rende miristil aldehido (tetradecanal) e o alcohol miristílico.

Ácido vaccénico

O ácido vaccénico (do latín vacca, vaca) é un ácido graxo omega-7. É un ácido graxo trans natural, que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos como leite, manteiga, e iogur. Tamén é o ácido graxo trans predominante do leite humano.O seu nome IUPAC é ácido (E)-11-octadecenoico, e a súa denominación abreviada é 18:1 trans-11.Foi descuberto en 1928 en graxas animais e na manteiga. É o principal isómero de ácido graxo trans das graxas lácteas.

Os mamíferos convérteno en ácido ruménico, un ácido linolénico conxugado,

con posibles propiedades anticanceríxenas.O estereoisómero, ácido cis-vaccénico (ou ácido (Z)-11-octadecenoico, ou 18:1 cis-11), é un ácido graxo omega-7 que se encontra no aceite da planta elaeagnácea Hippophae rhamnoides.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.