Mansilla de las Mulas

Mansilla de las Mulas é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 1.950 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°29′51″N 5°24′59″O / 42.49750, -5.41639

Recinto Amurallado de Mansilla de las Mulas
Restos das murallas que cercaban Mansilla

Localidades

  • Mansilla de las Mulas
  • Mansilla del Esla
  • Villomar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Estradas nacionais de España

As estradas nacionais de España son vías de titularidade estatal, xestionadas polo Ministerio de Fomento, e conforman a rede de estradas do estado.

Lingua leonesa

O leonés (llionés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do dominio lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano, o dominio tradicionalmente tamén recibe simplemente o nome de leonés . Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio , e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Hector Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte das provincias españolas de León e Zamora.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.