Manganeso

O manganeso é un elemento químico de número atómico 25 e símbolo Mn. Está situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos e pertence ó grupo dos metais de transición.

Manganeso
Manganese electrolytic and 1cm3 cube
-
  Lattice body centered cubic.svg
 
25
Mn
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Mn
Tc
CromoManganesoFerro
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Manganeso, Mn, 25
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 7, 4, d
Densidade 7470 kg/m3
Aparencia Prateado
Propiedades atómicas
Masa atómica 54,938044(3)[1] u
Raio medio 140 pm
Raio atómico (calc) 161 pm
Raio covalente 139 pm
Configuración electrónica [Ar]3d54s2
Estado(s) de oxidación 7,6,4,2,3
Óxido ácido forte
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido
Punto de fusión 1517 K
Punto de ebulición 2235 K
Entalpía de vaporización 226 kJ/mol
Entalpía de fusión 12,05 kJ/mol
Presión de vapor 121
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,55
Calor específica 480 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 0,695 × 106 S/m
Condutividade térmica 7,82 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 717,3 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1509 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3248 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 4940 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
52MnSint.5,591 dε4,71252Cr
53MnSint.3,74 × 106 aε0,59753Cr
54MnSint.312,3 dε
β-
1,377
0,697
54Cr
54Fe
55Mn100%estable con 30 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

O manganeso é un metal de transición branco agrisado, semellante ao ferro. É un metal duro e moi fráxil, refractario e facilmente oxidable. O manganeso metal pode ser ferromagnético, pero só despois de sufrir un tratamento especial.

Os seus estados de oxidación más comúns son +2, +3, +4, +6 e +7, aínda que se atoparon dende +1 a +7; os compostos nos que o manganeso presenta estado de oxidación +7 son axentes oxidantes moi enérxicos. Dentro dos sistemas biolóxicos, o catión Mn+2 compite frecuentemente co Mg+2. Emprégase sobre todo aleado con ferro en aceiros e noutras aliaxes.

Historia

Chegouse a atopar dióxido de manganeso, MnO2, en pinturas rupestres (dando unha cor negra). Tamén se utilizaron ao longo da historia, por exemplo polos exipcios e os romanos, compostos de manganeso para decolorar o vidro ou ben darlle cor. Así mesmo, atopouse manganeso na minas de ferro utilizadas polos espartanos, e pénsase que talvez sexa debido a isto a especial dureza dos seus aceiros.

No século XVII, o químico alemán Glauber, produciu por primeira vez permanganato, un reactivo de laboratorio bastante empregado. A mediados do século XVIII, o dióxido de manganeso empregouse para a produción de cloro. O químico sueco Scheele foi o primeiro que descubriu que o manganeso era un elemento, pero foi Johan Gottlieb Gahn quen o illou por redución do dióxido con carbono.

A principios do século XIX comezouse a probar o manganeso en aliaxes de aceiro, e en 1816 comprobouse que endurecía ao aceiro sen facelo máis fráxil.

Papel biolóxico

O manganeso é un oligoelemento, sendo considerado un elemento químico esencial para tódalas formas de vida. Está comprobado que ten un papel tanto estrutural como encimático, atopándose presente en distintas encimas.

Abundancia e obtención

É o duodécimo elemento máis abundante na codia terrestre e atópase amplamente distribuído. Atópase en centos de minerais aínda que só ao redor dunha ducia deles teñen interese industrial. Entre estes minerais destacan a pirolusita (MnO2), a psilomelana (MnO2·H2O), a manganita (MnO(OH)), a braunita (3Mn2O3·MnSiO3) ou a rodonita (MnSiO3) entre outros. Tamén se ten atopado en nódulos mariños, onde o contido en manganeso oscila entre un 15 e un 30%.

Os países cos maiores xacementos de minerais de manganeso son Suráfrica, Ucraína, Bolivia e China. O metal obtense por redución dos óxidos con aluminio, e o ferromanganeso obtense tamén reducindo os óxidos de ferro e manganeso con carbono.

Precaucións

O manganeso é un elemento esencial, sendo necesario unha achega de entre 1 a 5 mg por día, cantidade que se consegue a través dos alimentos. Pola contra o manganeso en exceso é tóxico, xa que exposicións prolongadas a compostos de manganeso, de forma inhalada ou oral, poden provocar efectos adversos no sistema nervioso, respiratorio e outros.

Notas

  1. CIAAW

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Aceiro

O termo aceiro serve comunmente para denominar, en enxeñaría metalúrxica, a unha mestura de ferro cunha cantidade de carbono variable entre o 0,008 % e o 2,11 % en masa da súa composición, dependendo do grao. Se a aliaxe posúe unha concentración de carbono maior do 1,8 %, prodúcense fundicións que, en oposición ao aceiro, son moito máis fráxiles e non é posible forxalas, senón que teñen que ser moldeadas.

Non se debe confundir o aceiro co ferro, que é un metal duro e relativamente dúctil, con diámetro atómico (dA) de 2,48 Å, con temperatura de fusión de 1535 °C e punto de ebulición 2740 °C. Pola súa banda, o carbono é un non metal de diámetro menor (dA = 1,54 Å), brando e fráxil na maioría das súas formas alotrópicas (excepto na forma de diamante). A difusión deste elemento na estrutura cristalina do anterior lógrase grazas á diferenza en diámetros atómicos, formándose un composto intersticial.

A diferenza principal entre o ferro e o aceiro áchase na porcentaxe do carbono: o aceiro é ferro cunha porcentaxe de carbono de entre o 0,03 % e o 1,075 %; a partir desta porcentaxe considéranse outras aliaxes con ferro.

Cabe destacar que o aceiro posúe diferentes constituíntes segundo a súa temperatura, concretamente, de maior a menor dureza, perlita, cementita e ferrita; ademais da austenita (para maior información consultar o artigo Diagrama ferro-carbono).

O aceiro conserva as características metálicas do ferro en estado puro, pero a adición de carbono e doutros elementos tanto metálicos como non metálicos mellora as súas propiedades físico-químicas.

Existen moitos tipos de aceiro en función do elemento ou os elementos aleantes que estean presentes. A definición en porcentaxe de carbono corresponde aos aceiros ó carbono, nos cales este non metal é o único aleante, ou hai outros pero en menores concentracións. Outras composicións específicas reciben denominacións particulares en función de múltiples variables por exemplo os elementos que predominan na súa composición (aceiros ó silicio), da súa susceptibilidade a certos tratamentos (aceiros de cementación), dalgunha característica potenciada (aceiros inoxidables) e mesmo en función do seu uso (aceiros estruturais). Usualmente estas aliaxes de ferro englóbanse baixo a denominación xenérica de aceiros especiais, razón pola que aquí se adoptou a definición dos comúns ou "ao carbono" que ademais de ser os primeiros fabricados e os máis empregados, serviron de base para os demais. Esta gran variedade de aceiros levou a Siemens a definir o aceiro como «un composto de ferro e outra substancia que incrementa a súa resistencia».O aceiro é o material mais importante da nosa civilización e del están feitas a maior parte das ferramentas e máquinas.

Agadir

Agadir (en amazigh: Agadir, ⴰⴳⴰⴷⵉⵔ, "graneiro fortificado", e en árabe: اگادير‎) é unha cidade no suroeste de Marrocos, a carón do océano Atlántico. O nome da cidade vén dunha palabra bérber que significa cornixa. No ano 2003 tiña 720 000 habitantes. É o centro turístico e comercial dunha rexión rica en cobalto, manganeso e cinc. Ten porto e co aeroporto de Al Massira.

Amapá

O Amapá é un estado brasileiro situado na Rexión Norte. Ten como límites ó este o Océano Atlántico, ó sueste, sur e suroeste o estado do Pará, ó oeste o Suriname e a noroeste a Güiana Francesa. Non é un estado moi montañoso: en xeral as altitudes son inferiores ós 300 m.

Ata 1988 era un territorio do Brasil, co poucos representantes no Congreso Nacional, e que non elixía o seu gobernador. En 5 de outubro daquel ano, coa entrada en vigor da actual constitución brasileira, tornouse estado.

Arroz

O arroz ([aˈrɔθ]; en gran parte do territorio pronunciado con seseo como [aˈrɔs] (arrós)) é o gran da planta do arroz (Oryza sativa), unha planta da familia das gramíneas que alimenta máis da metade da poboación humana do mundo.

O arroz necesita de auga en abundancia e man de obra intensiva. Dáse ben mesmo en terreos moi inclinados e é costume, nos países do sueste asiático encontrárense socalcos onde se cultiva.

É o terceiro maior cultivo cerealista do mundo, só superado polo millo e o trigo.

Cereixa

A cereixa é o froito da cerdeira.

Cofactor

Un cofactor é xeralmente definido como un composto non proteico de baixo peso molecular que se une a unha proteína (xeralmente encimática) e requírese para a actividade biolóxica da proteína. Os cofactores considéranse moléculas distintas do substrato, que "axudan" na catálise encimática. Para unha discusión sobre a definición do termo véxase o segundo capítulo.

Os cofactores poden clasificarse segundo a súa natureza química en orgánicos e inorgánicos.

Os inorgánicos son:ións metálicos , como os ións ferro, cobre, magnesio, manganeso, cinc, cobalto, molibdeno, selenio, etc.

grupos ferrosulfurados .Os orgánicos son os coencimas, que poden ser:vitamínicos (vitaminas ou que conteñen na súa estrutura vitaminas), como: vitamina C , biotina , coencima A , NAD+ e NADP+ , FAD, FMN , pirofosfato de tiamina etc.

non vitamínicos, como: ATP , S-adenosilmetionina , coencima B , coencima Q , glutatión , hemo etc.Tamén se poden clasificar segundo a forza con que se unan á proteína en: grupos prostéticos, unidos de forma forte e permanente, e coencimas, unidos máis feblemente. Pero é importante salientar que non hai unha clara división entre unión "feble" e "forte" do cofactor co encima. De feito, moitos, como o NAD+ poden estar fortemente unidos nuns encimas e feblemente noutros.. Os cofactores fortemente unidos rexenéranse, en xeral, durante o mesmo ciclo de reacción, mentres que os que están feblemente unidos rexenéranse nunha reacción posterior catalizada por un encima diferente. Neste último caso, o cofactor podería tamén ser considerado un substrato ou cosubstrato.

Cando un encima require un cofactor, a parte proteica do encima (inactiva) chámase apoencima. O apoencima xunto co cofactor forma o holoencima, que é o encima completo activo.

Holoencima = Apoencima (proteína) + Cofactor (non proteico)Algúns encimas ou complexos encimáticos requiren máis dun cofactor. Por exemplo, o complexo multiencimático piruvato deshidroxenase require cinco cofactores inorgánicos e un ión metálico, que son: o pirofosfato de tiamina (TPP) unido feblemente, a lipoamida unida covalentemente, e o flavín adenín dinucleótido (FAD) unido covalentemente, e os cosubstratos nicotín adenín dinucleótido (NAD+) e coencima A (CoA), e un ión metálico (Mg2+).

Moitos cofactores orgánicos son vitaminas ou derivados delas. Moitos conteñen o nucleótido AMP como parte da súa estrutura, o que pode indicar unha orixe evolutiva común como parte de ribozimas nun primitivo "mundo de ARN", tal como propoñen algunhas teorías sobre a orixe da vida. Suxeriuse que a parte formada polo AMP funcionaría como unha especie de "asa" coa que o encima "agarraría" ao coencima para movelo entre diferentes centros catalíticos.

Cromo

O cromo é un elemento químico de número atómico 24 que se atopa no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cr. É un metal que se emprega especialmente en metalurxia.

Cuproníquel

O cuproníquel é unha aliaxe de cobre e níquel, propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros.

que pode tamén incorporar outros metais como ferro e manganeso.

Este metal pesado non ferroso no se corroe en áugoa de mar, xa que o seu potencial de eléctrodo é neutro con respecto á auga mariña. Debido a isto utilízase para tubaxes, intercambiadores de calor, aparatos de destilación e condensadores nos sistemas de auga de mar, así como para diversas ferramentas de uso mariño. Ás veces tamén se utiliza para propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros.

Pero o uso máis común desta aliaxe é para a cuñaxe de moitas moedas de circulación modernas de cor prateada, como as moedas de peso mexicano de $10, ou as do franco suízo (excepto a de 5 céntimos), o interior da moeda de 1 euro e o exterior da de dous euros, ou a moeda de US$ 0,05 (moeda de 5 centavos ou Nickel) do dólar de Estados Unidos.

A composición típica é de 75 % de cobre e 25 % de níquel, cunha cantidade mínima de manganeso.

No pasado, as moedas de prata foron substituídas polas de cuproníquel, por ser este metal moito máis económico que o níquel puro. A pesar de conter unha gran cantidade de cobre, a cor do cuproníquel é similar á da prata.

Cando se utiliza en termopares e resistores, o contido da aliaxe cambia: un 45 % de cobre e un 55 % de níquel.

Por outro lado, o monel é unha aliaxe de cobre e níquel que contén un 63 % do segundo.

Distrito Moroto

Moroto District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos ugandeses, o seu nome provén da súa cabeceira, Moroto.

Limita co Distrito Kaabong polo norte, coa República de Quenia polo leste, co Distrito Amudat polo sur, co Distrito Nakapiripirit polo suroeste, co Distrito Napak polo oeste e co Distrito Kotido polo noroeste. Atópase ao pé do Monte Moroto. A capital de Moroto atópase aproximadamente a 210 km, por estrada, ao nordeste de Mbale, a maior cidade máis próxima.O distrito forma parte da subrexión Karamoja canda: Distrito Abim, Distrito Amudat, Distrito Kaabong, Distrito Kotido, Distrito Nakapiripirit e Distrito Napak. No ano 2002, a poboación da rexión de Karamoja estimábase en 800.000 persoas.

O distrito consiste nunha chaira cuberta por unha sabana con algúns outeiros rochosos. Componse de tres condados: Bokora, Matheniko e Moroto. Está habitado polos karimojong, un grupo étnico distintivo e vivo, que vive habitualmente as súas tradicións.

A agricultura e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.

Recentemente, o cultivo de Jatropha está en voga, empregándose a súa semente para producir biocombustible.

A apicultura é outra actividade económica que está gañando popularidade.

O distrito é un centro de recursos minerais aínda por explotar. Hai sobre cincuenta minerais, así como pedras preciosas, diferentes na rexión de Karamoja. Destes, Moroto ten ouro, prata, cobre, ferro, titanio, manganeso, niobio, tantalita e cromo. Tamén hai mármore, mica, granate, pedra calcaria e asbestos.A poboación segundo o censo do ano 2002 estimábase, segundo se constituíu en xullo de 2010, en 77.250 persoas. Estímase que a poboación do ano 2010 é de 97.900, segundo segue a táboa.

Ión

Un ión consiste nun átomo ou grupo de átomos dotados de carga eléctrica. Un átomo ou unha molécula, de por si electricamente neutros, transfórmanse en ións cando gañan ou perden electróns. O proceso polo que un átomo ou unha molécula se transforman en ións recibe o nome xenérico de ionización. Ó proceso polo que os ións e os electróns se unen para formar átomos ou moléculas, especies electricamente neutras, recibe o nome de recombinación.

Os ións cargados negativamente, producidos pola ganancia de electróns, reciben o nome de anións e os cargados positivamente, consecuencia dunha perda de electróns, reciben o nome de catións.

Os ións represéntanse da mesma forma que os átomos ou moléculas, pero coa presenza dun expoñente que indica a carga eléctrica neta. Fe3+; OH− representan o ión ferro (III) e o ión hidróxido.

Metal pesado

Desígnanse co nome xenérico de metais pesados algúns elementos metálicos presentes na natureza, de densidade relativamente alta, e que poden presentar toxicidade para os organismos vivos, entre eles para o ser humano, especialmente por ser bioacumulativos.

Trátase, normalmente, de elementos comprendidos entre o cobre e o chumbo na táboa periódica dos elementos, cunha densidade maior de 4 ou 4,5 g/cm3, pero hainos de menor densidade mentres que outros metais, máis densos, non se inclúen neste grupo ó non seren tóxicos. Mesmo os hai que cumpren algunha función biolóxica e cualifícanse, por tal razón, como nutrientes esenciais, pero que a determinadas concentracións poden resultar tóxicos nalgunha das súas formas (como níquel, manganeso ou cobre); outros non teñen misión biolóxica coñecida (como o cadmio, mercurio, chumbo). Algún elemento incluído entre os metais pesados, coma o arsénico ou o selenio, non son realmente metais.

A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas medioambientais, debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos alimentos, problemas de saúde pública entre os consumidores.

O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A IUPAC (Unión internacional de química pura e aplicada, International Union of Pure and Applied Chemistry) considera que este termo é "sen sentido e enganoso" [1] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos. Neste sentido, un exemplo claro é a practicamente nula toxicidade do mercurio fronte á elevada toxicidade do metilmercurio, a súa forma orgánica máis perigosa.

Mineral (nutriente)

No contexto da nutrición, un mineral é un elemento químico requirido polos organismos como un nutriente esencial para realizar as funcións necesarias para a vida. Porén, os catro elementos estruturais principais no corpo humano por peso (osíxeno, hidróxeno, carbono e nitróxeno), polo xeral non se inclúen nas listas dos principais nutrientes minerais (o nitróxeno considérase un "mineral" para as plantas, xa que a miúdo inclúese en fertilizantes). Estes catro elementos compoñen aproximadamente o 96% do peso do corpo humano, e os minerais principais (macrominerais) e os minerais menores (tamén chamados elementos traza) compoñen o resto.

Os minerais, como elementos, non poden ser sintetizados bioquímicamente por organismos vivos. As plantas obteñen minerais do chan. A maioría dos minerais nunha dieta humana proveñen de comer plantas e animais ou de beber auga. Como grupo, os minerais son un dos catro grupos de nutrientes esenciais, sendo os outros as vitaminas, os ácidos graxos esenciais e aminoácidos esenciais. Os cinco minerais principais no corpo humano son calcio, fósforo, potasio, sodio e magnesio. Todos os elementos restantes nun corpo humano chámanse "elementos traza". Os oligoelementos que teñen unha función bioquímica específica no corpo humano son xofre, ferro, cloro, cobalto, cobre, cinc, manganeso, molibdeno, iodo e selenio.

Moedas da coroa checoslovaca (1953)

Trala reforma monetaria de 1953 introduciuse no país unha nova serie de moedas da coroa checoslovaca. As primeiras moedas foron emitidas con valores faciais de 1, 3, 5, 10, 25 h - os valores faciais de 1, 3 e 5 Kčs só existían coma papel moeda (billetes estatais). As moedas fraccionarias (haler) datadas de 1953 foron todas cuñadas en Leningrado. Os billetes estatais 1, 3 e 5 Kčs foron substituídos por moedas en 1957, 1965 e 1966, respectivamente. A moeda de 50 h apareceu en 1963. En 1972, as moedas de 25 h e de 3 koruny foron retiradas, e ese mesmo ano e no lugar das moedas retiradas, foron introducidas (como parte dunha nova serie) as moedas de 20 h e 2 Kčs. A moeda de 3 h foi retirada en 1976. Unha serie de moedas haler redeseñadas foi posta en circulación durante os anos 1970. As moedas de 10 korun foron introducidas en 1990.Ata 1960 usouse nas moedas a inscrición: "REPUBLIKA ČESKOSLOVENSKÁ" xunto co escudo de armas da república. As cuñaxes a partir de 1961 levaron o novo escudo de armas socialista xunto coa inscrición: "ČESKOSLOVENSKÁ SOCIALISTICKÁ REPUBLIKA".

Molucas

As illas Molucas (Maluku) son unha provincia de Indonesia, sendo a súa cidade principal Ambón, situada nunha pequena illa do mesmo nome.O nome de Molucas provén dunha corrupción do portugués Malucas, ou sexa illas tolas, debido ás confusións que orixinaba a navegación ao redor deste arquipélago por iso na cartografía da época sinaláronse como "Ilhas Malucas".Como se comproba en textos españois da época o nome aparece en moitos textos como Malucos ou Malucas indistintamente. Por exemplo na carta en que o rei pide a Urdaneta que organice unha expedición.

Felipe II determinou que había que explorar a ruta desde México ás illas Molucas e encargou da expedición de 2 naves. O rei encargou a Luís de Velasco, segundo vicerrei de Nova España, e ao frade agostiño Andrés de Urdaneta, que era familiar de López de Legazpi, que xa viaxara por eses mares, a expedición. A carta na que o rei pide a Urdaneta que se some á expedición di así:

Estas illas, tamén coñecidas como as Illas das Especias, ocupan unha importante rexión xeográfica entre Indonesia e as Illas de Nova Guinea, Melanesia e Micronesia e Polinesia.

Desde 1950 ata 1999 todas as illas Molucas eran unha soa provincia de Indonesia, pero en 1999 a parte norte (Maluku Utara) separouse do resto das Molucas (que manterían o nome Maluku).

As principais illas da provincia de Maluku Utara son:

Ternate

Bacan

Halmahera

Morotai

Illas Obi

Illas Sula

TidoreAs principais illas da provincia de Maluku son:

Ambón

Aru

Illas Babar

Illas Banda

Buru

Illas Kai

Kisar

Illas Leti

Ceram

Illas Tanimbar

WetarAtópanse situadas no coñecido cinto de lume do Pacífico, polo que son frecuentemente afectadas por movementos sísmicos.

Estas illas fixéronse famosas durante os séculos XV e XVI, cando portugueses, españois, ingleses e holandeses, libraron batallas para controlalas, debido a que delas se obtiñan as tan prezadas especias que necesitaba Europa.

A súa economía baséase nos produtos do mar, pero tamén contribúen a explotación do níquel e o manganeso, o aceite e a madeira.

Outro dos sostenes da súa economía é o turismo, aínda que se viu fortemente entorpecido por unha guerra civil e relixiosa que se desatou en 1998 entre cristiáns e musulmáns, con gran cantidade de mortos en masacres, que provocou a intervención da comunidade mundial no ano 2000.

A súa flora e a súa fauna é moi similar á atopada en Nova Guinea ou Australia: marsupiais como o canguro e fermosas e coloridas aves. Afortunadamente grandes áreas das illas foron declaradas reservas naturais.

A forma máis común de chegar ás illas é por vía aérea e a comunicación entre as illas faise maiormente por mar. Esta provincia conta con 25 aeroportos e 79 portos, aínda que soamente con 4 km de camiños.

Número atómico

O número atómico é o número enteiro positivo que designa o número de protóns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra Z. Este número é característico de cada elemento químico e representa unha propiedade fundamental do átomo: a súa carga nuclear.

Nun átomo eléctricamente neutro (sen carga eléctrica neta), o número de electróns é igual ao de protóns. Así, o número atómico indica asemade o número de electróns dun átomo e define a súa configuración electrónica.

Oligoelemento

Os oligoelementos son elementos químicos esenciais para os seres vivos.

Adoitan atoparse en baixa concentración nos organismos, mais son esenciais nos procesos biolóxicos por seren fundamentais para a formación de enzimas e vitais para determinados procesos bioquímicos como a fotosíntese ou a dixestión.

Os oligoelementos son o ferro, cinc, cobre, manganeso, selenio, cromo, iodo, flúor, xofre e arsénico.

Olivina

A olivina (tamén chamada peridoto) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Mn)2·SiO4 (chamada forsterita se é de magnesio, fayalita se é de ferro e tefroíta se é de manganeso).

Pará

O Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte. Ten como límites o Suriname e o Estado do Amapá ao norte, o Océano Atlántico ao nordeste, o Maranhão ao leste, o Tocantins ao sueste, Mato Groso ao sur, o Amazonas ao oeste e o Estado de Roraima e a Güiana ao noroeste. Área: 1.253.164,5 km². A súa capital é Belém do Pará. As cidades máis importantes son Belém, Santarém, Marabá, Altamira, Castanhal e Abaetetuba.

Silicato

Os minerais silicatados ou simplemente silicatos constitúen a maior e mais importante clase de minerais constituíntes das rochas, como é o granito, a area ou a arxila. Representan o 75 % da codia terrestre. Tamén é empregado para a fabricación de vidro.

Están formados por silicio e máis osíxeno (SixOy). Tamén poden ter cantidades doutros minerais como aluminio, ferro, magnesio ou calcio.

Os minerais compostos de silicatos caracterízanse pola forma tetraédrica (SiO44) dos seus cristais. Os tetraedros poden formar cadeas, cadeas dobres, follas ou estruturas.

A unidade SiO44 ten cargas negativas, polo que son compensadas xeralmente pola presenza de ións de metais alcalino ou alcalinotérreos, así como outros metais tipo aluminio.

Se todos os átomos de osíxeno están compartidos, é dicir, a carga está neutralizada, obtense unha rede tridimensional denominada sílice ou dióxido de silicio, SiO2.

Nos aluminosilicatos un átomo de silicio é substituído por un de aluminio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.