Mamut

Un mamut[1] (do antigo ruso маммот, hoxe мамонт) é calquera das especies do extinto xénero Mammuthus, aínda que o mamut por excelencia é o mamut laúdo, Mammuthus primigenius, de cairos longos e curvados, e do que se chegaron a atopar varios exemplares sepultados no permafrost de Siberia.

Mamut
Rango fósil: Plioceno - Holoceno
Mamut columbino no Page Museum, dos Ánxeles

Mamut columbino no Page Museum, dos Ánxeles
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Mammuthus
Especie tipo
Mammuthus primigenius'
(Blumenbach, 1799 [orixinalmente Elephas])
Especies
  • M. subplanifrons
  • M. africanavus
  • M. meridionalis
  • M. trogontherii
  • M. columbi
  • M. exilis
  • M. primigenius
  • M. lamarmorae
  • M. creticus
  • M. rumanus
Sinonimia
  • Archidiskodon Pohling, 1888
  • Parelephas Osborn, 1924
  • Mammonteus
Woolly mammoth (Mammuthus primigenius) - Mauricio Antón
Mamut
Engraving of a mammoth on a slab of mammoth ivory, from the Upper Paleolithic Mal'ta deposits at Lake Baikal, Siberia
Placa cun mamut gravado, procedente de Malta (Museo do Hermitage, san Petersburgo)

Historia e características

As especies máis setentrionais, posuían unha cuberta de cabelo longo que os protexía dos fríos glaciares. Habitaban as rexións setentrionais de Europa, Asia , América do Norte e de América Central.

Os corpos de mamuts conxelados no xeo xeralmente mostran un bo grao de conservación e mesmo se alimentaron os cans dos buscadores coa súa carne. Existiron propostas de clonación de exemplares acabados de desconxelar co obxectivo de revivir esta especie.

Ademais da carne conxelada, encontráronse grandes cantidades de marfil en Siberia que foi utilizado como artigo de comercio durante moitos séculos.

É un erro común asumir que os mamuts eran criaturas moito máis grandes cós elefantes modernos, un erro que levou a utilizar a palabra mamut como adxectivo para describir algo moi grande. A especie coñecida máis grande, o Mamut Imperial de California, alcanzaba a altura de polo menos 4 metros ata a cruz (a mesma que o elefante africano máis grande coñecido). Porén, a maioría das especies de mamuts eran do tamaño do elefante moderno da India, e atopáronse fósiles de mamuts ananos na illa de Wrangel, ó leste da costa de Siberia. Os mamuts desapareceron de Europa hai 12.000 anos e un milenio despois fixérono en América do Norte. Hai 10.000 extinguiuse en Siberia, quedando só a poboación anana de Wrangel, que persistiu até arredor do ano 2.000 a.C. ou mesmo menos.

Os mamuts diverxeron dos elefantes asiáticos trala división dos elefantes africanos, o que significa que os mamuts estaban máis emparentados co elefante asiático que este último co elefante africano. Dado que hai un caso de entrecruzamento exitoso entre un elefante asiático e un africano, especúlase que se os mamuts existisen na actualidade, poderían entrecruzarse cos elefantes asiáticos aínda máis facilmente e esta especulación levou á idea de recrear a esta especie tomando seme conxelado de mamut e usándoo para fecundar unha elefanta. Ulteriores cruzamentos irían eliminando os caracteres propios do elefante asiático ata chegar a un mamut totalmente "reconstruído". Porén, até o momento no se atopou seme suficientemente intacto como para iniciar o experimento.

Os científicos continúan debatendo se os mamuts se extinguiron por factores climáticos ou por unha matanza levada a cabo por humanos.

Galicia

O único fósil de mamut descuberto en Galicia foi atopado no concello do Incio, o 2 de maio de 1961. Os restos atopáronse na localidade de Buxán, e foron estudados polos estudosos Isidro Parga Pondal, Uxío Torre Enciso e Emiliano Aguirre. Parga Pondal cedeu os restos ó museo de historia natural Luis Iglesias, da Universidade de Santiago de Compostela, que é quen ten a custodia.[2]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mamut.
  2. Rueda, Carlos (14 de novembro de 2013). "En la tumba olvidada del único mamut de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lister, A.; Bahn, P. (1994). Mammoths. Nova York: Macmillan.
  • Versini, A. (2004). Au temps des mammouths. París: Muséum national d'histoire naturelle. ISBN 2-85653-567-4.
  • Joger, U.; Kamcke, C. (2005). Mammut: Elefanten der Eiszeit. ISBN 3-938693-04-5.
  • Martin, P. (2005). Twilight of the mammoths: Ice Age extinctions and the rewilding of America. Berkeley: University of California Press.
  • Capelli, C.; et al. (2006). A nuclear DNA phylogeny of the woolly mammoth (Mammuthus primigenius). Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (2) 620–627.
  • Levy, S. (2006). Clashing with Titans. BioScience 56 (4) 292-298.
  • Lister, A.; Bahn, P. (2007). Mammoths: Giants of the Ice Age. University of California Press. ISBN 0-520-25319-1.

Ligazóns externas

Aquarium de Barcelona

O Aquarium de Barcelona (en catalán: Aquàrium) é un centro mariño lúdico e educativo situado no Port Vell da cidade de Barcelona, en Cataluña.

O complexo dispón de 35 acuarios diferentes que conteñen uns 11.000 animais pertencentes a 450 especies distintas. Dispón dun túnel submarino de 80 metros con máis de 100 persoas traballando nel. Tamén dispón de exposicións, cafetería, tenda, auditorio e outros servizos. Pertence ao Grupo Aspro.

Cairo (dente)

Un cairo ou cabeiro é un dente excepcionalmente longo de certos mamíferos que sobresae cando a boca está pechada. Usados para defenderse máis que para atacar, os cabeiros, que unha vez foron dentes normais, desenvolvéronse a través de procesos adaptativos-evolutivos, converténdose nun sinal de identidade para os animais que os posúen.

Algúns exemplos de mamíferos viventes con cabeiros son o elefante, o xabaril, o hipopótamo, a morsa e o narval, e entre os mamíferos extintos atópanse o mamut e o tigre dentes de sabre.

Os dentes que co tempo se converteron en cabeiros non son os mesmos en todas as especies de animais: no elefante trátase de dous incisivos superiores, no xabaril son os caninos inferiores, que son máis desenvolvidos nos machos adultos, no hipopótamo, por último, son os caninos superiores.

Os cabeiros empréganse para producir marfil, que se usa en decoración e en xoiaría, e antigamente utilizábanse tamén para elaborar outros artigos, como teclas de piano. Posto que os animais con cabeiros están en perigo de extinción (especialmente o elefante africano), o comercio co marfil está totalmente prohibido pola Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) das Nacións Unidas.

Casa de les Punxes

A Casa de les Punxes ou Casa Terrades é un edificio deseñado polo arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch. Encóntrase situada na Avinguda Diagonal da cidade de Barcelona (Cataluña).

Esvástica

A esvástica é un símbolo místico encontrado en moitas culturas en tempos distintos, dos indios hopi aos aztecas, dos celtas aos budistas, dos gregos aos hindús. Algúns autores cren que a esvástica ten un valor especial por ser encontrada en moitas culturas sen contactos unhas coas outras. A considerada a máis antiga representación dunha esvástica que se coñece apareceu nunha figuriña dunha ave realizada en almafí de mamut que se atopou en Ucraína e que data do ano 10.000 a.C aínda que publicacións detalladas desa escavación arqueolóxica non mencionan a aparición da esvástica

Extinción masiva do Holoceno

A extinción masiva do Holoceno é un nome dado á extinción sostida e xeneralizada de especies que ocorre no último período xeolóxico, o Holoceno. A extinción abrangue dende o mamut até o dodo, incluíndo incontables especies que desaparecen cada ano.

Mamut laúdo

O mamut laúdo ou mamut da tundra (Mammuthus primigenius) é unha especie de mamíferos proboscídeos da familia dos elefántidos. Coa súa cuberta de longo pelo enmarañado, era unha especie adaptada ao clima extremo da idade do xeo. O mamut laúdo tiña un tamaño similar ao do elefante medio actual. Atopáronse moitos ósos e cairos curvados, así como corpos enteiros conxelados, de exemplares desta especie de mamut, en Siberia, as illas do Ártico e en Norteamérica. O primeiro espécime completo deste animal descubriuse en 1806, preto da desembocadura do río Lena, en Siberia.

Marfil

O marfil, almafí, ou mesmo marfín (do árabe al-fil [الفيل] e este do persa pil, "elefante") segundo a Real Academia Galega é:

A etimoloxía alude aos dentes incisivos dos elefantes (mal denominados caíños ou cairos, e mesmo defensas) pero, na práctica, a palabra marfil aplícase tamén aos dentes doutros animais coma o mamut, a morsa, o cachalote ou o hipopótamo, de característica físicas similares ás dos incisivos do elefante.

Antes da aparición dos plásticos o marfil era moi usado como material para a fabricación das teclas dos pianos, bólas de billar, botóns e artigos ornamentais de xoiaría.

Emprégase o marfil para adorno de mobles e na construción de multitude de obxectos tales coma cepillos, peites, puños de bastóns ou caixas.

Museo do Mamut de Barcelona

O Museo do Mamut (en catalán: Museu del Mamut) é un museo paleontolóxico que se atopa en Barcelona e que contén unha exposición adicada ós animais da Idade do xeo. O museo conta cunha colección de esqueletos de mamuts recollidos en expedicións en América e Canadá, así como unha reprodución a escala real destes animais prehistóricos.

O Viso, O Incio

Santa Cristina do Viso é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 72 habitantes, deles 33 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Nesta parroquia está soterrado o poeta Lois Pereiro, e no lugar de Buxán atopouse o único fósil de Mamut en Galicia.[Cómpre referencia]

Parc de la Ciutadella

O Parc de la Ciutadella (en galego: Parque da Cidadela) foi durante moitos anos o único parque da cidade de Barcelona. Foi construído nos antigos terreos da fortaleza da cidade (de aí o seu nome Cidadela), a imaxe e semellanza do Xardín de Luxemburgo de París.

Está situado no barrio de Ciutat Vella, no triángulo comprendido entre a Estación de França, o Arco de Triunfo e a Vila Olímpica, entre o paseo Pujades, o paseo Picasso e a rúa Wellington. Dispón de dez accesos e ten unha extensión de 17,42 hectáreas, sen contar o Zoo de Barcelona.

No parque sitúase o antigo Arsenal da Ciutadella, sede actual do Parlamento de Cataluña.

Plaça Reial

A Plaça Reial (Praza Real) da cidade de Barcelona é unha praza pública de forma trapezoidal que linda con La Rambla e está situada no Barrio Gótico da cidade. Foi obra do arquitecto Daniel Molina.

Concibida como neoclasicista a mediados do século XIX sobre un tecido destruído da cidade, conta coa particularidade de que o seu ritmo clásico é subvertido, cambiando minimamente os espazos entre pilastras, para dar a impresión de que a praza é cuadrada. O arquitecto tamén tivo a sutileza de permitir a creación de pasaxes para conectar as rúas do tecido medieval que quedaran cortadas pola praza.

Antoni Gaudí deseñou uns farois para colocalos no medio da praza.

Plaça de Sant Jaume

A Plaça de Sant Jaume (en galego: Praza de San Xaime) é unha das principais e máis antigas e representativas prazas de Barcelona. Situada no centro da mesma, onde era o centro da antiga Barcino; nela atópanse o Palau de la Generalitat de Catalunya e a Casa de la Ciutat, sede do Concello de Barcelona.

Esta praza ten un gran valor histórico pero é relativamente recente xa que a súa orixe é de principios do século XIX, cando foi construída a nova fachada do Concello e derrubouse a antiga igrexa de Sant Jaume. É moi coñecida pola xente e ao ano van moitísimos turistas a visitala.

Plistoceno

O Plistoceno é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Divídese nas idades do Plistoceno inferior, Plistoceno medio e Plistoceno superior, da máis antiga á máis recente.

Portal de l'Àngel

A Avinguda del Portal de l'Àngel, coñecida simplemente como Portal de l'Àngel, é unha coñecida rúa comercial peonil do barrio Gótico de Barcelona. Une a plaça de Catalunya con outras rúas como Cucurulla ou Portaferrissa, entre outras.

É unha das principais rúas comerciais da cidade, cun gran número de tendas e edificios pertencentes a multinacionais e grandes corporacións. É a vía co alugueiro comercial máis elevado de España, por diante da Calle Preciados de Madrid.

Praia de El Bogatell

El Bogatell é unha praia do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona (España). Ten unha lonxitude de 600 metros e é unha das praias que adquiriu calidade ao recuperar a fachada marítima de Barcelona.

Pódese chegar facilmente en bicicleta, xa que conta cun carril bicil. Como equipamentos de ocio, hai unha mesa de ping-pong preto do espigón de El Bogatell.

Praia de La Nova Icària

La Nova Icària é unha praia situada no distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona (España). Ten unha lonxitude de 400 metros e está situada no centro do litoral de Barcelona. Xuntamente coa do Bogatell, é unha das máis tranquilas.

Ademais, é unha das praias con máis equipamentos de Barcelona e dispón de bastantes equipamentos para o ocio.

Praia de Llevant, Barcelona

A praia de Llevant é a praia creada máis recente da cidade de Barcelona (España). Está situada xunto á Nova Mar Bella e cunha lonxitude de 380 metros existe desde o verán do ano 2006. Creouse a partir da retirada do crebaondas de Prim e a construción da plataforma do que será o Zoo mariño.

Praia de Sant Sebastià

A Praia de Sant Sebastià é unha praia do barrio de La Barceloneta (Ciutat Vella) de Barcelona. É a praia situada máis a poñente e xuntamente coa praia da Barceloneta é a máis antiga e de maior tradición. É unha das praias máis grandes de Barcelona cunha lonxitude aproximada de 1.100 metros.

É unha das praias máis frecuentadas e conta cunha parada de metro bastante próxima, a estación de Barceloneta.

Torre de Collserola

A Torre de Collserola é unha torre de comunicacións situada no Pico da Vilana, preto do Tibidabo (serra de Collserola), no municipio de Barcelona.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.