Malo (santo)

San Malo (tamén coñecido como Maclou; en latín, como Maclovius ou Machutus; 27 de marzo de 520 - 15 de novembro de 621) foi, no século VI, o fundador da cidade de Saint-Malo, na Bretaña, Francia. É un dos sete santos fundadores da Bretaña.

Detalles da carreira de Malo presérvanse en tres historias medievais, que parecen incluír incidentes asociados com varias persoas diferentes de nomes semellantes. A pesar desa confusión, parece que Malo naceu por volta do ano 520, provabelmente no País de Gales.

O seu nome pode derivar de machlou, da lingua bretoa antiga, un composto de mach - "garantía, refén" - e lou (ou loh) - "brillante, bonito".[1]

Malo
Saint Malo
Nacemento27 de marzo de 487
 Sir Forgannwg
Falecemento15 de novembro de 565
 Archingeay
NacionalidadeGales e Bretaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
Saint brendan german manuscript
Crese que San Malo acompañou San Brandán nas súas viaxes.

Viaxes con San Brandán

Disque Malo foi bautizado por San Brandán, tornándose o seu discípulo favorito.[2] No entanto, existen serias dúbidas en canto á autenticidade deste período da súa vida. Puido ser un dos homes especialmente seleccionados polo santo para a súa viaxe.

Tradicionalmente, foi na Abadía Llancarfan onde San Brandán e o seu discípulo, Malo, con varios outros compañeiros, estabeleceron a descuberta da "Illa Benaventurada". Botouse logo ao mar nunha segunda viaxe e visitou a illa de Cézembre, fronte ao largo de Saint-Malo, onde permaneceu algún tempo. Supostamente, Maclovius era un xigante morto, que Brandán resucitou a través da súa santidade. Brandán bautizouno antes de permitirlle volver a ser morto.[3]

Notas

  1. Léon Fleuriot, Les Origines de la Bretagne, ed. Payot, 1982, p. 150 and 281.
  2. St. Machutus
  3. Ramsay, Raymond (1972). No Longer on the Map. New York: Viking Press. p. 81. ISBN 0-670-51433-0.

Véxase tamén

Outros artigos

Brandán

Brandán o Navegante (Ciarraight Luachra, Condado de Kerry, Irlanda, c. 484 – Enachduin, c. 578), en irlandés Breandán, ou Brendán, tamén chamado Brandano, Barandán ou Borondón, foi un dos grandes monxes evanxelizadores irlandeses do século VI. Abade do mosteiro de Clonfert (Galway, Irlanda) que fundou no 558 ou 564, foi protagonista dun dos relatos de viaxes medievais máis famosos da cultura gaélica medieval, relatado na Navigatio Sancti Brandani, unha obra que foi redactada contra os séculos X-XI. Foi un dos Doce Apóstolos de Irlanda.

A lenda de San Brandán e a súa viaxe ao paraíso vai influír sobre outros relatos haxiográficos difundidos por toda Europa occidental, como as narracións viaxeiras de San Malo na Bretaña ou Santo Amaro en Galiza..

Saint-Malo

Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.