Malaisia

Malaisia[2] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Malaisia
مليسيا
Bandeira de Malaisia
Escudo de Malaisia
BandeiraEscudo
Malaysia (orthographic projection)
Lema: «Bersekutu Bertambah Mutu»
(en malaio: ‘A unidade é a forza’)
Himno: Negaraku
Capital
 • Poboación
Kuala Lumpur
1 800 674 (2004)
Cidade máis poboadaKuala Lumpur
Linguas oficiaisMalaio
Forma de gobernoMonarquía constitucional
Rei
Primeiro ministro
Abdullah al-Haj
Mahathir Mohamad
Independencia do Reino Unido31 de agosto de 1957
SuperficiePosto 65º
 • Total329 750 km²
 • % auga0,3
Costas4 675 km
PoboaciónPosto 46º
 • Total (2007)24 385 858 hab.
 • Densidade69 hab./km²
PIB (nominal)Posto 37º
 • Total (2006)150 923 millóns de dólares[1]
 • per cápita5 718 dólares
PIB (PPA)Posto 33º
 • Total (2006)312 959 millóns de dólares
 • per cápita11 858 dólares
MoedaEinggit
IDH (2007)0,811 (63º) – Alto
Xentiliciomalaio/a, malaisiano/a[2]
Fuso horarioUTC+8
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.my
Prefixo telefónico+60
Prefixo radiofónico9MA-9MZ, 9WA-9WZ
Código ISO458 / MYS / MY
Membro de: Commonwealth, APEC, ASEAN, ONU

Historia

A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.

Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao Islam.

No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.

Política

Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).

Administración

A Malaisia é un federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):

Península Malaia (capitais entre parénteses):

Malaisia oriental:

Xeografía

My-map
Malaisia: península Malaia e Malaisia oriental.

Malaisia está composta por dúas rexións:

Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.

Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).

Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.

Economía

Artigo principal: Economía de Malaisia.

Os recursos principais do país son:

Demografía

Malaysia-demography
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.

O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.

Notas

  1. Banco Mundial (PIB nominal 2006)
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para malaisiano.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Cidades de Malaisia
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.my

.my é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Malaisia.

Bandeira de Malaisia

A bandeira de Malaisia, coñecida como Jalur Gemilang (gloriosas franxas) foi adoptada o 16 de setembro de 1963. O seu deseño é moi semellante á Bandeira dos Estados Unidos, aínda que probablemente non se pretendeu imitala senón lembrar a bandeira da Compañía Británica das Indias Orientais, na que parece que tamén se inspirou a norteamericana.

Borneo

Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km² ) ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra.

A illa está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur. Aproximadamente o 73% da illa é o territorio indonesio de Kalimantan. No norte, os estados malaisianos de Sabah e Sarawak, representan ao redor do 26% da illa. Ademais, o territorio federal de Malaisia de Labuan está situado nunha pequena illa fronte á costa de Borneo. O sultanato independente de Brunei, situado na costa norte, comprende ao redor de 1% da superficie terrestre de Borneo. Borneo é o fogar dunha das máis antigas selvas do mundo.

Chicago

Chicago é a terceira maior cidade dos Estados Unidos, localizada no estado de Illinois, na rexión dos Grandes Lagos. Ten unha poboación de 2 869 121 habitantes, cunha área metropolitana de máis de nove millóns de habitantes.

Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).

Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influente a finais do século XIX xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construír (ou reconstruír), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Petronas en Kuala Lumpur (Malaisia) era as Torres Sears, en Chicago.

Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.

Filipinas

A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das Illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo mar das Filipinas ó leste, mar das Celebes e mar de Sulu ó sur e mar da China Meridional ó oeste. O estreito de Luzon, ó norte, separa as Illas Filipinas de Taiwán; o estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia; e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.

Golfo de Bengala

O golfo de Bengala é un mar na área nordeste do océano Índico. A súa forma aseméllase a un triángulo. Limita ao leste coa península de Malaca, ao oeste co subcontinente indio. O extremo norte do golfo limita co estado indio de Bengala Occidental e con Bangladesh. Os extremos do sur están limitados pola illa de Sri Lanka e o territorio indio Illas Andaman e Nicobar. Estas últimas illas separan o golfo de Bengala do mar de Andaman.

Golfo de Tailandia

O Golfo de Tailandia (en tailandés: อ่าวไทย, Ao Thai) ou Golfo de Siam está localizado no mar da China Meridional (Océano Pacífico) e está rodeado por Malaisia, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No extremo norte do golfo atópase a desembocadura do río Chao Phraya, no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².

Gran Premio de Malaisia de 2011

O Gran Premio de Malaisia 2011 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 10 de abril de 2011 no Circuíto Internacional de Sepang de Malaisia. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2011.

Gran Premio de Malaisia de 2012

O Gran Premio de Malaisia 2012 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de marzo de 2012 no Circuíto Internacional de Sepang de Malaisia. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2012.

A carreira foi detida, (bandeira vermella), na volta nº 9 debido á choiva torrencial

Gran Premio de Malaisia de 2013

O Gran Premio de Malaisia 2013 (formalmente coñecido como o 2013 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de marzo de 2013 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2013, e o dÉcimo quinto Gran Premio de Malaisia na historia do Campionato Mundial de Fórmula1.

Gran Premio de Malaisia de 2014

O Gran Premio de Malaisia 2014 (formalmente chamado 2014 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 30 de marzo de 2014 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia.

Gran Premio de Malaisia de 2017

O Gran Premio de Malaisia 2017 (oficialmente chamado 2017 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de outubro de 2017 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a décimo novena edición do Gran Premio de Malaisia como unha proba do Campionato do Mundo, e a trixésimo sétima en total. Este será tamén o último Gran Premio de Malaisia programado, a carreira non se repitira para a tempada 2018 e seguintes.

O piloto de Mercedes Lewis Hamilton entra na rolda cunha vantaxe de vinte e oito puntos sobre o piloto de Ferrari Sebastian vettel no Campionato Mundial de Pilotos. O compañeiro de equipo de Hamilton, Valtteri Bottas, era terceiro, a vinte e tres puntos por detrás. No campionato Mundial de construtores, Mercedes ten unha vantaxe de cento dous puntos sobre Ferrari, con Red Bull Racing a cento corenta e tres puntos detrás en terceiro lugar.

Indonesia

Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular do sueste asiático, ocupando boa parte do territorio do máis grande arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea, posuíndo un total dun 237 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico.

Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio ten sido unha rexión importante para o comercio dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o Islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da Segunda Guerra Mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos.

A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o grupo étnico máis grande e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose á lista dos países megadiversos.Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.

Lingua malaia

O malaio é unha lingua ou macrolingua (conxunto de linguas) oral e escrita empregada principalmente no sueste asiático, coñecido localmente como bahasa melayu.

Malaysia Airlines

Malaysia Airlines Berhad (MAB) (malaio: Penerbangan Malaysia Berhad), anteriormente coñecida como Malaysian Airline System (MAS) (malaio: Sistem Penerbangan Malaysia), comercializada como Malaysia Airlines, é unha aeroliña malaisia que opera voos dende o aeroporto de Kuala Lumpur e dende centros de conexións secundarios en Kota Kinabalu e Kuching cara destinos en Asia, Oceanía e Europa. Malaysia Airlines é a aeroliña nacional de Malaisia e membro da alianza Oneworld. A sede da aeroliña atópase no aeroporto de Kuala Lumpur. En agosto de 2014 o fondo de riqueza soberana do goberno malaisio Khazanah Nasional, que entón era dono do 69,37% da aeroliña, anunciou a súa intención de mercar o resto das participacións aos accionistas minoritarios e sacar á compañía da bolsa malaisia, renacionalizando así a aeroliña.

Malaysia Airlines ten dúas aeroliñas subsidiarias: Firefly e MASwings. Firefly opera voos regulares dende as súas dúas bases no aeroporto de Penang e no aeroporto de Subang. A aeroliña céntrase en cidades terciarias. MASwings céntrase nos voos dentro de Borneo. Malaysia Airlines ten unha frota de carga operada pola súa compañía irmá MASkargo, que xestiona voos de carga e a capacidade de carga de todos os voos de pasaxeiros de Malaysia Airlines.

Malaysia Airlines ten as súas raíces en Malayan Airways Limited, fundada en Singapur nos anos 30, e realizou o seu primeiro voo comercial en 1947. Foi bautizada como Malaysian Airways tras a formación da Federación de Malaisia en 1963. En 1966, tras o Acordo de independencia de Singapur de 1965, a aeroliña foi renomeada Malaysia-Singapore Airlines (MSA), antes de que os seus activos se dividisen en dúas aeroliñas nacionais seo¡paradas en 1972 Malaysian Airline System (MAS) e Singapore Airlines.

Mar de Sulu

8°25′6″N 120°19′10″L

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Península Malaia

A Península da Malasia, Península Malaia ou Península de Malaca (coñecida en lingua malaia como Tanah Melayu) é unha grande península do sueste asiático. É alongada, cunha posición aproximada norte-sur e a súa extremidade, onde se encontra a illa de Singapur, é o punto mais austral de Asia separado de Sumatra polo Estreito de Malaca. A súa rexión máis estreita é o Istmo de Kra.

Na Península Malaia encontramos os seguintes países:

Myanmar: na rexión noroeste;

Tailandia: na rexión central e nordeste;

Malaisia: a maior parte da rexión sur;

Singapur: a extremidade sur.

Singapur

Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.

Dende que as illas comezaron a estar habitadas no século II, Singapur formou parte de varios dos imperios que habitaron a zona, acollendo a partir de 1819 un posto comercial da Compañía Británica das Indias Orientais co permiso do Sultanato de Johor. Os británicos conseguiron a soberanía sobre a illa en 1824, converténdose nunha das Colonias do Estreito en 1826. Ocupado polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, Singapur declarou a súa independencia en 1963, uníndose con outros antigos terriotios británicos para formar Malaisia. Con todo, volveu declarar a súa independencia tan só dous anos despois. Dende entón, o rápido e gran crecemento da súa riqueza converteuno nun dos chamados Catro Tigres asiáticos.

Singapur é hoxe o cuarto centro financeiro mundial e o seu porto un dos cinco máis activos do mundo. A súa economía depende en gran medida das exportacións de bens e da refinación de importacións, especialmente no sector manufactureiro, que constituían o 26% do seu PIB en 2005. En termos de paridade de poder adquisitivo, Singapur ten a terceira renda per cápita máis alta do mundo.

Politicamente, Singapur é unha república parlamentaria pluripartidista unitaria cun sistema de goberno de tipo británico parlamentario unicameral. O Partido de Acción Popular gañou tódalas eleccións dende o autogoberno en 1959. Pouco máis de cinco millóns de persoas viven en Singapur, das cales tan só 2.910.000 naceron no país. A poboación é moi diversa, sendo case o 75% da poboación total de orixe chinesa, mentres que os malaios e os indios forman as minorías máis significativas. Como reflexo desta diversidade, o país conta con catro linguas oficiais: o chinés, o inglés, o malaio e o támil. É un dos cinco membros fundadores da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), anfitrión da Secretaría da Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC) e membro da Cúpula de Asia Oriental, do Movemento de Países Non Aliñados e da Commonwealth.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.