Maine e Loira

Maine e Loira (49) (en francés: Maine-et-Loire) é un departamento francés situado no oeste de Francia, que pertence á rexión País do Loira. Debe o seu nome ao río Loira e ao seu afluente o Maine.

Principais cidades

  • Angers, chef-lieu (capital) do departamento
  • Cholet
  • Saumur
  • Segré

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alfred Fouillée

Alfred Jules Émile Fouillée, nado en A Pouëze o 18 de outubro de 1838 e finado en Lión o 16 de xaneiro de 1912, foi un filósofo francés do Positivismo espiritualista.

Ensinou nos liceos de Douai, Montpellier e Bordeos e na École Normale Supérieure de París, pero abandonou ós tres anos por mor da súa quebrantada saúde. Escribiu La philosophie de Platon e La philosophie de Socrate, que obtiveron premios da Academia de Ciencias. Tamén foron moi divulgados os seus ensaios La liberté et le déterminisme (1872), refundición da súa tese doutoral; Critique des systèmes de morale contemporaine (1883), O porvir da metafísica fundada na experiencia (1889), A psicoloxía das ideas-forzas (1893), Le mouvement idéaliste et la réaction contre la science positive (1895), La morale des idées-forces (1908) e Esquisse d'une interprétation du monde (1912).

Como filósofo adoita ser clasificado dentro do Positivismo espiritualista pregoado por Wundt. É o creador do concepto de ideas-forza, "que integran en unidade indisoluble os elementos aparentemente antagónicos da actividade e da pasividade, da acción e da intelixencia, da liberdade e do determinismo" (José Ferrater Moura).

Angers

Angers é unha cidade francesa, capital do departamento de Maine e Loira dentro da rexión do País do Loira. Foi capital da antiga provincia de Anjou.

Anjou

Anjou foi unha rexión histórica e cultural francesa que se corresponde coa antiga provincia do mesmo nome e cuxa capital é Angers. Aínda que xa hai ben tempo que desapareceu o ducado, o termo « Anjou » aínda se utiliza para definir o territorio do Maine e Loira. O logo do departamento retoma o termo «Anjou». O territorio do Anjou correspóndese co actual departamento de Maine e Loira, así como con outros territorios integrados en diversas divisións administrativas.

Castelo de Montsoreau

O Castelo de Montsoreau é un palacio francés de estilo feudal e renacentista que se atopa ao longo do Loira, na comuna de Montsoreau, departamento de Maine e Loira, xunto á estrada que une Fontevraud-l'Abbaye a Candes-Saint-Martin . Inicialmente xogou o papel de fortaleza estratéxica, controlando o tráfico entre os ríos Chinon e Saumur.

O Castelo de Montsoreau foi clasificado como Monumento Nacional polo Ministerio de Cultura francés en 1862. O castelo de Montsoreau está clasificado como parte do Val do Loira, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.Desde o ano 2016, o Castelo de Montsoreau acolle o Castelo de Montsoreau - Museo de Arte Contemporánea.

Castelo de Montsoreau - Museo de Arte Contemporánea

O Castelo de Montsoreau-Museo de Arte Contemporánea (en francés: Château de Montsoreau-Musée d'Art Contemporain) é un museo privado de arte contemporánea aberto ao público que se atopa no Val do Loira. O proxecto de creación do museo comezou en novembro de 2014, e foi inaugurado o 8 de abril de 2016. Conta cunha colección permanente, recollida durante 25 anos por Philippe Méaille, que non só está destinada á súa exhibición no Castelo de Montsoreau, senón que tamén é prestada a outras institucións. Con arredor de 1.000 obras, a súa colección é a máis grande do mundo sobre conceptualistas radicais de Art & Language, xogando un papel importante na invención da arte conceptual. A colección Philippe Méaille foi prestada a longo prazo entre 2010 e 2017 ó MACBA (Museo de Arte Contemporánea de Barcelona), o cal implicou unha colaboración regular das dúas institucións.O Castelo de Montsoreau foi clasificado como Monumento Nacional polo Ministerio de Cultura francés en 1862 e, como parte do Val do Loira, está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.

Cholet

Cholet é unha localidade francesa de 54.204 habitantes, situada no departamento de Maine e Loira, na rexión do País do Loira.

Coco Chanel

Coco Chanel, nada en Saumur o 19 de agosto de 1883 co nome de Gabriell Chanel e finada en París o 10 de xaneiro de 1971, foi unha deseñadora de alta costura francesa, fundadora da marca chanel. É a única diseñadora de moda que figura na lista das cen persoas máis influentes do século XX da revista Time. Foi unha das modistas máis prolíficas da historia, e unha das máis innovadoras durante a Primeira guerra mundial. Produciu unha ruptura coa opulenta e pouco práctica elegancia da Belle Époque e creou unha liña de roupa informal, sinxela e cómoda.

Consolidouse tamén como deseñadora de bolsos, perfumes, sombreiros e xoias. O seu famoso traxe sastre femenino de tweed reberetado converteuse nunha icona da elegancia feminina, e o seu perfume Chanel nº5 é un produto mundialmente coñecido.

Congreso Europeo de Turismo Industrial

----

O Congreso Europeo de Turismo Industiral é un evento internacional dirixido a un turismo cultural centrado no patrimonio industrial, arqueoloxía industrial e visitas a empresas (a Industria Viva). Celébrase cada dous anos nunha cidade europea.

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Jean-Marc Ayrault

Jean-Marc Ayrault Jean-Marc Ayrault, nado en Maulévrier (Maine e Loira) o 25 de xaneiro de 1950, é un político francés.

Lingua poitevina-saintongeais

O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia.

Loira

O topónimo Loira pode referirse a:

Loira, parroquia do concello de Valdoviño;

Loira, lugar da parroquia de Seixo, no concello de Marín;

Loira, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Loira, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene;

A Loira, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño;

Río Loira, que desemboca na ría de Cedeira;

Río Loira, que desemboca na ría de Pontevedra.Amais, Loira é o exónimo en lingua galega do francés Loire. Pode referirse a:

Río Loira, río francés que desemboca en Nantes. Dá nome a:

Loiré, concello do departamento de Maine e Loira, na rexión dos Países do Loira;

Loiré-sur-Nie, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-les-Marais, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-sur-Rhône, concello do departamento de Ródano, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes;

Departamento de Loira, departamento da rexión de Ródano-Alpes;

Saona e Loira, departamento da rexión de Bourgogne;

Maine e Loira, departamento da rexión dos Países do Loira;

Loira Atlántico, departamento da rexión de Países do Loira;

Alto Loira, departamento da rexión de Auvernia;

Indre e Loira, departamento da rexión de Centro-Val de Loira;

Centro-Val de Loira, rexión francesa;

Países do Loira, rexión francesa.

Marin Mersenne

Marin Mersenne, nado en Oizé (Países do Loira) o 8 de setembro de 1588 e finado en París o 1 de setembro de 1648, foi un sacerdote, matemático e filósofo francés, coñecido tamén pola forma latinizada Marinus Mersenius e mesmo como Le Père Mersenne. Estudou diversos campos da teoloxía, das matemáticas e da teoría musical.

Montsoreau

Montsoreau é unha comuna francesa na rexión administrativa da rexión do Países do Loira no departamento de Maine e Loira. Esténdese sobre unha superficie de 5,19 km². En 2015 a comuna contaba con 447 habitantes (densidade: 86 hab./km²).

Pertence á rede das aldeas máis belas de Francia.

Patrice Chéreau

Patrice Chéreau, nado en Lezigne o 2 de novembro de 1944, e finado en París o 7 de outubro de 2013, foi un director de teatro e ópera, actor e produtor de cine francés.

Río Erdre

O río Erdre, nome que ven do celta erdam (pequeno río) ten a fonte en La Pouëze a vinte quilómetros ao noroeste de Angers (Francia), no departamento do Maine e Loira, é un río francés, afluente do Loira e bótase nel en Nantes (Loira Atlántico, 44).

Subdivisións de Francia

Mapas de localización dos 96 departamentos franceses e das 22 rexións de Francia, os departamentos de alén mar tamén son rexións.

Virotutis

Virotutis é un deus celta epíteto do deus Apolo. O epíteto ten sido interpretado co significado de "Benfeitor da humanidade". Apolo Virotutis foi adorado, entre outros lugares, en Fins d'Annecy (Alta Savoia) e Jublains (Maine e Loira).

Comunas do departamento de Maine e Loira Maine-et-LoireFlag.gif
Francia metropolitana
Departamentos de ultramar

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.