Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España.[2] No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova.[3] É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ,[4] conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.[5]

Coordenadas: 40°24′0″N 3°41′0″O / 40.40000, -3.68333

Madrid
Bandera de Madrid
Escudo de Madrid
CollageMadrid
Madrid
Localización
CiudadMadridPosicion
PaísEspaña España
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Madrid
ProvinciaMadrid
ComarcaÁrea metropolitana de Madrid
Xeografía
Altitude655 msnm
Superficie605,77 km²
Demografía
Poboación3.233.527 hab. (2012)
Densidade5.337,88 hab./km²
Xentiliciomadrileño/a
Outros datos
Código postal28001–28080
AlcaldeJosé Luis Martínez-Almeida (PP) [1]
madrid.es

Xeografía

Emprazamento

A cidade de Madrid atópase na zona central da Península Ibérica, a poucos quilómetros ao norte do Cerro de los Ángeles, centro xeográfico desta. As coordenadas da cidade son 40°26'N 3°41'O e a súa altura media sobre o nivel do mar é de 667 m, sendo así unha das capitais máis altas de Europa.

O contexto xeográfico e climático de Madrid é o da Submeseta Sur, dentro da Meseta Central. A cidade está situada a poucos quilómetros da Serra de Guadarrama e hidrográficamente atópase emprazada na conca do Texo.

Hidrografía

O principal río de Madrid é o Manzanares, que penetra en municipio na contorna do Monte do Pardo alimentando o encoro do mesmo nome, ao que tamén chegan as augas dos arroios de Manina e Tejada. Pasado este espazo natural, o río comeza o seu curso urbano ao redor da cidade universitaria, entrando despois, brevemente, na Casa de Campo, onde recibe as augas do arroio de Meaques.

Clima

AZCA (Madrid) 04
Rañaceos de AZCA con neve. As nevadas en Madrid son ocasionais e prodúcense xeralmente no inverno.

O clima de Madrid é un clima mediterráneo continental e está moi influído polas condicións urbanas. A temperatura media é de 12 °C.

Os invernos son fríos, con temperaturas inferiores aos 4-5 °C, xeadas frecuentes e nevadas ocasionais. Os veráns son calorosos con medias ao redor dos 24 °C en xullo e agosto e con máximas que frecuentemente superan os 35 °C. A oscilación diaria é importante na periferia urbana, pero se ve reducida no centro da cidade polo efecto antrópico. A amplitude térmica anual é alta (19 graos, cifra propia da Meseta Sur) como consecuencia da gran distancia ao mar e a altitude (ao redor dos 600 m). As precipitacións anuais son superiores aos 400 mm, con mínimos moi marcados no verán (catro meses secos, de xuño a setembro) e grandes oscilacións entre a zona NO, bastante máis chuviosa, e a zona SE que resulta máis árida.

Clima Madrid-Retiro (España)
Climograma de Madrid (Parque do Retiro)
Observatorio do Parque do Retiro
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Total
Temperatura
máxima (°C)
9,7 12,0 15,7 17,5 21,4 26,9 31,2 30,7 26,0 19,0 13,4 10,1 19,4
Temperatura
mínima (°C)
2,6 3,7 5,6 7,2 10,7 15,1 18,4 18,2 15,0 10,2 6,0 3,8 9,7
Precipitacións (mm) 37 35 26 47 52 25 15 10 28 49 56 56 436
Clima Madrid-Barajas (España)
Climograma de Madrid (Barajas)
Observatorio do Aeroporto de Madrid-Barajas
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Total
Temperatura
máxima (°C)
10,6 12,9 16,3 18,0 22,3 28,2 33,0 32,4 27,6 20,6 14,7 11,0 20,6
Temperatura
mínima (°C)
0,3 1,5 3,2 5,4 8,8 13,0 16,1 16,0 12,7 8,3 3,8 1,8 7,6
Precipitacións (mm) 33 34 23 39 47 26 11 12 24 39 48 48 386

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Madrid.

Madrid é habitado dende tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas do Califato de Córdoba. Mohamed I construíu un pazo no século IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamada Magerit (de onde provén Madrid).

Afonso VI conquistou a cidade no 1085 na súa marcha ata Toledo, e derrubou a mesquita construíndo a igrexa da Virxe da Almudena.

Demografía

Demografía Madrid (España)
Evolución demográfica de Madrid (1900-2005).

A poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialmente significativo no século XX, debido a gran cantidade de inmigración, tanto interior coma exterior.

Non obstante, este aumento desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo do século XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñíbeis, a 1 de xullo de 2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do 2001.

Fonte: INE[6]

Xentilicio

O xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» ou «matritense». Así e todo, aos habitantes de Madrid chamóuselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas de Afonso VI a finais do século XI realizouse mediante o asalto da muralla pola que agatuñaron as tropas castelás.

Outras lendas sinalan que o apelativo de gatos outorgouse aos cidadáns de Madrid na Idade Media pola súa grande habilidade á hora de gabear polas murallas e penedos coas mans espidas.

Distritos e barrios

A cidade divídese administrativamente en 21 distritos, divididos ao mesmo tempo en distintos barrios. Estes son:

  • Centro: Palacio, Embajadores, Cortes, Justicia, Universidad, Sol.
  • Arganzuela: (Paseo) Imperial, Acacias, La Chopera, Legazpi, Delicias, Palos de Moguer, Atocha.
  • Retiro: Pacífico, Adelfas, Estrella, Ibiza, Jerónimos, Niño Jesús.
  • Salamanca: Recoletos, Goya, Fuente del Berro, Guindalera, Lista, Castellana.
Jardines de Sabatini (Madrid) 06
Xardíns de Sabatini e Palacio Real.
  • Chamartín: El Viso, Prosperidad, Ciudad Jardín, Hispanoamérica, Nueva España, (Pz.) Castilla.
  • Tetuán: Bellas Vistas, Cuatro Caminos, Castillejos, Almenara, Valdeacederas, Berruguete.
  • Chamberí: Gaztambide, Arapiles, Trafalgar, Almagro, Vallehermoso, Ríos Rosas.
  • Fuencarral-El Pardo : El Pardo, Fuentelarreina, Peñagrande, Barrio del Pilar, La Paz, Valverde, Mirasierra, El Goloso.
  • Moncloa-Aravaca: Casa de Campo, Argüelles, Ciudad Universitaria, Valdezarza, Valdemarín, El Plantío, Aravaca.
  • Latina: Los Cármenes, Puerta del Ángel, Lucero, Aluche, Las Águilas, Campamento, Cuatro Vientos.
  • Carabanchel: Comillas, Opañel, San Isidro, Vista Alegre, Puerta Bonita, Buenavista, Abrantes.
  • Usera: Orcasitas, Orcasur, San Fermín, Almendrales, Moscardó, Zofio, Pradolongo.
  • Puente de Vallecas: Entrevías, San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo, Numancia.
  • Moratalaz: Pavones, Horcajo, Marroquina, Media Legua, Fontarrón, Vinateros.
  • Ciudad Lineal: Ventas, Pueblo Nuevo, Quintana, La Concepción, San Pascual, San Juan Bautista, Colina, Atalaya, Costillares.
  • Hortaleza: Palomas, Valdefuentes, Canillas, Pinar del Rey, Apóstol Santiago, Piovera.
  • Villaverde: San Andrés, San Cristóbal, Butarque, Los Rosales, Los Ángeles.
  • Villa de Vallecas: Casco Histórico de Vallecas, Santa Eugenia.
  • Vicálvaro: Casco Histórico de Vicálvaro, Ambroz, Valdebernardo, Valderribas.
  • San Blas: Simancas, Hellín, Amposta, Arcos, Rosas, Rejas, Canillejas, Salvador.
  • Barajas: Alameda de Osuna, Aeropuerto, Casco Histórico de Barajas, Timón, Corralejos.

Rañaceos en Madrid

Tío Pepe - Madrid
Publicidade enriba dun edificio no centro de Madrid.
Artigo principal: Lista de rañaceos en Madrid.

Madrid ten unha serie de edificios considerados rañaceos que se reparten en distintas zonas do centro da cidade. Actualmente, o parque empresarial chamado Cuatro Torres Business Area (CTBA) no norte do Paseo de la Castellana, reúne os catro rañaceos máis altos da cidade, que tamén son os máis altos de España: a Torre Bankia (250 metros), a Torre de Cristal (249 m), a Torre PwC (236 m) e a Torre Espacio (230 m).

Tamén no Paseo de la Castellana, na zona de AZCA, atópase o que foi o edificio máis alto da cidade dende 1988 ata 2007, a Torre Picasso, con 157 metros. Hai outros lugares de Madrid onde se concentran edificios notoriamente altos, aínda que algúns deles teñen discutida a súa cualificación de rañaceos. Na Praza de Castilla hai dúas torres especialmente rechamantes polo ángulo agudo que forma unha das súas fachadas co chan, os edificios da Puerta de Europa.

Cultura e ocio

Muralla árabe de Madrid 02
Muralla Árabe de Madrid
Fuente de Cibeles (Madrid) 06
Fonte de Cibeles

Museos e galerías

Madrid ten importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísticas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo da arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía.

Os máis significativos son:

Monumentos

  • Desde as orixes até ao s. XVI
  1. Muralla de Madrid
  2. Igrexa de San Nicolás dos Servitas
  3. Igrexa de San Pedro o Grande
  4. Casa dos Lujanes
  • Século XVI
  1. Capela do Bispo
  2. Casa Cisneros
  3. Mosteiro das Descalzas Reais
  4. Casa das Sete Chemineas
  5. Ponte de Segovia
  • Século XVII
  1. Casa da Panadaría
  2. Mosteiro da Encarnación
  3. Palacio de Uceda (Capitanía)
  4. Claustro de San Xerónimo o Real
  5. Praza Maior
  6. Igrexa Colexiata de San Isidro
  7. Casa da Vila (Concello)
  8. Convento das Trinitarias Descalzas
  • Século XVIII
  1. Palacio Real
  2. A Casa de Correos
  3. A Casa de Postas
  4. A Real Casa de Aduanas
  5. Fonte da Cibeles
  6. Fonte de Apolo
  7. Fonte de Neptuno
  8. Porta de Alcalá
  9. Xardín Botánico
  10. Ponte de Toledo
  11. Observatorio Astronómico
  • Século XIX
  1. Praza de Oriente
  2. Teatro Real
  3. Porta de Toledo
  4. Palacio do Senado
  5. Palacio do Congreso
  6. Teatro da Zarzuela
  7. Porta do Sol
  8. Biblioteca Nacional
  9. Banco de España
  10. Casón do Bo Retiro
  11. Palacio de Cristal
  12. Sociedade de Autores
  • Século XX
  1. Catedral da Almudena

Transporte

Autovías

MadridZonasTransporte
Mapa da Comunidade de Madrid sinalando as áreas do transporte urbano en Madrid por concellos.

As principais autovías de Madrid teñen un percorrido radial. As máis importantes son as coñecidas nacionais:

Identificador Percorrido
A-1 Madrid – Aranda de DueroBurgosMiranda de EbroVitoriaDonostia
A-2 Madrid – GuadalaxaraZaragozaLleidaBarcelona
A-3 Madrid – Valencia
A-4 Madrid – CórdobaSevillaXerez da FronteiraCádiz
A-5 Madrid – Talavera de la ReinaNavalmoral de la MataMéridaBadaxozfronteira portuguesa
A-6 Madrid – Medina del CampoBenaventeAstorgaPonferradaLugoA Coruña

Estas autovías son herdeiras das anteriores radiais (numeradas con números romanos: N-I, N-II etc.). Algúns tramos destas autovías son de peaxe denominándose entón AP-X. Nestes tramos adoita perdurar a correspondente estrada radial sen peaxe.

Outras autovías que teñen a súa orixe en Madrid e de grande importancia pola densidade da súa trafico son a A-42 que une Madrid con Toledo e a M-607, unha autovía autonómica que une Madrid co porto de Navacerrada, dando servizo ás localidades de Colmenar Viejo e Tres Cantos. A A-52 é o ramal que se toma en Benavente en dirección a Ourense e Vigo.

Madrid ten ademais unha serie de estradas circunvalatorias á súa ao redor, estás son a M-30, que delimita a améndoa central da cidade, a M-40 nos barrios residenciais da cidade, a M-45, bordeando o municipio polo sueste, e a M-50, que non pecha o seu percorrido polo norte á altura do Pardo. Estas autovías serven para evitar que para que dirixirse dun punto a outro da periferia haxa que atravesar a cidade.

Metro

Príncipe Pío (Madrid) Línea 10 de metro (4)
Estación de Príncipe Pío
Madrid Metro Map
Esquema da rede de metro
Artigo principal: Metro de Madrid.

Actualmente o Metro de Madrid[7] é a segunda rede de metro máis extensa de Europa Occidental logo da de Londres[8].

A rede de Metro de Madrid ten unha lonxitude de 296 km e comprende trece liñas. Delas, discorren integramente polo concello de Madrid nove e o ramal, tres teñen parte do seu trazado fose do concello e unha discorre integramente por outros concellos.

O metro ten correspondencia con 19 estacións da rede de proximidades de Renfe.

METRO
1 Pinar de Chamartín – Valdecarros
2 La Elipa – Cuatro Caminos
3 Villaverde Alto – Moncloa
4 Argüelles – Pinar de Chamartín
5 Alameda de Osuna – Casa de Campo
6 Circular
7 Hospital del Henares – Pitis
8 Nuevos Ministerios – Aeropuerto T4
9 Herrera Oria – Arganda del Rey
10 Hospital Infanta Sofía – Puerta del Sur
11 Plaza Elíptica – La Peseta
12 MetroSur
Ramal Ópera – Príncipe Pío
METRO LIXEIRO
Madrid MetroLigero1.svg Pinar de Chamartín – Las Tablas
Madrid MetroLigero2.svg Colonia Jardín – Estación de Aravaca
Madrid MetroLigero3.svg Colonia Jardín – Puerta de Boadilla

Ferrocarril

Cercanías Madrid Map
Mapa de liñas de Proximidades Madrid (2017).
Artigo principal: Proximidades Madrid.

A compañía pública de ferrocarril Renfe Operadora opera en case todas as liñas de tren españolas. As estacións de ferrocarril máis importantes de Madrid son as de Puerta de Atocha, Chamartín e, para o transporte de mercancías, a estación de clasificación de Vicálvaro, ao leste da cidade.

Das estacións de Atocha e Chamartín parten ademais liñas de tren cara a todas as capitais de provincia españolas. As redes de tren, proximidades e metro están amplamente interconectadas con intercambiadores como os de Atocha, Chamartín, Príncipe Pío ou Nuevos Ministerios.

Existe ademais unha rede de trens de alta velocidade, actualmente en crecemento, que parten de Madrid. As liñas que operan actualmente son:

E as seguintes están en execución:[9]

Autobuses

Emt-madrid-15
Autobús da EMT

Existe unha rede de autobuses urbanos xestionada, como o resto da rede de transporte público, polo Consorcio de Transportes de Madrid e pola Empresa Municipal de Transportes de Madrid, que ten máis de 2.000 vehículos e 194 liñas. Moitos habitantes dos barrios periféricos da capital, a mesma autonomía e provincias limítrofes utilizan os servizos do ferrocarril de proximidades e autobuses interurbanos para chegar á capital e logo utilizar o metro. Por iso tamén a rede de autobuses está amplamente interconectada cos ferrocarrís. Os principais intercambiadores son os de Avenida de América e Méndez Álvaro, aínda que hai outros menores como os de Moncloa, Príncipe Pío e Plaza Elíptica.[10]

Transporte aéreo

Barajas interior6
Interior da Terminal 4 do Aeroporto de Madrid-Barajas.
Artigo principal: Aeroporto de Madrid-Barajas.

O principal aeroporto de Madrid é o de Madrid-Barajas, situado no nordeste da cidade, a 12 quilómetros do centro. Iniciou o seu servizo en 1928, aínda que se inaugurou oficialmente en 1931 e actualmente está xestionado por AENA. É ademais o principal aeroporto de España por tráfico de pasaxeiros.[11]

En 2005 o aeroporto moveu 45,5 millóns de pasaxeiros, cun crecemento respecto ao anterior do 8%. Ocupou o posto número 13 a nivel mundial e quinto europeo por número de pasaxeiros transportados. En 2007, o tráfico de pasaxeiros ascendeu a 52.122.702, convertendo a Barallas no décimo do mundo por volume de pasaxeiros e o cuarto de Europa, superando ao de Ámsterdam-Schiphol que ata agora ostentaba ese posto dentro dos aeroportos europeos.[12]

O aeroporto está comunicado coa cidade a través da liña 8 de Metro e de numerosos autobuses e taxis.

A cidade conta ademais cun aeroporto de segunda categoría, o de Cuatro Vientos, destinado ao uso militar e escola de voo. Este último foi o primeiro en construírse de España.

Deportes

Entre os deportistas nados en Madrid destacan o tenista Manuel Santana, os esquiadores Francisco e Blanca Fernández Ochoa, o piloto de rally Carlos Sainz, os futbolistas Emilio Butragueño e Raúl González Blanco, os waterpolistas Jesús Rollán e Pedro García Aguado, ou a ximnasta Estela Giménez.

Estadio Santiago Bernabéu (2016)
O Santiago Bernabéu, con capacidade para 85.454 espectadores, sede do Real Madrid.

O deporte máis seguido en Madrid é o fútbol, representado na Primeira División da Liga española de fútbol por tres equipos: o Real Madrid Club de Fútbol, equipo máis laureado de España, o Club Atlético de Madrid, con numerosos títulos nacionais e internacionais, e o Rayo Vallecano de Madrid. Estes equipos xogan respectivamente no Estadio Santiago Bernabéu, Estadio Vicente Calderón e Estadio de Vallecas.

Tamén é popular o baloncesto. Os dous equipos máis representativos da cidade, ambos na Liga ACB, son o Real Madrid e o Estudiantes. A Volta ciclista a España tradicionalmente finaliza en Madrid. En atletismo, as competicións máis importantes son a denominada San Silvestre Vallecana, multitudinaria carreira de fondo que se celebra cada 31 de decembro, e o Maratón Popular de Madrid (MAPOMA) que se celebra anualmente na primavera.

Desde 2003 celebrábase o Masters 1000 de Madrid, antigamente coñecido como Master Series de Madrid, no pavillón Madrid Arena. É o único xunto con Masters de París que se xoga sobre pista cuberta. En maio de 2009 pasou a ser un torneo de terra batida, cambiando así de pavillón. A Caja Mágica é o recinto onde se disputa a partir de 2009. Ten unha capacidade duns 10.000 espectadores e foi unha das bazas fundamentais na candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2016.

Candidatura olímpica

A historia da candidatura madrileña a organizar uns Xogos Olímpicos remonta ao 29 de decembro de 1965 cando foi presentada ante o Comité Olímpico Internacional unha candidatura conxunta con Barcelona para albergar a vixésima edición dos Xogos de 1972. A candidatura española quedou no entanto descartada na sesión do COI celebrada en Roma o 26 de abril de 1966 trala elección de Múnic.

Madrid Arena Facade 01
Pavillón Madrid Arena.

Madrid foi candidata a celebrar os Xogos Olímpicos de 2012. Esta candidatura foi promovida durante o mandato do alcalde José María Álvarez del Manzano[13] e continuada polo seu sucesor, Alberto Ruiz-Gallardón. O logotipo da candidatura foi deseñado por Javier Mariscal.[14]

O COI seleccionou o 18 de maio de 2004 na cidade suíza de Lausana as cinco cidades candidatas oficiais para a organización dos Xogos Olímpicos do ano 2012: Madrid, París, Londres, Nova York e Moscova. O 6 de xullo de 2005, o COI deu a coñecer o resultado da elección da cidade que organizará os Xogos Olímpicos de 2012, a elixida foi Londres, quedando a cidade de Madrid en terceiro posto; máis tarde un membro do COI declarou á prensa que se equivocou ao marcar o seu voto, de modo que Madrid quedou eliminada na penúltima votación.[15][16]

Durante o proceso de selección para os Xogos Olímpicos de 2012, existiu un movemento social minoritario de oposición á candidatura, á que acusaban de favorecer a especulación inmobiliaria e de aumentar o xa elevado endebedamento da cidade.[17][18]

O Comité Olímpico Español renovou o 30 de maio de 2007 a candidatura olímpica da cidade para os Xogos Olímpicos de 2016.[19] O 4 de xuño de 2008 Madrid foi preseleccionada como unha das candidatas á organización dos Xogos Olímpicos de 2016, xunto con Chicago, Toquio e Río de Xaneiro. O proxecto que presentou baseouse no da previa candidatura con melloras, o cal permitiulle ser a segunda cidade coa mellor valoración, lixeiramente por detrás de Toquio. Finalmente, o 2 de outubro de 2009 foi elixida a cidade de Río de Xaneiro, pese a ter en principio unha valoración técnica xeral inferior á das outras tres cidades.[20][21]

Madrid presentou de novo unha candidatura para albergar os Xogos Olímpicos de 2020.

Cidades irmandadas

A cidade de Madrid participa activamente na iniciativa de irmandamento de cidades promovida, entre outras institucións, pola Unión Europea, aínda que Madrid tamén estableceu gran cantidade de lazos con cidades de África, Asia e América, fundamentalmente capitais de nacións.[22]

Predecesor:
Flag of Ireland.svg Dublín
EU Insignia
Capital Europea da cultura

1992
Sucesor:
Bélxica Antuerpen

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Madrid.

Notas

  1. "José Luis Martínez-Almeida, del PP, investido alcalde de Madrid". ELMUNDO (en castelán). 2019-06-15. Consultado o 2019-06-15.
  2. "O monte de El Prado". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 18 de abril de 2010.
  3. Expansion.com. "Madrid e Barcelona volven situarse entre as cidades máis ricas do mundo". Consultado o 2009.
  4. Madrid Histórico
  5. Excepto durante a guerra civil de 1936-39, cando desde novembro de 1936 a xaneiro de 1939, o Goberno da República trasladouse primeiro a Valencia e logo a Barcelona.
  6. http://www.ine.es/intercensal/
  7. Metro de Madrid
  8. "http://www.urbanrail.net/eu/mad/madrid-es.htm". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2007. Consultado o 08 de novembro de 2009. Ligazón externa en |title= (Axuda)
  9. "Altavelocdad.Org Os trazados". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2009.
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 08 de xuño de 2013.
  11. Passenger Traffic 2006, informe de Airport Council International (ACI).
  12. [1]
  13. 46 anos para un soño
  14. Mariscal dálle a volta ao logotipo de Madrid 2012.
  15. Madrid 2012 non saíu elixida por un erro de votación na terceira rolda, segundo un membro do COI.
  16. Un error na votación deixou a Madrid sen os Xogos Olímpicos de 2012 e Gallardón di que xa o sabía.
  17. Contra as Olimpíadas Madrid 2012 Arquivado 10 de febreiro de 2007 en Wayback Machine..
  18. Madrid aspirará aos XXOO de 2016 Arquivado 05 de setembro de 2013 en Wayback Machine..
  19. [2] en ELPAIS.com.
  20. "Río arrebata os Xogos a Madrid". 2 de outubro de 2009.
  21. Informe técnico do COI sobre as cidades candidatas aos Xogos Olímpicos de 2016
  22. Concello de Madrid. "Mapamundi das cidades irmandadas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

ABC (xornal)

ABC é un xornal de carácter xeralista publicado en Madrid e distribuído por toda España, de corte conservador e que se define como monárquico[Cómpre referencia]. Foi fundado o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez-Ossorio. No 2010 foi nomeado director o xornalista galego Bieito Rubido.

Edítase en lingua castelá salvo certos artigos e noticias de carácter autonómico escritos na lingua da comunidade autónoma e, a diferenza doutros xornais españois, a impresión faise de modo que cada exemplar vai grampado e con formato folio.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

As (xornal)

As é un xornal español de información deportiva, de tirada diaria, de pago e con distribución matinal editado polo Grupo PRISA.

Foi fundado en 1967 por Luis Montiel Balanzat, sendo o actualidade o diario deportivo máis lido na Comunidade de Madrid e o segundo diario deportivo de España tanto en tirada como en vendas e distribución. Así mesmo, o seu web as.com ocupa a terceira posición por número de visitas na clasificación de diarios nacionais.

Biblioteca Nacional de España

A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos, etc.

Capital

Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:

A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.

A cidade é a sede do poder xudicial.

A cidade é sede do parlamento.

Nunha monarquía é frecuente que a capital sexa o lugar onde o monarca ten a corte, sendo normal que acuda con relativa frecuencia.

A cidade é un importante centro de actividade para o país.

Existencia de leis que determinen a localización da capital.Un país (ou entidade política equivalente) pode ter máis que unha capital oficial ao mesmo tempo. Pode ser ou non a sede do goberno e pode mesmo mudarse periodicamente.

En Suráfrica, por exemplo, a capital administrativa é Pretoria, a capital lexislativa é a Cidade do Cabo e a capital xudicial é Bloemfontein. Esta é unha herdanza deixada polo compromiso acordado entre a maioría das diferentes provincias cando foi creada a Unión de Suráfrica en 1910. Fronte a isto, unha forte cidade economicamente é Xohanesburgo, e turisticamente Durban xunto a Cidade do Cabo.

En Chile, o congreso nacional mudouse para a cidade de Valparaíso, manténdose no entanto Santiago do Chile como capital. Nos Países Baixos, o goberno, xefe de Estado e supremo tribunal están situados na A Haia, mais a constitución determina que a capital oficial sexa Ámsterdan. Outro país con capitalidade múltiple é o Canadá, con Otava e Montreal.

Outras cidades poden ser consideradas capitais económicas ou culturais, pola súa enorme forza fronte á capital política, pero non ter recoñecemento oficial: é o caso do Río de Xaneiro ou São Paulo fronte a Brasilia ou Barcelona fronte a Madrid.

Club Atlético de Madrid

O Club Atlético de Madrid S.A.D., coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é un club de fútbol español, da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.

O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (10), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.

Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Comunidade de Madrid

A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

A súa poboación estimada é de 6 661 949 habitantes (INE 2019) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

Copa do Rei de fútbol

O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol.

Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da II República entre 1932 e 1936, a Copa da España Libre en 1937, o Trofeo do Xeneralísimo en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente a Copa do Rei.

O campión da 116ª edición foi o Valencia CF, tras gañar na final ao FC Barcelona por 1-2. O equipo con máis títulos é o FC Barcelona con 30 copas, seguido do Athletic Club, con 23.

El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga de Campións da UEFA

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo.

Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países. Na década de 1990 o torneo comezou a ser ampliado, incorporando unha fase de grupos con máis equipos. As ligas máis fortes de Europa achegan hoxe até un máximo de catro equipos cada unha. A Liga de Campións non debe confundirse coa Europa League da UEFA, antes coñecida como Copa da UEFA. O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a mediados de xullo con tres roldas eliminatorias de clasificación e unha rolda de play-off; así, os dez equipos sobreviventes únense aos 22 cabezas de serie na fase de grupos, na que hai oito grupos formados por catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina co partido final en maio.

O título foi gañado por 21 clubs diferentes, dos cales doce gañaron o título en máis dunha ocasión. Dende que comezou a competición en 1955 o club con máis títulos gañados é o Real Madrid de España, que gañou seis no antigo formato e sete no novo.

O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substitúe á Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

Primeira división española de fútbol

A Primeira División, coñecida como LaLiga e debido a motivos de patrocinio como LaLiga Santander, é a máxima categoría da Liga española de fútbol, na que participan os mellores equipos españois. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción do parón durarte a guerra civil, entre 1936 e 1939.

Un total de 63 equipos pasaron pola categoría, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 33 e 25 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid, Athletic, Valencia, Real Sociedad, Deportivo, Sevilla e Betis.

A Primeira División española é a primeira liga do mundo segundo o ránking anual oficial da IFFHS, posto que ocupa de manera consecutiva dende 2010. Ademais, os equipos españois son os máis laureados nas competicións europeas e internacionais.

Real Academia da Historia

A Real Academia da Historia é unha institución encargada do estudo da Historia de España e ten a súa sede na Vila de Madrid.

Real Madrid Club de Fútbol

O Real Madrid Club de Fútbol, coñecido popularmente como Real Madrid, é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten máis de 85.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba aos clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 72 trofeos en distintas competicións (57 nacionais e 15 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000. Segundo a clasificación anual de clubs que realiza a IFFHS, en 2002 foi designado como o mellor equipo do fútbol mundial. En 2009, o mesmo organismo nombrou ó club como máximo club do século XX en Europa.

Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Universidade Complutense de Madrid

A Universidade Complutense de Madrid, coñecida tamén polo acrónimo UCM, é unha universidade pública española localizada na Cidade Universitaria de Madrid e mais no Campus de Somosaguas, en Pozuelo de Alarcón, na mesma comunidade.

Valencia Club de Fútbol

O Valencia Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: València Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Valencia. Fundouse o 18 de marzo de 1919 e actualmente compite na Primeira División de España.

Na Clasificación histórica da LFP o Valencia ocupa o 3º posto por detrás de Real Madrid e Barcelona. É o quinto club español con máis títulos nacionais (14 campionatos): 6 títulos de Liga, 7 Copas e unha Supercopa de España. E con 6 títulos europeos (1 Copa da UEFA, 2 Copas de Feiras, 1 Recopa e 2 Supercopas) é o cuarto equipo español con máis títulos internacionais. Ademais, formaba parte do conxunto de clubs máis importantes de Europa, o desaparecido G-14.

En 2011 era o 19º club máis rico do mundo, cuns ingresos de 116,8 millóns de euros, o cuarto equipo español por detrás de Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

Ten 38.000 socios, á espera dunha nova ampliación, e máis de 800 peñas, é xa que logo o cuarto club en número de socios e peñas do país. Á vez, segundo a enquisa do CIS de xuño de 2014, o Valencia é o cuarto club de fútbol en porcentaxe en canto a simpatizantes en España (3,5%), unicamente por detrás de Real Madrid (37,9%), Barcelona (25,4%) e Atlético de Madrid (6,1%).

 
Madrid

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.