Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.[1][2] [3]

O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Coordenadas: 43°42′11″N 7°50′07″O / 43.703, -7.8352

Macizo central
Nevarada en Cabeza de Manzaneda.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 46.986 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Montederramo.
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Galería

Galicia Topo

Mapa topográfico de Galicia sinalando, entre outros, o Macizo Central Ourensán

CursoMedioSanLázaro(Piago-Encomenda-OsForcados)

Vista do tramo medio do río San Lázaro desde o cumio dos Forcados (1399 m no Macizo Central ourensán) no percorrido pola zona do Piago e a Mallada de Barbeirón coa aldea da Encomenda no fondo.

Notas

  1. 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia (eds.). "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31". Consultado o 7/8/2018.
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia (eds.). "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais". Consultado o 7/8/2018.
  3. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia (eds.). "Espazos protexidos: Macizo Central". Consultado o 7/8/2018.

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Outros artigos

Ligazóns externas

Castro Caldelas

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Chandrexa de Queixa

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2018 tiña 466 habitantes (854 en 2003).

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Monte de Cabeza de Manzaneda

O monte de Cabeza de Manzaneda ou Cabeza Grande sitúase no Macizo Central ourensán, concretamente nos municipios da Pobra de Trives, Manzaneda e Chandrexa de Queixa. Elévase até unha altura de 1.778 metros e conta cunha estación de montaña, na que é posible a práctica do esquí.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

O Invernadeiro

O topónimo galego O Invernadeiro pode referirse a:

Montes do Invernadeiro, no sur do Macizo Central ourensán;

O Invernadeiro, lugar da parroquia de Pradoalbar, no concello de Vilariño de Conso, ao pé de ditos mentes.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Río Navea

O Navea é un río ourensán, afluente do Bibei, pola súa esquerda, sendo este a súa vez tributario do río Sil. A súa lonxitude é de 41 km.

Río San Lázaro

O río San Lázaro é un afluente do río Bibei. Nace no Macizo Central ourensán na Serra de Queixa, a 1.740 m de altitude na bagoada formada entre o cume de Cabeza de Manzaneda (coñecido localmente como a Cabeza Grande) e o da Cabeza Pequena de Manzaneda (cumio secundario onde se atopa o repetidor da CRTVG que dispón dunha webcam). Este río constitúe case todo o límite dos concellos ourensáns da Pobra de Trives co de Manzaneda.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Serra do Barbanza

.

A serra do Barbanza é unha pequena cordilleira montañosa situada na península do Barbanza, na provincia da Coruña. Atópase entre a ría de Muros e Noia e a de Arousa, no extremo occidental de Galicia. Acada cotas superiores aos 600 metros sobre o nivel do mar, a apenas 5 quilómetros do litoral. O punto de máxima altura é o monte Iroite, con 685 metros. Tamén pertence a esta serra o monte da Curota.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.