Macho

Un macho (do latín másculus) é un ser vivo (animal ou vexetal) que posúe órganos reprodutivos masculinos. O nome para o macho humano é home. O seu oposto é femia.

Do termo "macho" deriva "machismo", o cal é visto na teoría de xénero como unha conduta derivada do sistema patriarcal que ve as mulleres e aos homosexuais como suxeitos dignos de dominación ou humillación.

Outros significados

  • En mecánica (fabricación de ferramentas e carpintería), chámase "macho" á peza que encaixa dentro doutra.
  • O primeiro sarmento da videira.
  • Peza da rella do arado
  • Martelo grande do ferreiro, usado para forxar o ferro na incre.
  • Mula: híbrido de asno e egua, sempre estéril. O macho chámase simplemente macho.

Véxase tamén

Dimorfismo sexual

O dimorfismo sexual é definido como a diferenza de formas, coloración e tamaños entre machos e femias dunha mesma especie. Preséntase na maioría das especies, nun maior ou menor grao.

Nalgunhas especies as femias son as máis grandes (como tal, nalgunhas aves rapaces e arañas) pero na maior parte das veces o dimorfismo sexual, sobre todo no caso dos mamíferos, é o macho o que presenta maior tamaño, algunhas veces dun xeito moi notable.

Tamén se dá o caso de que individuos do mesmo sexo presentan distinto aspecto morfolóxico, por exemplo ó longo das fases de crecemento, o que recibe o nome de polimorfismo sexual.

No caso da clase aves, é moi común falar de dimorfismo sexual referíndose á plumaxe: os machos en xeral presentan unha plumaxe máis rechamante que a das femias. Por iso exprésase sen ou con dimorfismo sexual, segundo machos e femias compartan ou non o colorido das súas plumaxes. Pero adoita darse o caso de que a plumaxe presente dimorfismo estacional, é dicir, unha plumaxe diferente para macho e femia, durante a estación reprodutiva, ou durante a estación invernal ou non reprodutiva. Este dimorfismo estacional é frecuente en aves migratorias.

Escroto

Nos animais do sexo masculino, o escroto ou saco/bolsa testicular é unha bolsa externa de pel e músculo que contén os testículos. É unha extensión do abdome e está localizado entre o pene e o ano.

Femia

Nas especies de sexualidade diferenciada, a femia é o sexo oposto ó macho. Os gametos da femia son meirandes e non se poden desprazar ó contrario que os do macho. Nos casos de seres hermafroditas, conterán tanto gametos masculinos como femininos.

Do termo "femia" deriva "feminismo", o cal é visto na teoría de xénero como unha conduta que ve as mulleres como suxeitos dignos de igualdade (cf. machismo).

Galiña

Galiña e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24.000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos hogares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xorden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C.. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na China desde -1400. Da Grecia antiga as galiñas espalláronse por Europa e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do Océano Pacífico, incluíndo a Illa da Pascua. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de doenzas virais.

Hermafroditismo

O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia. Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.

Home

O home ( pronunciación ), ou varón, é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.

Hydrus

Hydrus ou Hidra macho é unha constelación austral. É unha das 12 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603.

Non debe confundirse con Hydra. A constelación de Hydra representa á Hydra de Lerna da mitoloxía grega, unha serpe-mostro de auga que lle podían medrar varias cabezas cando unha delas era cortada.

Insectos

A dos insectos (Insecta) é unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos.

A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.

León

O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos. Ata finais do Plistoceno, hai aproximadamente 10 000 anos, o león era o máis estendido dos grandes mamíferos terrestres, tralos seres humanos. A súa distribución cubría a maior parte de África, gran parte de Eurasia, desde o oeste de Europa ata a India, e en América, desde o río Yukón ata o sur de México.Se sobreviven ás dificultades da infancia, as leoas que viven nun hábitat seguro, por exemplo no Parque Nacional Kruger, a miúdo poden chegar á idade de 12-14 anos, mentres que os leóns raramente viven máis de oito anos. Con todo, coñécense casos de leoas que viviron ata vinte anos en estado salvaxe. En cativerio, tanto os machos como as femias poden vivir máis de vinte anos. Adoitan vivir en sabanas e pradarías, aínda cando poden entrar en zonas arbustivas e boscosas. Os leóns son animais especialmente sociais en comparación con outros félidos. Unha manda de leóns componse de femias que teñen unha relación familiar, as súas crías e un número reducido de machos adultos. Os grupos de leoas adoitan cazar xuntas, atacando principalmente a grandes ungulados. O león é un superdepredador e unha especie chave, pese a que pode ter un comportamento preeiro se ten a oportunidade. Aínda cando os leóns, normalmente, non cazan humanos de xeito selectivo, algúns deles poden converterse en antropófagos e buscar presas humanas.

O león é unha especie vulnerable e, no seu ámbito de distribución africano, ao longo das dúas últimas décadas sufriu un declive das poboacións, posiblemente irreversible, de entre un 30% e un 50%; as poboacións non son viables fóra das reservas delimitadas e os parques nacionais. Aínda que a causa deste declive non é do todo comprendida, a perda do hábitat e os conflitos con humanos son hoxe en día os motivos de preocupación máis importantes. Tivéronse leóns en catividade desde os tempos da Antiga Roma e desde finais do século XVIII foron unha especie moi buscada e exhibida en zoolóxicos por todo o mundo. Os propios zoolóxicos están colaborando en programas de reprodución para protexer a ameazada subespecie asiática.

Os machos son moi fáciles de distinguir grazas á súa melena, que fai da súa cabeza un dos símbolos animais máis amplamente coñecidos da cultura humana. Aparece moi a miúdo na literatura, a escultura, a pintura, en bandeiras nacionais e en películas e literatura contemporáneas.

Mosca do vinagre

Drosophila melanogaster é unha especie de díptero (mosca) da familia Drosophilidae. A especie recibe o nome en xeral de mosca da froita ou mosca do vinagre, que tamén reciben outras especies de Drosophila. Desde que Charles W. Woodworth propuxo o uso desta mosca como organismo modelo para realizar estudos científicos, D. melanogaster é amplamente utilizada na investigación biolóxica en estudos de xenética, fisioloxía, patoxénese microbiana e evolución. É un animal moi axeitado para este mester porque é fácil de coidar, ten só catro pares de cromosomas, reprodúcese rapidamente, e pon moitos ovos. O xenoma desta mosca foi totalmente secuenciado e moitos dos seus xenes teñen homólogos no xenoma humano. D. melanogaster é unha praga común nas casas, en restaurantes e outros lugares onde se serve comida.As moscas que pertencen á familia Tephritidae tamén se poden chamar "moscas da froita", e orixinan pragas na froita de importancia económica (por exemplo, a especie Ceratitis capitata), e non hai que confundilas coas drosófilas. As Tephrítidae aliméntanse de froita en bo estado, mentres que as drosófilas fano de froitas moi maduras ou podres.

Muller

Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O término muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho. Conta con aspectos físicos que a diferencian do varón da especie como voz máis aguda, cintura máis estreita, cadeira máis ancha e pelve máis ampla, menos pelame corporal, menos masa muscular e máis tecido adiposo, mamas máis grandes e é de menor estatura comparada co varón.

O Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo.

Poza de la Vega

Poza de la Vega é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 236 habitantes (INE 2012).

Próstata

A próstata (do grego προστάτης - prostates, literalmente "o que está primeiro", "protector", "gardián") é un órgano glandular do aparato xenitourinario, exclusivo dos homes, con forma de castaña, localizada enfronte do recto, debaixo e á saída da vexiga urinaria. Contén células que producen parte do líquido seminal que protexe e nutre os espermatozoides contidos no seme.

A glándula prostática achega:

Antíxeno específico da próstata

Ácido cítrico

Fibrinóxeno

Espermina

Zinc (Zn, de propiedades bactericidas)

Magnesio (Mg, dá un aspecto leitoso ao seme)

Encimas:

Fosfatases acedas

Fibrinolisína

Transglutaminasa (en roedores, densifica o seme de maneira que xera un tapón vaxinal, evitando a saída do seme así como a cópula por parte doutro macho)

OutrasXusto encima e aos lados da glándula prostática atópanse as vesículas seminais que producen a maioría do líquido seminal. A próstata rodea a primeira parte da uretra, conduto polo que circulan os ouriños e o seme ata o pene.

As hormonas masculinas estimulan a glándula prostática desde o desenvolvemento do feto. A próstata continúa o seu crecemento ata a xuventude. A partir dos corenta ou cincuenta anos comeza a hipertrofiarse, sendo o único órgano en medrar nestas idades.

Quimera (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Quimera (en grego antigo Χίμαιρα Chímaira, que significa "animal fabuloso"; a través do latín Chimæra) era un monstro horrendo, filla de Tifón e de Equidna, que vagaba polas rexións de Asia Menor aterrorizando as poboacións e engulindo animais e rabaños enteiros. Foi a nai, con Ortro da Esfinxe e do León de Nemea.

As súas descricións varían desde as que dicían que tiña o corpo dunha cabra, os cuartos traseiros dunha serpente ou un dragón e a cabeza dun león, até as que afirmaban que tiña tres cabezas: unha de león, outra de macho cabrío, que lle saía do lombo, e a última de dragón, que nacía na cola. Todas as descriciónes coinciden, porén, en que vomitaba fogo por unha ou máis das súas cabezas e polo traseiro. Era sumamente rápida.

Quimera foi derrotada finalmente por Belerofonte coa axuda de Pegaso, o cabalo alado, ás ordes do rei Iobates de Licia. Hai varias descricións da súa morte: algunhas din simplemente que Belerofonte a atravesou coa súa lanza, mentres que outras sosteñen que a matou cubrindo a punta da lanza con chumbo que se fundiu ao ser exposto á ardente respiración de Quimera.

Rato doméstico

O rato doméstico ou rato caseiro (Mus musculus) é unha especie de roedor miomorfo da familia Muridae. É a especie máis frecuente de rato. Crese que é a segunda especie de mamíferos con maior número de individuos, despois de Homo sapiens. Habita sempre preto do home, co que mantén unha relación de comensalismo. O rato de laboratorio pertence a esta especie, polo que é tamén o mamífero máis utilizado en experimentos de laboratorio como organismo modelo e existen multitude de variantes transxénicas que simulan doenzas xenéticas humanas. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Reprodución sexual

A reprodución sexual é unha forma de reprodución que se realiza por medio da fusión de dous tipos de células reprodutoras especializadas chamadas gametos. Nos animais eses gametos son o óvulo e o espermatozoide. Ás veces poden funcionar como gametos núcleos de células, como os núcleos do gran de pole das plantas ou gametanxios, como en certos fungos. Os gametos adoitan ser distintos morfoloxicamente (anisogametos), e xeralmente o feminino é máis grande e inmóbil, pero en protistas poden ser iguais (isogametos). Os gametos normalmente orixínanse por un tipo de división celular especial chamado meiose, pero nos gametófitos haploides de musgos e fentos e nalgúns protistas os gametos fórmanse por mitose. Durante a meiose prodúcese a recombinación xenética entre os cromosomas homólogos de procedencia materna e paterna, o que aumenta a variabilidade xenética dos gametos. Os gametos formados por meiose teñen a metade de cromosomas que a célula que iniciou a meiose (por exemplo, nos humanos as células teñen 46 cromosomas -ou 23 pares- e orixinan gametos de 23 cromosomas). Os dous gametos fusiónanse durante a fecundación xerando un cigoto, no que se mesturaron o material xenético de ambos os gametos (e, por tanto, do pai e da nai). A división por sucesivas mitoses do cigoto inicia o desenvolvemento do novo individuo nos organismos multicelulares, como os animais e as plantas, para a maioría dos cales a reprodución sexual é a principal forma de reprodución e nalgúns casos a única. Moitos organismos combinan nos seus ciclos vitais fases de reprodución sexual e asexual.A evolución da reprodución sexual é un gran crebacabezas porque, en principio, a reprodución asexual debería ser superior a ela, xa que cada novo individuo pode ter a súa descendencia, o que implica que unha poboación asexual ten unha capacidade intrínseca de crecer máis rapidamente en cada xeración. Na sexual son necesarios dous individuos, e este custo do 50% é unha desvantaxe de fitness da reprodución sexual. Ademais, cada organismo só pode pasar á súa descendencia o 50% dos seus propios xenes. Porén, unha clara vantaxe da reprodución sexual é que pode impedir a acumulación de mutacións xenéticas e crea moita variabilidade.A selección sexual é un modo de selección natural na cal algúns individuos da poboación se reproducen máis que outros porque son mellores á hora de conseguir parellas para reproducirse. Foi descrita como "unha poderosa forza evolutiva que non existe nas poboacións asexuais."Os procariotas non teñen reprodución sexual propiamente dita, pero teñen mecanismos parasexuais de intercambio xenético entre individuos que lembran en certa medida o intercambio que se produce na reprodución sexual, pero que supoñen o intercambio dunha cantidade moi pequena de xenes e non xeran descendencia (o número de células segue sendo o mesmo do inicio), polo que non se pode falar de reprodución. Estes procesos supoñen unha transferencia horizontal de xenes. Entre eles están a conxugación bacteriana, a transformación e a transdución.

Salinas de Pisuerga

Salinas de Pisuerga é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 375 habitantes (INE 2012).

Sistema reprodutor

O sistema reprodutor é o conxunto de órganos que entre as súas funcións principais teñen a reprodución dos seres vivos.

Todos os seres vivos se reproducen, pero hai varias formas de reprodución que poden ser ou non sexuais: escisión, xemación, esporas e partenoxénese son formas de reprodución asexual. Na reprodución asexual os novos individuos son clónicos, xa que comparten unha carga xenética idéntica, excepto polas mutacións espontáneas. Comparten unha mesma sensibilidade aos cambios ambientais, de tal maneira que un cambio drástico pode supoñer a desaparición dalgunha destas especies. Moitas esporas son, con todo, formas de vida altamente resistentes á espera do restablecemento de circunstancias favorables.A reprodución sexual supón o intercambio de material xenético, xa que os individuos son diferentes, excepto no caso dos xemelgos idénticos. A vantaxe da reprodución sexual é que os individuos dunha determinada especie teñen máis capacidade de adaptación ante circunstancias adversas, de tal maneira que sobreviven os individuos que poden adaptarse a un determinado cambio ou que resisten unha determinada enfermidade.A reprodución sexual pode ser externa ou interna. É externa cando a fecundación se produce no medio extracorporal e interna cando ocorre no interior. A reprodución externa supón a emisión coordinada de óvulos ou de ovos por parte de individuos femia e de esperma por parte de individuos machos.

A reprodución interna dáse cando a fecundación se produce no interior do corpo do individuo femia que actúa como receptor e que achega un ou varios óvulos, á vez que un individuo macho achega o esperma. No caso de seres hermafroditas dáse unha fecundación mutua, cos óvulos de cada individuo e o esperma que o outro lle achega.As enfermidades do sistema reprodutor humano son moi comúns e estendidas, particularmente as enfermidades de transmisión sexual.

Villanuño de Valdavia

Villanuño de Valdavia é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 99 habitantes (INE 2012).

Orientación e identidade xenérico-sexuais
Identidades do xénero
Terceiro xénero
Orientacións sexuais
Roles de xénero
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.