Maceiras

O topónimo galego Maceiras pode referirse a:

Amais, como apelido pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Abellio

Abellio (tamén coñecido como Abelio, Abellion ou Abelion) é un deus celta da Galia antiga. Foi venerado no territorio dos Pireneos franceses e na zona que hoxe se corresponde coa rexión de Comminges. Tendo en conta o bo número de restos arqueolóxicos que se lle atribúen e a súa reducida extensión xeográfica de culto, é doado supoñer que se trataba dun deus dos máis importantes. Crese que era unha divindade relacionada coas maceiras.

Almati

Almati[Cómpre referencia] (en casaco cirílico Алматы, en latino Almatı), a antiga Alma-Atá e ata 1921 Verny, é a principal cidade de Casaquistán con 1 477 564 habitantes no 2013.

O nome significa das mazás por ser as maceiras orixinarias desta zona. En 1854 unha división de cosacos siberianos fundaron o forte Zailiysky preto da cordal de Tian Shan. Ao ano seguinte cambiouselle o nome a Verny. No terremoto de 1911 a cidade quedou desfeita, tan só a catedral ortodoxa se mantivo en pé.

En 1929 Almati converteuse na capital de Casaquistán. En 1991, coa independencia de Casaquistán, converteuse na capital dese estado ata 1998, no que se transladou a Astana.

Andrea Maceiras

Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora e profesora galega.

As Maceiras, Dozón

San Remixio das Maceiras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 habitantes (39 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes.

Avalon

Avalon (en latín: Insula Avallonis, en francés antigo: Avalon, en galés: Ynys Afallon, Ynys Afallach; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").

Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.

Beatriz Bascoy Maceiras

Beatriz Bascoy Maceiras, nada na Coruña no ano 1966, é unha política galega do BNG.

Dozón

Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Eleccións municipais en Miño

Corporacións democráticas en Miño desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Manuel Segura Domínguez — UCD

1983 Alcalde: Deogracias Romeu López — CP

1987 Alcalde: Deogracias Romeu López — AP

1991 Alcalde: Deogracias Romeu López — PPdeG

1995 Alcalde: Deogracias Romeu López — PPdeG

1999 Alcalde: Deogracias Romeu López — PPdeG

2003 Alcalde: Juan Antonio Maceiras Barros — CIMModelo:Miño 2003

2007 Alcalde: Juan Antonio Maceiras Barros — PPdeG

2011 Alcalde: Juan Antonio Maceiras Barros — PPdeG. Dimitiu en xaneiro de 2013 e foi substituído polo seu compañeiro de partido Jesús Veiga Sabín.

2015 Alcalde: Ricardo Sánchez Oroza — Compromiso por Miño. Investido alcalde cos votos a favor do PP, sendo deseguido expulsado de CxG. En agosto Oroza afiliase ao partido político Miño Plataforma Aberta. En xaneiro de 2016, chégase a un pacto de goberno de coalición de PP e Miño Plataforma Aberta, mantendo a Oroza como alcalde.Candidatos: Manuel Vázquez Faraldo (PSdeG-PSOE), Jesús Veiga Sabín (PP), Ricardo Alejandro Matías Sánchez Oroza (CxG-CCTT) e Olalla López Barro (BNG).

Eleccións municipais na Pobra do Caramiñal

Corporacións democráticas na Pobra do Caramiñal desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Segundo Durán Casais — UCD.

1983 Alcalde: Segundo Durán Casais — CP.

1987 Alcalde: Segundo Durán Casais — CPG. Substituído en 1989 por Álvaro Viéitez.

1991 Alcalde: Ramón Rego Mieites — PSdeG-PSOE. En coalición con Alternativa Independente.

1995 Alcalde: Ramón Rego Mieites — PSdeG-PSOE. En coalición co BNG ata 1997.

1999 Alcalde: Isaac Maceiras Rivas — PPdeG.

2003 Alcalde: Isaac Maceiras Rivas — PPdeG.Modelo:A Pobra do Caramiñal 2003

2007 Alcalde: Isaac Maceiras Rivas — PPdeG.Modelo:A Pobra do Caramiñal 2007

2011 Alcalde: Isaac Maceiras Rivas — PPdeG.

2015 Alcalde: Xosé Lois Piñeiro — Nós Pobra.Candidatos: Manuel María Durán Guillán (PP), Xosé Lois Piñeiro García (Nós Pobra), Ramiro Oubiña Oubiña (BNG) e María Teresa García Guillán (PSdeG-PSOE).

Isaac Maceiras

Isaac Ventura Maceiras Rivas é un político galego do PPdeG.

Loureda, Arteixo

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Lugares de Dozón

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Dozón

Maceira

A maceira (Malus domestica) cultívase desde hai máis de 15.000 anos. A súa orixe parece estar no Cáucaso e as ribeiras do mar Caspio. Foi traída a Europa polos romanos e na actualidade existen unhas 1.000 especies, como resultado de diferentes hibridacións entre especies silvestres. Tamén recibe en Galiza os nomes dialectais de macira, maciñeira e mazaira.

Un dos seus antepasados silvestres é Malus sieversii (non ten nome común), árbore aínda existente nas montañas da Asia central, no sur de Casaquistán, Kirguizistán, Taxiquistán e Xinjiang (provincia da China).

Os investigadores están traballando con esta especie, xa que é resistente a moitas enfermidades e pestes, para crear maceiras domésticas máis vigorosas.

Crese que houbo outras que contribuíron ao xenoma das maceiras domésticas, como Malus baccata e Malus sylvestris, pero non existen evidencias disto en antigas maceiras cultivadas. Estas e outras especies de Malus estanse utilizando en programas de cultivo para desenvolver árbores susceptíbeis de crecer en climas desfavorábeis para Malus domestica, principalmente para incrementar a tolerancia ao frío.

É unha árbore de mediano tamaño (12 m de altura), caducifolio, de copa redondeada, aberta e numerosas ramas que se dispoñen case en horizontal. Posúe follas ovaladas, suavemente dentadas nos bordos e de forte cor verde con pubescencia no envés. Ao esmagalas despiden un agradábel recendo.

As bonitas flores (tamén aromáticas) teñen unha corola con 5 pétalos brancos, arredondados, frecuentemente veteados de vermello ou rosa e son penduculadas. Xorden agrupadas en acios de entre tres e seis unidades das pólas novas laterais formando corimbos. Son hermafroditas, con cáliz de cinco sépalos e numerosos estames amarelos. A maciñeira florece na primavera antes da aparición anual das súas follas. O froito que se desenvolve a partir deste pedúnculo floral que se volve carnoso é a mazá. De pel verde amarela ou vermella, é suave e brillante. A súa polpa é auguenta e doce e contén sementes. A mazá acostuma madurar contra o outono. A mazá da maceira brava diferénciase por unha cor verde amarelada na súa pel e de sabor agre.

Maceiras, Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa

Maceiras é un lugar da parroquia de Sobrán (San Martiño de Fóra) no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 26 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 13 eran mulleres e 13 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 32 veciños, e 2005, cando eran 31.

Oídio

Oídio, é o nome dun fungo do filo dos ascomicetos, do que existen varias especies que poden ser parasitos da vide e outras plantas, sobre as que provocan unha enfermidade que as cobre dunha camada pulverulenta e cinsenta abrancazada de micelio en forma de estrela principalmente na parte axial. Os talos tamén poden verse afectados. Nun ataque forte as follas tórnanse amarelas e despois muchan.

Teis, Vigo

San Salvador de Teis é unha parroquia do concello de Vigo, cuxa parte meridional forma parte do núcleo urbano. En 2013, segundo o IGE, tiña 2.714 habitantes. Limita coas parroquias de Candeán, San Paio, San Xoán do Monte e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Teis. Ten 6 entidades de poboación (A Mouta, A Paradela, O Paraixal, A Presa, O Pugariño, e Rorís) e 35 lugares (Arnela, Cacharela, A Calzada, Cancelo, Os Caños, A Chumba, As Coutadas, O Espiñeiro, A Ferreira, As Flores, Foxos, Frián, A Guía, Guixar, A Igrexa, A Lagoa, O Laranxo, Maceiras, O Montecelo, A Oliveira, Padín, Poulo, A Punta, A Ribeira, Ríos, A Rotea, Santa Trega, Tizón, Tobel, O Toural, Trapa, Travesán, O Troncal, Valbarda e A Xorxa).

Está situada nas abas do monte da Guía e do monte da Madroa.

Villaviciosa, Asturias

Villaviciosa é un concello, unha parroquia e unha vila da comunidade autónoma do Principado de Asturias (España). Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Sariego, Nava, Cabranes e Piloña, ao oeste con Xixón e Siero e ao leste con Colunga.

A súa ría é a maior de Asturias. Hai un importante porto pesqueiro en Tazones. A capital do municipio é Villaviciosa e o concello está irmandado con Villaviciosa de Odón, na Comunidade de Madrid.

É coñecido pola calidade da súa sidra e pola abundancia en pumaraes (nome co que se coñece en Asturias ós arboredos de maceiras). Na Idade Media denominouse Maliayo, topónimo que deu lugar ao coñecido xentilicio de maliayés. O topónimo actual, "Villaviciosa", significa "vila fértil".

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.