Maceda

Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).

Coordenadas: 42°16′15″N 7°39′3″O / 42.27083, -7.65083

Maceda
Escudo de Maceda
Concello de Maceda
Casa do concello.
Situacion Maceda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación2.890 hab. (2018)
Área101,9 km²
Densidade28,36 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloMaceda
Política (2019[2])
AlcaldeRubén Quintas Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: CxG 1, E.S.C.O 1, C'S 1
Eleccións municipais en Maceda
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,88%
Na rede
http://www.concellodemaceda.com

Xeografía

O concello, de 102 km², está situado no Alto do Arnoia, entre o val de Xunqueira de Espadanedo e as vertentes da Serra de San Mamede.

Demografía

Poboación

En 2017, Maceda tiña 2.924 habitantes distribuídos en 54 núcleos de poboación que ocupan 102 km², cunha densidade de poboación de 28,80 hab./km².[Cómpre referencia] O 66.71% da poboación vivía no núcleo municipal, Maceda, no ano 2016.[Cómpre referencia] Dende o ano 2007, máis da metade da poboación vive no núcleo municipal.[Cómpre referencia]

Os datos refírense a 1 de xaneiro de cada ano.

Censo total 2.924 (2017)
Menores de 15 anos 291 (9.95 %)
Entre 15 e 64 anos 1.617 (55.3 %)
Maiores de 65 anos 1.016 (34.75 %)
Evolución da poboación de Maceda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.948 5.919 5.991 5.467 3.262 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A historia de Maceda está ligada ao castelo de Maceda[5], iniciado a comezos do século XI.

Cultura

Toponimia

Maceda é un fitotopónimo que procede do latín mattianeta que provén do latín vulgar mattiana, "maceira", máis o sufixo abundancial -etam, polo que significa "lugar onde abundan as maceiras"[Cómpre referencia].

Maceda na cultura popular

Vicente Risco recolle a crenza de que, en Maceda e en Castro Caldelas, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Maceda.
Centro de Saúde de Maceda

Centro de saúde.

Vaca Galega

Vaca galega na Fonte do Santo (Serra do San Mamede).

Pobo2

Carro en Santiso. Santiso, Maceda.

Lugares de Maceda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maceda vexa: Lugares de Maceda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Maceda". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Hotel Monumento Castelo de Maceda en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
  6. Vicente Risco 1962, 368.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Costa, Maceda

Santiago da Costa é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2014 tiña 47 habitantes (26 homes e 21 mulleres) distribuídas en tres entidades de poboación.

As Chás, Maceda

San Xoán das Chás é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica das Chás que está formada polos 5 lugares desta parroquia civil, máis os 8 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

Asadur, Maceda

Asadur é unha parroquia do concello de Maceda. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres). Está situada nas abas do monte do Rodicio,

Baños de Molgas

Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é molgao, molgués ou molguense.

Castro de Escuadro, Maceda

Santa Baia de Castro de Escuadro é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 143 habitantes (63 homes e 80 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 44 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Covas, Maceda

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres) nunha das dúas entidades de poboación que compoñen a parroquia, estando a outra despoboada.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

Foncuberta, Maceda

Santa María de Foncuberta é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 195 habitantes (103 homes e 92 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 26 habitantes en relación ao ano 2000.

Preto do lugar de Vixueses faleceu Benigno Álvarez o 11 de marzo de 1937.

Maceda, Maceda

San Pedro de Maceda é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 1.762 habitantes (851 homes e 911 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento de 57 habitantes en relación ao ano 2000.

Maceda, O Corgo

Maceda é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 40 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 21 homes e 19 mulleres. O que supón unha diminución de 9 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 49 habitantes (27 homes e 22 mulleres) e 17 menos que en 2000.

Maceda, Palas de Rei

San Miguel de Maceda é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 61 habitantes, deles 28 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano 2007.

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Piúca ou Araúxo, Maceda

Santa María de Piúca ou Araúxo é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 54 habitantes (27 homes e 27 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Ramón Gómez Crespo

Ramón Gómez Crespo, nado en Xinzo da Costa (Maceda) o 17 de abril de 1952, é presidente do Proxecto Home de Galicia.

Santiso, Maceda

Santa María de Santiso é unha parroquia do concello de Maceda. No ano 2008 tiña 36 habitantes.

Tioira, Maceda

Santa María de Tioira é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 262 habitantes (128 homes e 134 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 50 habitantes en relación ao ano 2000.

Vilardecás, Maceda

San Xoán de Vilardecás é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 225 habitantes (120 homes e 105 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 58 habitantes en relación ao ano 2000.

Zorelle, Maceda

Santiago de Zorelle é unha parroquia do concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 167 habitantes (80 homes e 87 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.