Maamme

Maamme ou Vårt land (en finés e sueco respectivamente, en galego: significa A Nosa Terra) é o nome do himno nacional de facto de Finlandia.

A música foi composta polo alemán Fredrik Pacius, e a letra (orixinalmente en sueco) polo sueco-finés Johan Ludvig Runeberg. Foi presentado por primeira vez o 13 de maio de 1848. O poema orixinal, escrito en 1846 pero non impreso até 1848, tiña 11 estrofas e formaba parte do prólogo do verso Relatos do Alférez Ståhl (Fänrik Ståhls Sägner), unha obra mestra do nacionalismo romántico.

Relatos do Alférez Ståhl foi unha obra moi apreciada en Escandinavia. Até a independencia de Finlandia, as notas de Pacius e as letras de Runeberg eran cantadas frecuentemente en Noruega, Dinamarca e Suecia. Débese notar que na versión sueca do himno, o texto non fai referencia a Finlandia, só a un país no norte (ou os países nórdicos en xeral); con todo na versión finesa do himno, o texto refírese explicitamente a Finlandia.

Algúns finlandeses propuxeron que o himno nacional sexa cambiado por Finlandia de Jean Sibelius; en parte porque a música tamén se usa no himno nacional de Estonia (Mu isamaa, mu õnn ja rõõm) cunha letra moi similar, e en parte porque Pacius era alemán e Runeberg era sueco-finés (aínda que Sibelius era tamén sueco-finés).

Maamme
En galego: A Nosa Terra
Vänrikki Stoolin tarinat 3
Himno deFinlandia Finlandia
LetraJohan Ludvig Runeberg
1848
MúsicaFredrik Pacius
1848
Mostra da música
Maamme (Instrumental)

Letra

VartLandStatue

A continuación preséntanse as letras do himno en finés e sueco, así como a súa tradución ao galego:

Maamme

Oi maamme, Suomi, synnyinmaa!
Soi, sana kultainen!
Ei laaksoa, ei kukkulaa,
ei vettä, rantaa rakkaampaa
kuin kotimaa tää pohjoinen,
maa kallis isien.
Sun kukoistukses kuorestaan
kerrankin puhkeaa;
viel' lempemme saa nousemaan
sun toivos, riemus loistossaan,
ja kerran laulus, synnyinmaa
korkeemman kaiun saa.

Vårt land

Vårt land, vårt land, vårt fosterland,
ljud högt, o dyra ord!
Ej lyfts en höjd mot himlens rand,
ej sänks en dal, ej sköljs en strand,
mer älskad än vår bygd i nord,
än våra fäders jord!
Din blomning, sluten än i knopp,
Skall mogna ur sitt tvång;
Se, ur vår kärlek skall gå opp
Ditt ljus, din glans, din fröjd, ditt hopp.
Och högre klinga skall en gång
Vår fosterländska sång.

A Nosa Terra

A Nosa terra, a nosa terra, a nosa patria,
que soe alto o teu nome, esas verbas tan queridas!
Non existe un outeiro que se erga cara o ceo,
nin val que baixe, nin praia que bañe o mar,
que sexa máis amada que o noso lugar no Norte,
máis que o chan dos nosos devanceiros.
Es unha flor que agarda aínda como abrollo,
mais madurarás e sairás do teu confinamento.
Mira! Do noso amor erguerase
a túa luz, o teu brillo, a túa ledicia, a túa esperanza.
E soará outra vez forte e clara
esta, nosa canción á patria.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Finlandia

Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.

No ano 2009, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338.145 quilómetros cadrados. A meirande parte da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do golfo de Finlandia e proximidades. Finlandia é o sexto país máis grande de Europa en termos de área, e conta cunha baixa densidade de poboación de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado, o que o converte no país menos densamente poboado dentro da Unión Europea. A maioría dos finlandeses falan o finés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é lingua materna dun 5,5% da poboación nacional.

Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándose nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 28 de febreiro de 2002, substituído ao marco finlandés.

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (A miña terra nai, o meu gozo e dita) foi adoptado como himno nacional (en estoniano: riigihümn, ou rahvushümn) da República da Estonia en 1920, sendo retomado en 1990. Entre 1956 e 1990, a República Socialista Soviética de Estonia, parte da Unión Soviética, tiña un himno diferente: Eesti NSV hümn.

A letra foi escrita por Johann Voldemar Jannsen para unha melodía composta en 1848 por Fredrik (Friedrich) Pacius que tamén compuxo a música do himno nacional da Finlandia: Maamme.

A canción presentouse ao público pola primeira vez no decorrer do Gran Festival da Canción da Estonia en 1869 e tornouse rapidamente no símbolo do Nacionalismo estoniano.

Reino de Finlandia (1918)

O reino de Finlandia, foi un proxecto de monarquía constitucional que tratou de establecerse en Finlandia en 1918 baixo a forma de estado cliente de Alemaña.

Tras declaración de independencia, Finlandia deixara de ser un Gran Ducado dependente do Imperio ruso, para converterse nun estado independente e soberano. En xaneiro de 1918 o caos social que se vivía no país desembocou nunha guerra civil na que se enfrontaron os revolucionarios socialistas e socialdemócratas, apoiados pola Rusia soviética, contra os conservadores, apoiados polo Imperio alemán. En marzo de 1918 o Imperio alemán interviu na guerra civil e a súa influencia provocou que o 9 de outubro de 1918 o parlamento elixira como monarca ao príncipe Federico Carlos de Hesse-Kassel, Landgrave de Hesse, da casa de Hesse-Kassel, quen foi coroado como Carlos I de Finlandia. Este renunciou ao trono o 14 de decembro de 1918, tras o cal Finlandia adoptou unha constitución republicana.

Ålänningens sång

Ålänningens sång ("Canción dos Ålander"; finés: "Ahvenanmaalaisten laulu) é o himno nacional das Illas Åland, un provincia autónoma de Finlandia de fala sueca. Adoptado en 1922, a letra foi escrita por John Grandell e a música foi composta por Johan Fridolf Hagfors. A canción foi interpretada por vez primeira durante o festival de Mariehamn en 1922. É interpretada frecuentemente no solsticio de verán e o 9 de xuño, o día nacional de Åland.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.