Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

Coordenadas: 43°44′10″N 07°42′20″O / 43.73611, -7.70556

Mañón
Escudo de Mañón
Barqueiro-130
Vista do O Porto do Barqueiro, Mañón
Situacion Mañón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación1.363 hab. (2018)
Área82,2 km²
Densidade16,58 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias e 142 lugares
Capital do concelloO Barqueiro
Política (2019[2])
AlcaldeAlfonso Balseiro Gómez (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Mañón
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes56,46%
Na rede
www.manon.es
correo@manon.dicoruna.es

Demografía

Censo total 1.454 (2015)
Menores de 15 anos 91 (6,26 %)
Entre 15 e 64 anos 816 (56,12 %)
Maiores de 65 anos 547 (37,62 %)
Estranxeiros 27 (1,86 %)
Evolución da poboación de Mañón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4 459 4 059 4 267 2 976 1 830 1 602 1 537 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis dun quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao oeste co río Sor e a ría do Barqueiro. Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.

Goberno municipal

Nas eleccións municipais de maio de 2007, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 6 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfonso Balseiro como alcalde. O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 3 concelleiros restantes.

O BNG superou a barreira do 5 % dos votos, pero os resultados de PP e PSdeG-PSOE impedíronlle entrar na corporación.

Patrimonio histórico e artístico

O Camiño dos arrieiros[4]: Camiño que xa puidera ser neolítico[5], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:

Na parroquia de Santa María de Mañón está a igrexa parroquial de Santa María.

Na parroquia das Ribeiras está o pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.

Lugares turísticos

Puntos de interese

Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.

  • Refuxios:
    • Na parroquia de Grañas do Sor:
      • A Ribeira do Bispo.
      • O Cascón.
    • Na parroquia de Mañón:
      • Ponte Segade.
      • Muíño de Salustio.
      • Fonte Cubelas.
      • Augas Caídas.
    • Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
      • A Furada, coa súa ponte pendurante.
      • Refuxio de Ulló.
  • A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Praias

Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.

Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.

Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.

Sendeirismo

Mañón conta cunha ruta homologada de sendeirismo: PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas. Trascorre principalmente pola beira esquerda do río Sor, salvo un tramo entre o Muiño de Salustio e Fonte Cubelas.

Mañón na literatura popular

  • Faralleiros son nas Grañas,/ revellados en Mañón,/ cabanexos en Cabanas,/ burros en San Pantaón [7]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mañón.
Pontes barqueiro1

As Pontes Nova e Vella na Ría do Barqueiro.

Forno dos mouros - penabranca

Dolmen do Forno dos Mouros.

Igrexa de Mañón

Igrexa de Santa María de Mañón.

Rectoral de Grañas do Sor

Reitoral das Grañas do Sor.

Parroquias

Parroquias de Manhon
As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.

Lugares de Mañón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. véxase Información do Camiño dos arrieiros Arquivado 02 de maio de 2007 en Wayback Machine.
  5. Foi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen di: "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34)
  6. Maciñeira
  7. Son todos lugares do concello de Mañón.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arovello, Mañón, Mañón

Arovello é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 contaba cun habitante (1 muller).

As Grañas do Sor, Mañón

San Mamede das Grañas de Sor é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Mañón na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 175 habitantes (96 homes e 79 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 279 habitantes.

As Ribeiras do Sor, Mañón

San Cristovo das Ribeiras do Sor é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mañón. Segundo o IGE en 2013 tiña 175 habitantes (88 homes e 87 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes.

Bares, Mañón

Santa María de Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor. No ano 2011 tiña 197 habitantes.

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Caión, Mañón, Mañón

Caión é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña 12 habitantes (5 homes e 7 mulleres).

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Federico Maciñeira

Federico Guillermo Maciñeira Pardo de Lama, nado no Barqueiro (Mañón) o 3 de setembro de 1870 e falecido en Ortigueira o 25 de xaneiro de 1943, foi un arqueólogo e político galego.

Loiba, Ortigueira

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Mañón, Mañón

Santa María de Mañón é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mañón. Segundo o IGE en 2013 tiña 239 habitantes (121 mulleres e 118 homes) distribuídos en 43 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 372 habitantes.

Mogor, Mañón

Santa María de Mogor é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mañón. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 774 habitantes (400 mulleres e 374 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 856 habitantes.

O Azor, Mañón, Mañón

O Azor é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres).

O Barqueiro, Mañón, Mañón

O Barqueiro é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

O Camiño da Barcia, Mañón, Mañón

O Camiño da Barcia é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

O Rego do Chao, Mañón, Mañón

O Rego do Chao é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller).

O Seixo do Chao, Mañón, Mañón

O Seixo do Chao é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña 7 habitantes (2 homes e 5 mulleres).

Os Francos, Mañón, Mañón

Os Francos é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña tre habitantes (dous homes e unha muller).

Os Muros do Chao, Mañón, Mañón

Os Muros do Chao é un lugar da parroquia de Mañón no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

Serra da Coriscada

A serra da Coriscada, que no seu tramo norte inicial ás veces é chamada serra de Solleiro, é unha serra galega que comeza en Estaca de Bares e limita entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra pasa o río Sor.

A vexetación da zona son plantación de eucalipto, algunha carballeira pequena e na parte máis afastada o litoral así como nos cimos matogueira de breixos e toxos.

O punto de maior altitude é o monte de Coriscada, con 523 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.