Música pop

A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.

Historicamente, a expresión "música pop" non era entendida como un xénero musical con características musicais concretas. Era, directamente, o contrario á música de culto, á música clásica. Baixo esta definición entraban estilos como o rock, o funky, o folk ou ata o jazz. O pop era entendido como ese gran grupo de músicas para a xente de escasa cultura musical. Co tempo, o pop foi gañándose a súa acepción como estilo musical independente, liberándose, ademais, do sentido pexorativo e negativo ao que se vinculaba.

O pop, nome que procede de música popular, é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos Beatles este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.

Malia ser un estilo absolutamente híbrido (pop-rock, noise-pop, britpop, electropop...), as clasificacións máis coñecidas e aceptadas son: Pop indie Vs. Pop comercial, e Pop electrónico Vs. Pop Tradicional. A magnífica proliferación do pop fai imposible que estas clasificacións representen divisións puras.

Michael Jackson 1984
Michael Jackson, coñecido como o Rei do pop.
CandyShopAmsterdam cropped
Madonna, artista que acadou grande sona na década de 1980.

Pop indie

A esta liña pertencen tódalas agrupacións cuxas compañías discográficas non contan con grandes orzamentos e que, xa que logo, non compiten co "mainstream". O seu carácter underground confírelles certo carácter de culto, que se incrementa en ocasións cunha lírica creativa algo difícil de asimilar nunha primeira escoita. A creación musical está afortalada* fronte á promoción ou a rendibilidade do produto. No movemento indie adoitan predominar actitudes e gustos "freak", certa atemporalidade en forma de "síndrome de Peter Pan", e fetichismo cara ao retro e o kitsch.

Pop comercial

É o pop que atopamos en radiofórmulas, soportado por grandes compañías discográficas cuns obxectivos económicos moi claros e definidos. A estes obxectivos vense sometidos os artistas, que en ocasións funcionan como verdadeiros produtos de tempada. É unha música de consumo, que vive pouco tempo (en ocasións, só os meses de verán), e cuxo contido en moitas ocasións é convencional e estándar. É xusto recoñecer que dentro desta liña musical, e aínda amparados por desmesuradas campañas comerciais, tamén existen grupos e solistas que gozan dunha calidade contrastada e de liberdade creativa.

Na sociedade de consumo o primeiro obxectivo dun produto é que cree os máximos beneficios posibles e o pop cumpre con esta norma. É un dos xéneros con maior potencial de consumidores e isto aproveitárono as cadeas de televisión para crear artistas do xénero en programas como Operación Triunfo, e que teñen grandes audiencias.

Sen dúbida, unha das características que definen o carácter deste xénero é o furor que as estrelas do pop producen nos denominados fans, que en galego teñen unha connotación moito máis seria: "fanáticos". O mercadotecnia, os programas específicos de música pop, a promoción radiofónica e vídeos-DVD son algunhas das manifestacións deste mundo.

En 1998 o definido "Teen pop" fai o seu reaparición. Cantantes ata ese momento descoñecidos como Britney Spears, ocuparon os primeiros lugares nas listas de discos máis vendidos. A raíz do éxito desta artista, triunfaron entre outros Michael Jackson, Mandy Moore, Jessica Simpson ou Christina Aguilera. Tamén apareceron "boy bands" como Backstreet Boys, Spice Girls ou N' sync. Estes cantantes adoitan estar presentes nos medios de comunicación, moitas veces á marxe da súa carreira musical.

Pop electrónico

É aquel que se xerou con instrumentos electrónicos e sons dixitais. Véxase: Aviador Dro, OBK ou Alaska.

Pop tradicional

É aquel que se xerou coa estrutura musical tradicional dos Beatles: Voz, guitarra, baixo e batería. Véxase Rolling Stones, La Habitación Roja, Amaral etc.

Pop versus rock

Hai tantas características comúns entre o rock e o pop que, en moitas ocasións, unha mesma composición pode ser catalogada indistintamente con argumentos igualmente sólidos. De calquera modo, existe a opinión consensuada de que a principal diferenza está na intensidade do espectáculo en directo e na forza e virtuosismo instrumental.

O rock sempre mantén a estrutura tradicional "guitarra - baixo - batería", con riffs saturados e sós de guitarras penetrantes, cun gran núcleo rítmico de baixo e batería, e con voces máis desgarradas. A temática das letras acostuma ser máis ampla e arriscada. O pop, ao contrario, non ten estrutura instrumental definida, predomina a melodía de voz sobre o resto de instrumentos, e mantén un clímax musical máis asimilable e limpo.

Véxase tamén

Outros artigos

29 de xaneiro

O 29 de xaneiro é o 29º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 336 días para finalizar o ano, 337 nos anos bisestos.

Blues

O Blues é un estilo musical vocal e instrumental que evoluiu dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O “blues” foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

As primeiras formas de blues apareceron nos fins do século XIX e principios do século XX no delta do Mississippi, nos estados do sur dos EUA. Usaban instrumentos simples como guitarra acústica, piano e harmónica (blues harp).

A escala de blues é atopada frecuentemente noutras formas musicais diferentes, en músicas como “Blues in the night”” de Harold Arlen, baladas de blues como “Since I fell for you” e “Please send me someone to love” e ata en traballos orquestrais como Rhapsody in Blue e “Concerto in F” de George Gershwin. De feito a escala do blues está omnipresente na música popular dos nosos días.

Frecuentemente o blues toma a forma dunha narrativa solta, moitas veces co cantor recitando as súas desgrazas. Moitos dos blues antigos conteñen letras coraxosas e realistas, contrastando coa maior parte da música que era escrita nesa época. Un exemplo é Down in the alley de Memphis Minnie, que fala dunha prostituta.

Nos fins do século XIX e principios do XX, W. C. Handy levou os blues para alén da liña, tornándoo respectábel, e mesmo ben recibido. Este músico, compositor e orquestrador foi a chave para a popularidade do blues, coñecido como “Father of the blues” (O pai do blues). Handy foi o primeiro a transcribir e a orquestrar o blues case como unha sinfonía. Extremadamente prolífico en toda a súa longa vida, o grande éxito de Handy foi “St. Louis Blues”.

Bandas de Jazz gravan por veces música de blues. Cara 1920 os blues tornaranse nun elemento destacado da música popular norteamericana. Co desenvolvemento da industria discográfica, houbo un crecemento da popularidade de cantores e guitarristas de country-blues como Blind Lemon Jefferson, Bling Blake, Son House, Robert Johnson, Charley Patton e Mississippi John Hurt, unha chea de músicos que influenciaron o blues, e máis tarde moitos dos músicos rock. Os discos destes artistas foron coñecidos como “race records” (discos raciais), debido a se destinaren case exclusivamente a audiencias afroamericanas. Tamén había cantoras de blues, e moi populares, destacando, Mamie Smith, Gertrude “Ma” Rainey, Bessie Smith e Victoría Spivey.

En 1940 e 1950, apareceu o blues eléctrico, moi popular en cidades como Chicago e Detroit, e os mellores exemplos son artistas como Howlin’ Wolf, Muddy Waters e John Lee Hooker. O blues eléctrico sería eventualmente o “pai” do rock and roll.

O blues continuou forte nas décadas seguintes. A música do American civil rights movement, Black pride movement e do Free speech movement nos Estados Unidos fixo rexurdir o interese polas raíces da música americana en xeral e na anterior influencia da música afroamericana en particular. Músicos como Eric Clapton, Janis Joplin e Jimi Hendrix, influenciados tanto polos primeiros bluesmen como polos máis recentes, levaron o blues a unha audiencia cada vez máis nova. A través destes músicos e doutros, anteriores e posteriores, o blues influenciou definitivamente no desenvolvemento do rock and roll.

Así como mestres do blues como John Lee Hooker, B.B. King e Muddy Waters continuaron a tocar para audiencias entusiastas inspirando a novos artista a mergullarse no blues tradicional, tales como Taj Mahal (músico). A música de Mahal foi preeminente no filme Sounder, nomeado para os Óscares de Hollywood en 1972, protagonizado por Cicely Tyson e Paul Winfield; a acción se desenvolvía na Louisiana dos anos 30, e foi moi importante no revivir do interese na vella escola do blues acústico. Oito anos despois, o filme Os Blues Brothers foi tamén moi importante para axudar ao coñecemento do blues urbano do século XX por parte das xeracións máis novas.

Desde aí, o blues continuou a medrar tanto na súa forma tradicional como en novas direccións a través de músicos como Taj Mahal, Robert Cray, Bonnie Raitt, Keb’ Mo’ e outros.

Intérpretes de blues aparecen en practicamente todos os estilos musicais.

O blues aparece nos lugares máis sorprendentes. O tema da serie televisiva Batman era blues así como o primeiro éxito de Fabian, “Turn me loose”. Do mesmo xeito, moitos clásicos do jazz tal como “Now’s the time" de Charlie Parker, tamén usou o blues instrumental. A primeira grande estrela da Country music, Jimmie Rodgers, era tamén un intérprete de blues.

Cadena Dial

Cadena Dial é unha emisora de radio española propiedade do Grupo Prisa, que emite exclusivamente música pop en español e, en Cataluña, tamén en catalán. Comezou as súas emisións en 1988 e en Madrid utiliza o 91.7 FM, que antes da súa existencia tivo os nomes de Radio Callao e Radio Corazón.

Cuéntame cómo pasó

Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de dereito de autoría.A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".

A serie creouse co propósito de celebrar o primeiro cuarto de século transcorrido desde a Transición e o seu espírito claramente didáctico queda patente nalgúns capítulos puntuais especiais, nos que se inclúen entrevistas documentais a personaxes históricos da época, por exemplo os correspondentes ao asasinato do presidente Carrero Blanco ou á morte de Franco.

Desde o seu primeiro capítulo, emitido o 13 de setembro de 2001, Cuéntame reflectirá os cambios experimentados no país a partir de 1968. A 11ª tempada estreouse o 10 de setembro de 2009 e terminou o xoves 17 de decembro de 2009 cun récord absoluto de audiencia desde o 2007 e superando a de Gran Hermano.

A pesar de levar máis de 8 anos en antena a serie converteuse en todo un referente e a súa audiencia segue intacta, plantando cara a Gran Hermano.

Entre o 3 de xaneiro e o 23 de maio de 2013 emitiuse a súa décimo cuarta tempada.

J-pop

A música pop xaponesa, en ocasións chamada co anglicismo J-Pop (ジェイポップ) ou japanese pop refírese á música pop xaponesa moderna, e é aquela que se basea principalmente nas influencias occidentais modernas máis ca nas influencias musicais tradicionais xaponesas. Ten as súas raíces máis profundas no Jazz, música que se fixo moi popular no comezo da Era Showa.

Kylie Minogue

Kylie Minogue, nada en Melbourne o 28 de maio de 1968, é unha cantante de música pop australiana. Leva vendidos máis de 60 millóns de discos ao longo da súa carreira.

Leeds

Leeds é unha cidade británica do condado de Yorkshire Occidental, no norte de Inglaterra, sita sobre o río Aire. Forma parte da área metropolitana denominada City of Leeds.

Segundo o censo de 2001 a zona urbana da cidade ten 429.242 habitantes e a aglomeración total 716.513. A área urbana de Leeds ten 1 880 000 habitantes (estimación de 2005).

Un habitante chámase localmente un loiner, aínda que é termo pouco usado. Os clubs deportivos empregan leodensian ou leodiensian, de inspiración latina imaxinaria.

Limodre, Fene

Santa Eulalia de Limodre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 468 habitantes (242 mulleres e 226 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes.

Entre 1999 e 2017, na súa pista polideportiva e no parque A Hortiña, celebrouse un festival de música pop chamado Felipop. Limodre tamén ten 4 praias chamadas Río Sandeo, Coido, Almieiras e Río Castro.

Macedonia do Norte no Festival de Eurovisión

A República de Macedonia participou no Festival da Canción de Eurovisión como país dende o Festival de Eurovisión 1998. O mellor resultado que tivo até agora foi o 12º lugar na final do Festival de Eurovisión 2006. Macedonia, xunto a Montenegro, é a única antiga nación iugoslava que non terminou nunca dentro das 10 mellores en Eurovisión.

Antes de ser un estado propio, como parte de Iugoslavia, a RS Macedonia competía na Jugovizija, a preselección nacional iugoslava. Despois da desintegración de Iugoslavia, os países que obtiveron a súa independencia buscaron participar no Festival de Eurovisión como entidades independentes. Macedonia estaba lista para participar no 1993 con Maja Odzaklievska e a canción Ne me dopiraj. Con todo, retirouse antes do festival por razóns que non se fixeron públicas.

Macedonia logra clasificarse na final do festival na edición de Festival de Eurovisión 1998 co tema Ne zori, zoro ("Que non amenza"), cantado por Vlado Janevski, logrando o 19º lugar con 16 puntos. Este tema marca un hito na historia recente do Festival de Eurovisión ao ser a última canción participante en ser interpretada cunha orquestra en vivo, tras a eliminación ao ano seguinte.

O festival de música pop Skopje Fest úsase como preselección nacional. Amos espectáculos son sempre cubertos pola Makedonska Radio Televizija.

Mecano

Mecano foi un grupo español de música pop dos anos 80 e 90. Estaba composto por: Ana Torroja (voz), Nacho Cano (programación, guitarras, teclados e coros) e José María Cano (guitarras, teclados e coros).

Mecano vendeu uns 25 millóns de discos en países como España, México, Venezuela, Arxentina ou Chile e acadaron o número un en varias ocasións en Francia e Italia, grazas ós seus traballos nos respectivos idiomas. Mecano é un dos grupos de pop rock máis importante da historia da música e o máis influente da música pop española.

Música electrónica

A expresión música electrónica refírese á música que usa instrumentos musicais electrónicos ou tecnoloxía musical electrónica como o aspecto central do son da música.

Historicamente considerábase música electrónica a toda música creada co uso de instrumentos electrónicos musicais ou elaborada mediante procesos electrónicos, pero actualmente esa distinción non ten senso xa que case toda a música gravada hoxe e a maioría das actuacións musicais en directo depende da electrónica. Calquera son xerado por medio dunha sinal eléctrica (como unha guitarra eléctrica, e incluso os micrófonos, amplificadores e altofalantes) podería ser correctamente chamado electrónico, pero o uso habitual das súas técnicas de creación en todos os tipos de música restrinxiu a expresión "música electrónica" exclusivamente para a música xerada por máquinas electrónicas concibidas para crear sons (sintetizadores, samplers, computadoras e máquinas de ritmo –beatboxes etc), todos eles de natureza analóxica ou dixital. Así hoxe en día a expresión "música electrónica" refírese a música que usa a electrónica como a parte máis importante da obra, o punto central, e non ó resto de música que se ben ten elementos electrónicos estes non son o elemento central da obra.

Tamén se lle pode chamar música electrónica á música creada con microcomputadoras, debido a que existe software que dixitaliza, manipula e procesa os sons, en contraposición ós sintetizadores analóxicos que usan hardware electrónico para manipular as sinais sonoras. Recentemente comezouse a usar sintetizadores de software que foron deseñados especificamente para "emular" o son dos instrumentos analóxicos e dixitais máis valorados.

A música electrónica contemporánea refírese tanto os xéneros de música culta (música clásica electrónica, a música experimental, a musique concrète) coma a xéneros de música pop, incluíndo diferentes estilos de música dance, como techno, house, trance, electro, breakbeat, drum and bass ou synth pop.

Pódese facer unha distinción entre os instrumentos que producen o son mediante medios electromecánicos e os que o producen usando compoñentes electrónicos. Exemplo dos primeriros son o Telharmonium, o órgano Hammond , e a guitarra eléctrica, mentres que os segundos serían o Theremin, o sintentizador ou a computadora.

Música popular

A música popular comprende un conxunto de xéneros musicais que resultan atractivos para o gran público e que xeralmente son distribuídos a grandes audiencias a través da industria da música. Isto está en contraste tanto coa música culta como coa música tradicional, as cales normalmente se difunden por vía académica ou por vía oral a audiencias máis minoritarias.Fronte a música tradicional ou folclórica, a música popular non se identifica coas nacións ou etnias específicas senón que ten un carácter internacional. Entre os xéneros máis representativos da música popular do noso tempo pódense destacar o pop, o rock ou a dance, entre outras.

Outras denominacións que recibe ás veces a música popular son "música lixeira" ou "música pop", aínda que non son moi axeitadas ó ter xa outros significados máis restrictivos. Por outro lado, "música popular" emprágse en ocasións historicamente para referirse ó que actualmente coñecemos como música folclórica ou tradicional, un uso que aínda pervive en algúns contextos.

Noise pop

O noise pop é un subxénero do rock alternativo desenvolvido a mediados dos anos 80 no Reino Unido e nos Estados Unidos que mestura ruído disonante ou feedback, ou ámbolosdous, coa instrumentación melódica e elementos que adiatan a atoparse na música pop, facéndoo máis melódico que o noise rock.

Pop punk

O pop punk é un xénero musical que combina elementos do punk rock coa música pop en varios graos. Allmusic descríbeo como unha variante do rock alternativo que adoita a mesturar melodías pop, tempos rápidos do punk, cambios de acordes e guitarras fortes. About.com definiu ás bandas pop punk contemporáneas como grupos accesibles para as radios pero mantendo aínda a velocidade e actitude do punk clásico.

Non está claro cando o termo pop punk foi usado por vez primeira, pero as bandas de punk rock influenciadas polo pop veñen existindo dende mediados a finais dos anos 70. Un dos primeiros usos do termo apareceu nun artigo de 1977 do New York Times, "Cabaret: Tom Petty's Pop Punk Rock Evokes Sounds of 60s". A mediados dos 90, as bandas pop punk californianas Green Day e The Offspring, que foron seguidas posteriormente por blink-182, acadarían o éxito comercial en todo o mundo. Dos 90 en diante, moitas bandas asociadas ao xénero foron descritas como "happy punk", "faux-punk", "mall punk", "pseudo-punk" ou "bubblegum punk".

Pop rock

O pop rock é un xénero musical que mestura o estilo pegadizo e as letras lixeiras do pop en cancións con guitarras baseadas no rock. Hai varias definicións do termo, que van dende unha forma máis lenta e suave do rock ata un subxénero da música pop. Os detractores do pop rock adoitan burlarse del por ser un produto comercial, moi pulido e menos auténtico que a música rock.

Power pop

O power pop é un subxénero da música rock e da música pop, que se caracteriza por utilizar no seu son melodías apegadizas e harmonías vocais similares ás do pop dos 60, combinadas con contundentes riffs de guitarras e unha enérxica sección rítmica. Os sós de guitarra non son moi habituais e os apaños das cancións adoitan ser mínimos.

Dende o seu nacemento, o Power pop pasou por varias etapas e foi influído por outros xéneros que en cada época estaban de actualidade. Así durante os 70 estivo influído polo Punk e a New wave, ou a partir de finais dos 80 polo Indie rock.

RCA Records

RCA Records é un dos selos discográficos máis importantes da propiedade de Sony Music Entertainment. Ten base nos Estados Unidos. As iniciais RCA veñen de Radio Corporation of America (máis tarde chamada RCA Corporation).

Shakira

Shakira Isabel Mebarak Ripoll, nada en Barranquilla o 2 de febreiro de 1977, é unha cantante colombiana de música pop e rock en castelán e inglés.

The Jackson 5

The Jackson 5, tamén escrito The Jackson Five, e nos últimos anos coñecido simplemente The Jacksons, foi un grupo de música estadounidense orixinario de Gary, Indiana formado baixo a tutela de Joseph Jackson, representante e fundador real do grupo, por cinco dos seus fillos: Jackie, Tito, Jermaine, Marlon e Michael

Sucedeu a outro grupo formado en 1964 polos tres irmáns maiores chamado The Jackson Brothers e estivo activo ata 1990, desenvolvendo un repertorio de R&B, soul, pop e posteriormente disco. Con contrato con Motown Records desde 1968, foi un dos grandes fenómenos da música pop dos 70 e serviu como panca para lanzar as carreiras en solitario de Jermaine e Michael.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.