Música barroca

A música barroca é un estilo da música occidental relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.

Véxase tamén

Bibliografía

  • DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: Historia de la música occidental (vol. 1 e 2), Editorial Alianza Música
Baroque pop

O baroque pop, baroque rock ou English baroque, a miúdo tamén se usa indistintamente o termo chamber pop/rock, é un subxénero da música pop rock orixinario do Reino Unido e dos Estados Unidos. Apareceu a mediados dos anos 60 como unha fusión do pop rock coa música clásica, en particular do barroco e do clasicismo.

O baroque pop acadou o seu maior grao de éxito na segunda metade dos anos 60, con varios grupos e artistas destacados que se dedicaron a cultivar o xénero; entre eses entán The Beach Boys, The Moody Blues, The Beatles, Left Banke, The Rolling Stones, Love e Procol Harum entre outros. A popularidade do baroque pop caíu nos anos 70, en parte debido ao punk rock, a música disco e o hard rock ocuparon o seu espazo. Porén, o xénero seguíuse producindo e exerceu un grao de influencia noutros estilos, como no chamber pop dos anos 90, que contiña producións ornamentais e influencias clásicas. Por outra banda, dende a década de 1990, o baroque pop viu un rexurdimento; varios artistas destacados, como Belle and Sebastian, Regina Spektor e The Divine Comedy ioncorporaron elementos do xénero ao seu traballo.

Canon en re maior de Pachelbel

O Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo (en alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo), tamén coñecido sinxelamente como o Canon, é a obra máis coñecida do compositor alemán de música barroca Johann Pachelbel.

Pachelbel compuxo esta obra arredor do ano 1680, sendo orixinalmente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse arranxos para unha gran variedade de instrumentos e conxuntos. Orixinalmente, unha giga na mesma tonalidade (re maior) segue ó canon, pero esta última danza execútase ou grava con moita menos frecuencia. O Canon é moi coñecido pola progresión harmónica dos instrumentos de corda, que o converteron nunha das pezas máis empregadas na música contemporánea e no rock.O Canon adoita incluírse en compilacións musicais con outras pezas da época barroca xunto co chamado Adagio de Tomaso Albinoni (arranxado por Remo Giazotto) e a Aria en re menor da Suite nº 3 en re maior de Johann Sebastian Bach. É unha peza común na celebración de vodas.

Concertino

Nunha orquestra sinfónica, o concertino é o solista da sección de violíns primeiros.

Concerto delle donne

O concerto delle donne ou canto delle dame (lit. conxunto de mulleres) foi unha agrupación profesional de cantantes femininas da corte de Ferrara (Italia) de finais do Renacemento, que tivo gran renome polo seu virtuosismo técnico e artístico. A agrupación foi fundada por Afonso II, duque de Ferrara en 1580 e estivo activa ata a disolución da corte en 1597. Giacomo Vincenti, un editor musical, loou a estas mulleres como "virtuose giovani" (novas virtuosas), facéndose eco dos sentimentos de cronistas e comentaristas contemporáneos.As orixes da agrupación encóntranse nun grupo de afeccionados cortesáns de alto rango que interpretaban música os uns para os outros no contexto da informal musica secreta do duque na década de 1570. A agrupación foi evolucionando cara a un grupo só de mulleres profesionais, o concerto delle donne, que ofreceu concertos formais para os membros do círculo íntimo da corte e visitantes importantes. O seu estilo de canto florido e altamente ornamentado levou prestixio a Ferrara e inspirou a compositores da época.

O concerto delle donne revolucionou o papel da muller na música profesional, e continuou a tradición da corte de Este como centro cultural. A fama do grupo de mulleres espallouse por toda Italia, inspirando imitacións nas poderosas cortes dos Medici e os Orsini. A fundación do concerto delle donne foi o acontecemento máis importante na música secular italiana a finais do século XVI; as innovacións musicais que se estableceron na corte foron importantes no desenvolvemento do madrigal e, finalmente, a seconda pratica.

Cuartifusa

A cuartifusa é unha figura musical que equivale a 1/128 do valor dunha redonda, isto é, dura a metade dunha semifusa.

Domenico Scarlatti

Giuseppe Domenico Scarlatti, nado en Nápoles o 26 de outubro de 1685 e finado en Madrid o 23 de xullo de 1757, foi un compositor italiano de música barroca. É coñecido especialmente pola composición de sonatas para clavicémbalo.

Estilo artístico

Un movemento artístico ou estilo artístico é unha tendencia ou estilo referente á arte cunha filosofía ou meta específica en común, seguida por un grupo de artistas repercutores durante un período de tempo (como o movemento dadaísta ou o pop-art); ou característico dun período máis extenso da Historia da arte (coma o renacemento ou o barroco); ou restrinxido a un lugar determinado, co que se fala entón dunha escola artística (por exemplo a escola sienesa, a escola florentina ou a escola sevillana); ou limitado a un grupo de artistas nun lugar e intre concreto. Coa palabra estilo tamén se alude particularmente ás características que unifican ou distinguen unha obra artística doutra e a un autor doutro (o estilo persoal ou a vontade de estilo, que se fai máis marcada nos xenios da arte e na personalidade dos artistas burgueses, sometidos ao mercado de arte, sobre todo a partir do romanticismo); ou, menos usualmente, á kunstwollen (vontade da arte ou vontade artística, en expresión de Alois Riegl).

Cada movemento ou estilo artístico reflicte a arte con certos trazos semellantes durante unha etapa de tempo, sendo un fenómeno de expresión artística que manifesta as características propias da época na que xorde. Os movementos ou estilos artísticos clasifícanse polos historiadores da arte ou da literatura atendendo a distintos criterios de periodización (por exemplo, a xeración) e proxéctanse nas diferentes áreas da literatura e a arte ou belas artes: música, artes visuais (pintura, escultura e arquitectura). De tal xeito que, por exemplo, para as creacións culturais da civilización occidental do século XVII á primeira metade do XVIII, acuñouse o termo barroco e, aínda que os produtos artísticos das distintas artes non tiñan unha conexión inmediatamente evidente entre si, desígnanse habitualmente como arquitectura barroca, pintura barroca, música barroca ou literatura barroca.

O materialismo histórico interpreta os movementos ou estilos artísticos como parte da superestructura, e por tanto, só entendibles a partir da formación económico social onde xorden ou se desenvolven, e da que serían expresión ideolóxica (xunto coa relixión ou o dereito). Outras interpretacións da Historia da arte exponse máis ben o estudo das variacións ou semellanzas formais (formalismo), do seu contido iconográfico, da personalidade ou psicoloxía dos artistas (incluso a aplicación do psicanálise) etc.

Frauta doce

A frauta doce é un instrumento de vento madeira tamén chamado frauta de bico. É a frauta máis habitual en Europa dende o ano 1500 até o 1750 aproximadamente. Na época medieval era de uso común entre xograis e trobadores. Reapareceu e fabricouse masivamente no século XX.

Giulio Cesare (ópera)

Giulio Cesare in Egitto (en galego Xulio César en Exipto), tamén denominada símplemente como Giulio Cesare (en galego, Xulio César), é unha ópera en tres actos con música de Georg Friedrich Händel e libreto en italiano de Nicola Francesco Haym quen empregou un libreto anterior de Giacomo Francesco Bussani musicado por Antonio Sartorio (1676). O libreto baséase dun xeito moi libre a chegada de Xulio César a Alexandría logo da batalla de Actium, e a súa relación con Cleopatra. Foi composta para a Royal Academy of Music.

A ópera foi estreada o 20 de febreiro no Dorset Garden Theatre de Haymarket (Londres) coa famosa soprano Francesca Cuzzoni e o castrato Francesco Bernardi Senesino e foi un éxito inmediato, un dos máis grandes de Händel. En vida do compositor volveuse representar en 1725, 1730 e 1732; tamén se representou en París, Hamburgo e Brunswick. Como a meirande parte das óperas de Händel, Giulio Cesare caeu no esquecemento no século XIX, e non foi ata 1922 cando se volveu representar en Göttingen. Coa recuperación da música barroca a partir dos anos '50, converteuse nunha das óperas máis populares de Händel.

Os papeis principais de Giulio Cesare, Sesto e Tolomeo foron escritos para castrati. Actualmente estes papeis adoitan ser interpretados por contraltos ou contratenores, aínda que ás veces Giulio Cesare transpórtase a barítono. Está considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vogais, de grande profundidade. É o exemplo máis significativo do ideal heroico e de demostración efectiva de toda a arte e a experiencia que Händel acumulara ata aquela.

Henry Purcell

Henry Purcell (pronunciado /ˈpɜ:səl/ ou /pársel/), nado en Londres cara o 10 de setembro de 1659 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1695, foi un compositor inglés do Barroco. Considerado un dos mellores compositores ingleses de todos os tempos, incorporou á súa música elementos estilísticos franceses e italianos, xerando un estilo inglés propio de música barroca.

José de Vaquedano

José de Vaquedano, nado o 20 de marzo de 1642 en Puente la Reina (Navarra) e finado o 17 de febreiro de 1711 en Santiago de Compostela (Galiza), foi un sacerdote, compositor e mestre de capela navarro. É considerado un dos meirandes expoñentes da música barroca española.

Orquestra

Unha orquestra é unha formación instrumental típica da música académica que se divide tradicionalmente nas seccións de corda, de vento e de percusión. Nace no século XVII e toma coma base a corda fretada. Pouco a pouco iranse engadindo instrumentos ata chegar á orquestra sinfónica actual. O termo emprégase tamén para facer referencia a conxuntos instrumentais diversos, falándose de orquestras de jazz, de baile, de vento, etc.As principais orquestras galegas son a Orquestra Sinfónica de Galicia (con sede na Coruña) e a Real Filharmonía de Galicia (con sede en Santiago de Compostela).

Sarah Connolly

Sarah Patricia Connolly, nada no condado de Durham en 1963, é unha mezzosoprano inglesa, destacada intérprete de Händel e música barroca e contemporánea.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Teruel

Teruel é unha cidade de Aragón, na zona centro-oriental de España, capital da provincia do mesmo nome e capital do Mudéxar. Con 35.037 habitantes en 2008, é a capital de provincia menos poboada de España. Está na confluencia dos ríos Guadalaviar e Alfambra. Situada a unha altitude de 915 m o seu clima caracterizase por invernos fríos e veráns cálidos e secos.

É especialmente coñecida polo seu xamón con denominación de orixe e a súa arte mudéxar recoñecida pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.

Entre os seus atractivos turísticos encóntranse as súas edificacións mudéxares, o mausoleo dos amantes de Teruel, o centro paleontolóxico Dinópolis e unha gran riqueza natural. A súa arte mudéxar recorda o seu pasado multicultural. Os monumentos máis destacados deste estilo son a Igrexa de Santa María, Catedral da diocese de Teruel, as torres de O Salvador, San Martín e San Pedro, a cuxos pés se encontra a igrexa que recibe o mesmo nome, tamén de arte mudéxar.

No camiño de Santa Bárbara, pódese apreciar a mellor vista da cidade e a súa contorna desde o Mirador dos Mansuetos, coa súa mesa de interpretación.

Thüringer Bachwochen

O Thüringer Bachwochen (en galego Semanas Bach de Turinxia) é un festival de música barroca en honor ao compositor Johann Sebastian Bach. É o maior festival de música clásica de Turinxia, Alemaña. O seu director artístico dende 2004 é o organista da Catedral de Erfurt Silvius von Kessel.

Trompeta

A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Virtuosismo

O virtuosismo (do latín virtus, que significa: virtude, habilidade, excelencia) é a habilidade fóra do común dunha persoa á hora de empregar un instrumento musical. Durante a época da música barroca, moitos, se non todos os compositores, eran tamén virtuosos nos seus respectivos instrumentos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.