Míchel Salgado

Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e a selección galega.

Actualmente é o seleccionador, xunto con Fran, da selección galega.

Míchel Salgado
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Míchel Salgado
Información persoal
Nome completo Miguel Ángel Salgado Fernández
Nacemento 22 de outubro de 1975 (44 anos)
  As Neves
Nacionalidade España
Altura 1,74 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Cristo Victoria
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1995 Celta B 20 (0)
1995–1999 Celta de Vigo 92 (3)
1996–1997Salamanca (cedido) 36 (1)
1999–2009 Real Madrid 254 (4)
2009–2012 Blackburn Rovers 66 (0)
Selección nacional
1994 España sub-18 7 (0)
1995 España sub-19 2 (0)
1995 España sub-20 5
1996–1998 España sub-21 10 (0)
1998–2006 España 53 (0)
2005 Galicia 1 (0)
Adestrador
2016– Galicia

Traxectoria

Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).

No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.

O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.[1]

Palmarés

Como empresario

Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao ex-futbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras[2], e é o presidente do club de hockey a patíns Vigo Stick[3].

Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[2].

Notas

  1. "Rafael Louzán presentou oficialmente aos novos seleccionadores galegos"
  2. 2,0 2,1 O ex celtista Míchel Salgado presenta a súa canle de TV dixital sobre o país. Vieiros. 9 de novembro de 2007
  3. Michel Salgado é o novo presidente do Vigo Stick, Vieiros, 3/2/2009

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Francisco Javier González Pérez

Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado en Carreira (Ribeira) o 14 de xullo de 1969, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Foi posiblemente o xogador galego máis destacado desde Luis Suárez[Cómpre referencia]. Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destaca sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. É irmán do tamén futbolista José Ramón.

Actualmente é o seleccionador, xunto con Míchel Salgado, da selección galega.

Iván Pozo

Iván Pozo, nado en Vigo o 26 de agosto de 1979, é un boxeador galego que pelexa na categoría dos peso mosca.

A pesar de inicios persoais difíciles, axiña se fixo un sitio no boxeo de nivel galego e estatal. En 2004 conseguía o campionato de España, título que revalidaba en setembro de 2005. En xullo de 2005 conseguía ademais o título de campión de Europa, fronte ao italiano Andrea Sarritzu, título que perdería posteriormente, en 2007, diante do mesmo púxil. En 2009 recuperouno ao derrotar aos puntos o francés Christophe Rodríguez. O árbitro parou a pelexa no noveno asalto, logo de que o francés lle abrise a cella involuntariamente a Pozo, e non lle parase de sangrar. O posuidor do título, o tamén francés Bernard Inom, non quixo defendelo tras a súa retirada do boxeo.

Combateu por primeira vez polo título mundial dos peso mosca da Organización Mundial do Boxeo contra o arxentino Omar Narváez, o 9 de maio de 2008, no pavillón das Travesas de Vigo. O combate, a doce asaltos, rematou coa retirada do galego antes de comezar o oitavo, e non puido pois lograr o cetro de campión do mundo. De momento ningún galego o conseguiu.

Está representado por Lorenzo Sanz, é amigo persoal do futbolista Míchel Salgado, e o seu promotor é o personaxe televisivo español Kiko Matamoros. O seu adestrador é Francisco Amoedo.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Selección Xa!

Selección Xa! é un CD lanzado en 1997 por edicións Xerais e Cormorán Producións. Distribuído co primeiro número da revista Bravú, ten 9 temas de diversos grupos. O libreto, deseñado por María Luaces, inclúe fotos das gravacións e as letras dos temas.

Feito co propósito de reivindicar unha selección nacional galega, no disco colaboran futbolistas de primeira liña da época, como eran Fran e José Ramón do Dépor, Míchel Salgado do Celta e Nacho do Compostela.

Vigo Stick C.H.

O Vigo Stick Club de Hóckey ou Toshiba Vigo Stick C.H. por motivos de patrocinio é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Vigo, Galiza. O club naceu en 2001 froito das boas relacións entre o Traviesas e o F.C. Barcelona.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Youssef Al Watani

Youssef Al Watani, nado en 1995 en Rabat, é un futbolista que xoga na demarcación de extremo esquerdo. Está apadriñado polo futbolista vigués Míchel Salgado.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.